Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Desenvolvemento psicolóxico e apredizaxe escolar Código 652608004
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Cuevas Gonzalez, Lino Manuel
Correo electrónico
lino.cuevas@udc.es
Profesorado
Barca Enríquez, Eduardo
Cuevas Gonzalez, Lino Manuel
Correo electrónico
e.barcae@udc.es
lino.cuevas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Desenvolvemento Psicolóxico e Aprendizaxe Escolar pon énfase nos aspectos psicolóxicos do desenvolvemento das persoas e nas variables que influén na aprendizaxe escolar, e, de forma moi especial, nestes aspectos naquelas persoas que presentan necesidades específicas de apoio educativo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A2 Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A27 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A29 Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
A30 Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
A31 Coñecer os procesos de avaliación e de orientación académica e profesional (OE).
A32 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización AP1
AP2
AP3
AP4
AP9
AP10
AP14
AP24
AP27
AP29
AP30
AP31
AP32
AP33
AP34
CM1
CM4
CM7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM1
CM3
CM4
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: HISTORIA E CONCEPTO TEMA 1: Historia
TEMA 2: Concepto
BLOQUE II: DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO TEMA 3: Desenvolvemento psicolóxico de 0 a 2 anos
TEMA 4: Desenvolvemento psicolóxico de 2 a 6 anos
TEMA 5: Desenvolvemento psicolóxico de 6 a 12 anos
TEMA 6: Desenvolvemento psicolóxico na adolescencia
BLOQUE III: APRENDIZAXE ESCOLAR TEMA 7: Concepcións sobre a ensinanza
TEMA 8: Concepcións sobre a aprendizaxe.
TEMA 9: Metodoloxías didácticas
TEMA 10: Variables cognitivo-motivacionais e socio-emocionais na aprendizaxe.
TEMA 11: A avaliación da aprendizaxe.
TEMA 12: A comunicación
BLOQUE IV: TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS TEMA 13: Por trastornos do comportamento.
TEMA 14: Por trastornos da linguaxe
TEMA 15: Por trastornos sensoriais e/ou motrices
TEMA 16: Por trastornos intelectuais.
TEMA 17: Autismo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A10 A24 A27 A29 A30 A31 C1 C4 C7 10 0 10
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A9 A10 A27 A29 A30 A31 C1 C4 C7 10 0 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A9 A10 A14 A27 A29 A30 A32 A33 A34 C1 C4 C7 4 30 34
Lecturas A1 A2 A4 A10 A27 A29 A30 C4 C7 0 2 2
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A10 A27 A30 C1 C3 C6 C7 2 40 42
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta modalidade adóitase reservar a unha lección impartida polo profesor, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información.
Estudo de casos Presentación e descrición dunha situación específica que presenta un problema que debe ser identificado, recoñecido, comprendido e valorado polo/a alumno/a, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto que lle describe unha situación real da vida, e debe ser quen a analizar unha serie de feitos referentes a un campo particular. Os casos tratarán sobre os distintos trastornos que se poden presentar no desenvolvemento e aprendizaxe escolar. Os coñecementos necesarios para levar a cabo axeitadamente os estudos impartiranse previamente.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguemento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Proporase a realización de traballos de grupo, de carácter obrigatorio, en torno aos temas centrais da materia, e para o inicio da súa elaboración facilitarase un pequeno dossier a partir do cal o alumnado deberá ir afondando na materia obxecto de estudo. O resultado dese traballo exponse de maneira interactiva, utilizando a metodoloxía da presentación oral.
Lecturas Constitúen un conxunto de textos e temas que irán xurdindo a medida que se avanza na exposición e o desenvolvemento da materia, e que o alumnado poderá ler para proceder a unha recensión que lle permita afondar nos contidos de interese relacionados (directa ou transversalmente) coa materia.
Proba obxectiva Proba utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. É de aplicación tanto para a avaliación formativa como para a sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Lecturas
Descrición
Estas metodoloxías requiren orientación e seguemento por parte do profesor, tanto nas horas de clase (que se fará nos grupos interactivos) como nas de titoría, segundo o demanden os alumnos e/ou o considere conveniente o profesor. Todo isto coa finalidade de realizar un seguemento preciso do alumnado e das súas actividades de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A9 A10 A14 A27 A29 A30 A32 A33 A34 C1 C4 C7 Requirirán dunha exposición e defensa oral por parte do grupo encargado de cada tema. A valoración desta exposición rexerase polas directrices do Mestrado para a realización do TFM. 30
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A9 A10 A27 A29 A30 A31 C1 C4 C7 A realización correcta de cada caso proposto achegará unha puntuación á cualificación final. Cada caso correctamente resolto puntuará a porcentaxe correspondente do peso total. En caso contrario, non puntuará. 20
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A10 A27 A30 C1 C3 C6 C7 Exame sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e sobre o dosier e outros materiais achegados polo profesor. Constará dun mínimo de 40 e un máximo de 160 preguntas, con 4 alternativas, das cales só 1 (unha) será correcta. Para a súa corrección aplícase a fórmula de corrección do azar, isto é, téñense en conta os erros e as omisións que se produzan. 40
Lecturas A1 A2 A4 A10 A27 A29 A30 C4 C7 Valorarase o nivel de profundización e a capacidade de reflexión do alumnado sobre cada lectura proposta. 10
 
Observacións avaliación

Tanto a realización da proba obxectiva como a dos traballos tutelados (e a súa correspondente exposición e defensa) considéranse obrigatorias para superar a asignatura. As cualificacións obtidas nestes apartados sumaranse ás obtidas nos restantes (estudo de casos e lecturas). Considérase aprobada a asignatura a partir de cinco (5). Calquera puntuación inferior supón a cualificación de Suspenso. A non realización dun ou ambos apartados obrigatorios supón a cualificación de Non Presentado.


Fontes de información
Bibliografía básica
Bautista, R. (1993). Necesidades educativas especiales. Archidona: Aljibe. BERGER, K.S. e THOMPSON, R.A. (1997): Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana. BERK, L.E. (1999): Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice Hall. Blanco, R. y otros (1992). Alumnos con necesidades educativas especiales y adaptaciones curriculares. Madrid: Centro Nacional de Recursos para la educaci?n especial Educación Especial. Cadenas, C. (1994). Enseñar y aprender en una escuela para todos. Madrid: Centro Nacional de Recursos para la Educación Especial Cañadas, L. (1991-1993). Guía para la búsqueda documental: necesidades educativas especiales. Madrid: Centro Nacional de Recursos para la Educación Especial Castanedo, C. (2001). Bases psicopedagógicas de la educación especial. Madrid: CCS CORDOBA, A.I; DESCALS, A. E GIL, M.D. (Coords.) (2006): Psicología del Desarrollo en la Edad Escolar. Madrid: Pirámide CRAIG, G.J. (2001): Desarrollo psicológico. México: Prentice Hall (8ª ed FELMAN, R.S. (2008): Desarrollo en la infancia. México: Prentice Hall (4ª ed García, E. (1988). La integración escolar: aspectos psicosociológicos. Madrid: UNED García Pastor, C. (Coor.) (1992). La investigación sobre la integración: tópicos, aproximaciones y procedimientos. Salamanca: Amarú. Garrido, J. (1990). Progamación de actividades para educación especial. Madrid: CEPE.

Gisbert Alós et al. (1981). Educación especial. Madrid: Cincel. GONZÁLEZ, E. (Coord.) (2000): Psicología del ciclo vital. Madrid: CCS González, A. y Sabaté, J. (1992). La integración de alumnos con necesidades educativas especiales (Ciclo superior de E.G.B.). Madrid: M.E.C. (Centro Nacional de Recursos de Educación Especial). Hegarty, S. (1988). Aprender juntos: la integración escolar. Madrid: Morata. Lou Royo, M.A. y López Urquízar, N. (1998). Bases psicopedagógicas de la educación especial. Madrid: Pirámide. Marchesi, A., Coll, C. y Palacios, J. (Comps.)(1999, edición revisada). Desarrollo psicológico y educación, III. Madrid: Alianza. MIETZEL, G. (2005): Claves de la psicología evolutiva. Infancia y juventud. Barcelona: Herder. MIRAS, F.; SALVADOR, F. e ÁLVAREZ, J. (2001): Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario MORALEDA, M. (1992): Psicología del desarrollo. Infancia, adolescencia, madurez y senectud. Barcelona: Boixareu Universitaria Moya, A., Barrero, N., Reyes Rebollo, M. e Ipland, J. (2000). Enfoque multidimensional de las Necesidades Educativas Especiales. Huelva: Hergué. PAPALIA, D.E., WENDKOS, S. e DUSKIN, R. (2005): Desarrollo humano. Madrid: McGraw-Hill (9ªed PERINAT, A. (2002): Psicología del desarrollo. Del nacimiento al final de la adolescencia.Barcelona: UOC RICE, F.P (2000): Desarrollo humano. Estudo del ciclo vital. México: Prentice- Hall. Sánchez Palomino, A. y Torres González, J.A. (1997). Educación especial (I y II). Madrid: Pirámide. TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (2004): Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide. Toledo, M. (1981). La escuela ordinaria ante el niño con necesidades educativas especiales. Madrid: Santillana. Varios (1992). Alumnos con necesidades educativas especiales y adaptaciones curriculares. Propuesta de Documento Individual de Adaptaciones Curriculares (D.I.A.C.). Madrid: M.E.C. (Dirección General de Renovación Pedagógica y Centro Nacional de Recursos para la Educación Especial VV.AA. (1994) La educación especial en el marco de la LOGSE: situación actual y perspectivas de futuro. Madrid: Secretaría de Estado de Educación.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase facer os envíos dos traballos por vía telemática, e, se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e previr os impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías