Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria Código 652608823
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia propoñémonos ofrecer orientacións sobre as vías de acceso ao exercicio profesional e, sobre todo, algúns criterios e modelos para o exercicio dos labores de programación e avaliación, que constitúen a cerna da profesión docente. Non temos, por suposto, a pretensión de receitar remedios específicos para todos e cada un dos problemas profesionais cos que ten que enfrontarse un docente. Se existen «fármacos» tales (cousa improbable, polo demais), nós ignoramos as súas fórmulas... O noso obxectivo é ben máis modesto. Consiste, por así o dicir, en botar a semente da reflexión metodolóxica, tanto máis necesaria canto máis precaria é a posición do docente nas aulas e menos segura a boa disposición do estudantado. Estamos certos de que, se nós logramos plantala, os nosos alumnos serán quen a facer que xermole e prenda, que é, no fin de contas, o que máis importa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A27 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os/as estudantes deben demostrar coñecemento teórico e dominio práctico dos principios e criterios que presiden o proceso de desenvolvemento e concreción do currículo (con especial atención aos que se refiren ao deseño de unidades didácticas, que e a súa derradeira fase). AP20
AP21
AP27
CM1
CM3
CM4
CM6
Os/as estudantes deben familiarizarse coas concepcións «modernas» da avaliación, as cales, no canto de a reducir ao mero acto de corrixir e puntuar, prefiren contemplala como unha práctica que precede, acompaña e segue ao proceso de ensinanza-aprendizaxe (e que, por tanto, axuda a planificalo, a xestionalo e, por suposto, a valorar os seus resultados e extraer leccións para o porvir). AP24
CM1
CM3
CM4
CM6
En primeiro lugar, os/as estudantes deben tomar conciencia da(s) diversidade(s) que poboa(n) as nosas aulas; en segundo lugar, deben explorar as posibles abordaxes desa realidade ineludible, asimilando (reflexiva e criticamente) algunhas das pautas e suxestións dos especialistas en orientación educativa, e mais asumindo os valores do respecto da diferenza e a consideración por «o outro». AP20
AP21
AP27
CM1
CM3
CM4
CM6
Os/as estudantes deben coñecer, grosso modo, as etapas do proceso de selección do persoal docente dos centros de titularidade pública, tomando conciencia dos principios que o presiden (igualdade, mérito, capacidade) e establecendo as oportunas comparacións cos procedementos en uso nos países do noso contorno. CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. CUESTIÓNS PREVIAS 1.1. A noción de currículum

1.2. Os niveis de concreción curricular no sistema educativo español

1.3. A lingua e a literatura no marco lexislativo do Ensino Secundario en Galicia
2. A PROGRAMACIÓN 2.1. A programación de aula: que é?, que criterios presiden a súa elaboración?

2.2. As unidades didácticas: que son?, como se deseñan?, cales son as condicións xerais que deben satisfacer?
3. A AVALIACIÓN 3.1. Concepto e tipos

3.2. Obxectivos, criterios e instrumentos

3.3. Do dito ao feito: como deberia e como adoita avaliar o profesorado de Lingua e Literatura
4. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NA ÁREA DE LINGUA E LITERATURA 4.1. A atención á(s) diversidad(es), unha responsabilidade... e un desafío

4.2. Algunhas orientacións de alcance xeral
5. APÉNDICE: DE GRADUADO EN LINGUA E LITERATURA A TRABALLADOR DO ENSINO 5.1. O estatus laboral do docente na escola pública española

5.2. Vías de acceso ao exercicio profesional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 12 0 12
Obradoiro A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 14 25 39
Traballos tutelados A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 2 45 47
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os docentes farán unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares da materia, esforzándose en todo momento por poñer de manifesto que as disquisicións teóricas non son simples logomaquias, senón que teñen gran relevancia para a planificación do traballo de aula. Que é a teoría de hoxe senón o que fica tras someter a práctica de onte a un proceso —descúlpese a metáfora— de filtrado e refinado?
Obradoiro Espérase que o alumnado participe de xeito activo nos distintos obradoiros programados na aula, así como, se as houber, naquelas actividades que se leven a cabo fóra dela. A asistencia, imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia, será controlada polo equipo docente.

Cabe a posibilidade de que, para facilitaren a avaliación do seu labor, os/as estudantes teñan que entregar un portafolio no que quede constancia das súas reflexións sobre os asuntos abordados nos obradoiros.
Traballos tutelados Baixo a dirección dos docentes, os/as estudantes terán que facer un bosquexo de unidade didáctica para as materias de Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Galega e Literatura, orientada cara a alumnos/as de ESO ou Bacharelato.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
– Cando os/as alumnos/as leven a cabo tarefas de carácter propiamente creativo (sono case todas as relacionadas co deseño das programacións de aula), o equipo docente orientará os seus esforzos ofrecéndolles modelos ou consellos. Esta intervención poderá producirse tanto nas horas lectivas como nas de titoría.

– O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e exercicios de forma individual, e entregaraos nas datas que marcase o/a docente; por suposto, poderá solicitar atención personalizada en horas de titoría, a fin de que se resolvan as súas dúbidas sobre os traballos e sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 A asistencia regular —isto é, a presenza na aula durante, polo menos, o 80% das horas lectivas— é condición necesaria para obter a mínima puntuación correspondente a este apartado (a máxima ascende a 1 punto). 10
Traballos tutelados A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». 90
 
Observacións avaliación

– Instrucións para o alumnado ordinario

  • A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a asistencia ao 80 % das horas lectivas. O/a estudante que incumpra esta condición deberá someterse a unha proba final que terá lugar en data e hora fixadas no calendario oficial do Mestrado.
  • As actividades —tanto as presenciais como as que se leven a cabo fóra do horario lectivo— poderán ser de autoría grupal ou individual, segundo o determine o profesorado.
  • Os/as estudantes con dispensa deben dar a coñecer a súa situación ao profesorado ao longo da primeira semana de clase (ou, se non fose posible, nun prazo non superior a 7 días a contar dende a data de concesión).
  • A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a realización —de xeito individual— de todas as tarefas que se propoñan ao longo do curso, e a súa entrega nas datas que fixe o/a docente. De non entregaren nas datas sinaladas, os/as estudantes deberán someterse á proba final, da que dependerá o 100 % da súa cualificación.
– Instrucións para a totalidade do alumnado
  • Os traballos entregaranse sempre por vía telemática. 

Fontes de información
Bibliografía básica

Bordons, G. [Glòria], Díaz-Plaja, A. [Ana] (Coords.). Enseñar literatura en secundaria. La formación de lectores críticos, motivados y cultos. Graó.

Echeitia Sarrionandía, G. [Gerardo] (2019). Educación inclusiva. El sueño de una noche de verano. Octaedro.

García Abós, C. [Clara] et alii (2022). Cómo hacer una programación didáctica en Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato. Sanz y Torres. 

Gimeno Sacristán, J. [José], Giné Freixes, N. [Núria], López Rodríguez, F. [Francesc], Montón Sales, M.ª J. [M.ª José], Onrubia Goñi, J. [Javier], Pedrinaci Rodríguez, E. [Emilio], Pérez Pérez, C. [Cruz], Sanmartí Puig, N. [Neus], Sentís Vayreda, F. [Ferran], Tirado Bausá, V. [Vicent], Alcúdia Casellas, M.ª R. [M.ª Rosa], del Carmen Martín, M. [Marisa] e Gavilán Bouzas, P. [Paloma] (2000). Atención a la diversidad: claves para la innovación educativa. Graó.

Girado, À. [Àngel] (2015). ¿Qué sabemos de las altas capacidades? Preguntas, respuestas y propuestas para la escuela y la familia. Graó.

Guijarro Ruiz, P. [Pedro] e Caro Valverde, M.ª T. [M.ª Teresa] (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria. Pirámide.

Martín Vegas, R. A. [Rosa A.] (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Síntesis.

Martín, E. [Elena] e Mauri, T. [Teresa] (Coords.) (2011). Orientación educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva. Graó.

Onrubia, J. [Javier] (Coord.) (2004). Criterios psicopedagógicos y recursos para atender la diversidad en secundaria. Graó.

Pasarín-Lavín, T. [Tania] (2021). Atención a la diversidad: claves para una inclusión real en un aula ordinaria. Graó.

Reimóndez, M.ª [María] (2021). Bárbaras. Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes divers*s (e non só). Xerais.

Pérez-Corbacho, J. [Juan] (Coord.) (2005). Cómo hacer programación didáctica y unidades didácticas: muestra de unidades (castellano, catalán, gallego e inglés). Grupo Editorial Universitario.

Prado Aragonés, J. [Josefina] (2011). Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI (2.ª ed.). La Muralla.

Ruiz Bikandi, U. [Uri] (Coord.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Graó.

Ruiz Bikandi, U. [Uri] (Coord.) (2011b). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Graó.

Sevillano, M.ª L. [M.ª Luisa] et alii (2011). Programar en Primaria y en Secundaria. Estrategias y procesos. Pearson.

Vázquez Cano, E. [Esteban] (2022). Cómo hacer una unidad didáctica en Educación Primaria y Secundaria (LOMLOE). Sanz y Torres.

Marco normativo e cuestións conexas

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación [texto consolidado]. http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2006-7899.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. Boletín Oficial del Estado, 295 (10-12-2013). http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2013-12886.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 3 (3-1-2015). http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-37.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Or den ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 25 (29-1-2015). http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-738.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 25 (29-1-2015). http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-738.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. Boletín Oficial del Estado, 340 (30-12-2020). https://www.boe.es/eli/es/lo/2020/12/29/3/con.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Real Decreto 217/2022, de 29 de marzo, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Secundaria Obligatoria. Boletín Oficial del Estado, 76 (30-3-2022). https://www.boe.es/eli/es/rd/2022/03/29/217/con.

Goberno de España. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Real Decreto 243/2022, de 5 de abril, por el que se establecen la ordenación y las enseñanzas mínimas del Bachillerato. Boletín Oficial del Estado, 82 (6-4-2022). https://www.boe.es/eli/es/rd/2022/04/05/243/con.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 120 (29-6-2015). http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164-260615-0002_gl.html.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Habilitacións: habilitacións para a docencia en centros privados. https://www.edu.xunta.es/habilitacions/.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Oposicións: xestión de oposicións e tribunais. https://www.edu.xunta.es/oposicions/PaxinaInicio.do.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006... http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-211021-0005_gl.pdf

Bibliografía complementaria

Hermida, S. [Sonia] (07/06/2021). Libros infantiles y juveniles extraordinarixs para todxs. https://soniahermida.com/libros-infantiles-y-juveniles-extraordinarios-y-discapacidad-listado-e-instrucciones-de-uso/

Lomas, C. [Carlos] (1999). Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística. Paidós.

Lomas, C. [Carlos] e Osoro, A. [Andrés] (Comps.) (1993). El enfoque comunicativo en la enseñanza de la lengua. Paidós.

Lomas, C. [Carlos] et alii (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Paidós.

López Valero, A. [Armando] e Encabo Fernández, E. [Eduardo] (2001). El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario.

López Valero, A. [Armando] e Encabo Fernández, E. [Eduardo] (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Octaedro.

Mendoza Fillola, A. [Antonio] et alii (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Akal.

Mendoza Fillola, A. [Antonio] (Coord.) (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori.

Mendoza Fillola, A. [Antonio] (Coord.) (2003). Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Pearson.

Muriano Rodríguez, M.ª M. [M.ª Montserrat]. O noso Symbaloo. https://www.symbaloo.com/mix/osymbaloodefundamentos

Muriano Rodríguez, M.ª M. [M.ª Montserrat]. Conta da docente na rede social Instagram para uso académico: @montsemurianor

Muriano Rodríguez, M.ª M. [M.ª Montserrat]. Conta da docente na rede social Twitter para uso académico: @montsemr

Muriano Rodríguez, M.ª M. [M.ª Montserrat]. Pinterest: Os imprescindíbeis da nosa biblioteca de profes. https://www.pinterest.es/montsemurianor/os-imprescind%C3%ADbeis-da-nosa-biblioteca-de-profes/

Pérez Esteve, P. [Pilar] e Zayas, F. [Felipe] (2007). Competencia en comunicación lingüística. Alianza Editorial.

Serrano, J. [Joaquín] e Martínez, J. E. [José E.] (Coords.) (1997). Didáctica de la lengua y la literatura. Oikos-Tau.

Unamuno, V. [Virginia] (2003). Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Graó.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dada a importancia que a perspectiva de xénero debe ter na Ensinanza Superior, o equipo docente desta materia (de acordo coa lexislación vixente e atendendo ás indicacións da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC) comprométese a:

  • Usar linguaxe non sexista e inclusiva.
  • Visibilizar e analizar os nesgos sexistas en recursos, medios e discursos etc.
  • Propiciar a intervención en clase de alumnas e alumnos.
  • Traballar para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influír na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Utilizar metodoloxías feministas baseadas na aprendizaxe colaborativa e na pedagoxía dos coidados.
  • Adaptar a normativa APA para que figuren os nomes de autoras e autores, así como a procura de paridade na bibliografía, aplicando o principio da citación xusta: https://www.educacion.udc.es/biblioteca/?pagina=citar


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías