Identifying Data 2023/24
Subject (*) Iniciación á investigación educativa Code 652608E42
Study programme
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 2
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
E-mail
paula.mendiri@udc.es
Lecturers
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Pérez Crego, María Cristina
E-mail
paula.mendiri@udc.es
cristina.pcrego@udc.es
Web
General description Preténdese que o estudantado do máster se familiarice coa investigación no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademais, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A28 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A33 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A35 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O alumnado debe ser capaz de deseñar as fases do proceso de investigación educativa desde a formulación do problema ata a planificación do análise de datos ou da información. AJ19
AJ28
AJ33
CC1
CC5
CC7
CC8
O alumnado debe ser capaz de desenvolver as accións implicadas nas fases de investigación educativa (recollida de datos, análise, obtención e discusión de resultados e conclusións). AJ19
AJ28
AJ33
AJ35
CC1
CC3
CC4
CC6
O alumnado deberá ser capaz de presentar un informe de investigación por escrito e, se é o caso, de forma oral. AJ19
AJ24
AJ28
AJ33
CC1
CC3
CC4
CC6

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A28 A19 C6 C8 4 0 4
Collaborative learning A24 A28 A19 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 6 18 24
Research (Research project) A24 A28 A19 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 3 14 17
Oral presentation A28 A33 A35 C1 C3 C5 1 2 3
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe dos contidos da materia.
Collaborative learning Baséase na organización da clase en grupos de 5-6 persoas para deseñar un proxecto de investigación educativa a partir dunha temática proposta polo grupo. El alumnado, polo tanto, traballará conxuntamente na resolución de tarefas encomendadas e supervisadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe.
Research (Research project) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades que requiran desenvolver os procesos relevantes como a recollida e análise de datos, a obtención e discusión dos resultados e a extracción de conclusións.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal da investigación realizada.

Personalized attention
Methodologies
Research (Research project)
Collaborative learning
Description
A docente estará dispoñible, tanto na aula como nas titorías, para aclarar calquera tipo de dúbida.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A28 A33 A35 C1 C3 C5 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
Research (Research project) A24 A28 A19 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 25
Collaborative learning A24 A28 A19 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 60
 
Assessment comments

Atendendo ás Normas
de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e
Mestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e as
metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberá
acadar un 5 na cualificación global da mesma.

O alumnado que
durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas
sesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada e
deberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o
establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), deberá
poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non
fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades
propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá
realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na
data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non
presentado.

A convocatoria de
Xullo estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se
presentase.


  • No primeiro caso (alumnado
    que non superou a materia na primeira convocatoria), realizará novamente
    as actividades de avaliación continua que non aprobou.

  • No segundo caso (alumnado
    non presentado na primeira convocatoria) realizará todas as actividades de
    avaliación continua.

En canto á
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, o/a estudante
será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Sources of information
Basic Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. INICIEN
McMillan, J. H. e Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. La Muralla
Fernández C., Hernández, R. e Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J. C. (2013). Métodos de investigación educativa. Punto Rojo Libros, S.L.

Complementary Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

A entrega de traballos da materia realizarase de forma telemática.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Se seguirán as recomendacións da Oficina de Igualdade de Xénero

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero  (linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as, propiciarase a intervención en clase do alumnado...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.