Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Practicum Código 652608806
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Ferreiro Fernandez, Manuel
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Martinez Lopez, Maria Josefa
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
maria.josefa.martinez@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral Para o alumnado deste Máster, as prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional: éntrase en contacto co oficio sen a responsabilidade e as urxencias que comporta dirixir un grupo de alumnos/as. Grazas ás prácticas, os/as estudantes poderán coñecer de primeira man as tarefas que levan a cabo nun centro educativo de Ensino Secundario, e terán, así mesmo, a posibilidade de establecer relacións frutíferas con profesores/as de Ensino Secundario e do ámbito universitario (destes/as últimos/as, parte son tamén docentes noutros niveis educativos).

As prácticas están deseñadas para ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que vai desenvolver o seu labor, de tal modo que poida alcanzar un coñecemento vivencial do traballo docente. Espérase que os/as estudantes tomen as prácticas como a oportunidade que son, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Esa oportunidade bríndana os centros e o profesorado de Ensino Secundario, e así deben recoñecelo a Universidade e o alumnado en prácticas. Agora ben, o recoñecemento é compatible cunha actitude de observación reflexiva e vixiante, propia do momento formativo en que nos atopamos. Non se debe aspirar á mera reprodución dos modelos de acción observados; pola contra, esas e outras posibles alternativas de actuación profesional han de ser obxecto de análise e reflexión.

A práctica que se desenvolve nos centros educativos só se pode comprender se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre el. Para isto é necesario construír un coñecemento sistematizado e profundo sobre a praxe docente, isto é, saber que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento virá complementar, sen dúbida, os obtidos nas fases anteriores do Máster (módulos xenérico e específico), e a miúdo achegará un contrapunto enriquecedor.

As prácticas serán tamén unha experiencia formativa para o profesorado titor dos centros de ensino (cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante), debido a que lle dan a ocasión de reflexionar críticamente sobre o seu traballo e os seus hábitos na día a día da aula, así como unha oportunidade para entrar en contacto —aínda que sexa brevemente— coa reflexión didáctica que se fai fóra dos centros de Ensino Secundario.

Non menos enriquecedora será a experiencia para o profesorado da Facultade (parte do cal, como xa se apuntou, exerce tamén a docencia en niveis preuniversitarios). Grazas ás prácticas, os/as titores/as da UDC terán a oportunidade de observar o contraste as mensaxes e estratexias de traballo de corte teórico e a práctica vivida nos centros.
Plan de continxencia METODOLOXÍAS
Nunha situación extraordinaria, as metodoloxías modificaríanse tendo en conta o número de horas presenciais que o alumnado cumprise antes da creba da normalidade. Se houbese algún caso que non se axustase a ningún dos escenarios previstos, a Comisión Académica do mestrado estudaríao separadamente.

Escenario n.º 1: cumprimento da totalidade das horas presenciais previstas.

Todas as prescricións recollidas na guía docente —tanto ás referidas á planificación como as tocantes á avaliación— manterían a súa vixencia. Con todo, cabería a posibilidade de que se modificasen os prazos de entrega, corrección e revisión das memorias, se as circunstancias o aconsellasen. Calquera modificación deste tipo anunciaríase con antelación suficiente.

Escenario n.º 2: cumprimento da metade das horas presenciais previstas.

Neste caso, a perda de horas de estadía no centro de prácticas veríase compensada por medio da realización de traballos tutelados que se integrarían na memoria, sempre con vistas a completar os seus distintos apartados. A dirección e supervisión destas tarefas —que se realizaría por vía telemática— ficaría nas mans dos/as titores/as da UDC.

Saídas de campo
Competencias: A33 A34 A35
Horas presenciais: 42
Horas non presenciais / traballo autónomo: 108
Horas totais: 150

Traballos tutelados
Competencias: A32 A33 A34 A35
Horas presenciais: 0
Horas non presenciais / traballo autónomo: 141
Horas totais: 141

Escenario n.º 3: cumprimento de menos da metade das horas presenciais previstas.

Do mesmo xeito que no escenario n.º 2, o alumnado tería que compensar, por medio de traballos tutelados integrados na memoria, a mingua do número de horas de presenza no centro. Agora ben, como o acortamento da estadía sería maior do que no escenario precedente, sería necesaria, ademais, a resolución dun suposto práctico —deseñado polo coordinador/a do itinerario— que tamén se integraría na memoria de prácticas (para máis información, véxase a «Guía das prácticas docentes»).

Saídas de campo
Competencias: A33 A34 A35
Horas presenciais: 25
Horas non presenciais / traballo autónomo: 125
Horas totais: 150

Traballos tutelados
Competencias: A32 A33 A34 A35
Horas presenciais: 0
Horas non presenciais / traballo autónomo: 141
Horas totais: 141

Escenario n.º 4: non se produciu a incorporación do/a estudante ao centro de prácticas.

Optaríase por unha formación telepresencial, sempre que os centros de prácticas o permitisen; de non ser posible, proporíase unha formación alternativa de carácter práctico. En calquera caso, o traballo tutelado sería avaliado en exclusiva polo titor da UDC, como en circunstancias normais.

MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
O/a titor/a da UDC debe ofrecer ao alumnado a posibilidade dun contacto regular —indispensable para unha titorización efectiva— por medio do correo electrónico institucional e/ou das plataformas de teleformación que ofrece a Universidade (Moodle, Microsoft Teams).

MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Non se modificaría o peso que na cualificación final teñen as dúas metodoloxías propias da materia: a saída de campo (é dicir, a estadía no centro de prácticas) e o traballo tutelado (é dicir, a memoria de prácticas, con ou sen adicións, segundo o escenario en que se achen os/as alumnos/as).

OBSERVACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN:
- A cualificación final será a media das outorgadas polo/a titor/a de centro (que valora o desempeño do/a estudante durante a estadía) e polo/a titor/a da UDC (que corrixe e puntúa a memoria das prácticas).
- Para superar as prácticas cómpre conseguir o aprobado nas dúas partes da materia; no caso de que unha delas non se supere, a nota final do/a estudante será precisamente a desa parte.
- A memoria das prácticas é recuperable. Se un alumno non supera a materia na primeira oportunidade por causa da memoria, poderá mellorala e entregala na segunda.
- As prácticas propiamente ditas (isto é, os labores realizados polo/a alumno/a no seu centro de destino) non son recuperables: a cualificación obtida na primeira oportunidade mantense na segunda.
- Antes de publicar as cualificacións finais, os/as titores/as da UDC deben ofrecer ao alumnado a posibilidade de revisar a memoria e, de ser o caso, reconsiderar a súa cualificación. Se as circunstancias o fixesen necesario, a revisión tería lugar a través de canles telemáticas. En canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro, non é susceptible de emenda: o alumnado só pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación.
- A memoria de prácticas —con ou sen adicións, cf. supra— deberá subirse á aplicación Prácticum (http://www.educacion.udc.es/app-secundaria/) dentro do prazo estabelecido no calendario oficial (consultable na «Guía das prácticas docentes»). Se os/as titores/as da UDC requirisen a entrega dunha copia adicional da memoria por outra canle, esta debería ser de carácter telemático.
- Se a UDC contemplase esta posibilidade, poderíase elevar á Xunta de Facultade, previa aprobación da Comisión Académica do Mestrado, unha proposta de modificación das datas de realización do Prácticum.
- As cualificación das prácticas poderán ser:
- Non presentado
- Suspenso (de 1 a 4,9 puntos)
- Aprobado (de 5 a 6,9 puntos)
- Notable (de 7 a 8.9 puntos)
- Sobresaliente (de 9 a 10 puntos).

Competencias do título
Código Competencias do título
A32 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A35 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AP34
AP35
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AP34
AP35
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AP32
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AP33
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AP34
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. AP32
7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos e actuar sostiblemente a favor do medio ambiente AP32

Contidos
Temas Subtemas
Coñecemento do Centro Educativo, alumnado, contexto sociocultural, cultura pedagóxica, organizativa e de xestión (niveis e cursos, Departamentos, Comisións, Grupos, Equipo directivo, Consello Escolar, Claustro) e relacións coas familias e a contorna.


A planificación Educativa no Centro. Os documentos de planificación: Proxecto Educativo (Proxecto Curricular e plan Lingüístico) Proxecto de Xestión, Plan Xeneral Anual, Programacións didácticas, Plan de Acción Titorial , etc.
Coñecemento e valoración dos programas educativos existentes no Centro. Plan de Convivencia, Plan Tic, Plan Lector e outros programas de apoio aos centros.
Coñecemento e valoración dos recursos didácticos dispoñibles no Centro e no Departamento.

Deseño e programación de unidades didácticas e procesos de intervención en diferentes materias e niveis educativos, no marco do Departamento Didáctico da especialidade.

Modelos e estilos de ensino máis axeitados ás materias da especialización.
Análise dos procesos de comunicación na aula e de actuación docente. - Medios para a súa valoración e mellora.
- O asesoramento e a colaboración profesional.
Procesos de innovación e mellora no ensino das materias da Área.
A intervención e a atención á diversidade na aula. O exercicio da titoría. - A intervención e a atención á diversidade na aula.
- O exercicio da titoría.
Modelos e prácticas de avaliación no Centro e no Departamento.
Deseño e valoración dos instrumentos de avaliación do alumnado e do ensino.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A32 A33 A34 A35 38 103 141
Saídas de campo A33 A34 A35 42 108 150
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor da Universidade. A extensión é de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, en arial 11 a dobre espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de artes). É obrigado entregar un exemplar encadernado e unha copia en soporte informático.
Saídas de campo Achegar ao alumnado á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula.
Observación e intervencións puntuais co apoio e supervisión do titor do centro.
Deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa.


Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
Os titores/as deberán dar a coñecer os días, as horas e as formas de contacto, tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, pode dirixirse á coordinación do practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán comunicados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 A34 A35 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta 50
Saídas de campo A33 A34 A35 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica
Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidades terá a ocasión de mellorala para a segunda. As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación.
Bibliografía complementaria

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010) Diversidad e igualdad en educación. Madrid, UNED.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2008) Una educación para mañana. Barcelona, Octaedro.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2009) La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona, Graó.
CASADO ROMERO, A. (2010) Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca, Universidade de Castela-A Mancha.
CAMPS, V. (2008) Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona, Península.
CASTELLS CUIXART, P. (2011) Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona, Península.
DOMENECH, J. e GUERRERO, J. (2005) Miradas a la educación que queremos. Barcelona, Graó.
ESCUDERO PÉREZ, J. e MARTÍNEZ TEN, L. (coords.) (2011) Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid, Los Libros de la Catarata.
ESTEVE, O.; MELLEF, K. e ANSINA, A. (coords.) (2010) Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA ARETIO, L. (2009) Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid, UNED.
GIMENO SACRISTÁN, J. (comp.)(2006) La reforma necesaria. Entre la
política educativa y la práctica escolar
. Madrid, Morata.
MAÑU NOAIN, J. (2010) Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid, Narcea.
ORTEGA, R. (coord.) (2010) Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid, Alianza.
PÉREZ SERRANO, G. (2010) Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid, Narcea.
RODICIO-GARCÍA, M. L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M. J. (2011) El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid, Biblioteca Nueva.
RODRÍGUEZ JARES, X. (2006) Aprender a convivir. Vigo, Xerais.
SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007) Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid, Fundación Europea Sociedade e Educación.
SEGOVIA GARCÍA, N. (2006) Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo, Ideas Propias.
SUBIRATS, M. e TOMÉ, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación . Barcelona, Octaedro. Bibliografía complementaria
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2009) Narraciones de la escuela. Barcelona, Editorial Davinci.
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2010) Narraciones de maestros. Barcelona, Editorial Davinci.
DÍEZ NAVARRO, C. (2003) El piso de abajo de la escuela. Barcelona, Graó.
McCOURT, F. (2005) El profesor. Madrid, Maeva.
PENNAC, C. (2008) Mal de escuela. Barcelona, Mondadori.
SOBRADO, L.; FERNÁNDEZ, E. y RODICIO, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
TONUCCI, F. (1988) Niño se nace. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1989) Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1993) La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1994) Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (2003)
Cuando los niños dicen ¡Basta!
Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os envíos dos traballos serán telematicamente e se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías