Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: a Metodoloxía e Avaliación Código 652610A22
Titulación
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 8
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Castro Alonso, Vicente
Correo electrónico
vicente.castro@udc.es
Profesorado
Castro Alonso, Vicente
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
vicente.castro@udc.es
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten un carácter integral no sentido de integrar as aprendizaxes desenvolvidas nos módulos para o profesorado de Música de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. Durante o seu desenvolvemento trataremos de achegarnos ás estratexias de Deseño de unidades de traballo e a autoavaliación das mesmas, para buscar a mellora continua do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao tempo que nos aproximamos á dinámica dos métodos de traballo, afondando nos curriculums das distintas materias que integran a especialidade, traballando con recursos didácticos propios da área e buscando métodos de organización racional destes dentro da aula.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización
A16 (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
A17 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A19 (CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes
A24 (CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialización e plantexar alternativas e solucións.
A28 (CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A30 (CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CP1
Dominar a expresión e a compresión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro. CP2
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CP3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CP4
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse. CP6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CP7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CP8
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización AP15
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas. AP16
(CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. AP17
(CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares. AP18
(CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. AP19
(CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. AP20
(CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. AP21
(CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. AP24
(CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes AP22
(CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. AP25
(CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. AP26
(CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialización e plantexar alternativas e solucións. AP27
(CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. AP28
(CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE). AP30

Contidos
Temas Subtemas
Principios metodolóxicos na Educación Musical.
Principios metodolóxicos na Educación Musical.
Didáctica dos diferentes contidos curriculares na Educación Musical. Didáctica dos diferentes contidos curriculares na Educación Musical.
Recursos e materiais curriculares na Educación Musical. Recursos e materiais curriculares na Educación Musical.
Medios de comunicación e TIC na Educación Musical. Medios de comunicación e TIC na Educación Musical.
Os principios de transversalidade, interdisciplinariedade e atención á diversidade na Educación Musical. Os principios de transversalidade, interdisciplinariedade e atención á diversidade na Educación Musical.
A avaliación dos procesos de ensino/aprendizaxe na Educación Musical. A avaliación dos procesos de ensino/aprendizaxe na Educación Musical.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A20 A22 C7 C8 40 10 50
Sesión maxistral A15 A16 A17 A18 A19 A24 20 30 50
Traballos tutelados A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C3 C4 C6 15 40 55
Presentación oral A28 C1 C2 C3 C4 5 5 10
Aprendizaxe servizo A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C4 C6 C7 C8 20 10 30
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecmentos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
As actividades, nesta materia, serán abordadas de forma interdisciplinar, xa que formarán parte dun proxecto global de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que será desenvolvido globalmente xunto a outras asignaturas do itinerario de Música.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Descrición
O profesorado da materia fará o seguemento e supervisión dos traballos realizados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A20 A22 C7 C8 Feed de Autoavaliación (memoria) dos obradoiros realizados na aula, a título individual (Prf. Vicente Castro): 66.7%
- O Feed será complementado a través da aula virtual (moodle).
- A falta de asistencia aos obradoiros (alumnado con dispensa académica) será paliada a través de lecturas específicas proporcionadas, a efectos de poder cubrir o Feed.

Desenvolvemento dunha actividad de Creatividade Musical en grupos de traballo (Prf. Vicente Castro): 33.3%
- A xustificación curricular e descripción metodolóxica por escrito da proposta será entregada a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
30
Traballos tutelados A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C3 C4 C6 Desenvolvemento dunha Unidade Didáctica en grupos de traballo (Prfa. Rocío Chao): 100%
- A entrega da actividade realizarase a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
20
Presentación oral A28 C1 C2 C3 C4 Posta en práctica dunha actividade de Creatividade Musical en grupos de traballo (Prf. Vicente Castro): 25%
- Requírese da participación activa de todos os integrantes durante a experiencia na aula.
- A falta de asistencia á experiencia (alumnado con dispensa académica) será paliada a través dunha exposición telemática ao profesor e/ou ao resto do alumnado.

Orfeización, clase invertida e percusión corporal (Prf. Aurelio Chao): 75%
- Requírese da participación activa de todos os integrantes durante a experiencia na aula.
40
Aprendizaxe servizo A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Desenvolvemento da planificación metodolóxica da proposta de Aprendizaxe e Servizo (ApS) na materia "Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: a Metodoloxía e Avaliación" (Prfa. Rocío Chao): 100%
- A súa avaliación levarase a cabo a través da Unidade Didáctica.
- A falta de asistencia durante a planificación metodolóxica da proposta de Aprendizaxe e Servizo (alumnado con dispensa académica) será paliada a través dun breve traballo escrito relativo á devandita metodoloxía no ámbito da ensinanza musical.
10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media. A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado. Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, terá un peso do 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.



















Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número
de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.
No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta
materia, se o profesorado detecta plaxio nalgún traballo, suporá un
0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión
Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e
sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,
e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir
borradores.

Débese
facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos
empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de
plástico na entrega dos mesmos.

Evitaráse
a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.


Fontes de información
Bibliografía básica Mercado,F., Causil, A. y Naranjo, A. (2019). Aprendizaje Basado en Proyectos y el desarrollo de competencias: una experiencia desde el?aula de clase.??. Editorial académica española
Díaz, M. y Giráldez, A. (Coord.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical.. Graó
Bosch, C., Puig Rovira, J.M. y Battle, R. (2007). Aprendizaje servicio: educar para la ciudadanía. Octaedro
Vergara Rodríguez, J.J. (2016). Aprendo porque quiero: el Aprendizaje Basado en Proyectos (ABP), paso a paso.?. S.M.
A.A.V.V. (2007). (2007). Competencias en educación musical.. Eufonía. Didactica de la Música 41
Coll, C. (Coord.) (2011). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria.. Graó
Zaragozá, J.l. (2009). Didáctica de la Música en la educación secundaria. Graó
Gillanders, C. (2001). Educar en la música. Música y Educación, 4(48), 33-48
Deeely, S.J. (2016). El aprendizaje-servicio en educación superior: teoría, práctica y perspectiva crítica. Narcea
Santos Rego, M.A., Lorenzo Moledo, M. y Mella Núñez, I. (2021). El aprendizaje-servicio y la educación universitaria: hacer personas competentes. Octaedro
Martín Murga, M. (2018). El trabajo por proyectos. Una vía para el aprendizaje activo.. Santillana
Vázquez-Sánchez, R. y Chao-Fernández, R. (2017). Enfoque innovador para el desarrollo de la destreza investigadora en el aula de música de secundaria. Tecnos
Chao-Fernández. R. (2005). Fundamentos didácticos de los métodos pedagógicos del siglo XX a la actualidad. . Servicio de publicaciones Conservatorio profesrional de Villalba
Vázquez-Sánchez, R., Felpeto-Guerrero, A. y Chao-Fernández, R. (2022). Instalaciones sonoras como recurso educativo desde la perspectiva docente, en Franco-Vázquez, et al. (Eds.)?(2022). Educación artística para el cambio. . Peter Lang
Trujillo, F. (2012). La enseñanza basada en proyectos. Una propuesta eficaz para el aprendizaje y el desarrollo de las competencias básicas.. Eufonía (55), 7-15
Casals, A., Vilar, M. y Ayats, J. (2008). La investigación-acción colaborativa: reflexiones.. Electrónica Complutense de Investigación en Educación Musical, V. 5 Núm 4, 1-17.
Chao-Fernández, R. y López Fernández, C. (2021). Método de frauta doce sobre pezas de tradición oral. . Servicio de publicaciones UDC
Gillanders, C. , Candisano, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. . Música y Educación: revista trimestral de pedagogía musical, 24(87)
Giráldez, A. (2011). Música. Complementos de formación curricular.. Graó
Giráldez, A. (2011). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas.. Graó
Vergara Rodríguez, J.J. (2018). Narrar el aprendizaje. La fuerza del relato en el Aprendizaje Basado en Proyectos. S.M.
Chao-Fernández. R. (2022). Pautas básicas para a elaboración dunha unidade didáctica. En Muñoz-Cantero, J. M. y Espiñeira-Bellón, E. VIIª Edición pílulas formativas de apoio para a elaboración e presentación do TFG/TFM. Gitiaes y Giace
Castro Alonso, V., Chao-Fernández, A. y Pérez-Crego, C. (2021). Siguiendo las “reglas del juego”: la aleatoriedad e indeterminación como casilla de salida de la composición en el aula. DIGILEC: Revista Internacional de Lenguas y Culturas, 8, 1-20
Castro Alonso, V. (2021). Tras la estela pedagógica de Schönberg: el dodecafonismo como medio de composición musical en el aula de Secundaria. DIGILEC: Revista Internacional de Lenguas y Culturas, 7, 29-48
Vergara Rodríguez, J.J. (2021). Un aula, un proyecto: el ABP y la nueva educación a partir de 2020.?. Narcea
Castro Alonso, V. y Chao Fernández, R. (2020). Valores cohesivos de la creación musical en el aula. Estudio intercultural a través del gamelán indonesio. ARTSEDUCA, 29(29), 181-194

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O profesorado facilitará a bibliografía que estime oportuna ao longo do curso.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

La entrega de los trabajos se realizará telemáticamente, en la plataforma correspondiente, si no fuese posible, no deben emplearse plásticos, elegir la impresión a doble cara, emplear papel reciclado y evitar imprimir borradores. Debe hacerse un uso sostenible de los recursos y la prevención de impactos negativos sobre el medio natural y tener en cuenta la importancia de los principios éticos relacionados con los valores de la sostenibilidad en los comportamientos personales y profesionales. En la materia se incorporará la perspectiva de género y se trabajará para fomentar y, en su caso, modificar prejuicios y actitudes sexistas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías