Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Iniciación á investigación educativa Código 652611E52
Titulación
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral Neste curso pretendemos que o estudante do máster se familiarice cos diferentes tipos de investigacións no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademáis, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: sesión maxistral, traballos tutelados, proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican: presentación oral - realizarase una presentación non presencial, facendo uso dos medios tecnolóxicos a disposición do alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) só no horario de clase e titorías.. - Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado para dúbidas e cuestións relacionadas cos contidos da materia 4. Modificacións na avaliación; non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar e entregar o traballo tutelado na data prevista ao inicio das clases. Considérase "alumnado no asistente" aquel que non comprise co requisito de asistencia antes de iniciarse o confinamento, así como aquel que non entregue nas datas previstas as actividades. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece e comprende a estrutura básica do proceso de investigación e dos seus elementos clave, entendendo a súa importancia no proceso de ensino-aprendizaxe. AP19
AP24
CM6
CM8
Comprende e identifica as diferentes fases e actividades que requiere a actividade investigadora, así como as diversas metodoloxías e técnicas básicas necesarias para o desenvolvemento do proceso investigador AP19
AP24
AP28
CM6
CM8
Deseña e planifica propostas e deseños metodolóxicos acordes coa temática concreta que queiran investigar a partir dunha reflexión previa sobre a súa adecuación e viabilidade AP28
AP35
CM3
CM8
Comprende e valora a importancia da investigación na sociedade actual e o emprego de diversidade de metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación. AP24
AP28
CM3
CM4
CM6
CM8
Demostra e promove unha actitude aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común AP35
CM1
CM4
CM5
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A24 C6 C7 C8 5 0 5
Proba mixta A19 A24 C1 C8 1 10 11
Traballos tutelados A28 A35 C3 C4 C8 6 18 24
Presentación oral A28 C1 C5 C8 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.

A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación.
Proba mixta Proba de avaliación de coñecemento que poderá integrar preguntas de ensaio (abertas ou de desenvolvemento) e preguntas de tipo obxectivo (selección múltiple, de resposta múltiple, discriminación, completar e/ou asociación).
Traballos tutelados Elaborarase un proxecto de investigación sobre unha temática suxerida polos/as estudantes e que estea no marco da titulación que están a cursar. Cada una das partes do traballo a realizar será abordada teóricamente nas sesións expositivas previamente a fin de que o traballo sirva para reforzar os contidos teóricos, e os contidos teóricos sexan un apoio para a elaboración do traballo práctico por parte do/da estudante.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado (en grupos de 4-6 persoas) e el docente interactúan dun modo ordenado onde, nun primeiro momento, o grupo expón dun xeito orixinal e innovador a súa proposta de investigación e, en segundo lugar, a docente poderá propoñer cuestións, solicitar aclaracións de aspectos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para desenvolver a proposta de proxecto de investigación que se plantexa como actividade central na asignatura, os estudantes contarán co apoio do docente. Para isto, se realizarán titorías tanto presenciais como virtuais e poderán plantexarse as dúbidas de forma individual ou grupal.


Pero ademáis, durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1.30 h. de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento do proxecto. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A28 A35 C3 C4 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal e será entregado na data indicada polo docente o primeiro día de clase. 50
Proba mixta A19 A24 C1 C8 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia.

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta.
30
Presentación oral A28 C1 C5 C8 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é obrigatoria (80%). Tendo en conta a posible
existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla
co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación
segundo o réxime de adicación do alumnado: 

(a) Alumnado asistente: o que cumpra co requisito de
asistencia dun 80% (sesións teóricas e prácticas). Será avaliado seguindo os
criterios propostos para a "Avaliación" da materia, sendo necesario
que realice o traballo tutelado (50%), a presentación oral (20%) e a proba
mixta (30%). Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de
avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das
partes, a calificación final será de 4 puntos. 

(b) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial:
atendendo á norma que regula o régimen de adicación ao estudo e a permanencia e
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da
Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos
4, 5 e 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue ao
docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade terá que presentar a
proposta de proxecto investigador que será valorada cun 50% da calificación
final da materia (o prazo máximo de entrega será o mesmo que para os seus
compañeiros/as asistentes) e terá que realizar o exame da proba mixta, cuxa
calificación será o 50% da nota final. Debe acadar o 50% da calificación en
cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non
acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 


(c) Alumnado non asistente: aquel que non cumpre co requisito de
asistencia mínimo do 80%. Será avaliado únicamente a través da proba mixta, se
bien esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%) referida a preguntas
sobre os contidos prácticos da materia e a outra (50%) na que se avalíen os
contidos teóricos. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das
metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50%
nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 

Os traballos serán entregados fundamentalmente en
formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser
reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización
dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.

Fontes de información
Bibliografía básica Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. Colombia: INICIEN
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Madrid: Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fernández C., Hernández, R. y Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. México: Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.

Bibliografía complementaria Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. </p><p>Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. </p><p>Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.</p>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías