Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá Código 652608821
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
Web
Descrición xeral A materia constituirá, ante todo, unha exploración dos vínculos entre as nosas disciplinas escolares (Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura) e os correspondentes saberes de referencia (Lingüística, Teoría e Historia da Literatura). Así mesmo, ofrecerase un panorama histórico da educación lingüística e literaria no Ensino Secundario, con vistas a pór de relevo non só as continuidades, senón tamén os cambios de orientación. Finalmente, farase un achegamento a algúns recursos innovadores para a ensinanza da Lingua e a Literatura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as achegas ao ensino das principais teorías lingüísticas e literarias contemporáneas AP17
AP19
Coñecer a evolución histórica da educación lingüística e literaria e a súa situación actual AP16
AP17
AP18
Coñecer e valorar criticamente os recursos e materiais didácticos nos ámbitos lingüístico e literario AP21
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Por que «bases epistemolóxicas»? 1.1. Necesidade dunha reflexión sobre as conexións entre «saberes científicos» e «saberes escolares»
1.2. O concepto de «transposición didáctica» nas áreas lingüístico-literarias do currículo escolar.
2. As linguas galega e castelá e as súas literaturas no Ensino Secundario 2.1. Perspectiva histórica e situación actual
2.2. Os materiais didácticos nas áreas de lingua e literatura: tradición e innovación
2.2.1. O libro de texto, unha ferramenta discutida: os seus alcances e límites
2.2.2. Recursos en liña e gamificación no ensino-aprendizaxe da lingua e da literatura: TIC, TAC e TEP
3. Investigación lingüística e literaria e ensinanza da lingua e a literatura: unha relación dialéctica 3.1. O ensino da lingua
3.1.1. A gramática estrutural no Ensino Secundario
3.1.2. O «xiro» pragmático: das estruturas aos usos
3.2. O ensino da literatura
3.2.1. O problema da selección de lecturas na aula: o “canon” literario
3.2.2. Outras formas de “ler”


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 A17 A21 A18 A19 C5 C6 C7 C8 14 0 14
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 33 45
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 33 35
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O equipo docente fará unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares do temario, insistindo sempre na relevancia práctica das discusións teóricas.
Obradoiro Espérase que o alumnado participe de xeito activo nos distintos obradoiros programados na aula, así como, se as houber, naquelas actividades que se leven a cabo fóra dela. A asistencia, imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia, será controlada polo equipo docente.

Cabe a posibilidade de que, para facilitaren a avaliación do seu labor, os/as estudantes teñan que entregar un portafolio no que quede constancia das súas reflexións sobre os asuntos abordados nos obradoiros.
Traballos tutelados Baixo a dirección do equipo docente, os/as estudantes terán que confeccionar un traballo (de carácter grupal) sobre o que se lles proporcionarán instrucións precisas ao seu debido tempo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas e discusión dos métodos e materiais de traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Unha advertencia que engadimos ao dito no apartado de «Metodoloxía»: a asistencia regular é requisito indispensable para que o equipo docente tome en consideración as achegas que un/unha alumno/a faga no marco dos obradoiros. Considerarase regular a asistencia de todos/as os/as estudantes que estean presentes na aula, cando menos, nun 80 % das horas lectivas. 25
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». 75
 
Observacións avaliación

- Non se pode superar a materia sen obter, cando menos, o 50% dos puntos que están en xogo nos talleres (1,25 sobre 2,5) e no traballo tutelado (3,75 sobre 7,5). Se un/unha alumno/a ficou por baixo dos mínimos establecidos nunha das dúas partes, na segunda oportunidade só terá que repetir esa, e conservaráselle a nota que obtivese na outra. No caso de que non alcanzase o nivel-soleira en ningunha das partes, terá que repetir as dúas.

- Os/as estudantes que conten con dispensa académica suplirán a participación nas actividades presenciais someténdose a unha proba de ensaio (con outras palabras: a un exame final). O equipo docente proporcionará instrucións ao respecto con antelación suficiente. Cómpre indicar que o peso da proba de ensaio na cualificación final será superior ao do taller no caso do alumnado «común»: no canto dun 25 %, un 50 %. Sendo así, o peso do traballo tutelado —que será de autoría individual— terá que descender dun 75 % ata un 50 %, obviamente.

- Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Ballester, J. (2015). La formación lectora y literaria. Graó.

Ballester-Roca, J. e Ibarra-Rius, N. (Coords.) (2021). Entre la lectura, la escritura y la educación. Paradigmas de investigación en Didáctica de la Literatura y la Lengua. Narcea.

Bordons, G. e Díaz-Plaja. (2006). Enseñar literatura en secundaria. La formación de lectores críticos, motivados y cultos. Graó.

Brottman, M. (2018). Contra la lectura (L. Barahona, Trad.).Blackie Books.

Cassany, D. et al. (2007). Enseñar lengua (14.ª ed.). Graó.

Colomer, T. (Coord.) (2009). Lecturas adolescentes. Graó.

Calvino, I. (1992). ¿Por qué leer a los clásicos? (A. Bernárdez, Trad.). Tusquets.

Cassany, D. (2006). Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea. Anagrama.

Fernández Rial. R. (2016). Aulas sen paredes. Positivas.

Flecha, R. (1998). Compartiendo palabras el aprendizaje de las personas adultas a través del diálogo. Paidós.

Guijarro Ruiz, P. e Caro Valverde, M.ª T. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria. Pirámide.

Jover, G. (Coord.) (2009). Sentirse raro. Miradas sobre la adolescencia. Junta de Andalucía. https://sites.google.com/site/educacionliterariaensecundar/marco-te%C3%B3rico/sentirse-raro-miradas-sobre-la-adolescencia

Jover, G. (2007). Un mundo por leer. Octaedro.

Llovet, J. et al. (2012). Teoría literaria y literatura comparada. Ariel.

Lluna, S. e Pedreira, J. "Wicho" (Coords.) (2017). Los nativos digitales no existen. Cómo educar a tus hijos para un mundo digital. Deusto.

Lomas, C. (Coord.) (2014). La educación lingüística, entre el deseo y la realidad : competencias comunicativas y enseñanza del lenguaje. Octaedro.

Lomas, C. (Coord.) (2015). Fundamentos para una enseñanza comunicativa del lenguaje. Graó.

López Valero, A. et al. (2018). Didáctica de la lengua y la literatura en ESO, innovación e investigación. Síntesis.

Martín Vegas, R. A. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Síntesis.

Moreno Cabrera, J. C. (2013). Cuestiones clave de la Lingüística. Síntesis.

Muriano Rodríguez, M. M. (Ed.) (2019). Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e a lectura. Editorial Galaxia.

Núñez, G. (2016). Historia de la educación lingüística y literaria. Marcial Pons.

Pennac, D. (2006) Como una novela (J. Jordá, Trad.). Anagrama.

Prado Aragonés, J. (2011). Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI (2.ª ed.). La Muralla.

Prats, M. Á., Simón, J. e Ojando Pons, E. S. (2017). Diseño y aplicación de la flipped classroom. Graó.

Rodari, G. (2013). Gramática da fantasía: introdución á arte de contar historias (S. Gaspar, Trad.) (2ª ed.). Kalandraka.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011b). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Graó.

Bibliografía complementaria (). .
Biblioteca da Facultade de CC. da Educación (s. d.). Guía das normas APA, 7ª edición. https://www.educacion.udc.es/biblioteca/userfiles/APA_7_guia_biblioteca_2020_v1.pdf

Muriano Rodríguez, M. M. (2018). “O cofre dos libros”: unha proposta de ensino-aprendizaxe de Literatura Infantil e Xuvenil a través de Twitter, en Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente, De la Torre Fernández, E. (ed.), 2018. Cufie. Universidade da Coruña, 2018, pp. 81-100. http://hdl.handle.net/2183/20722

Muriano Rodríguez, M. M. e Mosquera Castro, E. (2019): “Palabras que moven o mundo”. En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. A Coruña (pp. 269-290). DOI capítulo: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121.269 DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121.

Muriano Rodríguez, M. Conta da docente na rede social Instagram para uso académico: @montsemurianor

Muriano Rodríguez, M. Conta da docente na rede social Twitter para uso académico:@montsemurianor


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e a igualdade. Porase especial atención en detectar posibles situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías