Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral Código 652606E31
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 v (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar e deseñar propostas docentes innovadoras nos módulos da especialidade AP25
AP26
CM3
CM6
CM7
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional. CM6
CM7
Analizar e valorar ámbitos de innovación e investigación no centro de prácticas. AP25
AP26
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Innovación nos modulos e materias da especialidade de FOL

1.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. TICs e innovación docente
1.3. Experiencias innovadoras con TICs
1.4. A educación mediática e a integración da perspectiva de xénero como ámbitos de innovación.

Tema 2. Proxectos de investigación no ámbito docente e orientador de Formación e Orientación Laboral 2.1O papel do profesorado de FOL nos estudos de inserción laboral
2.2.Os estudos de inserción laboral: obxectivos, metodoloxía e instrumentos


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A25 A26 C7 4 11 15
Presentación oral C3 1 1 2
Sesión maxistral A25 3 0 3
Portafolios do alumno A25 A26 C3 C6 C7 0 5 5
Traballos tutelados A25 A26 C6 6 15 21
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Busca e análise de experiencias anovadoras e de pesquisas de investigación aplicables a función docente e orientadora do profesorado de FOL
Busca e utilización de bibliografía específica para a fundamentación e deseño dun proxecto de anovación ou pesquisa.
Presentación oral Das experiencias innovadoras analizadas e do proxecto de innovación ou pesquisa deseñados
Sesión maxistral Para a presentación e síntese das temáticas que se abordan na materia
Portafolios do alumno As mesmas características que na materia Inserción e orientación laboral
Traballos tutelados Deseño dun proxecto innovador ou dun proxecto de investigación. Esta actividade é grupal e debe de desenvolverse baixo os principios do traballo colaborativo

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ten como obxectivo proporcionar a axuda e orientacións necesarias para unha boa relización dos traballos tutelados. É obrigatoria a asistencia a unha titoria.

O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A25 A26 C3 C6 C7 Informe de aprendizaxe no que o alumnado dará conta das aprendizaxes adquiridas. 50
Presentación oral C3 Exposición do traballo tutelado 10
Traballos tutelados A25 A26 C6 Análise e deseño dun proxecto de innovación ou investigación (actividade grupal) 40
 
Observacións avaliación
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL
Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel

ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha delas. Cando non se realice algunha, a cualificación será non presentado.


Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso

Falsificación de sinatura
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua

Copiar nos exames
O uso indebido de información durante osexames tamén será motivo de suspenso

LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/


Fontes de información
Bibliografía básica Instituto de Tecnologías Educativas (). . http://www.ite.educacion.es/
Rosa Cobo, C. (2010). Innovación educativa e historia de las relaciones e género.. Valladolid: Universidad de Valladolid.
Navas Baena, R. (2010). Investigación e innovación en el aula.. Granada: Ada.
EDUCAWEB (). Premios Educaweb Orientación Académica y Profesional. http://www.educaweb.com/premios/ediciones/
INTEF. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). Red de buenas prácticas 2.0. http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/web/es/formacion-profesional/608-buenas-practicas-

Bibliografía complementaria Victor Cuevas (). Busca tu camino. Blog de orientación. http://victorcuevas.es/orientacion/
EDUCAWEB (2011). El blog como herramienta de orientación profesional . http://static.educaweb.com/pdf/premi/3-edicio/1B.pdf
Victor Cuevas (). El portafolio vocacional. http://victorcuevas.es/orientacion/?page_id=1455
Victor Cuevas (). El uso del blog como herramienta de orientación académica y profesional. http://static.educaweb.com/pdf/premi/3-edicio/2B.pdf
(). Guía de blogs de orientación. http://www.netvibes.com/guia-de-informacion-academica-e-profesional#BLOGS
EDUCAWEB (2010). Premios Educaweb Orientación Académica y Profesional. http://www.educaweb.com/publicaciones/hey/2012/proyectos-ganadores-premios-educaweb-orientacion-acad
(2013). Premios Educaweb. 5ª Edición. http://www.educaweb.com/noticia/2013/01/16/educaweb-premia-proyectos-orientacion-dirigida-adultos-5-


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías