Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá Código 652608821
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
Web
Descrición xeral A materia constituirá, ante todo, unha exploración dos vínculos entre as nosas disciplinas escolares (Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura) e os correspondentes saberes de referencia (Lingüística, Teoría e Historia da Literatura). Así mesmo, ofrecerase un panorama histórico da educación lingüística e literaria no Ensino Secundario, con vistas a pór de relevo non só as continuidades, senón tamén os cambios de orientación. Finalmente, farase un achegamento a algúns recursos innovadores para a ensinanza da Lingua e a Literatura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as achegas ao ensino das principais teorías lingüísticas e literarias contemporáneas AP17
AP19
Coñecer a evolución histórica da educación lingüística e literaria e a súa situación actual AP16
AP17
AP18
Coñecer e valorar criticamente os recursos e materiais didácticos nos ámbitos lingüístico e literario AP21
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Por que «bases epistemolóxicas»? 1.1. Necesidade dunha reflexión sobre as conexións entre «saberes científicos» e «saberes escolares»
1.2. O concepto de «transposición didáctica» nas áreas lingüístico-literarias do currículo escolar.
2. As linguas galega e castelá e as súas literaturas no Ensino Secundario 2.1. Perspectiva histórica e situación actual
2.2. Os materiais didácticos nas áreas de lingua e literatura: tradición e innovación
2.2.1. O libro de texto, unha ferramenta discutida: os seus alcances e límites
2.2.2. Recursos en liña e ludificacion no ensino-aprendizaxe da lingua e da literatura: TIC, TAC e TEP
3. Investigación lingüística e literaria e ensinanza da lingua e a literatura: unha relación dialéctica 3.1. O ensino da lingua
3.1.1. A gramática estrutural no Ensino Secundario
3.1.2. O «xiro» pragmático: das estruturas aos usos
3.2. O ensino da literatura
3.2.1. O problema da selección de lecturas na aula: o “canon” literario
3.2.2. Outras formas de “ler”


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 A17 A21 A18 A19 C5 C6 C7 C8 14 0 14
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 33 45
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 33 35
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O equipo docente fará unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares do temario, insistindo sempre na relevancia práctica das discusións teóricas.
Obradoiro Espérase que o alumnado participe de xeito activo nos distintos obradoiros programados na aula, así como, se as houber, naquelas actividades que se leven a cabo fóra dela. A asistencia, imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia, será controlada polo equipo docente.

Cabe a posibilidade de que, para facilitaren a avaliación do seu labor, os/as estudantes teñan que entregar un portafolio no que quede constancia das súas reflexións sobre os asuntos abordados nos obradoiros.
Traballos tutelados Baixo a dirección do equipo docente, os/as estudantes terán que confeccionar un traballo (de carácter grupal) sobre o que se lles proporcionarán instrucións precisas ao seu debido tempo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas e discusión dos métodos e materiais de traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Unha advertencia que engadimos ao dito no apartado de «Metodoloxía»: a asistencia regular é requisito indispensable para que o equipo docente tome en consideración as achegas que un/unha alumno/a faga no marco dos obradoiros. Considerarase regular a asistencia de todos/as os/as estudantes que estean presentes na aula, cando menos, nun 80 % das horas lectivas. 10
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». 90
 
Observacións avaliación

– Instrucións para o alumnado ordinario

  • A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a asistencia ao 80 % das horas lectivas para acadar a puntuación mínima (máx. 10% da cualificación). O/a estudante que incumpra esta condición deberá someterse a unha proba final que terá lugar en data e hora fixadas no calendario oficial do Mestrado.
  • As actividades, lévense a cabo dentro ou fóra do horario lectivo, poderán ser tanto de autoría grupal como individual, o cal se indicará previamente ao alumnado.

– Instrucións para o alumnado con dispensa académica, establecidas de acordo coa Norma que regula o réxime de dedicacíón ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na UDC

  • Os/as estudantes con dispensa deben dar a coñecer a súa situación ao profesorado ao longo da primeira semana de clase (ou, se non fose posible, nun prazo non superior a 7 días a contar dende a data de concesión).
  • A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a realización de todas as tarefas que se propoñan ao longo do curso, e a súa entrega nas datas que fixe o/a docente. De non entregaren nas datas sinaladas, os/as estudantes deberán someterse á proba final, a cal suporá o 100% da cualificación.

– Instrucións comúns á totalidade do alumnado

  • Todos os traballos entregaranse por vía telemática. 

Fontes de información
Bibliografía básica

Ballester Roca, J. [Josep] (2015). La formación lectora y literaria. Graó.

Ballester-Roca, J. [Josep] e Ibarra-Rius, N. [Noelia] (Coords.) (2021). Entre la lectura, la escritura y la educación. Paradigmas de investigación en Didáctica de la Literatura y la Lengua. Narcea.

Bordons, G. [Glória]. e Díaz-Plaja Taboada, A. [Ana] (Coordas.] (2006). Enseñar literatura en secundaria. La formación de lectores críticos, motivados y cultos. Graó.

Brottman, M. [Mikita] (2018). Contra la lectura (L. Barahona, Trad.). Blackie Books.

Cassany, D. [Daniel], Sanz, G. [Glória] e Luna, M. [Marta] (2007). Enseñar lengua (14.ª ed.). Graó.

Colomer, T. [Teresa] (Coord.) (2009). Lecturas adolescentes. Graó.

Calvino, I. [Italo] (1992). ¿Por qué leer a los clásicos? (A. Bernárdez, Trad.). Tusquets.

Cassany, D. [Daniel] (2006). Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea. Anagrama.

Fernández Rial. R. [Rosalía] (2016). Aulas sen paredes. Positivas.

Flecha, R. [Ramón] (1998). Compartiendo palabras el aprendizaje de las personas adultas a través del diálogo. Paidós.

Guijarro Ruiz, P. [Pedro] e Caro Valverde, M.ª T. [M.ª Teresa] (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria. Pirámide.

Jover, G. [Guadalupe] (Coorda.) (2009). Sentirse raro. Miradas sobre la adolescencia. Junta de Andalucía.https://sites.google.com/site/educacionliterariaensecundar/marco-te%C3%B3rico/sentirse-raro-miradas-sobre-la-adolescencia

Jover, G. [Guadalupe] (2007). Un mundo por leer. Octaedro.

Llovet, J. [Jordi], Canet, R. [Robert], Catelli, N. [Nora], Martí, A. [Antoni] e Viñas, D. [David] (2012). Teoría literaria y literatura comparada. Ariel.

Lluna, S. [Susana] e Pedreira, J. [Javier] "Wicho" (Coords.) (2017). Los nativos digitales no existen. Cómo educar a tus hijos para un mundo digital. Deusto.

Lomas, C. (Coord.) (2014). La educación lingüística, entre el deseo y la realidad : competencias comunicativas y enseñanza del lenguaje. Octaedro.

Lomas, C.[Carlos] (Coord.) (2015). Fundamentos para una enseñanza comunicativa del lenguaje. Graó.

López Valero, A. [Armando], Encabo Fernández, E. [Eduardo] e Jérez Martínez, I. [Isabel[ (2018). Didáctica de la lengua y la literatura en ESO, innovación e investigación. Síntesis.

Martín Vegas, R. A. [Rosa Ana] (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Síntesis.

Moreno Cabrera, J. C. [Juan Carlos] (2013). Cuestiones clave de la Lingüística. Síntesis.

Munita Jordan, F. [Felipe] (2021). Yo, mediador(a). Mediación y formación de lectores. Octaedro.

Muriano Rodríguez, M. M.[Mª Montserrat] (Eda.) (2019). Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e a lectura. Editorial Galaxia.

Núñez, G. [Gabriel] (2016). Historia de la educación lingüística y literaria. Marcial Pons.

Pennac, D. [Daniel] (2006) Como una novela (J. Jordá, Trad.). Anagrama.

Prado Aragonés, J. [Josefina] (2011). Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI (2.ª ed.). La Muralla.

Prats, M. Á. [Miquel Àngel], Simón, J. [Jordi] e Ojando Pons, E. S. [Elena Sofía](2017). Diseño y aplicación de la flipped classroom. Graó.

Rodari, G. [Gianni] (2013). Gramática da fantasía: introdución á arte de contar historias (S. Gaspar, Trad.) (2ª ed.). Kalandraka.

Ruiz Bikandi, U. [Uri] (Coorda.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Graó.

Ruiz Bikandi, U. [Uri[(Coorda.) (2011b). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Graó.

Bibliografía complementaria (). .
Biblioteca da Facultade de CC. da Educación (s. d.). Guía das normas APA, 7ª edición. https://www.educacion.udc.es/biblioteca/userfiles/APA_7_guia_biblioteca_2020_v1.pdf

Muriano Rodríguez, M. M. [María Montserrat] (2018). “O cofre dos libros”: unha proposta de ensino-aprendizaxe de Literatura Infantil e Xuvenil a través de Twitter, en Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente, De la Torre Fernández, E. (ed.), 2018. Cufie. Universidade da Coruña, 2018, pp. 81-100.http://hdl.handle.net/2183/20722

Muriano Rodríguez, M. M. [María Montserrat] e Mosquera Castro, E. [Estefanía](2019): “Palabras que moven o mundo”. En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. A Coruña (pp. 269-290). DOI capítulo: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121.269 DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121.

Muriano Rodríguez, M. [Montse] Conta da docente na rede social Instagram para uso académico: @montsemurianor

Muriano Rodríguez, M. [Montse] Conta da docente na rede social Twitter para uso académico:@montsemurianor

Muriano Rodríguez, M. [Montse]. O noso Symbaloo.https://www.symbaloo.com/mix/osymbaloodefundamentos



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Tendo en conta a importancia que a perspectiva de xénero debe de ter na Ensinanza Superior de acordo coa lexislación vixente e atendendo ás indicacións da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, esta materia, así como o seu equipo docente a título persoal, comprométese a:

  • Usar linguaxe non sexista e inclusiva.
  • Visibilizar e analizar os nesgos sexistas en recursos, medios e discursos etc.
  • Propiciar a intervención en clase de alumnas e alumnos.
  • Traballar para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influír na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Utilizar metodoloxías feministas baseadas na aprendizaxe colaborativa e na pedagoxía dos coidados.
  • Adaptar a normativa APA para que figuren os nomes de autoras e autores, así como a procura de paridade na bibliografía, aplicando a citación xusta: https://www.educacion.udc.es/biblioteca/?


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías