Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional y orientación laboral Código 652606E3I6
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Máster Oficial Anual
Primero Obligatoria 2
Idioma
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador/a
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descripción general Esta materia converxe coas materias do itinerario de FOL. Ten como finalidade a busca, selección e análise de experiencias innovadoras e de investigación na Formación Profesional, especialmente, na orientación profesional e nos módulos da especialidade de FOL.




Competencias del título
Código Competencias del título
A25 (CE-E11) Conocer y aplicar propuestas docentes innovadoras en el ámbito de la especialización cursada.
A26 (CE-E12) Analizar críticamente el desempeño de la docencia, de las buenas prácticas y de la orientación utilizando indicadores de calidad.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Buscar, seleccionar, analizar e presentar propostas docentes innovadoras nos módulos da especialidade de FOL AP25
AP26
CM1
CM3
CM6
CM7
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional. AP25
AP26
CM6
CM7
Analizar e valorar ámbitos de innovación e investigación no centro de prácticas AP25
AP26
CM7

Contenidos
Tema Subtema
Tema 1. A innovación nos módulos e materias da especialidade.

.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. Ámbitos de innovación na Formación Profesional
1.3. Experiencias innovadoras en Orientación profesional
1.3. Experiencias innovadoras no módulo de FOL e de Empresa e iniciativa emprendedora





Tema 2. A investigación no ámbito docente e orientador
2.1. Temáticas e metodoloxía
2.2. Estudos de inserción laboral
2.3. Estudos sobre orientaciòn profesional





Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Análisis de fuentes documentales A25 A26 C3 C6 C7 4 18 22
Presentación oral A25 C1 C3 C6 3 2 5
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 1 4 5
Portafolio del alumno A26 A25 C1 C6 C7 4 8 12
Sesión magistral A25 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Análisis de fuentes documentales As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas a Formación Profesional, as materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas.
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada.

Presentación oral As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e deberán expor a experiencia analizada por outro compañeira/o.
Prácticas a través de TIC As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario.Na materia de Proxectos de innovación e investigación, amplíase o marcador social cos recursos dixitais localizados e seleccionados a través da análise de fontes documentais e da utilización das redes sociais e incorporánse novas fontes e recursos á contorna persoal de aprendizaxe. Con estas actividades están a traballarse as competencias dixitais docentes de tres áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)



Portafolio del alumno As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal que ha de presentarse nun artefacto dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte en grupo, resultado da posta en común das lecturas sobre o concepto de innovación e os seus ámbitos e sobre a valoración e conexión entre as experiencias analizadas. A estrutura do portafolio e as pautas para a parte grupal van ser presentadas o primeiro día de clase.
Sesión magistral Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acotanse conceptos vencellados a innovación educativa.

Atención personalizada
Metodologías
Análisis de fuentes documentales
Descripción
A atención personalizada está vencellada principalmente a análise das fontes documentais. O seu obxectivo é proporcionar a axuda e as orientacións necesarias para a selección e análise das experiencias innovadoras. Está ligada a unha avaliación formativa.

O alumnado con matrícula a tempo parcial con dispensa académica terá unha atención personalizada ao servizo do seguimento e supervisión das actividades que computan na avaliación.


Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 5 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 5 puntos.
A presentación do cartafol a través dun artefacto dixital e a difusión das experiencias analizadas puntúan 10 puntos, 5 para cada unha.
20
Presentación oral A25 C1 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir dunha rúbrica, previamente consensuada co alumnado. Esta rúbrica vai ser utilizada, coas adaptacións correspondentes, ás presentacións noutras materias do módulo específico.


20
Portafolio del alumno A26 A25 C1 C6 C7 O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 40 puntos e a grupal 20. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.

Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos

60
 
Observaciones evaluación

ASISTENCIA ÁS AULAS 

  • A asistencia  ás aulas é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer   e entregar  as actividades realizadas na aula.   
  • O alumnado con  matrícula a tempo parcial e dispensa académica realizará as mesmas actividades e  asistirá as titorías  de seguimento e supervisión que se fixen consensuadamente. 
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR

A cualificación  final será  o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades que puntuan.  Para superar a materia é  indispensábel  realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35)  na actividade de análise de fontes documentais.  

INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia  de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 

 Plaxio

O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC :  “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf


Fuentes de información
Básica Instituto de Tecnologías Educativas (). . http://www.ite.educacion.es/
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). Insituto de Tecnologías Educativas y de Formación del profesorado . http:77www.ite.educacion.es/
Navas Baena, R. (2010). Investigación e innovación en el aula.. Granada: Ada.
Castañeda, L y Adell, J. (2013). La anotamía de los PLEs . Alcoy: Marfíl
EDUCAweb (). Premios Educaweb Orientación Acacémica y Profesional. http//www.eudcaweb.com/premios/ediciones/
INTEF: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (). Red de buenas prácticas 2.0. http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/web/es/formacion-prefional/608-buenas-practicas
Allueva Pinilla, A. I e Alejandre, J. L. (2016). Simibiosis del aprendizaje con tecnología. Experiencias innovadoras en el ámbito hispano.. Prensas de la Universidad de Zaragoza

Para a busca de experiencias innovadoras  proporcionase unha listaxe  de fontes electrónicas. 

Complementária


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario
Inserción y orientación laboral/652606612
Aprendizaje y enseñanza de los módulos de formación y orientación laboral/652606621
Iniciación a la investigación educativa/652606E32
Innovación docente/652606E42

Otros comentarios

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  as tarefas que son obxecto de avaliación  entregaranse en formato dixital  a través de moodel.  



(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías