Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral Código 652606E3I6
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia converxe coas materias do itinerario de FOL. Ten como finalidade a busca, selección e análise de experiencias innovadoras e de investigación na Formación Profesional, especialmente, na orientación profesional e nos módulos da especialidade de FOL.




Competencias do título
Código Competencias do título
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. .
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Buscar, seleccionar e analizar propostas docentes innovadoras nos módulos da especialidade de FOL AP25
AP26
CM3
CM6
CM7
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellroa dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional. AP28
CM3
CM6
CM7
Analizar e valorar ámbitos de innovación e investigación no centro de prácticas AP25
AP26
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A innovación nos módulos e materias da especialidade.

Ambitos de innovación
Experiencias innovadoras.



Tema 2. A investigación no ámbito docente e orientador Ámbitos e temáticas
Estudos de inserción laboral
estudos sobre orientación profesional
orientación profesional como temática de investigación




Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A25 A26 C3 C6 C7 4 22 26
Presentación oral A25 C3 C6 4 2 6
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 3 8 11
Sesión maxistral A25 A28 3 0 3
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Busca e análise de experiencias anovadoras e de pesquisas de investigación aplicables a función docente e orientadora do profesorado de FOL
Presentación oral Das experiencias innovadoras analizadas
Prácticas a través de TIC As prácticas a través de TIC son compartidas coas materias de Aprendizaxe e Inserción e orientación laboral. Na materia de Proxectos de innovación e investigación, amplíase o marcador social cos recursos dixitais localizados e seleccionados a través da análise de fontes documentais e da utilización das redes sociais e incorporánse novas fontes e recursos á contorna persoal de aprendizaxe.



Sesión maxistral Coa lección maxistral preséntanse os principais ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada está vencellada principalmente a análise das fontes documentais. O seu obxectivo é proporcionar a axuda e as orientacións necesarias para a selección e análise das experiencias innovadoras. Está ligada a unha avaliación formativa.

O alumnado con matrícula a tempo parcial con dispensa académica terá unha atención personalizada ao serizo do seguimento e supervisión das actividades que computan na avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A25 A26 C3 C6 C7 O produto da análise das fontes documentais é a elaboración dun informe no que se describen, analizan e valoran experiencias innovadoras e os recursos dixitiais e ferramentas incorporadas ó marcador social é a contorna persoal de aprendizaxe. O informe é de elaboración grupal e cada alumna/o ha de seleccionar e analizar dúas ou tres experiencias. A contribución individual será cualificada co 35% a través de procesos de autoavaliación e coavaliación. 70
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 5 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 5 puntos.
10
Presentación oral A25 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir dunha rúbrica, previamente consensuada co alumnado. Esta rúbrica vai ser utilizada, coas adaptacións correspondentes, ás presentacións noutras materias do módulo específico.


20
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA ÁS AULAS 

  • A asistencia  ás aulas é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer  individualmente as actividades realizadas na aula.   
  • En caso de non acadar  a asistencia ó   80% das aulas,  a cualificación   na primeira oportundiade será a de non presentado/a.  Na oportunidade de xullo realizará  un exame (teórico e práctico) e   as actividades que se determinen. O exame ten un peso do  40% e as actividades do  60%. Para aprobar hai que superar  as dúas  partes. 
  • A cualificación  final será  o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades que computan para a cualificación. Para superar a materia é  indispensábel  realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35)  na actividade de análise de fontes documentais.  
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica poden acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, antes do inicio da materia, debe de solicitarse unha titoría para establecermos as actividades de avaliación e o proceso de seguimento e supervisión.

INTEGRIDADE ACADÉMICA

A) Ausencia  de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 

b) Plaxio

O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspeonso, en aplicación do artigo 14.4 danormativa académica de avaliación da UDC que establece:  “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf


Fontes de información
Bibliografía básica Instituto de Tecnologías Educativas (). . http://www.ite.educacion.es/
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). Insituto de Tecnologías Educativas y de Formación del profesorado . http:77www.ite.educacion.es/
Navas Baena, R. (2010). Investigación e innovación en el aula.. Granada: Ada.
Castañeda, L y Adell, J. (2013). La anotamía de los PLEs . Alcoy: Marfíl
EDUCAweb (). Premios Educaweb Orientación Acacémica y Profesional. http//www.eudcaweb.com/premios/ediciones/
INTEF: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). Red de buenas prácticas 2.0. http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/web/es/formacion-prefional/608-buenas-practicas

Para a busca de experiencias innovadoras  proporcionase unha listaxe comentada de fontes,  na súa maioría electrónicas. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Inserción e orientación laboral/652606612
Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621
Iniciación á investigación educativa/652606E32
Innovación docente/652606E42

Observacións

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a dobre cara e  empregarán  papel reciclado 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías