Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Intervención Educativa sobre Problemas Fundamentais de Desadaptación Social Código 652811302
Titulación
Diplomado en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral No desenvolvemento desta materia preténdese que o estudantado:
• Reestructure as concepcións previas cuestionando as imaxes dominantes que, a modo de tópicos e de prexuízos, impregnan o campo da desadaptación social na actualidade.
• Apele á historia para descubrir as regras de constitución da chamada infancia inadaptada, así como as diferentes repostas institucionais que se deseñaron para atendela.
• Cuestione a aparente neutralidade das categorías creadas para designar este proceso social.
• Caracterice a evolución da educación social como unha praxe social cunha forte intencionalidade educativa con identidade propia, tomando unha actitude de apertura científica a respecto das contribucións da socioloxía, da pedagoxía, da filosofía, da psicoloxía etc.
• Desenvolva habilidades de reflexión, de análise e de síntese que garantan o compromiso ético nas súas propostas.
• Sinta a necesidade da investigación como base para o coñecemento e a transformación da realidade.
• Adquira unha maior concienciación acerca dos procesos de vulnerabilidade social.
• Desvele as teorías implícitas nos diversos informes, para interrogar aquilo que se dá por suposto acerca do que caracteriza a unha persoa normal e as formas correctas de pensar, sentir e comportarse.
• Identifique e someta a análise as ideoloxías que atravesan os discursos sociais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender a xenealoxía dos procesos históricos de consolidación da profesión e da intervención socioeducativa.
A2 Coñecer, analizar e valorar o marco da Educación Social e os modelos de carácter trasnacional, os desenvolvidos noutros países, especialmente no contexto europeo e iberoamericano.
A8 Coñecer as características dos contornos de intervención do/a educador/a social, da súa evolución e prospectiva, así como da súa configuración e regulamentación a través de institucións profesionais.
B9 Capacidade crítica e autocrítica.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as características dos contornos de intervención do/a educador/a social, da súa evolución e prospectiva, así como da súa configuración e regulamentación a través de institucións profesionais A8
Caracterizar a evolución da educación social como unha praxe social cunha forte intencionalidade educativa con identidade propia, tomando unha actitude de apertura científica a respecto das contribucións da socioloxía, de pedagoxía, de filosofía, de psicoloxía etc. A1
A2
B9
C6

Contidos
Temas Subtemas
NÚCLEO I: A historia do presente da xustiza xuvenil


TEMA 1.1. Antecedentes históricos relativos ás medidas de regulación e de control social da infancia e da xuventude abandonada e/ou delincuente.
TEMA 1.2. Perigo social, obrigatoriedade escolar e definición social de diferentes tipos de infancia.
NÚCLEO II: Desadaptación, delincuencia e vulnerabilidade social.

TEMA 2.1. Aproximación conceptual
TEMA 2.2. Perspectivas definitorias desadaptación social.
TEMA 2.3. Desviación, delito e orde social.
TEMA 2.4. Violencia, delito e vulnerabilidade
NÚCLEO III: Adolescentes socialmente conflitivos: propostas de acción socioeducativa

TEMA 3.1. Escenarios adolescentes: diferentes e desiguais
TEMA 3.2. Menores en desprotección e en conflito social: Marco lexislativo.
NÚCLEO IV: A Educación social no ámbito da vulnerabilidade social

TEMA 4.1. A educación especializada como antecedente da educación social.
TEMA 4.2. Principais problemas na definición do perfil profesional.
TEMA 4.3. Modelos de acción socioeducativa
NÚCLEO IV: Os proxectos como método de traballo - "O educador e a programación: unha experiencia concreta"
- "O proceso de intervención socioeducativa no caso dun menor en situación de risco social"
- "Experiencias socioeducativas en medio aberto"
- "A favor dos desfavorecidos"

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 0 187.5 187.5
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Desenvolver catro cuestións a modo de pregunta tema, tendo en conta as fontes de informacion recollidas na bibliografía básica. Puntuación máxima de 7 pto. (É necesario contestar minimamente a todas as preguntas).
Situar un proceso de vulnerabilidade social no marco lexislativo e conceptual. Puntuación máxima de 3 pto.
Ambas preguntas elaboraranse sen material.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
En horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta Desenvolver catro cuestións a modo de pregunta tema, tendo en conta as fontes de informacion recollidas na bibliografía básica. Puntuación máxima de 7 pto. (É necesario contestar minimamente a todas as preguntas).

Situar un proceso de vulnerabilidade social no marco lexislativo e conceptual. Puntuación máxima de 3 pto.

Ambas preguntas elaboraranse sen material.
100
 
Observacións avaliación


Fontes de información
Bibliografía básica

NÚCLEO I

VEGA, Amando(1989): “Aproximación histórica a la educación de los inadaptados sociales”. EnPedagogía de Inadaptados Sociales.Madrid: Narcea.

IGLESIAS, Ana(2005): “Xustiza xuvenil e perigosidade social. Unha historia do presente”. En Sarmiento. Anuario Galego de Historia daEducación.

VARELA, Julia eÁLVAREZ-URÍA, Fernando (1991): “Escuela de delincuentes”. En Arqueología de la escuela. Madrid: La Piqueta, páxs.235-259.

MINISTERIO DE JUSTICIA (1950): Tribunaltutelar de menores de la provincia deÁlava. XXV años de su vida 1923-1947. Vitoria, páxs. 67-87.

NÚCLEO II

VALVERDE, Jesús(1998): El Procesode Inadaptación social. Madrid: Popular, páxs. 13-34.

ORTE, Carme eMARCH, Martí (1996): “La inadaptación social: concepto y características”. En Pedagogía de la inadaptación social.Valencia:Nau Llibres, páxs. 26-45.

VARELA, Julia e ÁLVAREZ-URÍA, Fernando (1989): “ Violencia y delito” En Sujetos frágiles. Ensayos de sociologíade la desviación. Fondo de cultura económica: Paideia, páxs.117-143.

CASTEL, Robert(1996 ): “De la exclusión como estado a la vulnerabilidad como proceso”. En Archipiélago, nº 21, páxs.27-36.

MIGUEL, Ana De(1996): “Género y conducta desviada: estado de la cuestión” En Sociología de las relaciones de género, Institutode la Mujer.

NÚCLEO III

FEIXA, Carles(2003): “Generación @. La adolescencia en la era digital”. En Cuadernos de Pedagogía, nº 320, páxs.52-55.

FUNES, J.(2005):”El mundo de los adolescentes: propuestas para observar y comprender”.En Revista de Educación Social, nº 29, páxs.78-99.

IGLESIAS, Ana (2007): “Los efectos de la escolaridad en la configuración de lasidentidades: la justicia juvenil”. En BERGALLI, Roberto e RIVERA, Iñaki (Coords)Jóvenes y adultos. El difícil vínculosocial. Desafío(s)5. Anthropos.

IGLESIAS, Ana (2008): “Socialización familiar: entre o control e os afectos”.En Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza demenores en Galicia. Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña,páxs. 169-224.

NÚCLEO IV

NÚÑEZ, Violeta e PLANAS, Teresa (1997): “La educación social especializada.Historia y perspectivas: una propuesta metodológica”. En PETRUS, Antonio.(Coord.): Pedagogía Social. Barcelona:Ariel, páxs.103-129.

ORTEGA, José (1997): “Comunidad y educación social (Programa comunitario de prevención de la asociabilidad infanto-juvenil “ciudad educativa"). En PETRUS, Antonio. (Coord.): Pedagogía Social. Barcelona:Ariel, páxs.196-219.

AMORÓS, Pere eAYERBE, Pello (Ed.) (2000): “La intervención socioeducativa en un contextoinstitucional”. En Intervenciónsocioeducativa en inadaptación social. Madrid: Síntesis, páxs. 197-226.

ORDEN de 13 dejulio de 2005, por la que se aprueba el Proyecto Educativo Marco para loscentros de protección de menores en el ámbito de la Comunidad Autónomade Andalucía (BOJA nº 50 de 3 de agosto de 2005). En http://www.juntadeandalucia.es/boja/boletines

GARCÍA MOLINA, José(2005): “El proyecto educativo individualizado. Una propuestateórico-metodológica para el trabajo en Centros Residenciales de AcciónEducativa”. En LIRIO, Juan, Lametodología en Educación Social.Madrid: Dykinson, páxs. 285-308.

Proxectos

Ver no apartado de contidos o núcleo IV.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías