Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) As tecnoloxías da información e comunicación nas artes plásticas e visuais Código 652611B12
Titulación
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Calviño Santos, Guillermo Francisco
Correo electrónico
guillermo.calvino@udc.es
Profesorado
Calviño Santos, Guillermo Francisco
Correo electrónico
guillermo.calvino@udc.es
Web http://www.udc.es/sotanodelarte
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non cambian

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Semanalmente. Segundo a necesidade do alumando.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
– A profundidade do contido.
– O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
– O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
– A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
– A presentación e a claridade da exposición.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
– As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Os materiais de traballo da materia estarán dispoñibles en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A8 (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Xestionar fontes de información baseadas en novos medios tecnolóxicos. Crear, edita e compartir material de apoio educativo mediante novas tecnoloxías. AP4
CM3
Coñecer as novas tecnoloxías da información e as comunicacións e o seu uso diario no ensino das artes plásticas e visuais. AP2
Desenvolver actividades de aula co uso de novas tecnoloxías, controlando procesos e obtendo resultados verificables. AP5
AP6
AP8
CM3
Coñecer contextos e situacións en que se utilizan ou aplican os diversos contidos curriculares. AP4
CM3
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. AP9
CM3
Coñecer e aplicar propostas didácticas innovadoras no campo da especialización. AP11
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver os problemas que deben enfrontar. AP5
CM6
Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Compartir os recursos e materiais. Os recursos elaborados por outros docentes
2. Materiais propios das novas tecnoloxías. Diferenzas cos tradicionais. Os materiais tradicionais e os de nova creación. Diferenzas e similitudes.
3. Elaboración de recursos en colaboración a distancia. Elaboración de recursos para compartir a través da rede.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A5 A6 C3 2 6 8
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A8 A9 C6 C8 8 10 18
Obradoiro A2 A5 C3 C6 C8 7 22 29
Discusión dirixida A11 1 1 2
Presentación oral A2 A5 A8 C8 3 3 6
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise de plataformas de comunicación que comparten recursos e materiais.
Aprendizaxe colaborativa Elaboración de entornos de comunicación e colaboración
Obradoiro Elaboración de estratexias de comunicación. Adecuación aos destinos establecidos.
Discusión dirixida Tratar os temas en colaboración e discusión común.
Presentación oral Defensa e debate sobre o traballo desenvolvido.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Estudo de casos
Descrición
Trato directo con cada alumno sobre as propostas particulares. Busca da dirección correcta.
Traballo colaborativo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A8 A9 C6 C8 Capacidade de traballar en conxunto obtendo resultados axeitados aos fines propostos. 30
Obradoiro A2 A5 C3 C6 C8 Traballo en colaboración na aula e a través das redes sociais. 50
Estudo de casos A5 A6 C3 Valoración da análise dos contios alleos. 20
 
Observacións avaliación
A avaliación atenderá a consecución dos obxectivos propostos. No caso do presente módulo, a avaliación versará sobre a capacidade de comunicación didáctica e artística do traballo do alumno.
Trátase agora de integrar axeitadamente o realizado no módulo de recursos e materias nunha plataforma de eficaz comunicación.
A adecuación dos productos elaborados ao fin proposto e as súas potencialidades de difusión e aproveitamento colaborativo.

Para iso, a avaliación será continua e mediante a presentación de traballos. O alumnado con dispensa académica, será avaliado mediante exame.


Fontes de información
Bibliografía básica
Plataformas web de comunicación educativa. Decretos curriculares das materias da especialidade. Programacións didácticas de departamentos de artes.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño curricular e didáctica das artes plásticas e visuais/652611B21

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías