Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Áreas de Investigación que Informan a Educación Musical Código 652610A11
Titulación
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
francisco.rnapal@udc.es
Profesorado
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
francisco.rnapal@udc.es
Web
Descrición xeral A través desta materia preténdese aproximar ao alumnado a unha ampla concepción da música e da educación musical. Os diferentes enfoques —a partir de áreas de coñecemento como a pedagoxía, a socioloxía e a psicoloxía— constitúen o núcleo da proposta.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización
A16 (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
A17 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A19 (CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A22 (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes
A25 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais achegas teóricas e metodolóxicos á Educación Musical xurdidos nos séculos XX e XXI. AP15
AP16
AP17
AP19
AP22
AP25
AP26
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Comprender o enfoque sociolóxico do papel da música e da Educación Musical nos colectivos humanos. AP15
AP16
AP17
AP19
AP22
AP25
AP26
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Recoñecer os paralelismos existentes entre os elementos constitutivos da música e algúns aspectos propios da psicoloxía AP15
AP16
AP17
AP19
AP22
AP25
AP26
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Expoñer, oralmente ou de forma escrita, os coñecementos e as propostas que se derivan dos diferentes enfoques da música e da educación musical AP22
AP25
AP26
CP1
CP2

Contidos
Temas Subtemas
Pedagoxía da música e Educación Musical. Estudo das propostas pedagóxicas e metodoloxías xurdidas nos séculos XX e XXI no ámbito da Educación Musical.
Socioloxía da música e Educación Musical. Significado social da expresión musical.
Psicoloxía da música e Educación Musical Os elementos constitutivos da música desde a perspectiva psicolóxica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A15 A16 A17 A19 A22 A26 C2 C3 C6 4 10 14
Presentación oral C1 4 10 14
Traballos tutelados A25 A26 C1 C4 C7 C8 4 16 20
Discusión dirixida A8 A19 A25 A26 C1 C4 C8 6 6 12
Lecturas A15 A17 A19 C1 C7 6 12 18
Aprendizaxe servizo A15 A16 A22 C4 C6 C8 4 12 16
Actividades iniciais C7 C8 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
As actividades, nesta materia, serán abordadas de forma interdisciplinar, xa que formarán parte dun proxecto global de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que será desenvolvido xunto a outras asignaturas do itinerario de Música.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesorado atenderá as dúbidas que xurdan na materia, así como o seguimento dos traballos indicados.
Debido ás características da materia, as orientacións do profesorado realizaranse na propia clase, por medio da rede ou en horario de titorías. A atención será tanto individual como en grupos reducidos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A15 A16 A22 C4 C6 C8 A presentación deste traballo formará parte do documento xeral mediante o cal se avaliará o Traballo Tutelado.
Para a súa valoración teranse en conta os seguintes criterios:
• Afinidade da proposta cos contidos da materia
• Relevancia da problemática elixida desde o punto de vista social

10
Análise de fontes documentais A15 A16 A17 A19 A22 A26 C2 C3 C6 A avaliación deste apartado contemplará os seguintes aspectos:
• Utilización adecuada de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos.
• Calidade e fiabilidade dos diferentes datos conseguidos a través das TIC.
• Emprego correcto dos datos bibliográficos na elaboración de traballos escritos.
10
Presentación oral C1 O traballo tutelado será presentado de forma oral nunha exposición que terá como duración máxima 15 minutos. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Claridade na exposición.
• Axuste ao tempo establecido.
• Emprego correcto dos recursos de apoio (gráficos ou auditivos)
20
Traballos tutelados A25 A26 C1 C4 C7 C8 Este traballo será elaborado, individualmente ou en pequenos grupos, sobre un tema propio da materia. Nun dos apartados, a temática elixida deberá ser vinculada a un proxecto Aprendizaxe Servizo.
Desde o punto de vista formal, axustarase ás normas esixidas no TFM. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos.
60
 
Observacións avaliación
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. 

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.
No caso no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia, se o profesorado detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.



Fontes de información
Bibliografía básica

Alsina, P., Díaz, M., Giráldez, A., Ibarretxe, G. (2009). 10 ideas clave. El aprendizaje creativo. Graó.

Alsina, P., Giráldez, A. (Coords.) (2012). 7 ideas clave: La competencia cultural y artística. Graó.

Burkholder, J., Grout, D. y Palisca, C. (2019). Historia de la música occidental. Alianza.

Comellas, J. (2017). Historia sencilla de la música. Rialp.

Conejo, P. (2012). El valor formativo de la música para la educación en valores. Revista de Educação e Humanidades, 2, 263-278.

Díaz, M. y Giráldez, A. (Coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Una selección de autores relevantes. Graó.

Digón, P. (2001). Sociología y música. Música y Educación, 47, 15-36.

Fubini, E. (1999). La estética musical desde la antigüedad hasta el siglo XX. Alianza.

Frederickson, M. (2010). The National Standards for Music Education: A Transdisciplinary Approach in the Applied Studio. Music Educators Journal, 97(2), 44-50.

Gainza, V. (2002a). Música: amor y conflicto. Diez estudios de psicopedagogía musical. Lumen.

Gainza, V. (2002b). Pedagogía musical. Dos décadas de pensamiento y acción educativa. Lumen.

Gainza, V. (2003). La educación musical entre dos siglos: del modelo metodológico a los nuevos paradigmas. Seminario Permanente de Investigación de la Maestría en Educación Universidad de San Andrés.  http://www.udesa.edu.ar/files/ESCEDU/DT/DT10-GAINZA.PDF

Gainza, V. (2011) Educación musical siglo xxi: problemáticas contemporáneas. Revista da ABEM. Associaçao Brasileira de Educaçao Musical, 25, 11-18.

Gardner, H. (2017) Estructuras de la Mente. La Teoría de Las Inteligencias Múltiples. Fondo de Cultura Económica.

Green, L. (2001). Música, género y educación. Morata.

Green, L. (2009). Significado musical y reproducción social: Defensa de la recuperación de la autonomía. En D. Lines (Comp.). La educación para el nuevo milenio. Morata.

Hargreaves, D. (2020). Infancia y educación artística. Morata.

Hargreaves, D. (2002). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.

Hernández, D. (2013). Theodor Adorno, elementos para una sociología de la música. Sociológica, 80, 123-154.

Höweler, C. (2004). Enciclopedia de la música. Noger.

Jiménez, L. Aguirre, I. y Pimentel, L. (2009). Educación artística, cultura y ciudadanía. Santillana.

Jorquera, M. (2004). Métodos históricos o activos en educación musical. Revista Electrónica de LEEME, 14, 1 -30.

Jorquera, M. (2010). Modelos didácticos en la enseñanza musical: el caso de la escuela española. Revista Musical Chilena, 214, 52-74.

Latham, A. (2010). Diccionario enciclopédico de la música. Fondo de Cultura Económica.

Lines, D. (comp.) (2009). La educación musical para el nuevo milenio. Morata.

Loras, R. (2008). Estudio de los métodos de solfeo españoles en el siglo XIX y principios del XX. (Tesis doctoral).  http://riunet.upv.es/bitstream/handle/10251/3341/tesisUPV2828.pdf 

Marco, T. (2002). Pensamiento musical y siglo XX. Fundación Autor.

McAuley, J. (2010). Tempo and Rhythm. In M. Jones , R. Fay & A. Popper (eds.). Music Perception (pp. 165-199). Springer.

Marshall, N., North, A. y Hargreaves, D. (2005). Educación musical en el siglo XXI: una perspectiva psicológica. Eufonía, 34, 8-32.

Michels, U. (2015). Atlas Musik. Bärenreiter

Morgan, R. (1999). La música del siglo XX. Akal.

Ördög, L. (2000). La educación musical según el sistema Kodály. Rivera Mota.

Oriol, N. (2005). La música en las enseñanzas de régimen general en España y su evolución en el siglo XX y comienzos del XXI. LEEME, 16, pp. 1-33.

Ramírez, C. (2006). Música, lenguaje y educación: La comunicación humana a través de la música en el proceso educativo. Tirant lo Blanch.

Randel, D. (ed.) (2006). Diccionario Harvard de la Música: Alianza.

Sadie, S. (2009). Guía Akal de la música. Akal.

Schafer, M. (1965). El compositor en el aula. Ricordi Americana.

Schafer, M. (2004). El rinoceronte en el aula. Ricordi Americana.

Serra, J. (2014). El conservatorio del siglo XXI "una red de relaciones creativas" Scherzo: Revista de música, 298, 93-93.

Small, C. (2006). Música, sociedad, educación. Alianza.

Storr, A. (2007). La música y la mente. El fenómeno auditivo y el porqué de las pasiones. Paidós.

Swanwick, K. (2006). Música, pensamiento y educación. Morata.

Swanwick, K. (1994). Musical knowledge. Intuition and analysis in music education. Routledge and Kegan Paul.

Trainor, L. and Corrigall, K. (2010). Music acquisition and effects of musical experience. In M. Jones, R. Fay, and A. Popper (Eds.). Music Perception (pp. 89-127). Springer.

Willems, E. (1964): El ritmo musical. Estudio psicológico. Eudeba.

Willems, E. (2002). El valor humano de la educación musical.  Paidós.

Willems, E. (2011): Las bases psicológicas de la educación musical. Paidos.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sustentable. Atendendo a isto, sempre que sexa posible, a presentación dos traballos escritos será en soporte dixital. No caso contrario evitarase o uso de produtos plásticos na entrega dos mesmos. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías