Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá Código 652608812
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
maria.josefa.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia consiste en asegurar o coñecemento dos contidos relevantes da especialidade e das súas tendencias actuais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
A11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A15 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A32 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A35 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o valor formativo e cultural das literaturas galega e castelá AP1
AP6
AP13
AP15
AP16
AP17
AP19
CM1
Coñecer os contidos que se cursan en ensino secundario e bacharelato nas materias de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá. AP6
AP13
AP15
AP16
AP17
AP19
CM1
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, así como as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. AP3
AP6
AP13
AP15
AP16
AP17
AP19
AP21
AP25
AP33
CM1
CM4
CM7
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos para as materias de literaturas galega e castelá. AP7
AP13
AP21
AP27
AP32
AP33
CM1
CM6
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das literaturas galega e castelá. AP3
AP11
AP15
AP19
AP25
AP32
AP33
AP35
CM1
CM4
CM8
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das literaturas galega e castelá e expor alternativas e solucións. AP13
AP19
AP25
AP26
AP27
AP33
CM1
CM3
CM4
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Revisión metodolóxica dos contidos relevantes no ensino da literatura

1.1. Introdución: cuestións contextuais
1.2. A necesidade de revisión da historiografía literaria
1.3. Novas tendencias no ensino da literatura
1.4. Revisión crítica de obras e autores
2. Adaptación das literaturas galega e española ao marco curricular
2.1. A lectura comprensiva e crítica
2.2. O comentario de textos
2.3. Selección de lecturas representativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A6 A7 A11 A13 A16 A15 A17 C3 C4 C6 C7 0 14 14
Obradoiro A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A35 C1 C3 C4 C8 12 16 28
Proba mixta A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 2 10 12
Traballos tutelados A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 1 24 25
Actividades iniciais A1 A33 C1 C4 1 0 1
Sesión maxistral A6 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 C4 C6 C7 12 6 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao longo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos, etc. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Proba mixta Ao final de curso, na data oficial, as/os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Traballos tutelados As profesoras propoñerán na segunda sesión uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos individualmente nun traballo escrito que deberá ser entregado na data marcada a principios de curso. Neste traballo o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos ao longo das sesións da materia.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva.
Actividades iniciais Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia.
Sesión maxistral Exposición e explicación de contidos e reflexións para propiciar o posterior traballo autónomo do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Proba mixta
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
Os(as) estudantes que non podan asistir no horario previsto para as Titorías, poderán concertar entrevistas por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A35 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula, así como a realización das lecturas.

10
Proba mixta A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
40
Traballos tutelados A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O traballo final obrigatorio, elaborado individualmente, desenvolverá un tema relacionado con algún aspecto da materia. Formalmente axustarase ás pautas definidas polas profesoras no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva.

50
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado
deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de
actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os
traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir
unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...).
As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
(XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase a
materia con anterioridade, terá que realizar a proba mixta e presentar o
traballo tutelado. A data limite de entrega do traballo tutelado será a marcada para o exame do mes
de xullo. 

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será
avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa
variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades
de carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta
polo 60% dos "Traballos tutelados" (que incluirá unha presentación
oral) e o 40% da "Proba mixta".

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE
DECEMBRO 

Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será
avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da
cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de CC.
da Educación, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A 

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que
non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. 

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA
ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e
con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en
contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para
planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no
tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non
presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a
imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado
responsábel.

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán
cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación.

Os traballos presentados polo alumnado
poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así
como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias,
poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).


Fontes de información
Bibliografía básica Silva Valdivia, B. (coord.) (2005). A literatura na educación secundaria. Santiago: Instituto de Ciencia da Educación
Aller García, C. (1998). Animación a la lectura II: juegos y actividades para después de leer. Sevilla. Quercus
Pozuelo Yvancos, J.M. (2007). Desafíos de la Teoría. Literatura y géneros. Mérida. Venezuela. El otro@el mismo
García Padrino, J. / Medina Padilla , A. (dirs.) (1988). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis
García Rivera, G. (1995). Didáctica de la literatura en la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid. Akal
Bordons, G e A. Díaz-Plaja (2006). Enseñar literatura en secundaria. Barcelona. Graó
Sánchez Miguel, E. (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona. Graó
Navarro Durán, R. (1995). La Mirada al texto : comentario de textos literarios. Barcelona: Ariel
Fernández Paz, A. (2004). Lingua e literatura: educación secundaria obrigatoria. Vigo. Xerais
Marco López, A. (1997 ). Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Santiago: USC
Rodríguez, F. (1990). Literatura galega. Problemas de método e interpretación. Vilaboa-Pontevedra. O Cumio
Martín Vegas, R.A. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid. Síntesis
García Negro, P. / Costa Casas, X. (1995). O ensino da lingua: por un cambio de rumo. Introdución teórica e Unidades didácticas. A Coruña: AS-PG
Silva Valdivia, B. (dir.) (2008). Situación do ensino da da lingua e da literatura na educación secundaria obrigatoria . Santiago: Consello da Cultura Galega

Bibliografía complementaria Reyes, G. (ed.) (1989). Teorías literarias en la actualidad . Madrid. Ediciones el arquero
Vázquez Cuesta, P. (1980). "Literatura gallega", in Díez Borque. J. Mª. (ed.), Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 621-896. Taurus: Madrid
Rodríguez Fer, C. (1991 ). Arte literaria . Vigo: Xerais
Abuín, A. / Tarrío, A. (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da península Ibérica. Santiago: Servizo de Publicacións USC
(). Bibliografía Española, Madrid, Servicio Nacional de Información Bibliográfica (luego Instituto Bibliográfico Hispánico, luego Biblioteca Nacional), 1959 y ss. Refundición anual del Boletín del Depósit.
Vilavedra, D. (coord.) (1995-2004). Diccionario da literatura galeg, a4 vols. Vigo: Galaxia
Marchese, A. / Forradellas, J.& (1991). Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Barcelona. Ariel
Tarrío, A. (coord.) (2000). Galicia. Literatura, vols. 31-34. A Coruña: Hércules de Edicións
Vilavedra, D. (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo. Galaxia
VV.AA. (1996-1998 ). Historia da Literatura Galega, 5 vol. . Vigo. A Nosa Terra
Viñas Piquer, D. (2002 ). Historia de la crítica literaria . Barcelona. Ariel
Mainer, J. C. (2010-2012). Historia de la Lliteratura española, 9 vols.. Barcelona: Crítica
Rico, F. (1979-1999). Historia y crítica de la Lliteratura española, 18 vols. . Barcelona: Crítica
Tarrío, A. (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo: Xerais
VV.AA. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo:. A Nosa Terra
Rodríguez Cacho, L. (2009). Manual de historia de la literatura española. Madrid. Castalia
Aguiar e Silva, V.M. de (1993 ). Teoria da Literatura. Coimbra. Livraria Almedina


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá/652608821
Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608822
Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608823
Proxectos de innovación e investigación educativa en língua e literatura galega e língua e literatura castelá/652608E31
Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá/652608811

Materias que continúan o temario

Observacións

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coas profesoras, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa nos enderezos electrónicos: carme@udc.gal / maria.josefa.martinez@udc.es



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías