Identifying Data 2022/23
Subject (*) Practicum Code 652608806
Study programme
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 12
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinador
Sobrino Freire, Iria
E-mail
iria.sobrino@udc.es
Lecturers
Carballal Miñan, Patricia
Eirin García, Leticia
Ferreira Boo, María del Carmen
Ferreiro Fernandez, Manuel
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Peñasco González, Sandra
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sobrino Freire, Iria
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
patricia.carballal@udc.es
leticia.eirin@udc.es
m.fboo@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
sandra.pgonzalez@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
iria.sobrino@udc.es
cleofe.tato@udc.es
Web
General description Para o alumnado deste Máster, as prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional: éntrase en contacto co oficio sen a responsabilidade e as urxencias que comporta dirixir un grupo de alumnos/as. Grazas ás prácticas, os/as estudantes poderán coñecer de primeira man as tarefas que levan a cabo nun centro educativo de Ensino Secundario, e terán, así mesmo, a posibilidade de establecer relacións frutíferas con profesores/as de Ensino Secundario e do ámbito universitario (destes/as últimos/as, parte son tamén docentes noutros niveis educativos).

As prácticas están deseñadas para ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que vai desenvolver o seu labor, de tal modo que poida alcanzar un coñecemento vivencial do traballo docente. Espérase que os/as estudantes tomen as prácticas como a oportunidade que son, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Esa oportunidade bríndana os centros e o profesorado de Ensino Secundario, e así deben recoñecelo a Universidade e o alumnado en prácticas. Agora ben, o recoñecemento é compatible cunha actitude de observación reflexiva e vixiante, propia do momento formativo en que nos atopamos. Non se debe aspirar á mera reprodución dos modelos de acción observados; pola contra, esas e outras posibles alternativas de actuación profesional han de ser obxecto de análise e reflexión.

A práctica que se desenvolve nos centros educativos só se pode comprender se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre el. Para isto é necesario construír un coñecemento sistematizado e profundo sobre a praxe docente, isto é, saber que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento virá complementar, sen dúbida, os obtidos nas fases anteriores do Máster (módulos xenérico e específico), e a miúdo achegará un contrapunto enriquecedor.

As prácticas serán tamén unha experiencia formativa para o profesorado titor dos centros de ensino (cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante), debido a que lle dan a ocasión de reflexionar críticamente sobre o seu traballo e os seus hábitos na día a día da aula, así como unha oportunidade para entrar en contacto —aínda que sexa brevemente— coa reflexión didáctica que se fai fóra dos centros de Ensino Secundario.

Non menos enriquecedora será a experiencia para o profesorado da Facultade (parte do cal, como xa se apuntou, exerce tamén a docencia en niveis preuniversitarios). Grazas ás prácticas, os/as titores/as da UDC terán a oportunidade de observar o contraste as mensaxes e estratexias de traballo de corte teórico e a práctica vivida nos centros.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A32 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A35 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AJ34
AJ35
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AJ34
AJ35
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AJ32
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AJ33
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AJ34
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. AJ32
7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos e actuar sostiblemente a favor do medio ambiente AJ32

Contents
Topic Sub-topic
Coñecemento do Centro Educativo, alumnado, contexto sociocultural, cultura pedagóxica, organizativa e de xestión (niveis e cursos, Departamentos, Comisións, Grupos, Equipo directivo, Consello Escolar, Claustro) e relacións coas familias e a contorna.
.
A planificación Educativa no Centro. Os documentos de planificación: Proxecto Educativo (Proxecto Curricular e plan Lingüístico) Proxecto de Xestión, Plan Xeneral Anual, Programacións didácticas, Plan de Acción Titorial , etc.
Coñecemento e valoración dos programas educativos existentes no Centro. Plan de Convivencia, Plan Tic, Plan Lector e outros programas de apoio aos centros.
Coñecemento e valoración dos recursos didácticos dispoñibles no Centro e no Departamento.
.
Deseño e programación de unidades didácticas e procesos de intervención en diferentes materias e niveis educativos, no marco do Departamento Didáctico da especialidade.
.
Modelos e estilos de ensino máis axeitados ás materias da especialización. .
Análise dos procesos de comunicación na aula e de actuación docente. - Medios para a súa valoración e mellora.
- O asesoramento e a colaboración profesional.
Procesos de innovación e mellora no ensino das materias da Área. .
A intervención e a atención á diversidade na aula. O exercicio da titoría. .
Modelos e prácticas de avaliación no Centro e no Departamento. .
Deseño e valoración dos instrumentos de avaliación do alumnado e do ensino. .

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A32 A33 A34 A35 38 103 141
Field trip A33 A34 A35 42 108 150
 
Personalized attention 9 0 9
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor da Universidade. A extensión é de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, en arial 11 a dobre espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de artes). É obrigado entregar unha copia en soporte informático mediante a aplicación de Prácticum e, ademais, o profesorado titor de facultade podería tamén requirir outro exemplar adicional no soporte que considere.
Field trip Achegar ao alumnado á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula.
Observación e intervencións puntuais co apoio e supervisión do titor do centro.
Deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa.


Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Field trip
Description
Os titores/as deberán dar a coñecer os días, as horas e as formas de contacto, tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, pode dirixirse á coordinación do practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán comunicados.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A32 A33 A34 A35 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta 50
Field trip A33 A34 A35 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
 
Assessment comments

A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10).

A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade.

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

Na segunda oportunidade de avaliación:

- A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade.

- As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade mantense para a segunda.

A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. Canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro: o alumnado pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación por parte do seu profesorado titor de facultade, na data de revisión para a súa cualificación na materia. 

- Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP.


Sources of information
Basic

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010). Diversidad e igualdad en educación. Madrid, UNED.

CARBONELL SEBARROJA, J. (2008). Una educación para mañana. Barcelona, Octaedro.

CARBONELL SEBARROJA, J. (2009). La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona, Graó.

CASADO ROMERO, A. (2010). Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca, Universidade de Castela-A Mancha.

CAMPS, V. (2008). Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona, Península.

CASTELLS CUIXART, P. (2011). Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona, Península.

DOMENECH, J. e GUERRERO, J. (2005). Miradas a la educación que queremos. Barcelona, Graó.

ESCUDERO PÉREZ, J. e MARTÍNEZ TEN, L. (coords.) (2011). Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid, Los Libros de la Catarata.

ESTEVE, O.; MELLEF, K. e ANSINA, A. (coords.) (2010). Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona, Octaedro.

GARCÍA ARETIO, L. (2009). Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid, UNED.

GIMENO SACRISTÁN, J. (comp.) (2006). La reforma necesaria. Entre la política educativa y la práctica escolar. Madrid, Morata.

MAÑU NOAIN, J. (2010). Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid, Narcea.

ORTEGA, R. (coord.) (2010). Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid, Alianza.

PÉREZ SERRANO, G. (2010). Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid, Narcea.

RODICIO-GARCÍA, M. L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M. J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid, Biblioteca Nueva.

RODRÍGUEZ JARES, X. (2006). Aprender a convivir. Vigo, Xerais.

SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007). Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid, Fundación Europea Sociedade e Educación.

SEGOVIA GARCÍA, N. (2006). Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo, Ideas Propias.

SUBIRATS, M. e TOMÉ, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona, Octaedro.

Complementary

CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2009). Narraciones de la escuela. Barcelona, Editorial Davinci.
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2010). Narraciones de maestros. Barcelona, Editorial Davinci.
DÍEZ NAVARRO, C. (2003). El piso de abajo de la escuela. Barcelona, Graó.
McCOURT, F. (2005). El profesor. Madrid, Maeva.
PENNAC, C. (2008). Mal de escuela. Barcelona, Mondadori.
SOBRADO, L.; FERNÁNDEZ, E. y RODICIO, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
TONUCCI, F. (1988). Niño se nace. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1989). Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1993). La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1994). Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (2003). Cuando los niños dicen ¡Basta!. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

A entrega dos traballos realizarase telematicamente, na plataforma correspondente. Se non é posible, non deben empregarse plásticos e cómpre elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facerse un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.

Na materia incorporarase a perspectiva de xénero e traballarase para fomentar e, no seu caso, modificar prexuizos e actitudes sexistas.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.