Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá Código 652608812
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia consiste en asegurar o coñecemento dos contidos relevantes da especialidade e das súas tendencias actuais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A32 Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A35 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o valor formativo e cultural das literaturas galega e castelá AP1
AP6
AP13
AP15
AP16
AP17
AP19
CM1
Coñecer os contidos que se cursan en ensino secundario e bacharelato nas materias de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá. AP6
AP13
AP15
AP16
AP17
AP19
CM1
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá, así como as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. AP3
AP6
AP13
AP15
AP16
AP17
AP19
AP21
AP25
AP33
CM1
CM4
CM7
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos para as materias de literaturas galega e castelá. AP7
AP13
AP21
AP27
AP32
AP33
CM1
CM6
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das literaturas galega e castelá. AP3
AP11
AP15
AP19
AP25
AP32
AP33
AP35
CM1
CM4
CM8
Saber analizar a historia da literatura desde unha perspectiva contextual, considerando as condición históricas e sociais particulares que condicionaron as posibilidades de manifestación literaria no caso dos homes e das mulleres. AP3
AP8
AP10
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP19
AP21
AP25
AP26
AP27
AP32
AP33
AP35
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8
Identificar e comprender como a literatura escrita por mulleres ten modificado o canon literario ao incorporar unha visión, unha voz e unha escrita propias. AP3
AP8
AP10
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP19
AP21
AP25
AP26
AP32
AP33
AP35
CM1
CM4
CM6
CM7
CM8
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das literaturas galega e castelá e expor alternativas e solucións. AP13
AP19
AP25
AP26
AP27
AP33
CM1
CM3
CM4
CM7
CM8
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, en que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan puntos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva. AP19
AP21
AP25
AP26
AP27
AP33
AP35
CM1
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. AP3
AP8
AP10
AP11
AP14
AP15
AP18
AP21
AP25
AP27
AP34
AP35
CM1
CM4
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Revisión metodolóxica dos contidos relevantes no ensino da literatura

1.1. Introdución: cuestións contextuais
1.2. A necesidade de revisión da historiografía literaria. Canon e presenza das mulleres
1.3. Novas tendencias no ensino da literatura
1.4. Revisión crítica de obras, autoras e autores
2. Adaptación das literaturas galega e española ao marco curricular
2.1. A lectura comprensiva e crítica
2.2. O comentario de textos
2.3. Selección de lecturas representativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A6 A7 A8 A10 A11 A13 A14 A16 A15 A17 C3 C4 C6 C7 0 14 14
Obradoiro A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A34 A35 C1 C3 C4 C8 12 16 28
Proba mixta A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 2 10 12
Traballos tutelados A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 1 24 25
Actividades iniciais A1 A33 C1 C4 1 0 1
Sesión maxistral A6 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A18 A19 C4 C6 C7 12 6 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao longo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos, elaboración conxunta de materiais, exposicións etc. En ocasións poderán ter como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Proba mixta Ao final de curso, na data oficial, as/os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Traballos tutelados As profesoras propoñerán nas primeiras sesións uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos individualmente ou en equipo (a definir). Nestes traballos o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos ao longo das sesións da materia.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva.
Actividades iniciais Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia.
Sesión maxistral Exposición e explicación de contidos e reflexións para propiciar o posterior traballo autónomo do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Proba mixta
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
As profesoras encargaranse de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polas docentes, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A13 A21 A26 A27 A32 A34 A35 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula, así como a realización das lecturas.

20
Proba mixta A3 A7 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A19 A33 C1 Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical
- correcta integración dos coñecementos adquiridos ao longo do curso

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
40
Traballos tutelados A3 A13 A16 A15 A17 A21 A25 A26 A27 A19 A32 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O traballo final obrigatorio desenvolverá un tema relacionado con algún aspecto da materia. Formalmente axustarase ás pautas definidas polas profesoras no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva.

40
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...).As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE(XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá de realizar a proba mixta e presentar o traballo tutelado. A data limite de entrega do traballo tutelado será a marcada para o exame do mesde xullo.

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividadesde carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 60% dos "Traballos tutelados" (que incluirá unha presentación oral) e o 40% da "Proba mixta".

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de CC. da Educación, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

5. ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social de 04/05/2017): 

5.1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non for posíbel, nun prazo non superior a 7 días desde que lle for concedido o recoñecemento. 

5.2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polas docentes.

5.3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, na segunda deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias ou se detecte calquera tipo de uso fraudulento de recursos tecnolóxicos, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).


Fontes de información
Bibliografía básica Cousillas Pena, Paula (2019). "A educación literaria: unha proposta lectora". Madrygal, 22
Torres Feijoo, Elías (2004). "Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura” . Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic
Silva Valdivia, Bieito (coord.) (2005). A literatura na educación secundaria. Santiago: Instituto de Ciencia da Educación
Aller García, Carlos (1998). Animación a la lectura II: juegos y actividades para después de leer. Sevilla. Quercus
Jover, Guadalupe (coord.) (2009). Constelaciones literarias. Sentirse raro. Miradas sobre la adolescencia.. Málaga: Consejería de Educación, Delegación Provincial de Málaga.
Pozuelo Yvancos, José Mª (2007). Desafíos de la Teoría. Literatura y géneros. Mérida. Venezuela. El otro@el mismo
Guerrero Ruiz, Pablo & Caro Valverde, MªTeresa (coords.) (2015). Didáctica de la Lengua y Educación Literaria. Madrid: Pirámide
García Padrino, Jaime / Medina Padilla , Arturo (dirs.) (1988). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis
García Rivera, Gloria (1995). Didáctica de la literatura en la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid. Akal
López, Amando y Encabo, Enrique (coords.) (2004). Didáctica de la literatura. El cuento, la dramatizacion y la animación a la lectura.. Barcelona: Octaedro
Bordons, Gloria / Díaz-Plaja, Ana (2006). Enseñar literatura en secundaria. Barcelona. Graó
Sánchez Miguel, Emilio (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona. Graó
Navarro Durán, Rosa (1995). La Mirada al texto : comentario de textos literarios. Barcelona: Ariel
Fernández Paz, Agustín (2004). Lingua e literatura: educación secundaria obrigatoria. Vigo. Xerais
Marco López, Aurora (1997 ). Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Santiago: USC
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega. Problemas de método e interpretación. Vilaboa-Pontevedra. O Cumio
Martín Vegas, Rosa Ana (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid. Síntesis
Munita, F. (2021) (2021). Mediación y formación de lectores. Barcelona: Octaedro
García Negro, Pilar / Costa Casas, Xoán (1995). O ensino da lingua: por un cambio de rumo. Introdución teórica e Unidades didácticas. A Coruña: AS-PG
Silva Valdivia, Bieito (dir.) (2008). Situación do ensino da da lingua e da literatura na educación secundaria obrigatoria . Santiago: Consello da Cultura Galega

Ademais dos títulos sinalados, as profesoras  poderán proporcionar outros textos ou materiais a través do Campus Virtual. 

Bibliografía complementaria Reyes, Graciela (ed.) (1989). Teorías literarias en la actualidad . Madrid. Ediciones el arquero
Vázquez Cuesta, Pilar (1980). "Literatura gallega", in Díez Borque. J. Mª. (ed.), Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 621-896. Taurus: Madrid
Rodríguez Fer, Claudio (1991 ). Arte literaria . Vigo: Xerais
Abuín, Anxo / Tarrío, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da península Ibérica. Santiago: Servizo de Publicacións USC
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2004). Diccionario da literatura galeg, a4 vols. Vigo: Galaxia
Marchese, A. / Forradellas, J.& (1991). Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Barcelona. Ariel
Pena Presas, Montse (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento
Tarrío, Anxo (coord.) (2000). Galicia. Literatura, vols. 31-34. A Coruña: Hércules de Edicións
García Padrino, Jaime (2018). Historia crítica de la Literatura Infantil y Juvenil en la España actual (1939-2015).. Madrid: Marcial Pons
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo. Galaxia
VV.AA. (1996-1998 ). Historia da Literatura Galega, 5 vol. . Vigo. A Nosa Terra
Viñas Piquer, David (2002 ). Historia de la crítica literaria . Barcelona. Ariel
Mainer, José Carlos (2010-2012). Historia de la Lliteratura española, 9 vols.. Barcelona: Crítica
Rico, Francisco (1979-1999). Historia y crítica de la Lliteratura española, 18 vols. . Barcelona: Crítica
Colomer, Teresa (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual.. Madrid: Síntesis
Blanco, Carmen (1991). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
Tarrío, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo: Xerais
VV.AA. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo:. A Nosa Terra
Rodríguez Cacho, Lina (2009). Manual de historia de la literatura española. Madrid. Castalia
Aguiar e Silva, Vítor M. de (1993 ). Teoria da Literatura. Coimbra. Livraria Almedina

Ademais dos títulos sinalados, as profesoras  poderán proporcionar outros textos ou materiais a través do Campus Virtual. 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá/652608821
Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608822
Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608823
Proxectos de innovación e investigación educativa en língua e literatura galega e língua e literatura castelá/652608E31
Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá/652608811

Materias que continúan o temario

Observacións

A Oficina de Igualdade da UDC ofertará un curso de formación sobre xénero para alumnado do Mestrado (Desaprendendo o sexismo desde as aulas: autoestima feminina e novas masculinidades) que terá unha duración de 12 horas (4 sesións, venres do 1º cuadrimestre). Recoméndase activamente a realización deste curso, gratuíto e de asistencia voluntaria, xa que os seus contidos son de grande interese para o desenvolvemento dunha parte desta materia.

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coas profesoras, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa nos enderezos electrónicos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías