Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria Código 652608822
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinación
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Profesorado
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
sandra.pgonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Cadeira que ten por obxectivo mostrar ao alumnado as diversas focaxes metodolóxicas existentes para o ensino de linguas e literaturas e reflexionar sobre a súa idoneidade no marco da didáctica das linguas e literaturas galega e castelá na Educación Secundaria.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos.
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen:

- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida (computa na avaliación).
- Traballos tutelados, con atención personalizada (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican:

- Proba mixta. Non se realizará, xa que a súa función de avaliación dos coñecementos se incorpora á metodoloxía dos «Traballos tutelados».

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de «foros temáticos asociados aos módulos», para formular as consultas necesarias. Tamén hai «foros de actividade especifica» para desenvolver as «discusións dirixidas», a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams:
- Unha sesión semanal en gran grupo para avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados; a sesión terá lugar na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade.
- De unha a dúas sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación
- Á hora de computar a asistencia, só se terán en conta as sesións que tivesen lugar antes da suspensión das actividades presenciais.

5. Modificacións da bibliografía e webgrafía. Arriquecerase cos contributos do profesor

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Valorar a importancia da innovación e a investigación coma estratexias para mellorar a calidade educativa na área da linguaxe. AP19
AP23
AP25
CM5
CM6
CM8
Desenvolver os aspectos clave da formación inicial do profesorado de lingua e literatura castelá. AP21
AP22
CM1
CM4
CM7
Analizar críticamente o currículo de E. Primaria e Infantil para lingua e literatura castelá, as prácticas docentes, e os materiais didácticos habituais AP17
AP20
AP24
CM3
Formular propostas de investigación e innovación educativas AP3
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. A metodoloxía na didáctica da lingua e da literatura galegas na Educación Secundaria
1. 1. Perspectivas e contexto
2. Métodos para o ensino da lingua galega na ESO e no Bacharelato 2. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns
3. Métodos para o ensino da literatura galega na ESO e no Bacharelato 2. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns
4. Análise de experiencias de innovación metodolóxica en didáctica da lingua e da literatura galegas 4. 1. Recursos e análise


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 12 20 32
Lecturas A17 A21 A24 A25 A19 0 10 10
Traballos tutelados A20 1 12 13
Proba de ensaio A19 C1 1 13 14
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 14 14 28
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo . Debido á situación excepcional deste curso, cf. https://www.udc.es/es/cufie/GD/
Lecturas Proporcionaráselle ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para fomentar a súa participación nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, relacionado con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Este será fundamental no momento de o alumnado superar con existo a materia, na medida en que da índice da súa madurez científica.
Proba de ensaio Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Obradoiro Coa finalidade de aprofundar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a establezca.


Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba de ensaio
Descrición
Calquera dúbida de carácter individual e/ou grupal será atendida tanto nas aulas como no horario de titoría, ora se ten a ver coas actividades no obradoiro ora co traballo titorizado, as lecturas ou a proba de ensaio. O alumnado con dispensa académica poderá compensar a súa ausencia cunha maior atención personalizada a través do horario de titoría e do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A17 A21 A24 A25 A19 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua 10
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 Valorarase a particpación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas 10
Sesión maxistral A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 Atención e colaboración, participación nas aulas maxistrais 10
Traballos tutelados A20 Realización dun traballo tutelado que poderá ser realizado individualmente ou en grupo. 60
Proba de ensaio A19 C1 Através dunha actividade teórica ou práctica o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lles presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.

O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado que teña dispensa académica


Fontes de información
Bibliografía básica

Aínda que o aparato bibliográfico se entregará puntualmente nas aulas e que, loxicamente, se atenderá principalmente aos traballos de investigación do profesor, como manuais principais de achegamento á miña cadeira, incidirase nesta bibliografía:

Pardo de Neyra, X. (2017): Didáctica da lingua e da literatura galegas, Silleda: Edicións Fervenza

_____ (2021): A cor áspera do veludo, Noia: Toxosoutos.

_____ (2021): O abecedario no país das alvarizas, Coruña: Medulia Editorial

_____ (2018): Terra e memoria: a Terra de Miranda no proxecto territorial galego. Estudo e contextualización dun paradigma literario, Lugo: Concellos d'A Pontenova, Trabada e Riotorto, Deputación de Lugo et alii

_____ (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, Ferrol: Edicións Embora.

_____  (2020): Os rostros do frío, Silleda: Edicións Fervenza.

_____ (2020): A transformación feminina da realidade, Vigo: Universidade de Vigo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías