Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Deseño curricular e didáctica das artes plásticas e visuais Código 652611B21
Titulación
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Macho Eiras, Javier
Correo electrónico
javier.macho@udc.es
Profesorado
Macho Eiras, Javier
Mesías Lema, José María
Correo electrónico
javier.macho@udc.es
jose.mesias@udc.es
Web http://http://arte-facto.org/
Descrición xeral A finalidade de calquer proxecto formativo, así como o plantexamento desta materia, debe implicar aos estudantes nun proceso de aprendizaxe persoal que traspase os créditos da materia, para dotalos dunha estrutura metodolóxica que lles permita desenvolver a súa futura profesión de forma creativa como profesores e profesoras de educación secundaria. Precisamente, o motor desta proposta docente é brindar oportunidades de aprendizaxe, de descubrimento de novos saberes, de experimentación e coñecemento dos fenómenos artísticos na educación, en base as motivacións do alumnado. Ademáis, a intención desta materia é que o alumnado entenda o ensino como un proceso artístico, con carácter propio.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A7 (CE-G7)Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, tutoría e orientación académica e profesional
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A10 (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A12 (CE-G12)Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP9
AP10
AP11
AP12
AP15
AP16
AP18
AP20
AP25
CM3
CM4
CM7
AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP9
AP10
AP11
AP12
AP15
AP16
AP18
AP20
AP25
CM3
CM4
CM7
Promover no alumnado as capacidadesde planificación da docencia en contextos particulares e a súa aplicación na aula. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP9
AP10
AP11
AP12
AP15
AP16
AP18
AP20
AP25
CM3
CM4
CM7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1:
A EDUCACIÓN DAS ARTES PLÁSTICAS VISUAIS COMO OBXECTO DE ESTUDIO.
Concepto interdisciplinar da Educación Artística. Perspectiva histórica da Educación Artística. Teorías da evolución artística en E. Secundaria. Teorías do ensino da arte. Procesos de aprendizaxe artístico en Secundaria. Campos de aprendizaxe: productivo, critico e cultural.
BLOQUE II:
ARTE CONTEMPORÁNEA E CULTURA VISUAL COMO DETONANTE DA DIDÁCTICA DAS ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS
Arte contemporánea e cultura visual. Estética relacional e cultura visual na etapa da E. Secundaria. Instalacións, net-art, video-art, performance, etc. Posmodernidade na arte contemporánea e na educación. Museos e artistas. Departamentos de Educación dos museos. Obradoiros artísticos nos museos.
BLOQUE III:
DESEÑO CURRICULAR EN SECUNDARIA
Deseño curricular de secundaria.Lexislación vixente. Programacións e Unidades Didácticas.
Adapatción a contextos específicos.
Desenvolvemento de competencias clave e competencias profesionais.
BLOQUE IV:
O CURRICULO ARTISTICO BASEADO EN PROXECTOS.
Metodoloxía a/r/tography. Elaboración e exemplificación de proxectos artográficos en E. Secundaria.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A2 A5 A6 A9 A10 A11 A12 C3 1 10 11
Investigación (Proxecto de investigación) A4 20 0 20
Sesión maxistral C4 6 0 6
Traballos tutelados A1 A3 A6 20 17 37
Aprendizaxe colaborativa A7 A15 A16 A18 A20 A25 C7 12 12 24
Obradoiro A3 20 20 40
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Selección de textos básicos de lectura obrigatoria para a realización dos diferentes proxectos propostos.
Investigación (Proxecto de investigación) Elaboraranse tres proxectos artísticos ao longo da materia, un de carácter individual e dous de carácter grupal.
Sesión maxistral Exposición dos contidos que conforman a Educación Artística como obxecto de estudo.
Traballos tutelados Elaboración de proxectos do alumno coa colaboración do docente
Aprendizaxe colaborativa Colaboración entre os estudante na elaboración de proxectos.
Obradoiro Levarase a cabo diferentes obradoiros artisticos que irán conformando cada un dos proxectos que ten que presentar o estudante.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A realización dos proxectos conleva un seguimento personalizado por parte do profesor acerca dos procesos que cada estudante levará a cabo.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 Momentos de trabajo presencial con el profesor que implican una participación obligatoria por parte del alumno. 50
Investigación (Proxecto de investigación) A4 Avaliación dos tres proxectos, individual + 2 grupais. 50
 
Observacións avaliación

Sen dúbida, existen infinidade de formas e maneiras de avaliar, tantas como metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Nesta guía docente plantexouse a educación como un proceso artístico, polo que a avaliación que aquí se plantexa, coherentemente, mana desde esta perspectiva. Deste xeito, tal e como plantexa Eisner (1995: 188), "a avaliación é unha ferramenta educativa mediante a cal pode exercerse a intelixencia profesional en beneficio dos estudantes". Isto ven a demostrar que avaliar é cuestión de dous implicados: estudantes e o profesor, polo que os criterios deben ser reflexionados e acordados en grupo. Ademáis, en ocasións se lles pedirá ao alumnado que elaboren autoavaliacións, mediante unha reflexión persoal e crítica dos procesos que experimentaron.Como se pode intuir, esta materia implica un compromiso forte do estudante co seu propio proceso de aprendizaxe artístico. Deste xeito a asistencia a clase resulta necesaria, non como unha obrigación -que tamén o é no espazo europeo de educación superior-, dado que os procesos viviranse na propia aula e o transcurso da materia írase construindo entre todos. A asistencia non é un formalismo, senón que se exise a participación activa e crítica do alumno dentro da aula.Tendo en conta esto, como criterios de calificación, haberá que aprobar todos os proxectos por separado para superar a materia. Na calificación final, a parte da nota media obtida nos tres proxectos, de maneira cualitativa terase MOI EN CONTA o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo do curso.

Para iso, a avaliación será continua e mediante a presentación de traballos. 

Plaxio: aplícase o artigo 14.4 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 
2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado. 
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na segunda oportunidade, deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballose/ou proba).


Fontes de información
Bibliografía básica Calaf, R. & Fontal, O. (2010). CÓMO ENSEÑAR ARTE EN LA ESCUELA. Madrid: Síntesis
Marín Viadel, R. (2003). DIDÁCTICA DE LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA. Madrid: Pearson Education
Marín Viadel, R. (2000). DIDÁCTICA DE LA EXPRESIÓN PLÁSTICA O EDUCACIÓN ARTÍSTICA. Madrid: Síntesis
Mesías, J.M. (2019). EDUCACIÓN ARTÍSTICA SENSIBLE. Cartografía contemporánea para arteducadores. Barcelona:Graó
Eisner, E. (1995). EDUCAR LA VISIÓN ARTÍSTICA. Barcelona: Paidós
Eisner, E. (2004). EL ARTE Y LA CREACIÓN DE LA MENTE. Barcelona: Paidós
Acaso, M. (2006). EL LENGUAJE VISUAL. Barcelona: Paidós
Huerta, R. (2001). ESPIRITU DE TRASATLÁNTICO, CONDICIÓN DE PATERA. Revista Aula, nº 106.
Mirzoeff, N. (2003). INTRODUCCIÓN A LA CULTURA VISUAL. Barcelona: Paidós
Agra, M.J (2007). LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA EN LA ESCUELA. Barcelona: Graó
Acaso, M. (2009). LA EDUCACIÓN ARTÍSTICA NO SON MANUALIDADES. Madrid: Catarata
Efland, Freedman & Stuhr (2003). LA EDUCACIÓN EN EL ARTE POSMODERNO. Barcelona: Paidós
Agra, M.J (2003). LA FORMACIÓN ARTÍSTICA Y SUS LUGARES. Educación Artística, Revista de Investigación.
Agra, M.J (1999). O ESPAZO DA ARTE NA EDUCACIÓN. Santiago de Compostela: USC.

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Asistencia, participación activa, compromiso, responsabilidade, autoexisencia;e moita ilusión por aprender novas metodoloxías.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías