Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: os Fins e os Contidos do Curriculum Código 652610A21
Titulación
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Castro Alonso, Vicente
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
vicente.castro@udc.es
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia constitúe unha dimensión clave na formación docente dos profesores, xa que se centra nos procesos de ensino aprendizaxe das materias que lles competen. Con ela preténdese dar a coñecer os contidos curriculares da materia dende unha perspectiva reflexiva e atenta aos diversos graos de concreción do currículo a partir dunha reflexión crítica sobre a lexislación educativa vixente, para o cual ofrecerase un panorama xeral sobre a evolución do currículo da Música a través dos sucesivos cambios lexislativos para situar adecuadamente a LOE e a LOMCE. Ademáis desenvolverase o estudo das bases epistemolóxicas e psicopedagóxicas dos actuais contidos curriculares e a análise da materia nos sucesivos cursos de ESO e Bacharelato, sin relegar a visión práctica da realidade docente, subliñando os diversos factores que condicionan o desenvolvemento do currículo: centro, actividades, necesidades educativas, recursos materiais, etc.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización
A16 (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
A17 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A19 (CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes
A24 (CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialización e plantexar alternativas e solucións.
A28 (CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A30 (CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. AP15
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas. AP16
(CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. AP17
(CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares. AP18
(CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. AP19
(CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. AP20
(CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. AP21
(CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes AP22
(CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. AP24
(CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. AP25
(CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. AP26
(CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialización e plantexar alternativas e solucións. AP27
(CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. AP28
(CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE). AP30
C1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CP1
C2. Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro. CP2
C3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida CP3
C4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CP4
C5. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse. CP6
C6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CP7
C7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CP8

Contidos
Temas Subtemas
Perspectivas e concepcións da Educación Musical. - Comprender a percepción e a expresión musical nas diferentes etapas educativas.
- Coñecer e aplicar críticamente os diversos aspectos da didáctica da música nos diferentes contidos curriculares.
Análise crítico sobre o que conta como coñecemento musical e a súa selección no curriculum. - A noción de currículum.
- Os niveis de concreción curricular no sistema educativo español.
- Competencias clave en Música en Secundaria, Bacharelato e Grao Medio de Conservatorio.
- Análise dos bloques temáticos do curriculum de Música en Educación Secundaria, Bacharelato e Grao Medio de Conservatorio.
Do curriculum prescrito para Música á programación del aula. - Qué e a programación de aula? Criterios para a súa elaboración.
- Qué son as unidades didácticas. Criterios para a súa elaboración: obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación.
- Directrices para aprender a deseñar e programar curricularmente o ensino da música.
- Adaptaciones curriculares en el área de música.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 C4 C6 C7 5 14 19
Actividades iniciais A15 A16 C1 C2 C3 1 0 1
Sesión maxistral A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A27 A30 10 20 30
Análise de fontes documentais A17 A18 A19 A24 A26 A28 0 20 20
Presentación oral C1 C2 C3 1 0 1
Traballos tutelados A21 A25 C3 C8 4 8 12
Aprendizaxe servizo A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C4 C6 C7 C8 5 10 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquer proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos coñecimentos previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecmentos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
As actividades, nesta materia, serán abordadas de forma interdisciplinar, xa que formarán parte dun proxecto global de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que será desenvolvido globalmente xunto a outras asignaturas do itinerario de Música.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Realizarase atención personalizada nos traballos tutelados.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Fundamentación curricular dunha Unidade Didática (deseño transversal do módulo específico) (Prfa. Rocío Chao):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
- Valorarase independentemente a implicación de cada un dos membros do grupo.
20
Análise de fontes documentais A17 A18 A19 A24 A26 A28 Análise do currículum de educación secundaria (Prf. Vicente Castro):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
- Valorarase independentemente a implicación de cada un dos membros do grupo.
30
Traballos tutelados A21 A25 C3 C8 Desenvolvemento dunha Unidade Didáctica en grupos de traballo (Prfa. Rocío Chao):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
- Valorarase independentemente a implicación de cada un dos membros do grupo.
30
Presentación oral C1 C2 C3 Exposiciónda análise curricular (Prf. Vicente Castro):
- Valorarase independentemente a exposición de cada un dos membros do grupo.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un
dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado.Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, a avaliación será un 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.



















Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número
de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta
materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na
cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica
para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e
sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,
e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir
borradores.

Débese
facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos
empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de
plástico na entrega dos mesmos.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1.    Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2.    Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado.
3.    A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).


Fontes de información
Bibliografía básica Díaz, M. y Giráldez, A. (Coord.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical.. Barcelona:Graó
Bosch, C., Puig Rovira, J.M. y Battle, R. (2007). Aprendizaje servicio: educar para la ciudadanía. Octaedro
A.A.V.V. (2007). Competencias en educación musical. . Eufonía. Didactica de la Música 41
Coll, C. (Coord.) (2011). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria.. Barcelona:Graó
Zaragozá, J.l. (2009). Didáctica de la Música en la educación secundaria. Barcelona:Graó
Gillanders, C. (2001). Educar en la música. Música y Educación, 4(48), 33-48
Deeely, S.J. (2016). El aprendizaje-servicio en educación superior: teoría, práctica y perspectiva crítica. Narcea
Santos Rego, M.A., Lorenzo Moledo, M. y Mella Núñez, I. (2021). El aprendizaje-servicio y la educación universitaria: hacer personas competentes. Octaedro
Polo Martínez, I. y Puestas Bescós, G. (2017). Guía para le elaboración de una programación didáctica en las etapas de Educación Secundaria Obligatoria. Avances en supervisión educativa, 27
Giráldez, A. (2011). Música. Complementos de formación curricular.. Barcelona:Graó
Giráldez, A. (Coord.) (2011). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas.. Barcelona:Graó
Chao-Fernández. R. (2021). Pautas básicas para a elaboración dunha unidade didáctica. En Muñoz-Cantero, J. M. y Espiñeira-Bellón, E. VIIª Edición pílulas formativas de apoio para a elaboración e presentación do TFG/TFM. Servicio de publicaciones UDC
Polo Martínez, I. (2016). Tiempos de resultados de aprendizaje. Avances en supervisión educativa, 26

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías