Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá Código 652608811
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Profesorado
Ferreiro Fernandez, Manuel
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Web
Descrición xeral Formación e reflexión sobre algúns aspectos complementarios, de carácter fundamental, que son importantes para o ensino da lingua galega e da lingua castelá.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro; abordar e resolver posibles problemas.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A12 Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adaptación crítica ao dinamismo social e curricular na sociedade galega AP3
AP4
AP6
AP7
AP8
AP9
AP11
AP13
CM3
CM4
CM6
CM7
Formación e reflexión sobre os últimos avances na especialidade AP3
AP7
AP11
AP12
AP15
AP16
CM6
CM7
CM8
Actualización da formación científica para o futuro traballo profesional AP2
AP5
AP10
AP14
AP17
AP18
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Coñecemento dos contidos relevantes da especialidade e tendencias actuais. 1.1. Orixe e evolución histórica da(s) lingua(s). A onomástica como patrimonio. O comentario filolóxico.
1.2. Extensión territorial e variantes da lingua. A conformación do actual modelo normativo e a calidade da lingua.
1.3. A análise lingüística. O comentario lingüístico.
1.4. As escolas lingüísticas na Península. A filoloxía española. A filoloxía galego-portuguesa
2. Adaptación da materia ao marco curricular. 2.1. A procura da calidade da lingua na expresión oral e escrita.
2.2. O ensino do texto: concepto, xéneros discursivos e tipoloxías textuais, oralidade e escrita, técnicas de organización e redacción de textos.
2.3. O ensino da gramática: a gramática descritiva, normativa e pedagóxica.
2.4. O ensino do léxico, traballo con dicionarios.
2.5. O aproveitamento das TIC.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A4 A6 A7 A10 A12 A16 A15 A18 16 17 33
Obradoiro A8 A9 A10 A14 C1 C3 C4 7 7 14
Lecturas A6 A7 A11 A16 A17 C5 C6 2 14 16
Traballos tutelados C3 C5 C7 C8 1 30 31
Proba mixta A3 A4 A5 A13 A15 C1 1 4 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición e explicación de contidos e reflexións para o posterior traballo de cada estudante.
Obradoiro Prácticas guiadas, individuais e/ou grupais, en que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Lecturas Realización de lecturas necesarias para a formación do estudante a respecto do contido do curso.
Traballos tutelados Traballo academicamente dirixido sobre unha cuestión da materia previamente asignada. O tema e a bibliografía serán acordados entre profesor e estudante.
Proba mixta Proba escrita de carácter teórico-práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
No horario de titorías do profesorado, o/a estudante recibirá a información e a guía necesaria para preparar e realizar o seu traballo tutelado.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entrega nas datas marcadas, e terá atención personalizada no horario de titorías, para resolver dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A8 A9 A10 A14 C1 C3 C4 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Traballos tutelados C3 C5 C7 C8 Traballo academicamente dirixido sobre unha cuestión da materia previamente asignada. O tema e a bibliografía serán acordados entre o profesorado e o(s) estudante(s). 60
Proba mixta A3 A4 A5 A13 A15 C1 Proba escrita de carácter teórico-práctico 30
 
Observacións avaliación

No apartado de "Traballos tutelados" (60%), o profesorado da materia avaliará tamén, de ser o caso, a exposición oral; a proba mixta computará, por tanto, como o 30%.

O alumnado terá que entregar e/ou expor os traballos e
actividades solicitados no prazo fixado. 












Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas
esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren
deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.

Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (40), traballo tutelado (60). 

O alumnado con dispensa académica deberá comunicar ao docente a dispensa na primeira semana de aulas (ou, se non, nun prazo non superior a 7 días desde a súa concesión). Para superar a materia, deberá realizar todas as actividades e/ou traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas estabelecidas polo docente. A cualificación final será a media ponderada das notas das actividades e/ou traballos e mais da nota do exame (realizado na data oficial), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non aprobar algunha das partes, na segunda oportunidade deberá repetiir as partes non aprobadas (actividades, traballos e/ou proba).


Fontes de información
Bibliografía básica TORRENS ÁLVAREZ, Mª J. (2007). Evolución e historia de la lengua española. Madrid: Arco/Libros
S.N.L. (UDC) (2006). Criterios para o uso da lingua. UDC
FERNÁNDEZ REI, F. (1990). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais
COROMINAS, J. & PASCUAL, J. A. (). Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico, 6 vols.. Madrid: Gredos
SECO, M. (dir.) (1999). Diccionario del español actual. Madrid: Aguilar
Real Academia Galega (s.d.). Dicionario da Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario>
RUIZ BIKANDI, Uri (coord.) (2011). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Barcelona: Graó, Ministerio de Educación
ARIZA, M. (1998). El comentario filológico. Madrid: Arco/Libros
FRADEJAS RUEDA, J. M. (1997). Fonología histórica del español. Madrid: Visor
FREIXEIRO MATO, X.R. (2006). Gramática da Lingua Galega, 4 vols.. Vigo: A Nosa Terra
BOSQUE, I. / V. DEMONTE (dirs.) (1999). Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe
GÓMEZ TORREGO, L. (2010). Gramática didáctica del español. Madrid: SM
PENNY, R. (1993). Gramática histórica del español. Barcelona: Ariel
FERREIRO, M. (1999-01). Gramática histórica galega, 2 vols.. Santiago: Laiovento
MARIÑO PAZ, R. (1998). Historia da lingua galega. Santiago: Sotelo Blanco
CANO AGUILAR, R. (coord.) (2004). Historia de la lengua española. Barcelona: Ariel
CANO AGUILAR, R. (2000). Introducción al comentario filológico. Madrid: Castalia
RUIZ BIKANDI, Uri (coord.) (2011). Lengua castellana y literatura. Complementos de formación disciplinar. Barcelona: Graó, Ministerio de Educación
RUIZ BIKANDI, Uri (coord.) (2011). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó, Ministerio de Educación
FREIXEIRO MATO, X.R. (2009). Lingua de Calidade. Vigo: Xerais
FREIXEIRO MATO, X.R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Vigo: A Nosa Terra
ARIZA, M. (1989). Manual de fonología histórica del español. Madrid: Síntesis
SANMARTÍN REI, G. (2008). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
RAE y Asociación de Academias de le Lengua Española (2009). Nueva gramática de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe
S.N.L. (UDC) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. UDC

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para poder seguir os contidos da materia, será necesario posuír uns coñecementos básicos de lingua galega: quen non os tiver, terá graves dificultades para superar a materia. Neste caso, recoméndase a realización previa dun curso de lingua galega no Centro de Linguas da UDC.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías