Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Recursos Tecnolóxicos para a Educación Musical Código 652610A12
Titulación
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
francisco.rnapal@udc.es
Profesorado
Rosa Napal, Francisco César
Correo electrónico
francisco.rnapal@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade principal desta materia é potenciar o emprego das TIC e as novas tecnoloxías aplicadas á música no campo da Educación Musical.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Manteránse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través do Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican.
Non é preciso modificar ninguna metodoloxía.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
En caso de situacións de alarma, atenderase ao alumnado en horario de titorías, e noutros horarios, tanto a través do correo electrónico como da plataforma TEAMS.
4. Modificacións na avaliación.
Non hai modifiacións, xa que está prevista unha avaliación continua. A correspondente presentación do traballo final farase de forma virtual.
*Observacións de avaliación:
Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non hai modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización
A16 (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
A17 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A19 (CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes
A23 (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A25 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Empregar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) e as novas tecnoloxías aplicadas á música como ferramentas educativas. AP15
AP16
AP19
AP21
AP22
AP23
AP25
CP2
CP3
CP6
Aplicar recursos como a a composición, o acompañamento e a improvisación no deseño de actividades didácticas empregando diferentes programas e instrumentos virtuais. AP17
AP21
AP23
AP26
CP2
CP3
CP6
CP7
Valorar críticamente o uso que se fai da música nos medios de comunicación e o seu posible emprego como recurso didáctico. AP15
AP17
AP21
AP23
CP1
CP4
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Medios de comunicación e Educación Musical Análise do tratamento da música nos diferentes medios de comunicación e o seu emprego na Educación Musical.
TIC e Educación Musical Principais recursos informáticos dirixidos á produción musical e a súa aplicación ao deseño de actividades creativas no ámbito educativo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A16 A21 A22 A23 A25 A26 C2 C3 C4 C6 C7 8 0 8
Actividades iniciais C6 C7 4 0 4
Análise de fontes documentais A15 A17 A19 C1 C2 C6 C7 C8 6 30 36
Portafolios do alumno A15 A21 A23 A25 C2 C3 C6 C7 10 40 50
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
O profesorado atenderá as dúbidas que xurdan na materia, así como o seguimento dos traballos indicados.
Debido ás características da asignatura, as orientacións do profesorado realizaranse na propia clase, por medio da rede ou en horario de titorías. A atención será tanto individual como en grupos reducidos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A21 A23 A25 C2 C3 C6 C7
O portafolio será elaborado individualmente e recollerá as actividades realizadas durante o curso. O documento conterá texto, exemplos gráficos e arquivos de audio (mp3 ou MIDI), que serán entregados para a súa avaliación integramente en formato dixital.
Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Estrutura formal.
• Claridade nas formulacións.
• Calidade dos gráficos e os exemplos auditivos.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos propios da materia.
70
Obradoiro A16 A21 A22 A23 A25 A26 C2 C3 C4 C6 C7 Valorarase a participación individual ou colectiva nas distintas actividades que se indiquen. 30
 
Observacións avaliación
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. 
Os seguintes aspectos afectarán negativamente a cualificación nos traballos escritos: 
  • Deficiencias ortográficas. 
  • Redacción inconexa ou inadecuada. 
  • Presentación deficiente. 
  • A detección de plaxio supoñerá a cualificación de 0. En caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. 
Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sustentable. Atendendo a isto, a presentación dos traballos será en formato dixital.


Fontes de información
Bibliografía básica

Blardony, S. (2006). La formación permanente del profesorado de música a través de las nuevas tecnologías. Música y Educación, Nº19, pp. 151-157.

Busquet, F. (2000). Recursos informáticos para la educación musical en la Red Telemática Educativa de Cataluña. Eufonía Nº 20, pp. 6-14.

Cabero, J. (2007). Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid: Mc. Graw Hill.

Calvillo, A. (2008). Herramientas didácticas para la educación musical. Cádiz: Bubok.

Calvillo, A. (2009a). Fundamentos didácticos de las nuevas tecnologías aplicadas a la música I: Música y edición de sonido. Cádiz: Bubok.

Caño, C. (2010). Guía de aprendizaje de Audacity: Introducción. Revista Mosaic. Recuperado de http://mosaic.uoc.edu/2010/03/04/guia-de-aprendizaje-de-audacity/

Carmona, J. (2004). Las nuevas tecnologías y la expresión musical, otros lenguajes en la educación. Comunicar: Revista Científica Iberoamericana De Comunicación Y Educación, Nº 23, pp. 25-30.

Castañón, M. y Vivaracho, C. (2012) Leemúsica: enseñanza del lenguaje musical en educación infantil (3 a 5 años) con apoyo de las TIC. Neuma, Vol. 2, pp. 98-108.

Cordeiro, D. M. (2014). Las canciones mueven tus inteligencias. Foro de profesores de E/LE, 10, 43-53. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4859798

Delalande, F. (2004), La enseñanza de la música en la era de las nuevas tecnologías. Comunicar, Nº 23, pp. 17-23.

Díaz, G. (2007). La audición musical con recursos informáticos. Eufonía. Didáctica de la Música, Nº 39, pp. 17-26.

Díaz, G. (2007). La audición musical con recursos informáticos. Eufonía, Nº 39, pp. 17-26.

Dorado, C. (2011). Creación de objetos de enseñanza y aprendizaje mediante el uso didáctico de la pizarra digital interactiva (PDI). Teoría de la Educación. Educación y Cultura en la Sociedad de la Información, Nº 12, pp. 116-143

Ferrás, I. y Ferrer, R. (2014). El karaoke como recurso en el aula. Revista Eufonía: Didáctica de la Música, 62, 1-12. Recuperado de http://dugi-doc.udg.edu/bitstream/handle/10256/9831/Karaoke.pdf?sequence=1

Galera, M., Tejada, J. y Trigo, E. (2013). El editor de partituras como medio para facilitar el estudio de la lectura musical cantada. Electronic Journal of Research in Educational Psychology, 5 (29), 215-238. Recuperado de http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=293125761010

Giráldez, A. (2005).  Internet y educación musical. Barcelona: Graó.

Giráldez, A. (2007). La educación musical en un mundo digital. Eufonía, Nº 39, pp. 8-16.

Giráldez, A. (2008). Compartir actividades musicales en línea. Eufonía. Didáctica de la Música Nº 44, pp. 61-70.

Giráldez, A. (2010). La composición musical como construcción: Herramientas para la creación y la difusión musical en internet. Revista Iberoamericana De Educación, Nº 52, pp. 109-125.

Hernández, J. R. (2011). Efectos de la implementación de un programa de Educación Musical basado en las TIC sobre el aprendizaje de la música en Educación Primaria. Tesis doctoral. Alicante: Universidad de Alicante.

Howard, J. (2000). Aprendiendo a componer. Madrid: Ed. Akal.

Jiménez, R. (2003). Poecuentos. Colección Caracol. Málaga: Centro de Ediciones de la Diputación Provincial de Málaga.

Marqués, P. (2006). Pizarra digital en el aula de clase. Barcelona: Edebé.

Martínez, J. M. (1996). Nuevas herramientas para la educación musical: MIDI y nuevas tecnologías. Eufonía, Nº 4, pp.33-46.

Murillo, A. (2007). La clase de composición colectiva. Las TIC como recurso para la composición. Eufonía. Didáctica de la Música, Nº 39, pp. 46-57.

Palomo, R., Ruiz, J. y Sánchez, J. (2008). Enseñanza con TIC en el siglo XXI. La escuela 2.0. Sevilla: MAD.

Piano Red (2009). El Secuenciador MIDI: una Revolución Musical. Recuperado el 12 de mayo de 2017 de http://www.pianored.com/musica/2009/12/25/el-secuenciador-midi-una-revolucion-musical/

Rivas, E. (2013). La canción infantil en la educación infantil y primaria: las TIC como recurso didáctico en la clase de música. Salamanca: Universidad de Salamanca.

Tejada Giménez, J. (2007). Agrupaciones musicales y la práctica en conjunto. Diseño de un seminario para creación de materiales mediante tecnología audio-digital (I). Música y Educación, Nº 72, pp.133-137.

Tejada Giménez, J. (2008). Agrupaciones musicales y la práctica en conjunto. Diseño de un seminario para creación de materiales mediante tecnología audio-digital (II). Música y Educación,  73, pp.99-103.

Tejada Giménez, J. (2008). Agrupaciones musicales y la práctica en conjunto. Diseño de un seminario para creación de materiales mediante tecnología audio-digital (III). Música y Educación, Nº 74, pp.78-81.

Tejada, J. (2001). MIDI para el conservatorio, la escuela y el instituto: encore, finale, band in a box. Barcelona: Rivera.

Temprano, A. (2007). Creación de contextos educativos integrando las TIC en el aula de música. Eufonía. Didáctica de la Música, Nº 39, pp. 90-98.

Torres Otero, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical: Bases metodológicas y posibilidades prácticas. Sevilla: MAD.

Bibliografía complementaria

Cabero, J. (2007). Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid: Mc. Graw Hill.

Dorado, C. (2011). Creación de objetos de enseñanza y aprendizaje mediante el uso didáctico de la pizarra digital interactiva (PDI). Teoría de la Educación. Educación y Cultura en la Sociedad de la Información, Nº 12, pp. 116-143

Marqués, P. (2006). Pizarra digital en el aula de clase. Barcelona: Edebé.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sustentable. Atendendo a isto, a presentación dos traballos escritos, ou en calquera outro formato, será en soporte dixital.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías