Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música Código 652610E5I
Titulación
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a investigación en Música e a formación do profesorado na innovación didáctica. Trátase de coñecer aqueles proxectos de innovación que achegan novas metodoloxías e recursos para o proceso de ensino e aprendizaxe da Música. Ademais, os instrumentos derivados da investigación didáctica serán o fío condutor para a realización dun autodiagnóstico por parte do futuro profesorado e dun proceso de análise e evolución dos seus coñecementos en Didáctica da Música. O obxectivo é mellorar o enfoque, a toma de decisións sobre temas relativos aos modelos de ensino-aprendizaxe, á selección e secuenciación de contidos e actividades, a través da análise dos materiais procedentes dos proxectos innovadores na área musical.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Manteránse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través do Teams.

*Metodoloxías docentes que se modifican.
Non é preciso modificar ninguna metodoloxía.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
En caso de situacións de alarma, atenderase ao alumnado en horario de titorías, e noutros horarios, tanto a través do correo electrónico como da plataforma TEAMS.
4. Modificacións na avaliación.
Non hai modifiacións, xa que está prevista unha avaliación continua. A correspondente presentación do traballo final farase de forma virtual.

*Observacións de avaliación:
Non hai

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non hai modificacións


Competencias do título
Código Competencias do título
A25 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A28 (CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
(CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. AP25
(CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. AP26
(CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. AP28
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CP4
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse. CP6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CP8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CP1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CP3

Contidos
Temas Subtemas
Liñas de investigación no campo da Educación Musical. - Principios básicos da Investigación e a Innovación en Educación Musical.
- Investigación e Innovación na aprendizaxe musical nas aulas de Educación Secundaria.
- A Educación musical como intersección de diferentes disciplinas.

Proxectos e experiencias de investigación e innovación en Educación Musical a nivel autonómico e estatal. - Perspectivas actuais na investigación en educación musical autonómica e estatal.
- Análise dos métodos pedagóxicos musicais xurdidos no século XX, a súa vixencia na realidade educativa actual e as súas posibles adaptacións.
- Deseño e desenvolvemento de proxectos interdisciplinares.
Proxectos e experiencias de investigación e innovación en Educación Musical a nivel internacional. - Perspectivas actuais na investigación en educación musical autonómica e estatal.
- Análise de experiencias de investigación e innovación en educación Musical a nivel internacional.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 1 7 8
Aprendizaxe colaborativa A25 A26 A28 C1 C3 C4 4 1 5
Presentación oral C1 C3 C4 2 6 8
Sesión maxistral A25 A28 C1 4 16 20
Análise de fontes documentais A25 A26 A28 C8 1 6 7
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando presentar, analizar e tirar conclusións sobre o problema investigado, o documento ou a experiencia abordada
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecmentos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesorado da materia fará o seguemento e supervisión dos traballos realizados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A25 A26 A28 C8 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 25
Traballos tutelados A25 A26 A28 C1 C3 C4 C6 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación e á innovación educativa. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. 30
Aprendizaxe colaborativa A25 A26 A28 C1 C3 C4 Trátase de implicarse non só no propio proceso educativo, sino tamén no dos compañeiros, logrando unha sinerxia que enriqueza a aprendizaxe colectiva. 25
Presentación oral C1 C3 C4 Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando expor conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 20
 
Observacións avaliación
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado. Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das
clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o
alumnado, por unha proba individual. Neste caso, terá un peso do 60% e o
traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota
igual ou superior a 5 sobre 10.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a
redución de puntos sobre a nota obtida.
En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún
traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado
á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.
Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara, e papel
reciclado, evitando imprimir borradores.
Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible
na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Fontes de información
Bibliografía básica Chao-Fernández, R.; Mato-Vázquez, D. y López-Pena, V. (2015). Beneficios de la música en conductas disruptivas en la adolescencia. . Revista Electrónica Actualidades Investigativas en Educación. 15(3),1-24.
Abreu, D. y Moura, M. (2014). Construção de instrumentos teórico-metodológicos para captar a formação de professores. Educação e pesquisa. . Educação e pesquisa. 40(2), 401-414
Gadner, H. (1998). Inteligencias Múltiples.. Barcelona: Paidós.
Díaz, M. (2012). Investigamos, luego avanzamos. . Revisa Electrónica d´Investigació Educativa y Socioeducativa, nº 2, 68-76.
Chao-Fernández, R.; Mato-Vázquez, D. y López-Pena, V. (2015). La formación musical del profesorado especialista en los CEIP gallegos. Revista Portuguesa de Educação, 28 (2), 111-131.
Fonseca Mora, C. y Toscano Fuentes, C. M. (2012). La música como herramienta facilitadora del aprendizaje del inglés como lengua extranjera.. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 24 (2), 197-213
Alonso-Jartín, R. y Chao-Fernández, R. (2018). Creatividad en el aprendizaje instrumental: lenguaje metafórico, velocidad del procesamiento cognitivo y cinestesia. Creatividad y sociedad (28) 7-30.
González Barroso, M. M. (2015). (2015). Cualidad interdisciplinar de la Música en Educación Primaria: una propuesta metodológica.. Dedica. Revista de Educaçao e Humanidades, (7), 65-83.
Raventós, J. (2013). El enfoque etnográfico en educación musical. En M. Díaz y A. Giráldez (coodr.) Innvestigaciíon cualitativa en educación musical. Pp 39-56.. Barcelona:Graó
Vázquez-Sánchez, R. y Chao-Fernández, R. (2017). Enfoque innovador para el desarrollo de la destreza investigadora en el aula de música de secundaria. En Padilla, G. (Coord.),Perspectivas formativas universitarias, 437-450. . Madrid: TECNOS
Chao-Fernández, R., Felpeto-Guerrero, A. y Vázquez-Sánchez, R. (2019). Experiencia de creación del MOOC “música para el siglo XXI: aportaciones del sotfware libre a la educación musical”, en De la Torre Fernández, E. (ed.) (2009): Contextos universitarios transformadores. A Coruña: Cufie. Universidade da Coruña
Bergmann, J., & Sams, A. (2012). Flip Your Classroom: Reach Every Student in Every Class Every. Virginia: ASCD.
Llopis, E. (2011). Hacer música...para comprometerse con la realidad. Érik.. Eufonía, 51, 34.43.
Bernabé, Mª del M. (2012). Importancia de la música como medio de comunicación intercultural en el proceso educativo.. Teoría de la educación. Revista interuniversitaria, 24 (2), 107-127.
Goleman, D. (). Inteligencia Emocinal. Barcelona: Kairós
Díaz, M. y Giráldez, A. (2013). Investigación cualitativa en educación musical . Barcelona:Graó
Lines, D.K. (2009). La educación musical en la cultura contemporánea. En D.K. Lines, (comp.). La educación musical para el nuevo milenio.. Madrid: Morata
Trujillo, F. (2012). (2012). La enseñanza basada en proyectos. Una propuesta eficaz para el aprendizaje y el desarrollo de las competencias básicas. . Eufonía (55), 7-15.
Braslavsky, C. (2001). La escuela como máquina de educar. Tres escritos sobre un proyecto de. Barcelona: Paidós.
Chao-Fernández, R. (2018). La incidencia de la formación musical en el cerebro. I Congreso Mundial de Educación, Innovación e Investigación Investigativa. Educa 2018
Imbernón, F. (2012). La investigación sobre y con el profesorado. La repercusión en la formación del profesorado, ¿cómo se investiga? . Revista Electrónica de Investigación Educativa, 14(2), 1-9.
Casals, A., Vilar, M. y Ayats, J. (2008). La investigación-acción colaborativa: reflexiones. Electrónica Complutense de Investigación en Educación Musical, V. 5 Núm 4, 1-17.
Regelski, T.A (2009). (2009). La música y la educación musical: Teoría y práctica para “marcar una diferencia". En D.K. Lines (comp.). La educación musical para el nuevo milenio, pp. 21-47.. Madrid: Morata
Alcázar, A.J. (2010). La pedagogía de la creación musical, otro enfoque de la educación musical.. Eufonia. Didáctica de la música,49,81-92
Arriaga, C. y Riaño, Mª E. (2017). La práctica musical desde la reflexión y la acción en la formación inicial del profesrado.. ENSAYOS. Revista de la Facultad de Educación de Albacete, Nº 32-1, 2017, (17-32)
Fernández-Carrión, M. (2011). Música y matemáticas: conexiones curriculares para un mayor éxito educativo. . http://recursostic.educacion.es/artes/
Allsup, R. E. (2003). Mutual learning and democratic action in instrumental music education.. Journal of Research in Music Education, 51 (1), 24-37.
Arriaga, C.; Cabedo, A.; Díaz, M. y Riaño, M.E. (2014). Práctica reflexiva e innovación educativa. Un estudio sobre el patrimonio musical en la formación docente. En Investigaciones en el contexto universitario actual. Orense: Educación editora.
Atkinson, P., & Coffey, A. (2003). Revisiting the relationship between participant observation. Inside interviewing: New lenses, new concerns, 415-428.
Levitin, D. (2011). Tu recebro y la música. El estudio científico de una obsesión humana. Barcelona: RBA
Felpeto-Guerrero, A. y Chao-Fernández, R. (2019). “El mapa sonoro como herramienta para conocer nuestro entorno. Estudio de caso de la ciudad milenaria de Lugo”, en Costa, O. y Gisbert, V. (2019): Creatividad Musical en Educación. Estudios científico. Valencia: ADD.
Chao-Fernández, R., Vázquez-Sánchez, R. y Felpeto-Guerrero, A. (2019). “Mentoría entre iguales. Experiencia piloto entre alumnos de Música de Master y Doctorado en la Universidade da Coruña”, en De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019): Contextos universitarios transformad. A Coruña: Cufie. Universidade da Coruña

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías