Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Función titorial e orientación académica Código 652611002
Titulación
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Rebollo Quintela, Nuria
Correo electrónico
nuria.rebollo@udc.es
Profesorado
Rebollo Quintela, Nuria
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Correo electrónico
nuria.rebollo@udc.es
m.rodicio@udc.es
Web http://https://guiadocente.udc.es/docencia/professor/
Descrición xeral Esta materia aborda a orixe e os principios da orientación e da titoría, así como as funcións e as actividades titoriais a desempeñar, xunto cas situacións específicas da titoría. Así mesmo, ofrece mecanismos e estratexias para a planificación da acción titorial.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non procede

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, coa única modificación de que se pasa a unha docencia online, a través das plataformas da UDC.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Preferentemente a través de correo electrónico, Moodle e plataforma de teleformación.
Realizarase a petición do alumnado alomenos unha vez á semana.

4. Modificacións na avaliación
Ningunha

*Observacións de avaliación: Se realizará de xeito online, si é preciso

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A7 (CE-G7)Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, tutoría e orientación académica e profesional
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A10 (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A12 (CE-G12)Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A30 (CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
A34 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A37 (CE-P6) Exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias (OE)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Distinguir e aplicar os diferentes recursos e estratexias para a acción titorial. AP5
AP7
AP9
AP12
AP26
AP30
AP34
CM1
CM3
CM4
CM7
Tranferir o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse, aplicando os principios éticos á práctica profesional e persoal AP26
AP34
CM1
CM3
CM4
CM7
Participar no deseño, implantación, seguemento e avaliación do plan de acción titorial (PAT) do centro, poñendo en práctica as competencias sociais para traballar en equipo e salvaguardar os obstáculos que vaian xurdindo AP7
AP9
AP34
CM1
CM3
CM4
CM7
Enumerar as funcións do titor en relación ao alumnado, familias e resto do profesorado e analizar o que isto conleva. AP5
AP10
AP37
CM1
CM4
CM7
Definir a orientación e a titoria e as súas relacións, así como describir e identificar o modelo institucional galego de orientación. AP5
AP9
AP10
AP37
CM1
CM3
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Titoría e orientación Aproximación conceptual e relacións
O modelo institucional galego de orientación Aspectos organizativos e funcionais dos servicios de orientación
Funcións e actividades titoriais * Cos estudantes
* Coas familias
* Cos compañeiros
Planificación da acción titorial O Plan de Acción Titorial (PAT)
A titoría en situacións específicas * No módulo de formación en centros de traballo.
* Nos programas de cualificación profesional inicial.
* Nos programas de diversificación curricular.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A5 A30 A37 1 8 9
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 1 11 12
Proba mixta A5 A7 A9 A10 A30 A34 A37 1 5 6
Presentación oral A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 2 5 7
Sesión maxistral A5 A7 A9 A10 A30 A34 C4 3 0 3
Aprendizaxe colaborativa A7 C1 C3 C4 5 7 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Portafolios do alumno É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e
cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno.
O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Exposición oral complementada con el uso de medios audiovisuales y la introducción de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
Se precisará un seguimento persoal do traballo desenrolado no marco do portafolios xa que será unha peza clave na avaliación final.
Así mesmo, se traballará de xeito directo cos pequenos grupos que se formen para desenvover os traballos propostos.
Como mecanismos de atención personalizada ao alumnado, se empregará preferentemente o de correo electrónico, Moodle e a plataforma de teleformación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. 30
Proba mixta A5 A7 A9 A10 A30 A34 A37 Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (o 50% da cualificación da proba) e preguntas de desenvovemento con resposta breve (50% da proba). 40
Presentación oral A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 Consistirá na presentación do traballo suxerido. 30
 
Observacións avaliación

Para que os estudantes poidan ser avaliados segundo a
planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do
80%.

 

Para superar a materia deberán aprobar a proba mixta e o
portafolios grupal. No portafolios, a avaliación pode ser diferente para cada
membro do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación amosado por
cada persoa. Na presentación oral, deberán participar todos/as os/as
integrantes do grupo para poder ser avaliados/as. No caso de non aprobar unha
delas, a cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos
(correspondendo cun 10 no portafolios).

 

O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS SESIÓNS
INTERACTIVAS, deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que será o
100% da cualificación final. É preciso ter superadas as diferentes partes que
compoñan o mesmo.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios
de avaliación que a primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Uruñuela, P.M. (2016). Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia. Madrid: Narcea
Rodicio García, M.L. (2012). Diseño y evaluación de programas de orientación educativa.. Madrid: Biblioteca Nueva
Anaya Nieto, D. y Suárez Riveiro, J.M. (2010). Evaluación de la satisfacción del profesorado. REOP, 21 (2), 283-294
Rodicio García, M.L. (2009). La función tutorial y la formación profesional en las instituciones laborales.. Madrid: Biblioteca Nueva
Comellas, M.J (2002). Las competencias del profesorado para la acción tutorial. Barcelona: Praxis
Martín,E. y Mauri, T. (Coords.) (2011). Orientación Educativa. Atención a la diversidad y educación I. . Barcelona: Graó
Martín, E. y Solé, I. (Coords) (2011). (2011). Orientación Educativa. Modelos y estrategias de intervención.. Barcelona: Graó
Sobrado, L., Fernández, E. y Rodicio, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas.. Madrid: Biblioteca Nueva
Grañeras, M. e Parras, A. (2008). Orientación Educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas.. Madrid: CIDE
Martín, E. y Onrubia, J.(coords.) (2011). Orientación educativa: procesos de innovación y mejora de la enseñanza. Barcelona: Graó
Blanchard Giménez, M. (1997). Plan de acción tutorial en la E.S.O.. Madrid. Narcea
Repetto Talavera, E. (2001). Tu futuro Profesional.(Una planificación de la Tutoría para cada etapa educativa de 10-18 años.). Ed CEPE. Libro del Profesor y Libro dek alumno.
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y orientación educativa. Madrid:Wolters Kluwer

Bibliografía complementaria (). .
Santana, L. E. y Feliciano, L. A. (206). La construcción de la acción tutorial desde las coordenadas de la investigación colaborativa.. Revista de Educación, 340, 943-971.

Santana, L. E. y Feliciano, L. A. (2006). La construcción de la acción tutorial desde las coordenadas de la investigación colaborativa. Revista de Educación, 340, 943-971.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías