Identifying Data 2020/21
Subject (*) Final Dissertation Code 652608807
Study programme
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Cano López, Pablo
E-mail
pablo.cano@udc.es
Lecturers
Cano López, Pablo
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Ferreiro Fernandez, Manuel
Martinez Lopez, Maria Josefa
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sobrino Freire, Iria
E-mail
pablo.cano@udc.es
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
maria.josefa.martinez@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
General description O TFM consistirá na realización dunha actividade académica que desenvolverá o conxunto de competencias abordadas neste mestrado. Debe ser realizado individualmente por cada alumno/a baixo a dirección dun/dunha profesor/a (director/a), e, como norma xeral, estará concibido para que o tempo total de dedicación do/a alumno/a sexa de 150 horas (6 ECTS). Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período do Mestrado, a saber: a capacidade para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes (da área de coñecemento correspondente), co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Traballos tutelados
- Presentación oral

*Metodoloxías docentes que se modifican:

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O contacto estabelecerase a través do correo electrónico e/ou das plataformas Teams e Moodle, segundo acorden o profesorado e o alumnado.

4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións.

*Observacións de avaliación:
No caso de que os tribunais non poidan actuar presencialmente, as defensas dos TFM faranse por vía telemática. As instrucións necesarias publicaranse, con antelación suficiente, na páxina web do Mestrado.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A2 Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro; abordar e resolver posibles problemas.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A12 Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Preparación profesional avanzada, dirixida á especialización académica e profesional dos estudantes; é por iso que o TFM deberá estar orientado á avaliación das competencias profesionais, xerais e específicas asociadas á titulación. AJ1
AJ2
AJ3
AJ4
AJ5
AJ6
AJ7
AJ8
AJ9
AJ10
AJ11
AJ12
AJ13
AJ14
AJ15
AJ16
AJ17
AJ18
CC1
CC2
CC3
CC4
CC5
CC6
CC7
CC8
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. AJ15
AJ17
AJ18
CC3
CC6
CC7
CC8
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. CC1
CC3

Contents
Topic Sub-topic
Prepararse profesionalmente, académicamente e profesionalmente. Desenvolver as competencias ó longo dos diferentes módulos formativos, relacionados directamente coa práctica docente da especialidade correspondente. Prepararse profesionalmente, académicamente e profesionalmente. Desenvolver as competencias ó longo dos diferentes módulos formativos, relacionados directamente coa práctica docente da especialidade correspondente.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 136 137
Oral presentation C1 C2 C3 1 9 10
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do Mestrado e enmarcados no ámbito das súas competencias.
b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de Mestrado.
c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do Mestrado.
d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co Mestrado.

Evidentemente, cada alumno/a deberá escoller un tema que estea inscrito no marco da súa área de especialización, que vén dada no son polos seus estudos previos, senón tamén, e sobre todo, polo itinerario no que estea matriculado/a.
Oral presentation SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM e obtido o informe favorable do director/a, o/a alumno/a terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 copias en papel e unha en formato dixital, así como un impreso para solicitar a avaliación do traballo.

DEFENSA: Unha vez que se faga pública a convocatoria do tribunal, o/a alumno/a debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo/a docente que ocupe o cargo de secretario/a. Para que se poida dar comezo á defensa, terá que presentar un documento identificativo (DNI ou pasaporte) e calesquera outros documentos se declaren preceptivos. O acto, que será público, iniciarase cunha exposición do/a alumno/a, que durará un máximo de 20 minutos e na que se poderá facer uso de material audiovisual complementario. A continuación, os/as integrantes do tribunal disporán de 15 minutos —en conxunto— para faceren as preguntas que estimen oportunas e debater co/a alumno/a.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Supervised projects
Description
O/a coordinador/a do Mestrado fará pública a relación de TFM recibidos e as datas para a súa defensa.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation C1 C2 C3 Presentación e defensa
• Calidade dos medios e/ou materiais de apoio, no caso de que se empreguen.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.

No caso do itinerario de Arte, na avaliación consideraranse, ademais, aspectos que teñen que ver coa tipoloxía do TFM-proceso.
15
Supervised projects A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre coñecemento suficiente da bibliografía relevante e do consenso científico vixente verbo do tema en cuestión.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia aos contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ao marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións do TFM (15%)
As conclusións do traballo deberán ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas. Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
85
 
Assessment comments
- O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.

- O/a coordinador/a do Mestrado designará os/as integrantes dos tribunais que avaliarán os TFM, fixará as súas datas e horas de actuación e determinará que alumnos/as deberán comparecer perante cada un deles.

- Os tribunais estarán constituídos por tres membros titulares; ademais, de ser posible, asignarase unha parella de suplentes. O/a director/a dun TFM non poderá formar parte da comisión que o vai avaliar, agás que a escaseza de recursos humanos o faga indispensable.

- Finalizadas as defensas de todos os TFM da súa competencia, o tribunal deliberará e, logo de resolver, publicará as cualificacións provisionais no taboleiro informativo do Mestrado. As cualificacións provisionais serán a media das outorgadas individualmente polos/as integrantes do tribunal, e poderán moverse nas seguintes marxes:
  • Non presentado.
  • Suspenso, de 1 a 4,9.
  • Aprobado, de 5 a 6,9
  • Notable, de 7 a 8,9
  • Sobresaliente, de 9 a 10. A Matrícula de Honra poderá outogarse a calquera traballo cualificado con Sobresaliente, sempre e cando haxa acordo unánime do tribunal.

Sources of information
Basic
As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Mestrado.
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.