Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria Código 652608822
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinación
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Profesorado
Enríquez Martínez, Iván
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
ivan.enriquez@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
Web
Descrición xeral Materia que ten por obxectivo mostrar ao alumnado os diversos enfoques metodolóxicos existentes para o ensino de linguas e literaturas e reflexionar sobre a súa idoneidade no marco da didáctica das linguas e literaturas galega e castelá na Educación Secundaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a capacidade formativa e cultural das materias de lingua e literatura galegas AP22
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer os contidos das materias de lingua e literatura galega e as focaxes metodolóxicas máis relevantes para a súa aprendizaxe, amais de procurar na medida do posíbel a súa adaptación aos e ás estudantes AP19
AP21
AP25
Aprender a seleccionar e elaborar materiais educativos atendendo a todos os recursos e focaxes que posibiliten as TICs AP21
AP23
AP25
CM3
CM6
Asumir as boas prácticas na docencia e aprender a expresarse correctamente tanto oralmente como por escrito en lingua galega AP19
AP21
AP22
AP25
CM1

Contidos
Temas Subtemas
1. A metodoloxía na didáctica da lingua e da literatura galegas na Educación Secundaria
1. 1. Perspectivas e contexto
2. Métodos para o ensino da lingua galega na ESO e no Bacharelato 2. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns
3. Métodos para o ensino da literatura galega na ESO e no Bacharelato 2. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns
4. Análise de experiencias de innovación metodolóxica en didáctica da lingua e da literatura galegas 4. 1. Recursos e análise


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 12 20 32
Lecturas A21 A25 A19 0 10 10
Traballos tutelados A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C13 C12 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 1 12 13
Proba de ensaio A19 C1 1 13 14
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 14 14 28
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo
Lecturas Proporcionaráselle ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para fomentar a súa participación nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, relacionado con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Este será fundamental no momento de o alumnado superar con existo a materia, na medida en que da índice da súa madurez científica.
Proba de ensaio Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Obradoiro Coa finalidade de aprofundar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a establezca.


Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba de ensaio
Descrición
Calquera dúbida de carácter individual e/ou grupal será atendida tanto nas aulas como no horario de titoría, ora se ten a ver coas actividades no obradoiro ora co traballo titorizado, as lecturas ou a proba de ensaio. O alumnado con dispensa académica poderá compensar a súa ausencia cunha maior atención personalizada a través do horario de titoría e do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A21 A25 A19 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua 10
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 Valorarase a particpación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas 10
Sesión maxistral A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 Atención e colaboración, participación nas aulas maxistrais 10
Traballos tutelados A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C13 C12 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 Realización dun traballo tutelado que poderá ser realizado individualmente ou en grupo. 60
Proba de ensaio A19 C1 Através dunha actividade teórica ou práctica o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lles presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.

O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado que teña dispensa académica


Fontes de información
Bibliografía básica

O aparato bibliográfico entregarase puntualmente nas aulas e, loxicamente, atenderá principalmente aos traballos de investigación do profesor

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías