Identifying Data 2021/22
Subject (*) Iniciación á investigación educativa Code 652611E52
Study programme
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 2
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Pérez Crego, María Cristina
E-mail
cristina.pcrego@udc.es
Lecturers
Pérez Crego, María Cristina
E-mail
cristina.pcrego@udc.es
Web
General description Neste curso pretendemos que o estudante do máster se familiarice cos diferentes tipos de investigacións no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademáis, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: sesión maxistral, traballos tutelados, proba obxectiva. *Metodoloxías docentes que se modifican: presentación oral - realizarase una presentación non presencial, facendo uso dos medios tecnolóxicos a disposición do alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) só no horario de clase e titorías.. - Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado para dúbidas e cuestións relacionadas cos contidos da materia 4. Modificacións na avaliación; non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar e entregar o traballo tutelado na data prevista ao inicio das clases. Considérase "alumnado no asistente" aquel que non comprise co requisito de asistencia antes de iniciarse o confinamento, así como aquel que non entregue nas datas previstas as actividades. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñece e comprende a estrutura básica do proceso de investigación e dos seus elementos clave, entendendo a súa importancia no proceso de ensino-aprendizaxe. AJ19
AJ24
CC6
CC8
Comprende e identifica as diferentes fases e actividades que requiere a actividade investigadora, así como as diversas metodoloxías e técnicas básicas necesarias para o desenvolvemento do proceso investigador AJ19
AJ24
AJ28
CC6
CC8
Deseña e planifica propostas e deseños metodolóxicos acordes coa temática concreta que queiran investigar a partir dunha reflexión previa sobre a súa adecuación e viabilidade AJ28
AJ35
CC3
CC8
Comprende e valora a importancia da investigación na sociedade actual e o emprego de diversidade de metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación. AJ24
AJ28
CC3
CC4
CC6
CC8
Demostra e promove unha actitude aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común AJ35
CC1
CC4
CC5
CC6
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A19 A24 C6 C7 C8 5 0 5
Objective test A19 A24 C1 C8 1 10 11
Supervised projects A28 A35 C3 C4 C8 6 18 24
Oral presentation A28 C1 C5 C8 2 6 8
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.

A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo correspondentes ás fases do proceso de investigación.
Objective test Proba de avaliación de coñecemento con preguntas de tipo obxectivo (selección múltiple, de resposta múltiple, discriminación, completar e/ou asociación).
Supervised projects Elaborarase un proxecto de investigación sobre unha temática suxerida polos/as estudantes e que estea no marco da titulación que están a cursar. Cada una das partes do traballo a realizar será abordada teóricamente nas sesións expositivas previamente a fin de que o traballo sirva para reforzar os contidos teóricos, e os contidos teóricos sexan un apoio para a elaboración do traballo práctico por parte do/da estudante.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Oral presentation Exposición verbal a través da que o alumnado (en grupos de 4-6 persoas) e el docente interactúan dun modo ordenado onde, nun primeiro momento, o grupo expón dun xeito orixinal e innovador a súa proposta de investigación e, en segundo lugar, a docente poderá propoñer cuestións, solicitar aclaracións de aspectos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Para desenvolver a proposta de proxecto de investigación que se plantexa como actividade central na asignatura, os estudantes contarán co apoio do docente. Para isto, se realizarán titorías tanto presenciais como virtuais e poderán plantexarse as dúbidas de forma individual ou grupal.


Pero ademáis, durante o desenvolvemento das actividades prácticas, os grupos disporán de 1.30 h. de atención personalizada na aula, entendida como atención, supervisión e seguemento dos grupos de traballo, para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento do proxecto. Isto supón que o alumnado debe participar nas sesións prácticas de xeito activo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A28 A35 C3 C4 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Realizarase de forma grupal e será entregado na data indicada pola docente o primeiro día de clase. 50
Objective test A19 A24 C1 C8 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia.

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta.
30
Oral presentation A28 C1 C5 C8 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
 
Assessment comments

Primeria oportunidade:

A asistencia a clase é obrigatoria (80%). Tendo en conta a posible
existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla
co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación
segundo o réxime de adicación do alumnado: 

(a) Alumnado asistente: o que cumpra co requisito de
asistencia dun 80% (sesións teóricas e prácticas). Será avaliado seguindo os
criterios propostos para a "Avaliación" da materia, sendo necesario
que realice o traballo tutelado (50%), a presentación oral (20%) e a proba
mixta (30%). Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de
avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das
partes, a calificación final será de 4 puntos. 

(b) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial:
atendendo á norma que regula o régimen de adicación ao estudo e a permanencia e
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da
Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos
4, 5 e 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue ao
docente. O alumnado que se adhira a esta modalidade terá que presentar a
proposta de proxecto investigador que será valorada cun 50% da calificación
final da materia (o prazo máximo de entrega será o mesmo que para os seus
compañeiros/as asistentes) e terá que realizar o exame da proba obxectiva, cuxa
calificación será o 50% da nota final. Debe acadar o 50% da calificación en
cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. No caso de non
acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. 


(c) Alumnado non asistente: aquel que non cumpre co requisito de asistencia
mínimo do 80%. Será avaliado únicamente a través dunha proba mixta, se bien
esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%) referida a preguntas sobre os
contidos prácticos da materia e a outra (50%) na que se avalíen os contidos
teóricos. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de
avaliación para superar a materia. No caso de non acadar o 50% nalgunha das
partes, a calificación final será de 4 puntos.


 Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos
casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso
de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non
discriminatorio.


No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a
cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de
material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen
indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu
autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Segunda oportunidade:

















O alumando fará unha única proba na data do exame
oficial. Para superar a materia necesitará obter polo menos 5 puntos sobre os
10 posibles.


Sources of information
Basic Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. Colombia: INICIEN
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Madrid: Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fernández C., Hernández, R. y Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. México: Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.

Complementary Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.