Identifying Data 2019/20
Subject (*) Teaching Methology, Syllabuses and School Organisation Code 652609001
Study programme
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Mendez Garcia, Rosa Maria
E-mail
rosa.mendez@udc.es
Lecturers
García Cabeza, Belen
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rego Agraso, Laura
E-mail
belen.garcia.cabeza@udc.es
rosa.mendez@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
General description Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.
Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se tratarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas de educación secundaria. AJ1
AJ3
AJ9
CC4
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos pertencentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. AJ3
AJ9
CC4
CC6
Comprender as diferencias entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino-aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveles de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. AJ3
AJ4
AJ9
CC4
CC6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. AJ4
AJ9
CC4
CC6
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupos, de formulación de obxectivos e de selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construcción e reconstrucción progresivo. AJ3
AJ4
AJ5
AJ9
CC4
CC6
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente educativa, formativa e formadora, así como afondar nas relacións entre avaliación, a investigación e a innovación. AJ3
AJ4
AJ9
CC4
CC6
Profundizar no coñecemento crítico e fundamentado da estructura e funcionamiento do Sistema Educativo. AJ9
CC4
CC6
Formalizar, sistematizar e integrar os saberes básicos da organización escolar, que permitan comprender a complexidade dos centros educativos, así como analizar e valorar críticamente a súa vida organizativa. AJ9
CC4
CC6
Coñecer algúns dos modelos máis relevantes da organización escolar e comprender a importancia do contexto organizativo no proceso de ensino-aprendizaxe. AJ9
CC4
CC6

Contents
Topic Sub-topic
Módulo I. A participación, xestión e avaliación nos centros de ensino secundario. - O organización do sistema educativo español.
- As dimensións (organizativa, procesual, persoal, cultural e da contorna) dun centro educativo.
Módulo II. Funcións e concepcións do currículo. - Os elementos do currículo.
- As concepcións sobre o currículo: enfoques e elementos de análise.
- O oculto e o manifesto da aprendizaxe escolar.
Módulo III. Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo. - Do currículo prescrito ao currículo contextualizado: niveis de concreción curricular.
- A planificación e o desenvolvemento do currículo.
- A avaliación: tipos, obxectos e instrumentos.
Módulo IV. Modelos de ensino e metodoloxías didácticas. - O concepto de didáctica.
- Os modelos e métodos de ensino.
- As estratexias metodolóxicas no ensino secundario.
- Os materiais curriculares: tipos, selección, análise e uso.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 4 22 26
Student portfolio A4 A5 C4 C6 10.5 34.5 45
Mixed objective/subjective test A1 A5 A9 C4 C6 1.5 8 9.5
Guest lecture / keynote speech A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 16 12 28
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Establécese unha serie de documentos (textuais, audovisuais, etc.) de revisión obrigatoria (consúltense Fontes de Información) que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se estudarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá estar en capacidade de realizar a súa análise en pequeno grupo e grupo-aula. Ditas lecturas terán como obxectivo promover e incentivar a reflexión en torno aos procesos educativos escolares e a súas implicacións prácticas e aplicadas no contexto do centro educativo e no contexto aula.

Student portfolio Durante o transcurso da materia proporanse algunhas actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado fóra da aula. Para esta elaboración atenderase ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise entregaranse nas datas que a profesora indique previamente e quedarán dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle.

O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que, ademais de enmarcar os mencionados documentos de síntese das mencionadas actividades de aula, incorpore un diario de aula (con entradas de elaboración individual) e unhas valoracións finais. As reflexións que nos apartados se integren deberán estar fundamentadas e argumentadas nos documentos de referencia da materia así coma noutros que o alumnado e a profesora consideren oportunos.

Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios. O portafolios desenvolverase fundamentalmente en periodos non presenciais e mediante o traballo autónomo do alumnado. A través da atención personalizada da profesora, os diferentes grupos, ben en sesións interactivas específicas, ben en titorías, recibirán indicacións concretas para a realización. O portafolios resultante será entregado na data que a profesora indique previamente e quedará dispoñible para a súa consulta na plataforma Moodle.
Mixed objective/subjective test A proba mixta constituirá unha actividade final a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións relacionadas coa totalidade de contidos tratados ao longo da materia.

Guest lecture / keynote speech Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Personalized attention
Methodologies
Student portfolio
Workbook
Mixed objective/subjective test
Description
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, lecturas, actividades e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
3. Como a realización do portafolio é o traballo principal da materia e ten un peso importante na avaliación desta, cada grupo (ou alumno/a, de o realizar de maneira individual) deberá obrigatoriamente solicitar unha titoría, fóra do horario de docencia presencial da materia.
4. Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A4 A5 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

* Serán proporcionados criterios detallados no momento de entrega do traballo.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal; e outra, ás entradas individuais do diario.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
70
Mixed objective/subjective test A1 A5 A9 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
 
Assessment comments

  1. Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
  2. O mestrado ten carácter presencial polo que a asistencia ás sesións non poderá ser inferior ao 80% das horas.
  3. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e o portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de modo individual.
  4. Se un/unha alumno/a cuxa asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta incorporarase tamén ao portafolios.
  5. O portafolios entregarase na data que se indique ao inicio do curso. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o portafolios e as actividades de síntese das lecturas.
  6. Coa fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semanal ectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle, insertando unha foto actual.
  7. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "proba mixta").
  8. Dado que á materia é impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais no formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde depresentación de contidos.
  9. Na 2ªoportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.


Sources of information
Basic

NOTA: Esta bibliografíaé susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final, selección que estará dispoñible na Moodle e que será de lectura obrigatoria.

Álvarez,J. M. (1999). Evaluar para conocer, evaluar para aprender: las razones formativas de la evaluación educativa. En J.M. Álvarez,  Evaluar para conocer. Examinar para excluir (pp. 58-61). Madrid: Morata.

Area,M. (2009). Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización y tipos. Introducción a la tecnología Educativa, 24-37. Recuperado de http://www.bibliotecalibre.org/bitstream/001/415/5/Introducci%C3%B3n%20a%20la%20tecnolog%C3%ADa%20educativa.pdf

Barkley, E. F.; Cross, K. P. e Howell, C.(2007). Técnicas de aprendizaje colaborativo. Madrid: Morata.

Espín, J. e outros (1996). Análisis de recursos educativos desde la perspectiva no sexista. Barcelona: Laertes.

Fuentes, E. J. (2003). Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes. Revista Padres y Maestros , 279, 34-39.

Gimeno Sacristán, J. (1998). El currículum: una reflexión sobre la práctica . Madrid: Morata.

González, Mª. T. (1992). Centros escolares y cambio educativo. En J.M. Escudero e J. López (Coords.), Los desafíos de las reformas escolares. Cambio educativo y formación para el cambio (pp. 71-95). Sevilla: Arquetipo.

González, Mª. T. (1999).Perspectivas teóricas recientes en organización escolar: una panorámica general. En J.M. Escudero, Escuelas y profesores: ¿hacia una reconversión de los centros y la función docente? (pp.35-59). Madrid: Ediciones Pedagógicas.

González, Mª T. (2003) (coord.). Las organizaciones escolares: dimensiones y características. En M. T. González, Organización y gestión de centros escolares (pp. 25-38). Madrid: Pearson.

Hargreaves, A. e Fullan, M. (2014). Cultura y comunidades profesionales. En A. Hargreaves e M. Fullan, Capital profesional (pp. 134-177). Madrid: Morata.

Hargreaves ,A. e Fullan. M. (2014). Instaurar el cambio. En A. Hargreaves e M. Fullan, Capital profesional (pp. 178-216). Madrid: Morata.

López, L.; Peliquín, F.; Pérez, C. e Rodeiro, M. (1995). Análise e valoración de materiais curriculares. Revista Galega de Educación, 24, 58-60.

Martínez, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del curriculum). En J. G. Mínguez e M. Beas (Comps.), Libros de texto y construcción de materiales curriculares (pp. 221-245). Armilla: Proyecto Sur de Ediciones.

Montanero, M. (2019). Didáctica General. Planificación y práctica de la enseñanza primaria. Cáceres: Universidad de Extremadura.

Navarro, R.(coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo de competencias. Madrid: Dykinson.

Parcerisa, A. (1996). Propuesta de un instrumento para el análisis de libros de texto y otros materiales que utilizan el papel como soporte. En A. Parcerisa Arán, Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos (pp.97-124) Barcelona: Graó.

Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación: reflexión y normativa pedagógica. Barcelona: Ariel.

Trillo, F. (1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía , 228, 70-74.

Trillo, F. (2008). La enseñanza: eso sí que es un lío. En F. Trillo e L. Sanjurjo, Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica (pp. 57-67). Rosario: Homo Sapiens.

Lexislación

Lei Orgánica 8/2013, para a mellora da calidade educativa (BOE,suplemento en lingua galega ao nº 295, 10/12/2013). Versión on-line consultada en http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886-G.pdf

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE nº106, 04/05/2006). Versión on-line consultada en http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

Decreto 86/2015 , do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 120, 29/06/2015). Versión on-line consultada en http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2015/06/30/00_decreto_completo.pdf

Decreto 324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de ensino secundario (DOG nº 156,09/08/1996). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960809/Anuncio90AA_es.html

Decreto 1333/2007 de 5 de xullo polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOGnº 136, 13/07/2013). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº120, 23/06/2008). Versión on-line consultada en http://ciug.cesga.es/PDF/ReferenciasLegais/Decreto126-2008curriculoBacharelatoLOEGalicia.pdf

Orde do 29 de outubro de 1996 pola que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non univesitario de características singulares, de educación especial e educación de adultos (DOG nº215, 04/11/1996). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961104/AnuncioB14E_gl.html

Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamiento (DOG nº168, 02/09/1998). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioA14A_gl.html.

Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº4, 07/01/2008). Versión on-line consultada en http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/system/files/080107DOG_RegulacionAvaliacionESO.pdf

Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundariaobrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº121, 24/06/2008). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080624/Anuncio29FEA_gl.html

Orde do 20 de abril de 2010, pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que sedesenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 77, 26/04/2010). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100426/Anuncio11916_gl.html

Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 105, 01/06/2011). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110601/AnuncioC3F1-100511-1447_gl.html

Corrección de erros. Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 144, 28/07/2011).Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110728/AnuncioC3F1-220711-4737_gl.pdf

Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 136, 21/07/2015). Versión on-line consultada en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20150721_materias_libre_configuracion.pdf).

Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 147, 04/08/2016). Versión on-line consultada en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160804_libre_configuracion_1.pdf).

Orde do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 156, 18/08/2017). Versión on-line consultada e nhttps://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170818_libre_configuracion_1.pdf).

Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 165, 30/08/2018). Versión on-line consultada en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180830_libre_configuracion_0.pdf).

Circular 8/2009 daDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria

. Versión on-line consultada en http://www.edu.xunta.es/web/node/328

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Educational innovation/652601E11
Practicum/652601106
Final Dissertation/652601107

Other comments
  • Coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento das competencias dixitais docentes (especialmente vinculados coa Alfabetización Informacional -ALFIN- e a curación e produción de contidos dixitais) dende esta materia recoméndase ao alumnado a construción dun banco de recursos dixitais persoal no que poida organizar e categorizar material de interese para o desenvolvemento da materia (artigos científicos, experiencias, ferramentas e aplicacións didácticas, páxinas web institucionais vinculadas coa educación escolar, blogues especializados e de boas prácticas, etc). Recoméndase para iso, o uso de marcadores sociais ou aplicacións dixitais específicas que lles permitan categorizar ou asignar etiquetas coas que mellorar a súa clasificación e consulta posterior. Todo iso resultaralle de gran interese á hora de contrastar a teoría e a práctica educativa mediante o Practicum do Mestrado, así como para construír a fundamentación teórica do futuro Traballo Fin de Mestrado (TFM).
  • Recoméndase que a entrega dos traballos sexa feita a través da plataforma Moodle e -de non ser posible- non empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e dében previr impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Ante a incorporación de “Igualdade de Xénero” como materia de libre configuraciónautonómica no curso 2016/2017 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e a materia “Coeducación para o século XXI” na etapa de Bacharelato no 2018/2019, na materia de Didáctica, Currículo e Organización Escolar tratarán de desenvolverse obxectivos, contidos e actividades tendentes á formación do futuro profesorado en cuestións relativas á concienciación sobre a violencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e a coeducación. Debido a isto, recoméndase ao alumnado, empregar unha linguaxe inclusiva, contemplar a perspectiva feminista nos seus traballos e entregas de aula e evitar a manifestación de calquera tipo de discriminación, prexuízo ou minusvaloración por razón de xénero no contexto desta materia.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.