Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Didáctica. currículo e organización escolar Código 652609001
Titulación
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
García Cabeza, Belen
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
belen.garcia.cabeza@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.
Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos pertencentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. AP38
AP38
AP38
CM9
CM9
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas de educación secundaria. AP38
AP38
AP38
CM9
Comprender as diferencias entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino-aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveles de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. AP38
AP38
AP38
CM9
CM9
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. AP38
AP38
CM9
CM9
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupos, de formulación de obxectivos e de selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construcción e reconstrucción progresivo. AP38
AP38
AP38
AP38
CM9
CM9
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente educativa, formativa e formadora, así como afondar nas relacións entre avaliación, a investigación e a innovación. AP38
AP38
AP38
AP38
AP38
CM9
CM9
Profundizar no coñecemento crítico e fundamentado da estructura e funcionamiento do Sistema Educativo. AP38
CM9
CM9
Formalizar, sistematizar e integrar os saberes básicos da organización escolar, que permitan comprender a complexidade dos centros educativos, así como analizar e valorar críticamente a súa vida organizativa. AP38
CM9
CM9
Coñecer algúns dos modelos máis relevantes da organización escolar e comprender a importancia do contexto organizativo no proceso de ensino-aprendizaxe. AP38
CM9
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. A participación, xestión e avaliación nos centros de ensino secundario. - O sistema educativo español.
- A estrutura organizativa dun centro educativo.
- As dimensións organizativas dun centro educativo.
Módulo II. Funcións e concepcións do currículo. - Os compoñentes curriculares.
- As concepcións sobre o currículo: enfoques e elementos de análise.
- O oculto e o manifesto da aprendizaxe escolar.
Módulo III. Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo. - A educación e o ensino. O deseño e desenvolvemento do currículo.
- Do currículo prescrito ao currículo contextualizado: niveis de concreción curricular.
- A planificación e o desenvolvemento do currículo.
- A avaliación: tipos, obxectos e instrumentos.
Módulo IV. Modelos de ensino e metodoloxías didácticas. - O concepto de didáctica.
- Os modelos e métodos de ensino.
- As estratexias metodolóxicas no ensino secundario
Módulo V. Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico. - Tipos de materiais curriculares.
- Materiais curriculares: elaboración, selección e uso.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A4 A5 A9 A16 A17 A18 C4 C6 8.5 28 36.5
Portafolios do alumno A4 A5 A16 A17 A18 C4 C6 5 20 25
Proba mixta A1 A5 A9 A16 A17 A18 C4 C6 2.5 6.5 9
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A9 A16 A17 A18 C4 C6 16 22 38
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Establécense unha serie de documentos de lectura obrigatoria que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá realizar a análise destes diferentes documentos en pequeno grupo e grupo aula.

Durante o transcurso da materia proporanse 5/6 actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise serán entregados nas datas que a profesora indique previamente e quedarán dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle.

Portafolios do alumno O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que enmarque os documentos de síntese das 5/6 actividades de aula nunha reflexión fundamentada e argumentada nos documentos de referencia da materia así coma noutros que o alumnado e a profesora consideren oportunos.

Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios. A realización de dito portafolios iniciarase na aula e será completado mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. O portfolio resultante será entregado na data que a profesora indique previamente e quedará dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de carácter computable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, dacordo co conxunto de contidos abordados ao longo da materia.
Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Proba mixta
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumando.

A forma e o momento en que se desenvolverán indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A9 A16 A17 A18 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 55
Portafolios do alumno A4 A5 A16 A17 A18 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido do mesmo.

a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
45
 
Observacións avaliación
  1. O mestrado ten carácter presencial. O alumnado que por motivos comunicados á profesora ao inicio do curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas teña unha asistencia inferior ao 80% deberá realizar e entregar o portafolios e as 5/6 actividades derivadas das lecturas de modo individual no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado.
  2. Si un/a alumno/a cuxa asistencia é regular non acuda á clase o día de realización dalgunha actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente.
  3. O portafolios entregarase na data que se indique a inicio do curso. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o portafolios e as 5/6 actividades de síntese das lecturas.
  4. A fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obligatoria -antes da segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle, insertando unha foto actual. 
  5. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios del alumno" e "proba mixta")

Fontes de información
Bibliografía básica
NOTA: Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final, selección que estará dispoñible na Moodle e que será de lectura obrigatoria.

Álvarez, J. M. (1999). Evaluar para conocer, evaluar para aprender: las razones formativas de la evaluación educativa. En J.M. Álvarez. Evaluar para conocer. Examinar para excluir (pp. 58-61). Madrid: Morata.

Area, M. (2009). Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización y tipos. Introducción a la tecnología Educativa, pp. 24-37. Recuperado de http://www.bibliotecalibre.org/bitstream/001/415/5/Introducci%C3%B3n%20a%20la%20tecnolog%C3%ADa%20educativa.pdf

Barkley, E. F.; Cross, K. P. e Howell, C. (2007). Técnicas de aprendizaje colaborativo (varias páxinas). Madrid: Morata.

Espín, J. e outros (1996). Análisis de recursos educativos desde la perspectiva no sexista (pp. 109-126). Barcelona: Laertes.

Fuentes, E. J. (2003). Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes. Revista Padres y Maestros, 279, 34-39.

González, Mª. T. (1992). Centros escolares y cambio educativo. En J.M. Escudero e J. López (Coords.). Los desafíos de las reformas escolares. Cambio educativo y formación para el cambio (pp. 71-95). Sevilla: Arquetipo.

González, Mª. T. (1999).Perspectivas teóricas recientes en organización escolar: una panorámica general. En J.M. Escudero. Escuelas y profesores: ¿hacia una reconversión de los centros y la función docente? (pp. 35-59). Madrid: Ediciones Pedagógicas.

González, Mª T. (2003) (coord.). Las organizaciones escolares: dimensiones y características, en M. T. González. Organización y gestión de centros escolares (pp. 25-38). Madrid: Pearson.

López, L.; Peliquín, F.; Pérez, C. e Rodeiro, M. (1995). Análise e valoración de materiais curriculares. Revista Galega de Educación, 24, 58-60.

Martínez, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del curriculum), en J. G. Mínguez e M. Beas (Comps.). Libros de texto y construcción de materiales curriculares (pp. 221-245). Armilla: Proyecto Sur de Ediciones.

Navarro, R.(coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo de competencias. Madrid: Dykinson.

Parcerisa, A. (1996). Propuesta de un instrumento para el análisis de libros de texto y otros materiales que utilizan el papel como soporte, en Artur Parcerisa Arán. Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos (pp. 97-124) Barcelona: Graó.

Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación: reflexión y normativa pedagógica (pp. 13-17). Barcelona: Ariel.

Trillo, F. (1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía, 228, 70-74.

Trillo, F. (2008). La enseñanza: eso sí que es un lío, en F. Trillo e L. Sanjurjo. Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica (pp.57-67). Rosario: Homo Sapiens.

Lexislación

Lei Orgánica 8/2013, para a mellora da calidade educativa (BOE, suplemento en lingua galega ao nº 295, 10/12/2013). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886-G.pdf

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE nº 106, 04/05/2006). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 120, 29/06/2015). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2015/06/30/00_decreto_completo.pdf

Decreto 324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de ensino secundario (DOG nº 156, 09/08/1996). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960809/Anuncio90AA_es.html

Decreto 1333/2007 de 5 de xullo polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 136, 13/07/2013). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 120, 23/06/2008). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://ciug.cesga.es/PDF/ReferenciasLegais/Decreto126-2008curriculoBacharelatoLOEGalicia.pdf

Orde do 29 de outubro de 1996 pola que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non univesitario de características singulares, de educación especial e educación de adultos (DOG nº 215, 04/11/1996). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961104/AnuncioB14E_gl.html

Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamiento (DOG nº168, 02/09/1998), Versión on-line consultada a 07/07/2015 enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioA14A_gl.html.

Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 4, 07/01/2008). Versión on-line consultada a 07/07/2015 enhttp://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/system/files/080107DOG_RegulacionAvaliacionESO.pdf

Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundariaobrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 121, 24/06/2008). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080624/Anuncio29FEA_gl.html

Orde do 20 de abril de 2010, pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 77, 26/04/2010). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100426/Anuncio11916_gl.html

Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 105, 01/06/2011). Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110601/AnuncioC3F1-100511-1447_gl.html

Corrección de erros. Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 144, 28/07/2011). Versión on-line consultada a 07/07/2015 enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110728/AnuncioC3F1-220711-4737_gl.pdf

Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Versión on-line consultada a 07/07/2015 en http://www.edu.xunta.es/web/node/328

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías