Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral Código 652606621
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
gustavo.perea@udc.es
Web
Descrición xeral A materia céntrase na construción das competencias relativas á planificación do terceiro nivel de concreción curricular e integra as aprendizaxes promovidas desde outras materias do módulo xenérico e do módulo específico (Formación Profesional e Mercado laboral, Inserción e orientación laboral e Proxectos de innovación e investigación).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 4. (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 5. (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 6. (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A8 8. (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá
A10 10. (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A13 13. (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. .
A29 CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A33 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar o organigrama dos centros onde se imparte a FP e as funcións do departamento de FOL AP18
AP19
Analizar o currículo dos módulos da especialidade de FOL e valorar as ausencias e potencialidades para formar persoas cun pensamento crítico activista sobre as desigualdades de xénero e a precarización laboral. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP8
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP26
AP27
AP30
AP34
CM1
CM3
CM5
CM6
CM7
Analizar e valorar a normativa aplicable á actividade docente na FP e trasladala á planificación dos módulos da especialidade. AP8
AP10
AP14
AP15
AP16
AP18
AP19
AP20
AP21
AP25
AP26
AP27
AP30
CM3
CM4
Utilizar as TIC para a aprendizaxe profesional e integralas nos procesos de ensino e aprendizaxe. AP13
AP14
AP15
AP16
AP20
AP25
AP26
AP27
AP32
CM4
CM7
Identificar as funcións do profesorado de FOL. AP15
AP17
AP18
CM6
Describir o sistema de acceso a función docente no ensino público e privado e os requirimentos esixidos AP16
AP29
Deseñar unha programación dun dos módulos da especialidade e unha unidade didáctica da programación, contextualizadas a nivel de centro e de alumnado, viables e coherentes co marco teórico e curricular. AP20
AP21
AP22
AP23
CM3
CM6
CM7
Integrar o enfoque de xénero nas programacións e nas unidades didácticas e valorar a súa importancia para acadar a equidade de xénero. AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP24
AP25
AP26
AP27
AP30
AP33
CM4
CM5
CM7
Elaborar a fundamentación teórica e legal, analizando e valorando as bases legais e os obxectivos do desenvolvemento sostible aplicables á materia ou módulo e á etapa educativa. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP8
AP10
AP13
AP14
AP19
AP23
AP24
AP25
AP27
AP28
AP29
AP30
CM4
CM6
CM8
Valorar as posibilidades dos módulos da especialidade para a construción dun pensamento crítico e activista e reflectir esta perspetiva na súa planificación. AP6
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP26
AP27
AP30
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.-Contexto organizativo e funcional dos centros de Formación Profesional. 1.1. Normativa que regula a organización e o seu funcionamento
1.2. Tipoloxía de centros de formación profesional, espazos e equipamentos.
1.3. A organización docente nos centros de FP. Órganos de Goberno e Coordinación Didáctica. Proxecto Educativo e Proxecto Funcional
1.4. O Departamento de Formación e Orientación Laboral. Composición e funciións. O traballo en equipo. A colaboración cos Departamentos de Orientación e de Información e orientación profesional.
Tema 2.- O corpo de Profesorado do Ensino Secundario: a especialidade de Formación e orientación laboral (FOL) 2.1. Corpos de profesorado e categorías profesionais
2.2..Sistema de acceso ó ensino público e o ensino privado
2.2. Retribucións
2.3.Autoemprego.


Tema 3. Módulos da especialidade e normativa aplicable 3.1. Módulos da especialidade nos ciclos LOXSE
3.2. Módulos da especialdiade nos ciclos LOE
3.3. Formación en centros de traballo
3.4. Normativa aplicable e implicacións para a planificación curricular
Tema 3. Planificación nos distintos niveis de concreción curricular: do currículo oficial á programación de aula. 3.1. A programación dos módulos
3.2. A programación de aula


Tema 4. Metodoloxía e avaliación 4.1. Técnicas e estratexias metodolóxicas: tipoloxía e características

4.2. Avaliación: tipos, técnicas e instrumentos.
4.3. A participación do alumnado na avaliación: finalidades e instrumentos.
4.3. Avaliación e xestión da calidade nos centros de FP
Tema 5. Educación mediática e TIC 5.1. Educación mediática: concepto, finalidade e integración na pragamacións dos módulos da especialidade

5.2. Competencia dixital docente. A competencia dixital como obxectivo e contido das materias e módulos da especialidade.
5.3. Recursos e ferramentas dixitais para o ensino e aprendizaxe dos módulos da especialidade..
TEma 6. A atención á diversidade 6.1. Atención á diversidade: conceptualización e medidas que prescribe a normativa.
6.2. Estratexias e recursos para a atención á diversidade
TEma 7. A integración da perspectiva de xénero 7.1. Finalidades e modalidades de integración
7.3. Experiencias e recursos
7.4. Normativa, plans e actuacións específicas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A16 3 0 3
Sesión maxistral A8 A10 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A22 A24 A34 16 0 16
Análise de fontes documentais A10 A13 A14 A15 A17 C4 C6 C7 12 52 64
Presentación oral A23 C1 C3 4 5 9
Aprendizaxe colaborativa A8 A14 A22 A32 28 51 79
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A19 0 15 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A32 A33 C3 C4 C5 C6 C7 C8 21 90 111
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Sesión maxistral A sesión maxistral utilízase para presentar unha boa parte dos temas que se abordan na materia. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado.
Análise de fontes documentais A análise das fontes documentais está vinculada o traballo tutelado. A súa finalidade é o deseño da programación e dunha unidade didáctica, principalmente a elaboración do apartado de fundamentación teórica e legal.
Presentación oral Consiste na difusión entre as persoas da clase do produto elaborado no traballo tutelado. Dispoñen de 20 minutos por cada traballo e na presentación teñen que participar todas as persoas do grupo de traballo.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas tomando como referencia oresultados de aprendizaxe e os obxectivos das actividades e das temáticas abordadas.
Traballos tutelados O traballo tutelado ten como finalidade o deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. A análise documental, a aprendizaxe colaborativa, unha parte das prácticas a través das TIC e a presentación oral están integradas no traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e orientación do traballo tutelado e lévase a cabo no horario de titorías e nas aulas reservadas para a súa realización.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A23 C1 C3 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica.

5
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A13 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A32 A33 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado.
Tamén se avalia a participación e contribución de cada unha das persoas do grupo. A través dun proceso de coavaliación, e de xeito consensuado, asígnase a cada membro do grupo unha porcentaxe (de 0 a 100). A cualificación obtida por cada unha das persoas do grupo é o resultado de aplicar esta porcentaxe sobre a cualificción obtida na programación e na unidade didáctica.
70
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A19 Os referentes para a avaliación son os resultados de aprendizaxe, os obxectivos do traballo tutelado e a utilización de fontes bibliográficas que afonden nas temáticas abordadas na materia. 25
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA

A asistencia ás sesións é obrigatoria, e está xustificada en base a que as clases son moi interactivas e se traballa aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta materia non procederá a dispensa de asistencia do alumnado.

O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades realizadas na aula. 

REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas   actividades  que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación  no traballo tutelado e no portafolio. Na avaliación da  segunda oportunidade recupéranse  as actividades  non superadas. A non realización dalgunha das actividades  de avaliación  implica   a cualificación de Non presentada


É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. 


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado  de referencias bibliográficas,  utilizando as normas APA máis actuais. Co obxectivo de visibilizar as achegas das autoras, escrbirase o neme completo dos autores e autoras.

Plaxio

O plaxio  será motivo de suspenso. Así o establece o  artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
- http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual




Fontes de información
Bibliografía básica

De Miguel,Mario (2006). Modalidades de enseñanza centradas en el desarrollo decompetencias. Orientaciones para promover el cambio metodológico en el espacioeuropeo de educación superior. Oviedo: Ediciones Universidad de Oviedo.

 Prieto Alfredo, Díaz David e  Santiago Raúl  (2017). Metodologías Inductivas. El desafío de enseñar mediante el cuestionamiento y los retos.

Cano, Elena (Editora) (2012). Aprobar o aprender. Estrategias de evaluación en la sociedadred. Barcelona: Universidad de Barcelona.

Sanmartín,Neus (2007). Evaluar para aprender. Diez ideas clave.

Alsina, Josep (Coord.) (2011). Evaluación por competencias en la universidad: competenciastransversales. ICE Universitat Barcelona y Editorial Octaedro.

Imbernon Francesc e Medina Jose Luis (2005). Metodología participativa a l’aula universitària.La participació de de l’alumnat. Barcelona: ICE. Quaderns de Docència

Universitària, 4.

Willson Carolyn  Grizzle Alton, Tuazón Ramón,  Akyempong Kwane, Cheung Chi_Kin (2011) Alfabetización mediática e informacional. UNESCO.

John Granados, Raúl López, Raidell Avello e Diego Luna (2017). “TIC, TAC y TEC como instrumentos deapoyo al docente de la universidad del siglo XXI.

Arnaiz,Haizea Begoña, Careaga Susana e  Oskoz José Miguel J.M. (2015). Guía parala incorporación de la perspectiva de género (…) Gasteiz: Servicio de

Publicaciones del País Vasco.

Bibliografía complementaria

Para cada tema  facilítase unha listaxe de   bibliografía  obrigatoria e a complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Formación profesional e mercado laboral/652606611
Inserción e orientación laboral/652606612

Materias que continúan o temario
Formación profesional e mercado laboral/652606611
Inserción e orientación laboral/652606612
Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31

Observacións

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil de moodle.


COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados os traballos entregaranse en formato dixital.

CARGA DE TRABALLO

A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 216 horas de traballo fora da aula. Polo tanto, cómpre unha boa planificación e xestión do tempo.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías