Identifying Data 2023/24
Subject (*) Curriculum design and didactics in plastic and visual arts Code 652611B21
Study programme
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Macho Eiras, Javier
E-mail
javier.macho@udc.es
Lecturers
Macho Eiras, Javier
Mesías Lema, José María
E-mail
javier.macho@udc.es
jose.mesias@udc.es
Web http://http://arte-facto.org/
General description A finalidade de calquer proxecto formativo, así como o plantexamento desta materia, debe implicar aos estudantes nun proceso de aprendizaxe persoal que traspase os créditos da materia, para dotalos dunha estrutura metodolóxica que lles permita desenvolver a súa futura profesión de forma creativa como profesores e profesoras de educación secundaria. Precisamente, o motor desta proposta docente é brindar oportunidades de aprendizaxe, de descubrimento de novos saberes, de experimentación e coñecemento dos fenómenos artísticos na educación, en base as motivacións do alumnado. Ademáis, a intención desta materia é que o alumnado entenda o ensino como un proceso artístico, con carácter propio.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A7 (CE-G7)Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, tutoría e orientación académica e profesional
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A10 (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A12 (CE-G12)Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
AJ1
AJ2
AJ3
AJ4
AJ5
AJ6
AJ7
AJ9
AJ10
AJ11
AJ12
AJ15
AJ16
AJ18
AJ20
AJ25
CC3
CC4
CC7
AJ1
AJ2
AJ3
AJ4
AJ5
AJ6
AJ7
AJ9
AJ10
AJ11
AJ12
AJ15
AJ16
AJ18
AJ20
AJ25
CC3
CC4
CC7
Promover no alumnado as capacidadesde planificación da docencia en contextos particulares e a súa aplicación na aula. AJ1
AJ2
AJ3
AJ4
AJ5
AJ6
AJ7
AJ9
AJ10
AJ11
AJ12
AJ15
AJ16
AJ18
AJ20
AJ25
CC3
CC4
CC7

Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE 1:
A EDUCACIÓN DAS ARTES PLÁSTICAS VISUAIS COMO OBXECTO DE ESTUDIO.
Concepto interdisciplinar da Educación Artística. Perspectiva histórica da Educación Artística. Teorías da evolución artística en E. Secundaria. Teorías do ensino da arte. Procesos de aprendizaxe artístico en Secundaria. Campos de aprendizaxe: productivo, critico e cultural.
BLOQUE II:
ARTE CONTEMPORÁNEA E CULTURA VISUAL COMO DETONANTE DA DIDÁCTICA DAS ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS
Arte contemporánea e cultura visual. Estética relacional e cultura visual na etapa da E. Secundaria. Instalacións, net-art, video-art, performance, etc. Posmodernidade na arte contemporánea e na educación. Museos e artistas. Departamentos de Educación dos museos. Obradoiros artísticos nos museos.
BLOQUE III:
DESEÑO CURRICULAR EN SECUNDARIA
Deseño curricular de secundaria.Lexislación vixente. Programacións e Unidades Didácticas.
Adapatción a contextos específicos.
Desenvolvemento de competencias clave e competencias profesionais.
BLOQUE IV:
O CURRICULO ARTISTICO BASEADO EN PROXECTOS.
Metodoloxía a/r/tography. Elaboración e exemplificación de proxectos artográficos en E. Secundaria.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A2 A5 A6 A9 A10 A11 A12 C3 1 10 11
Research (Research project) A4 20 0 20
Guest lecture / keynote speech C4 6 0 6
Supervised projects A1 A3 A6 20 17 37
Collaborative learning A7 A15 A16 A18 A20 A25 C7 12 12 24
Workshop A3 20 20 40
 
Personalized attention 12 0 12
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Selección de textos básicos de lectura obrigatoria para a realización dos diferentes proxectos propostos.
Research (Research project) Elaboraranse tres proxectos artísticos ao longo da materia, un de carácter individual e dous de carácter grupal.
Guest lecture / keynote speech Exposición dos contidos que conforman a Educación Artística como obxecto de estudo.
Supervised projects Elaboración de proxectos do alumno coa colaboración do docente
Collaborative learning Colaboración entre os estudante na elaboración de proxectos.
Workshop Levarase a cabo diferentes obradoiros artisticos que irán conformando cada un dos proxectos que ten que presentar o estudante.

Personalized attention
Methodologies
Workshop
Research (Research project)
Description
A realización dos proxectos conleva un seguimento personalizado por parte do profesor acerca dos procesos que cada estudante levará a cabo.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A3 Momentos de trabajo presencial con el profesor que implican una participación obligatoria por parte del alumno. 50
Research (Research project) A4 Avaliación dos tres proxectos, individual + 2 grupais. 50
 
Assessment comments

Sen dúbida, existen infinidade de formas e maneiras de avaliar, tantas como metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Nesta guía docente plantexouse a educación como un proceso artístico, polo que a avaliación que aquí se plantexa, coherentemente, mana desde esta perspectiva. Deste xeito, tal e como plantexa Eisner (1995: 188), "a avaliación é unha ferramenta educativa mediante a cal pode exercerse a intelixencia profesional en beneficio dos estudantes". Isto ven a demostrar que avaliar é cuestión de dous implicados: estudantes e o profesor, polo que os criterios deben ser reflexionados e acordados en grupo. Ademáis, en ocasións se lles pedirá ao alumnado que elaboren autoavaliacións, mediante unha reflexión persoal e crítica dos procesos que experimentaron.Como se pode intuir, esta materia implica un compromiso forte do estudante co seu propio proceso de aprendizaxe artístico. Deste xeito a asistencia a clase resulta necesaria, non como unha obrigación -que tamén o é no espazo europeo de educación superior-, dado que os procesos viviranse na propia aula e o transcurso da materia írase construindo entre todos. A asistencia non é un formalismo, senón que se exise a participación activa e crítica do alumno dentro da aula.Tendo en conta esto, como criterios de calificación, haberá que aprobar todos os proxectos por separado para superar a materia. Na calificación final, a parte da nota media obtida nos tres proxectos, de maneira cualitativa terase MOI EN CONTA o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo do curso.

Para iso, a avaliación será continua e mediante a presentación de traballos. 

Plaxio: aplícase o artigo 14.4 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 
2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado. 
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na segunda oportunidade, deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballose/ou proba).


Sources of information
Basic Calaf, R. & Fontal, O. (2010). CÓMO ENSEÑAR ARTE EN LA ESCUELA. Madrid: Síntesis
Marín Viadel, R. (2003). DIDÁCTICA DE LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA. Madrid: Pearson Education
Marín Viadel, R. (2000). DIDÁCTICA DE LA EXPRESIÓN PLÁSTICA O EDUCACIÓN ARTÍSTICA. Madrid: Síntesis
Mesías, J.M. (2019). EDUCACIÓN ARTÍSTICA SENSIBLE. Cartografía contemporánea para arteducadores. Barcelona:Graó
Eisner, E. (1995). EDUCAR LA VISIÓN ARTÍSTICA. Barcelona: Paidós
Eisner, E. (2004). EL ARTE Y LA CREACIÓN DE LA MENTE. Barcelona: Paidós
Acaso, M. (2006). EL LENGUAJE VISUAL. Barcelona: Paidós
Huerta, R. (2001). ESPIRITU DE TRASATLÁNTICO, CONDICIÓN DE PATERA. Revista Aula, nº 106.
Mirzoeff, N. (2003). INTRODUCCIÓN A LA CULTURA VISUAL. Barcelona: Paidós
Agra, M.J (2007). LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA EN LA ESCUELA. Barcelona: Graó
Acaso, M. (2009). LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA NO SON MANUALIDADES. Madrid: Catarata
Efland, Freedman & Stuhr (2003). LA EDUCACIÓN EN EL ARTE POSMODERNO. Barcelona: Paidós
Agra, M.J (2003). LA FORMACIÓN ARTÍSTICA Y SUS LUGARES. Educación Artística, Revista de Investigación.
Agra, M.J (1999). O ESPAZO DA ARTE NA EDUCACIÓN. Santiago de Compostela: USC.

 

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Asistencia, participación activa, compromiso, responsabilidade, autoexisencia;e moita ilusión por aprender novas metodoloxías.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.