Identifying Data 2022/23
Subject (*) Complementary contents for the Galician and Spanish education of the literature Code 652608812
Study programme
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 4
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
E-mail
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Lecturers
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Rico Alonso, Sonia
E-mail
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
sonia.rico.alonso@udc.es
Web
General description O obxectivo xeral desta materia consiste en asegurar o coñecemento dos contidos relevantes da especialidade e das súas tendencias actuais.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A32 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A35 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer o valor formativo e cultural das literaturas galega e castelá AJ1
AJ6
AJ13
AJ15
AJ16
AJ17
AJ19
CC1
Coñecer os contidos que se cursan en ensino secundario e bacharelato nas materias de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá. AJ6
AJ13
AJ15
AJ16
AJ17
AJ19
CC1
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, así como as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. AJ3
AJ6
AJ13
AJ15
AJ16
AJ17
AJ19
AJ21
AJ25
AJ33
CC1
CC4
CC7
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos para as materias de literaturas galega e castelá. AJ7
AJ13
AJ21
AJ27
AJ32
AJ33
CC1
CC6
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das literaturas galega e castelá. AJ3
AJ11
AJ15
AJ19
AJ25
AJ32
AJ33
AJ35
CC1
CC4
CC8
Saber analizar a historia da literatura desde unha perspectiva contextual, considerando as condición históricas e sociais particulares que condicionaron as posibilidades de manifestación literaria no caso dos homes e das mulleres. AJ3
AJ8
AJ10
AJ13
AJ14
AJ15
AJ16
AJ17
AJ19
AJ21
AJ25
AJ26
AJ27
AJ32
AJ33
AJ35
CC1
CC4
CC6
CC7
CC8
Identificar e comprender como a literatura escrita por mulleres ten modificado o canon literario ao incorporar unha visión, unha voz e unha escrita propias. AJ3
AJ8
AJ10
AJ13
AJ14
AJ15
AJ16
AJ17
AJ19
AJ21
AJ25
AJ26
AJ32
AJ33
AJ35
CC1
CC4
CC6
CC7
CC8
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das literaturas galega e castelá e expor alternativas e solucións. AJ13
AJ19
AJ25
AJ26
AJ27
AJ33
CC1
CC3
CC4
CC7
CC8
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, en que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan puntos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva. AJ19
AJ21
AJ25
AJ26
AJ27
AJ33
AJ35
CC1
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. AJ3
AJ8
AJ10
AJ11
AJ14
AJ15
AJ18
AJ21
AJ25
AJ27
AJ34
AJ35
CC1
CC4
CC6
CC7

Contents
Topic Sub-topic
1. Revisión metodolóxica dos contidos relevantes no ensino da literatura

1.1. Introdución: cuestións contextuais
1.2. A necesidade de revisión da historiografía literaria. Canon e presenza das mulleres
1.3. Novas tendencias no ensino da literatura
1.4. Revisión crítica de obras, autoras e autores
2. Adaptación das literaturas galega e española ao marco curricular
2.1. A lectura comprensiva e crítica
2.2. O comentario de textos
2.3. Selección de lecturas representativas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A6 A7 A8 A10 A11 A13 A14 A16 A15 A17 C3 C4 C6 C7 0 14 14
Workshop A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A34 A35 C1 C3 C4 C8 12 16 28
Mixed objective/subjective test A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 2 10 12
Supervised projects A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 1 24 25
Introductory activities A1 A33 C1 C4 1 0 1
Guest lecture / keynote speech A6 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A18 A19 C4 C6 C7 12 6 18
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao longo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Workshop Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos, elaboración conxunta de materiais, exposicións etc. En ocasións poderán ter como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Mixed objective/subjective test Ao final de curso, na data oficial, as/os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Supervised projects As profesoras propoñerán nas primeiras sesións uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos individualmente nun traballo escrito que deberá ser entregado na data marcada a principios de curso. Neste traballo o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos ao longo das sesións da materia.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva.
Introductory activities Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia.
Guest lecture / keynote speech Exposición e explicación de contidos e reflexións para propiciar o posterior traballo autónomo do alumnado.

Personalized attention
Methodologies
Workshop
Guest lecture / keynote speech
Mixed objective/subjective test
Workbook
Supervised projects
Description
O alumnado poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada das profesoras, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación do traballo tutelado, da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais non debe suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente acudindo ás titorías.
Os/as estudantes que non poidan asistir no horario previsto para as Titorías, poderán concertar entrevistas por medio do correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A34 A35 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula, así como a realización das lecturas.

20
Mixed objective/subjective test A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
40
Supervised projects A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O traballo final obrigatorio, elaborado individualmente, desenvolverá un tema relacionado con algún aspecto da materia. Formalmente axustarase ás pautas definidas polas profesoras no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva.

40
 
Assessment comments

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...).As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE(XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá de realizar a proba mixta e presentar o traballo tutelado. A data limite de entrega do traballo tutelado será a marcada para o exame do mesde xullo.

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividadesde carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 60% dos "Traballos tutelados" (que incluirá unha presentación oral) e o 40% da "Proba mixta".

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DEDECEMBRO

Nesta oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de CC. da Educación, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse encontacto coas profesoras da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras no npresenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta. 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/). 

 


Sources of information
Basic Torres Feijoo, Elías (2004). "Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura” . Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic
Silva Valdivia, Bieito (coord.) (2005). A literatura na educación secundaria. Santiago: Instituto de Ciencia da Educación
Aller García, Carlos (1998). Animación a la lectura II: juegos y actividades para después de leer. Sevilla. Quercus
Pozuelo Yvancos, José Mª (2007). Desafíos de la Teoría. Literatura y géneros. Mérida. Venezuela. El otro@el mismo
García Padrino, Jaime / Medina Padilla , Arturo (dirs.) (1988). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis
García Rivera, Gloria (1995). Didáctica de la literatura en la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid. Akal
Bordons, Gloria / Díaz-Plaja, Ana (2006). Enseñar literatura en secundaria. Barcelona. Graó
Sánchez Miguel, Emilio (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona. Graó
Navarro Durán, Rosa (1995). La Mirada al texto : comentario de textos literarios. Barcelona: Ariel
Fernández Paz, Agustín (2004). Lingua e literatura: educación secundaria obrigatoria. Vigo. Xerais
Marco López, Aurora (1997 ). Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Santiago: USC
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega. Problemas de método e interpretación. Vilaboa-Pontevedra. O Cumio
Martín Vegas, Rosa Ana (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid. Síntesis
García Negro, Pilar / Costa Casas, Xoán (1995). O ensino da lingua: por un cambio de rumo. Introdución teórica e Unidades didácticas. A Coruña: AS-PG
Silva Valdivia, Bieito (dir.) (2008). Situación do ensino da da lingua e da literatura na educación secundaria obrigatoria . Santiago: Consello da Cultura Galega

Ademais dos títulos sinalados, as profesoras  poderán proporcionar outros textos ou materiais a través do Campus Virtual. 

Complementary Reyes, Graciela (ed.) (1989). Teorías literarias en la actualidad . Madrid. Ediciones el arquero
Vázquez Cuesta, Pilar (1980). "Literatura gallega", in Díez Borque. J. Mª. (ed.), Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 621-896. Taurus: Madrid
Rodríguez Fer, Claudio (1991 ). Arte literaria . Vigo: Xerais
Abuín, Anxo / Tarrío, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da península Ibérica. Santiago: Servizo de Publicacións USC
(). Bibliografía Española, Madrid, Servicio Nacional de Información Bibliográfica (luego Instituto Bibliográfico Hispánico, luego Biblioteca Nacional), 1959 y ss. Refundición anual del Boletín del Depósit.
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2004). Diccionario da literatura galeg, a4 vols. Vigo: Galaxia
Marchese, A. / Forradellas, J.& (1991). Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Barcelona. Ariel
Pena Presas, Montse (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento
Tarrío, Anxo (coord.) (2000). Galicia. Literatura, vols. 31-34. A Coruña: Hércules de Edicións
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo. Galaxia
VV.AA. (1996-1998 ). Historia da Literatura Galega, 5 vol. . Vigo. A Nosa Terra
Viñas Piquer, David (2002 ). Historia de la crítica literaria . Barcelona. Ariel
Mainer, José Carlos (2010-2012). Historia de la Lliteratura española, 9 vols.. Barcelona: Crítica
Rico, Francisco (1979-1999). Historia y crítica de la Lliteratura española, 18 vols. . Barcelona: Crítica
Blanco, Carmen (1991). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
Tarrío, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo: Xerais
VV.AA. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo:. A Nosa Terra
Rodríguez Cacho, L. (2009). Manual de historia de la literatura española. Madrid. Castalia
Aguiar e Silva, Vítor M. de (1993 ). Teoria da Literatura. Coimbra. Livraria Almedina

Ademais dos títulos sinalados, as profesoras  poderán proporcionar outros textos ou materiais a través do Campus Virtual. 


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Epistemologics basaments for the Galician and Spanish education of the languages and the literatures/652608821
Methodogical for the Galician and Spanish education of the languages and the literatures in Secondar/652608822
Methodological and professional foundations of the galician and spanish education of the languages a/652608823
Proxectos de innovación e investigación educativa en língua e literatura galega e língua e literatura castelá/652608E31
Complementary contents for the Galician and Spanish education of the languages /652608811

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coas profesoras, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa nos enderezos electrónicos.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.