Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Innovación docente Código 652609E41
Titulación
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
Rego Agraso, Laura
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
mar.rromero@udc.es
Web
Descrición xeral A materia persigue que o alumnado inclúa a innovación educativa como unha actitude profesional imprescindíbel para respostar ás esixencias formativas da sociedade rede e apliquen a “sustancia espiritual” das tecnoloxías dixitais á ensinanza.

Competencias do título
Código Competencias do título
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Concebir a innovación educativa como unha actitud profesional imprescindible para respostar ás esixencias formativas da sociedade do coñecemento e aplicar a "sustancia espiritual" das TICs á enseñanza. AP25
AP26
CM8
Comprender que a innovación no escenario da sociedade rede trascende a especificidade de cada área de ensinanza e busca superar as tradicionais barreiras entre o profesorado, o profesorado e o alumnado, entre o centro educativo e a comunidade e entre a “escola” e a vida. AP26
Asociar a innovación coa investigación permanente para que a escola incorpore á ensinanza os retos que ten a humanidade e o noso planeta: o xiro dixital e a democratización do coñecemento, a diversidade e a interculturalidade, as novas relacións de xénero, a xustiza social e a sostenibilidade. AP26

Contidos
Temas Subtemas
Núcleo 1: A Innovación educativa na sociedade rede A innovación educativa e o cambio sostible.
A innovación educativa a a sustancia espiritual das tecnoloxías dixitais.
Núcleo 2: A innovación educativa nos centros e na aula. A innovación educativa e o establecemento de vínculos: profesorado e alumnado como coinvestigadores, o profesorado e a colaboración entre colegas, o traballo en rede (escola/comunidade), o currículo integrado, a aula sen muros e a escola de espazos abertos (a organización).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A26 1 1 2
Análise de fontes documentais A26 2 6 8
Aprendizaxe colaborativa A26 4 10 14
Presentación oral A26 2 2 4
Traballos tutelados A25 A26 C8 5 15 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e do blogue, introdución das fontes de información, descrición das tarefas e os requerimentos de avaliación. Coñecemento dos intereses do estudantado con respecto á innovación.
Análise de fontes documentais Presentación dos documentos por parte da profesora e lectura e análise do seu contido por parte do estudante.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequeno grupo e posta en común para contrastar puntos de vista sobre oa información extraída das fontes documentais e realización do resumo analítico
Presentación oral Realización na clase dunha das actividades que forman parte da proposta de innovación elaborada no traballo tutelado con participación obrigatoria de todo o alumnado tanto na presentación da experiencia de cada grupo como na recepción do resto das experiencias.
Traballos tutelados Traballo en grupo que implica o deseño dunha proposta de innovación semellante á da modalidade de proxecto integrado do Trabajo de Fin de Mestrado. Terá unha parte de realización en equipo e outra individual. A estrutura do traballo así como os criterios de avaluación específicos serán presentados na clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Sesións de seguimento na aula e en titorías para apoiar o traballo tutelado que consiste no deseño dunha proposta de innovación semellante a un proxecto integrado (modalidade do TFM)

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A26 Realización na aula dunha das actividades que forman parte da propuesta de innovación elaborada no traballo tutelado con participación obligatoria de todo o alumnado tanto na presentación da experiencia de cada grupo como na recepción do resto das experiencias. Outra opción será a realización dunha reflexión individual sobre a proposta de innovación elaborada en grupo, asi como os contidos traballados na aula.
30
Traballos tutelados A25 A26 C8 Realización de tódalas tarefas implicadas no deseño da proposta de innovación. A estrutura do traballo será presentada na aula así como os criterios de avaliación específicos.

A avaliación da parte realizada en grupo será do 30% da calificación total e a parte realizada por cada persoa, será o 70% do total.
70
 
Observacións avaliación

Os contidos incluidos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindíbel para demostrar excelencia académica.

Recoméndase consultar

www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

Política antiplaxio:

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse; o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".

Recoméndase consultar:

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/

Composición grupo e traballo individual:

Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación pode haber variacións na composición dos grupos e no número de membros según criterio da profesora. Excepcionalmente pode decidirse a realización individual do traballo

Asistencia:

A asistencia ás sesións presenciais é obligatoria.

Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos traballos e da proba escrita, debendo obter en ambas partes un aprobado (5). Se o/a alumno/a non alcanza o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a calificación será de "non presentado".

O alumnado que na primeira oportunidade obtivera unha nota inferior a 5 na proba escrita deberá repetila na segunda. Se non alcanzou a porcentaxe de asistencia esixido deberá realizar un exame práctico. A cualificación final será a media ponderada das notas obtidas, debendo obter en cada parte un aprobado (5).

É obrigatoria a asistencia do/a alumno/a ao 80% das sesións. Se non alcanza dita porcentaxe e non realiza a proba mixta final, a cualificación final na primeira oportunidade será "non presentado".

Se realiza a proba mixta final sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final do alumno será "suspenso" cunha nota numérica global resultado de dividir por dous a suma de todas as notas obtidas polo/a alumno/a ao longo do curso, tanto na avaliación continuada do traballo realizado como en dita proba final.

Dispensa académica de exención de asistencia

Aqueles/as alumnos/as que conten coa dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados a través do traballo e proba individual, ao igual que aqueles/as que non cumpran a asistencia do 80% das sesións presenciais. A nota final será a media das cualificacións obtidas en ambas partes, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Linguaxe non discriminatoria

É obrigatorio o uso dunha linguaxe correcta, respectuosa e inclusiva, evitando termos discriminatorios relativos ao xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O incumprimento deste requisito traerá consigo consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.

Transversalidade de xénero e interculturalidade

Valorarase positivamente o deseño de accións inclusivas en materia de xénero e interculturalidade na proposta de innovación, cando menos cun punto máis.


Fontes de información
Bibliografía básica Rudduck, J. y Flutter, J. (2007). Como mejorar tu centro dando la voz al alumnadoando la voz. Madrid: Morata
Prácticas Innovadoras INTEF (). Difundiendo buenas prácticas. http://recursostic.educacion.es/heda/web/es/practicas-innovadoras/difundiendo-buenas-practicas
Hargreaves, A.y Fink, D. (2008). El liderazgo sostenible. Madrid: Morata
Rodríguez Romero, M. (2012). El profesorado en la galaxia digital: como combinar la concentración constructiva con la participación en el mundo. TESI. vol 13, No 2
Eurypedia (). Enciclopedia de los sistemas educativos europeos elaborada por la Red Eurydice. https://webgate.ec.europa.eu/fpfis/mwikis/eurydice/index.php/Main_Page
Ayers, W. y Alexander-Tanner, R. (2013). Enseñar, un viaje en cómic . Madrid: Morata
Wrigley, T. (2008). Escuelas para la esperanza. Madrid: Morata
Hargreaves, A. y Fink, D. (2006). Estrategias de cambio y mejora en la educación caracterizadas por su relevancia, difusión y continuidad en el tiempo. Revista de Educación, 339(2006), pp.43-58
Eurydice Network (). information on and analyses of European education systems and policies. http://eacea.ec.europa.eu/education/eurydice/index_en.php
Salinas Ibáñez, J. (2008). Innovación educativa y uso de las TIC. Universidad Internacional de Andalucía
Beane, J. A. (2005). La integración del currículo: el diseño del núcleo de la educación democrática. Madrid: Morata
Sánchez Asín, A. et al. (2009). La sociedad del conocimiento y las TIC: una inmejorable oportunidad para el cambio docente. Pixel-Bit. Revista de Medios y Educación, nº34, pp.179-204
Rodríguez Romero, M. (2003). Las metamorfosis del cambio eductivo. Madrid: Akal
Edutopia (). Library of videos showcasing innovation and evidence-based learning practices in K-12 schools. http://www.edutopia.org/videos
Lankshear, C. y Knobel, M. (2008). Nuevos alfabetismos. Su práctica cotidiana y el aprendizaje en el aula. Madrid: Morata
Hargreaves, A. , Earl, L. y Moore, S. (1998). Una educación para el cambio. Barcelona:Octaedro

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Dispoñibilidade dun ordenador portátil con conexión á wifi.</p>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías