Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Pedagoxía. socioloxía e psicoloxía das artes plásticas e visuais Código 652611B11
Titulación
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Suarez Brandariz, Roberto
Correo electrónico
r.sbrandariz@udc.es
Profesorado
Suarez Brandariz, Roberto
Correo electrónico
r.sbrandariz@udc.es
Web
Descrición xeral A complexidade do aprendizaxe das artes plásticas e visuais é un continum no tempo. Esa viaxe debe ser desenrrolada ca titoría dos futuros docentes, nunha relación de ida e volta.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A10 (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de introducir a perspectiva da educación para o desenvolvemento nas propostas de animación á educación visual desenvolvidas nas aulas combinando, deste xeito, o carácter lúdico e de goce que a plástica debe proporcionar, xunto cunha actitude crítica e comprometida coa realidade que nos rodea. AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP9
AP10
AP11
CM3
CM4
CM7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:
Sistemas de representación
* Sistema Diédrico.
* Sistema Cónico
BLOQUE II:
Creación dun obxeto artístico
* Como vemos dun xeito diferente algo habitual?

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A3 73 0 73
Prácticas de laboratorio A4 C7 10 0 10
Lecturas A2 A5 A6 A9 A10 A11 C3 1 8 9
Aprendizaxe servizo A10 C4 15 0 15
Sesión maxistral C4 12 0 12
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro No taller de plástica se orientan os distintos caminos.
Prácticas de laboratorio Prácticas multidisciplinares
Lecturas Selección de textos de lectura obligatoria
Aprendizaxe servizo Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
Desenvolverase unha acción socioeducativa de investigación e sensibilización sobre o dereito ao hábitat na cidade da Coruña. Servíndose da cartografía social, tratarase de visibilizar as realidades de persoas inmigrantes e persoas sen fogar respecto da cuestión estudada.
Sesión maxistral Exposición clásica de contidos

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas de laboratorio
Descrición
Seguimento personalizado dos procesos que leva cada alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 Seguimento do traballo diario 70
Aprendizaxe servizo A10 C4 Avaliarase a calidade do servizo realizado así como as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso, a través do diario de campo que cada grupo deberá realizar de cada unha das derivas / saídas de campo, e dun breve informe de autoavaliación final.

O servizo será avaliado polo profesorado implicado e por parte da entidade colaboradora (ASF), no que respecta a:

- Información recollida na cartografía social.

- Imaxes do dereito ao hábitat seleccionadas.

- Textos elaborados para cada imaxe.
30
 
Observacións avaliación

Entendendo o proceso creativo como unha secuencia ligada o tempo, non se pode entender a avaliación como un proceso simplemente cuantitativo, senon como un punto de chegada a un determinado estadio que implica unha relación entre o alumnado e o profesorado diferente da tradicional. A capacidade de reflexión e autocrítica debe indicarnos máis que unha simple avaliación clásica.

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe,
non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais.


Fontes de información
Bibliografía básica

Agra, MJ (1999) O ESPAZO DA ARTE NA EDUCACIÓN. Santiago de Compostela, USC

Calaf, R. y otros (2010) CÓMO ENSEÑAR ARTE EN LA ESCUELA. Madrid

Izquierdo Asensi (1990) GEOMETRIA DESCRIPTIVA. Ed. Dossat, Madrid

Careri, Francesco (2013) WALKSCAPES. El andar como práctica estética. Ed. GG Madrid

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Asistencia/participación activa, compromiso, solidaridade, responsabilidade, autocrítica, ENTUSIASMO!!!!!



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías