Identifying Data 2019/20
Subject (*) Theory of Education Code 652G01001
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Zapico Barbeito, Mª Helena
E-mail
helena.zapico@udc.es
Lecturers
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Zapico Barbeito, Mª Helena
E-mail
jose.malheirog@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web
General description A materia de Teoría da Educación pretende contribuír a preparar ás futuras mestras e mestres de Educación Infantil para ser profesionais críticas, para poder reflexionar sobre a súa práctica e as razóns últimas da súa actuación, así como para ser capaces de interpretar con criterio sólido as tendencias educativas actuais en relación ao contexto político, histórico e social no que se sitúan. Permite así ás alumnas e alumnos achegarse ao concepto de educación, as funcións sociais da escola, ou as grandes dimensións, fins e principios dos procesos educativos. Afonda asemade na análise dos dereitos da infancia, os movementos pedagóxicos contemporáneos e o estudo de innumerables correntes e teorías educativas que, dende unha perspectiva crítica e teórico-práctica, contribúen a ofrecer unha alternativa innovadora ao modelo escolar tradicional, apostando por outros xeitos de facer e pensar a educación.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A27 Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. Dominar as técnicas de observación e rexistro.Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización. A1
A13
A19
A28
A31
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. A4
A6
A23
A27
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. Traballar de forma colaborativa. Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B9
B14
B16
B18
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. A20
B2
C7
Aprender a aprender. Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Autonomía na aprendizaxe. Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. A5
A10
A22
A30
B7
B10
B22
B23
B24
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B4
B5
B12
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B1
C1
C2
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. A24
C4
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
1. Explicación e comprensión do feito educativo. - A Teoría da Educación: niveis de análise e planos explicativos.
- Ámbito conceptual: caracterización científica da educación.
- Natureza e funcións sociais da educación.

2. Dimensións, fins e principios da educación. - Dimensións presentes en toda práctica educativa.
- Fins, valores e principios deontolóxicos da educación.
- Relacións estruturais entre educación e sociedade. A institución escolar como produto social.
- Aproximación aos paradigmas en educación e movementos pedagóxicos contemporáneos.
3. O dereito á educación. - Educación e Estado Social: aspectos xerais do dereito á educación.
- Lexislación e dereito á educación: perspectiva nacional e internacional.
- Dereito á educación: igualdade, liberdade e calidade.
- A institucionalización da educación: os sistemas educativos nacionais.
4. A educación como proceso de comunicación interpersoal. - Comunicación e educación.
- A experiencia educativa de Reggio Emilia.
- Comunicación e saber profesional: O educador/a como profesional. Tensións e incertidumes do profesorado actual.
5. Educación ao longo da vida e sociedade educativa. - A educación ao longo da vida: concepto, necesidade e evolución histórica.
- Sociedade educativa: proxecto educativo de cidade; cidades amigas da infancia; etc.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A4 A5 A19 A27 A28 A31 B12 B1 C1 C2 14 0 14
Introductory activities A10 3 0 3
Document analysis A1 A4 A5 A13 A27 A28 A31 B4 B5 B9 B10 B14 B2 4 23 27
Critical bibliographical A13 A19 A22 A27 A28 A31 B4 B9 B10 B1 B2 C2 0 20 20
Case study A6 A13 A19 A23 A24 A30 B1 B2 3 10 13
Oral presentation A20 B7 B9 B10 B16 B23 B1 C7 C8 C1 C2 C7 4 5 9
Supervised projects A20 B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B24 B1 B2 C7 C8 C1 0 10 10
Student portfolio A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 0 10 10
Long answer / essay questions A1 A4 A6 A19 A27 A28 A31 C1 C2 2 10 12
Directed discussion A13 A20 B1 C4 C7 C1 C2 C7 6 0 6
Events academic / information B2 2 4 6
Aprendizaxe servizo A10 A19 A22 A23 A24 A20 B5 B9 B10 B1 B2 C2 C7 4 6 10
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral dos contidos da materia diante do alumnado, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a particiación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Introductory activities Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de carácter expositivo, por parte do profesor, nas que se presentará o programa da materia e a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Document analysis Análise crítica e reflexiva de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais, xornalísticos...), o que implica a identificación e comprensión dos aspectos clave en relación cos contidos da materia, co fin de interpretar e cuestionar a realidade que se nos amosa.
Critical bibliographical Proceso de lectura crítica dun libro, artigo ou calquera outro documento escrito. Comprende, ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza.
Case study Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Oral presentation Exposicións de traballos realizados tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte do docente. Tendo como referencia os contidos e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase en grupo (4-5 persoas) un traballo de ampliación sobre un dos 5 bloques temáticos, que contemplará a recensión dun libro, a busca e análise de novas de prensa, e/ou un estudo de caso sobre unha experiencia, un programa ou recurso relacionado.
Será preciso desenvolver, como mínimo, dúas sesións de titoría nas que presentar o guión do traballo e facer o seguimento do mesmo. As datas serán acordadas na aula.
Ademais de ser incluído no cartafol, cada grupo expoñerá nunha sesión interactiva o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
Student portfolio Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: notas de clase, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... De cada actividade recollerase ademais unha valoración sobre a práctica desenvolvida (contidos abordados, competencias adquiridas, metodoloxía aplicada...). Así mesmo, presentarase ao final unha autoavaliación individual do proceso de aprendizaxe, das competencias adquiridas, do grao de participación e implicación, do tempo dedicado...
O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor, na aula e no horario de titorías.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
Long answer / essay questions Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
Directed discussion En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Events academic / information Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Oral presentation
Case study
Student portfolio
Critical bibliographical
Description
Grupo A.
Para o desenvolvemento dos diferentes traballos (individuais ou en pequeno grupo) que se planteen durante o cuatrimestre, o alumnado contará coa orientación e o apoio do profesor durante as sesions interactivas, nas horas destinadas ás titorías de despacho (P0B16), a través do correo electrónico (jose.malheirog@udc.gal) ou, por último, na plataforma MOODLE.


Grupo B.
Para o desenvolvemento do traballo tutelado, a súa presentación oral e a realización do cartafol, será preciso participar, como mínimo, en dúas sesións de titorización, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A20 B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B24 B1 B2 C7 C8 C1 Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática, así como o estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso, etc. Tamén se poderá solicitar, de ser o caso, a análise de novas de prensa.
Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A súa entrega e avaliación terá lugar ao finalizar o cuadrimestre, sendo un traballo final de curso, que require dunha abordaxe completa e holística da materia.
25
Oral presentation A20 B7 B9 B10 B16 B23 B1 C7 C8 C1 C2 C7 A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
10
Long answer / essay questions A1 A4 A6 A19 A27 A28 A31 C1 C2 Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
40
Student portfolio A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos, aplicación á Educación Infantil...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais...
Na cualificación do cartafol, contémplase o traballo final (15 pto.) e a valoración individual da aprendizaxe e asistencia a clase (10 pto.).
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
Ao igual que acontece cos traballos tutelados e por formar estes parte do propio cartafol, a súa entrega e avaliación terá lugar igualmente ao finalizar o cuadrimestre, sendo por tanto un traballo final de curso, que require dunha abordaxe global e integral dos contidos da materia.
25
 
Assessment comments

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios de avaliación:

Grupo A:

- Proba de ensaio (50%)

- Recensión dun dos libros recomendados (20%)

- Traballos realizados en pequeno grupo (20%)

- Outros aspectos (Actitude, asistencia, interese amosado, etc.) (10%)

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación.

- No caso de ter estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma, arbitraranse as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI). 

Grupo B:

- Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica, que deberá ser acordado coa profesora a inicios de curso para a convocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para a convocatoria de xullo (30%). 

- Proba de ensaio (70%).

As pautas e criterios de avaliación están recollidas no Documento de Actividades de Avaliación colgado no Moodle.

4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%.


Sources of information
Basic

- Abelleira, Ángeles e Abelleira, Isabel (2017). Os fíos deinfantil. Vigo: Galaxia.

- Alonso, A.(2008). Las leyes educativas de la democracia. Descripción y contraste1985-2006. Acción educativa y Ministerio de Educación, Política Social yDeporte.

- Apple, M. e Beane, J.A. (1999). Escuelasdemocráticas. Madrid: Morata-Paideia.

- AsociaciónInternacional de Ciudades Educadoras (2004). Carta de Ciudades Educadoras.

- Ayuste, A. eoutros (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar ytransformar. Barcelona: Graó.

- Carbonell, J.(1996). La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona:Euma-Octaedro.

- Carbonell, J.(2001). La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Madrid: Morata.

- Carbonell, J.(2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.

- Caride, J. A. eMeira, P.A. (1996). O diálogo paradigmático na Educación Social. RevistaGalega de Educación, 27, 16-20.

- Carr, W. (1995).Una teoría para la educación. Hacia una investigación educativa crítica.Madrid: Morata.

- Colom, A.J. eNúñez, L. (2001). Teoría de la Educación. Madrid: Síntesis.

- Cuesta, R. (2005).Felices y escolarizados. Crítica de la escuela en la era del capitalismo.Barcelona: Octaedro.

- De Puelles, M.(2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.

- Delors, J.(1996). La educación encierra un tesoro. Madrid: Santillana. EdicionesUNESCO.

- Delval, J.(1990). Los fines de la educación. Madrid: Siglo XXI.

- Delval, J.(2002). La escuela posible. Barcelona: Ariel.

- Dewey, J.(1995). Democracia y educación. Madrid: Morata.

- DirecciónGeneral de Educación y Cultura (2004). Competencias para un aprendizaje a lo largo de la vida de 2005. Un marco de referencia europeo. Comisión Europea.

- Dubet, F.(2005). La escuela de las oportunidades. ¿Qué es una escuela justa?Barcelona: Gedisa.

- Esteve, J.Manuel (1994). El malestar docente. Barcelona: Paidós.

- Fernández Enguita, M. (1999). La escuela a examen. Madrid: Psicología Pirámide.

- Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid: Morata.

- Fernández, M.;Mena, L. e Riviere, J. (2010). Fracaso y abandono escolar en España.Barcelona: Obra Social Fundación “La Caixa”.

- Filho, L.(1992). Introducción al estudio de la Escuela Nueva. Buenos Aires:Kapelusz.

- Freinet, C.(1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna. Madrid: Siglo XXI.

- Freire, P. (2006).El grito manso. Buenos Aires: Siglo XXI.

- Gimeno, J.(2003). El alumno como invención. Madrid: Morata.

- Gimeno, J. (2005). La educación obligatoria: su sentido educativo y social . Madrid: Morata.

- Gimeno, J. e Carbonell, J. (coords.) (2003). El sistema educativo .Una mirada crítica .Barcelona: CISS-Praxis.

- Guerrero, A.(1996). Manual de sociología de la educación . Madrid: Síntesis.

- Imbernon, F.(coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Los retos del futuroinmediato . Barcelona: Graó.

- Kaplún, M.(1998). Una pedagogía de la comunicación . Madrid: Ediciones de la Torre.

- López López, Mª Rosario et al. (2009). Educar para convivir: xogos e obradoiros de educación para o desenvolvemento en primaria. Madrid: Los libros de la Catarata

- Makarenko, A. S.(1967). Poema pedagógico . Barcelona: Planeta.

- Malaguzzi, L. (2011). La educación infantil en Reggio Emilia . Barcelona: Octaedro.

- Martín Rodríguez,E. (1988). La supervisión educativa a la luz de las tradiciones y teoríascientíficas de la organización escolar . En Supervisión educativa(pp.47-67). Madrid: Uned.

- Merieu, P. (1998). Frankenstein educador . Barcelona: Laertes.

- Merieu, P.(2001). La opción de educar. Ética y pedagogía . Madrid: Octaedro.

- Meirieu, Philippe (2017). Carta a un profesor mozo . Pontevedra: Kalandraka.

- Morin, E. (2001). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro . Barcelona:Paidós.

- Nacións Unidas(1948). Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

- Negrín, O. eVergara, J. (2003). Teorías e Instituciones Contemporáneas de educación .Madrid: ICE e Ramón Areces.

- Neill, A. S.(1974). Summerhill. Un punto de vista radical en la educación de los niños .México: FCE.

- Puig, J. M. (cood.) (2009). Aprendizaje servicio (ApS). Educación y compromiso cívico . Barcelona: Graó.

- Puig, I. e Sátiro, A. (2000). Jugar a pensar con niños y niñas de 4 y 5 años . Barcelona: Octaedro.

- Salinas Ramos, Konsue (2014). Acercando la educación para el desarrollo a la escuela: una mirada internacional, una mirada local. Navarra: Gráficas Castuera

- Tiana, A.;Ossenbach, G. e Sanz, F. (coords.) (2002). Historia de la educación (EdadContemporánea) . Madrid: UNED.

- Torreblanca, J.(coord.) (2002). Los fines de la educación. Una reflexión desde la Izquierda .Madrid: Biblioteca Nueva.

- Torres, J.(2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid: Morata.

- Trilla, J.(coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del sigloXXI . Barcelona: Graó.

- Trillo, F.(1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacerescuela. Cuadernos de Pedagogía , 228, 70-74.

- Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos. Pontevedra: Kalandraka.

- Varela, J.(2007). Las reformas educativas a debate . Madrid: Morata.

- Villena Higueras, José Luis e Molina Fernández, Elvira (coords) (2015). Ciudades con vida: infancia, participación y movilidad. Barcelona: Graó

- VV.AA (1995). Volvera pensar la educación. Volumen I: Política, educación y sociedad . Madrid:Morata e A Coruña: Paideia.

- VV.AA. (2000). Pedagogíasdel siglo XX . Barcelona: CISS-Praxis.

Complementary

- Adorno, T. W.(1998). Educación para la emancipación. Madrid: Morata.

- Aldecoa, J.(1991). Historia de una maestra. Madrid: Anagrama.

- Almeida, J.(1995). Sociología de la educación. Notas para un curso. Barcelona:Ariel.

- Alumnos de laEscuela de Barbiana (1982). Carta a una maestra. Barcelona: Hogar delLibro.

- Álvarez-Uría, F.e Varela, J. (1991). Arqueología de la escuela. Madrid: La Piqueta.

- Álvarez-Uría, F.e Varela, J. (2009). Sociología de las instituciones: bases sociales yculturales de la conducta. Madrid: Morata.

- Apple, M. W(1996). Política cultural y educación. Madrid: Dykinson.

- Aubert, A.(2004). Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI.Barcelona: Graó.

- Ball, S.J.(Comp.) (2001). Foucault y la educación. Madrid: Morata, 4ª ed.

- Barreiro, H. eTerrón, A. (2005). La institución escolar: una creación del estado moderno.Barcelona: Octaedro.

- Bauman, Z.(2007). Los retos de la educación en la modernidad líquida. Barcelona:Gedisa.

- Benner, D.(1998). Pedagogía como ciencia. Teoría reflexiva de la acción y reforma dela praxis. Barcelona: Pomares-Corredor.

- Candedo, M.D. (coord.) (2013). A educación: dereito ou mercadoría?. Santiago de Compostela: Laiovento.

- Carreño, M.;Colmenar, C.; Egido, I. e Sanz, F. (2000). Teorías e institucionescontemporáneas de educación. Madrid: Síntesis.

- Casas, M. eBotella, J. (2003). La democracia y sus retos en el siglo XXI. Elementospara la formación democrática de los jóvenes. Barcelona: Praxis.

- Castillejo, J.L.; Vazquez, G.; Colom, A. J. e Sarramona, J. (1993). Teoría de laeducación. Barcelona: Taurus.

- Cela, J. ePalou, J. (1994). Con voz de maestro. Madrid: Celeste.

- Colom, A. J.(1997). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación.Barcelona: Ariel.

- Costa, A.(2009). A construción do coñecemento pedagóxico: antecedentes edesenvovementos no século XX. Santiago de Compostela: Universidade, Sevizode Publicacións e Intercambio Científico.

- De la Garza, MªT.(1995). Educación y democracia. Aplicación de la teoría de la comunicación ala construcción del conocimiento en el aula. Madrid: Visor.

- De Puelles, M.(1991). Educación e ideología en la España Contemporánea (1767-1975).Barcelona: Editorial Labor.

- Delgado, B.(1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.

- Delval, J.(2000). Aprender en la vida y en la escuela. Madrid: Morata.

- Díez, C. (2002).El piso de abajo de la escuela: los afectos y las emociones en el día a díade la escuela infantil. Barcelona: Graó.

- Escolano, A.(2002). La educación en la España contemporánea. Políticas educativas,escolarización y culturas pedagógicas. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Fernández Soria,J. M. (1996). Educación y Estado en la España contemporánea. Madrid,Síntesis

- Ferrer iGuardia, F. (1976). La Escuela Moderna. Madrid: Júcar.

- Ferrero, J. J.(1994). Teoría de la educación: Lecciones y lecturas. Bilbao,Universidad de Deusto

- Freire, P.(1970). Pedagogía del oprimido. Madrid: S.XXI.

- Freire, P.(1997). A la sombra de este árbol. Barcelona: El Roure.

- García Aretio,L. (1998). La Educación. Teorías y conceptos. Perspectiva integradora.Madrid: Paraninfo.

- García, J. eGarcía, A. (1996). Teoría de la educación. Salamanca: Universidad deSalamanca.

- Gómez RodríguezDe Castro, F. e outros (1998). Génesis de los sistemas educativos nacionales.Madrid: UNED.

- Guttman, A.(2001). La educación democrática. Una teoría política de la educación.Barcelona: Paidós.

- Halliday, J.(1995). Educación, gerencialismo y mercado. Madrid: Morata.

- Hargreaves, A.(1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Madrid: Morata.

- Illich, I.(1974). La sociedad desescolarizada. Barcelona: Seix Barral.

- Llopis, R.(2005). La revolución en la escuela. Dos años en la Dirección General dePrimera Enseñanza. Madrid: Biblioteca Nueva.

- McCourt, F.(2006). El profesor. Madrid: Maeva.

- Medina, R.;Rodríguez, T.; García, L. (1992). Teoría de la educación. Madrid: UNED.

- Moore, T. W.(1987). Introducción a la teoría de la educación. Madrid: Alianza.

- Negrín, O. eVergara, J. (2005). Antología de textos de Teorías e InstitucionesContemporáneas de educación. Madrid: Ramón Areces.

- Neill, A.S.(1994). El nuevo Summerhill. México: FCE.

- Palacios, J.(1988). La cuestión escolar. Críticas y alternativas. Barcelona: Laia.

- Pennac, D.(2008). Mal de escuela. Barcellona: Mondadori.

- Popkewitz, Th. S(1994). Sociología política de las reformas educativas. Madrid: Morata.

- Porto, A.S.(1986). La Institución Libre de Enseñanza en Galicia. Sada (A Coruña):Ediciós do Castro.

- Pozo, Mª M(2004). Teorías e Instituciones contemporáneas de educación. Madrid:Biblioteca Nueva.

- Rousseau, J.J.(1984). Emilio o de la educación. México: Porrúa. 9º edic.

- Ruiz, A. (2002).La escuela pública. El papel del Estado en la educación. Madrid: BibliotecaNueva.

- Savater, F.(1997). El valor de educar. Barcelona: Ariel.

- Santos Rego, M.A. (ed.) (2009). Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidady la calidad. Barcelona: Octaedro.

- Sánchez Arbós,M. (2005). Mi diario. Zaragoza: Diputación General de Aragón y Caja deAhorros de la Inmaculada.

- Sánchez Arbós,M. (2007). Una escuela soñada. Textos. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Sarramona, J.(2000). Teoría de la educación. Reflexión y normativa pedagógica.Barcelona: Ariel.

- Sarramona,J.;Colom, A.J.; Vázquez, G. (1998). Educación no formal. Barcelona: Ariel.

- Skinner, B.F.(1985). Walden Dos. Barcelona: Martínez Roca.

- Subirats, M.-Brullet, C. (1988). Rosa y azul. La transmisión de los géneros en la escuelamixta. Madrid: Instituto de la Mujer.

- Taibo, C. (dir.)(2010). Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana.Madrid: Catarata.

- Torres Santomé,J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata.

- Trilla, J.(1993). La educación fuera de la escuela. Barcelona: Ariel.

- Viñao Frago, A.(2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX.Madrid: Marcial Pons.

- VV.AA. (2003). Laparticipación de los padres y madres en la escuela. Barcelona: Graó.

Lexislación básica:

- Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 10 de decembro de 1948.

- Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos da Infancia (1989).

- Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

- Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade da Educación.

- Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Ma¡o, de Educación.

- Lei Orgánica 8/2013, de 10 de Decembro, para a Mellora da Calidade Educativa.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Grupo A:

  • Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da súa realización.
  • As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas son inamovibles.
  • Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.
  • Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor) e, de ser posible, impresos a dúas caras. Non é necesario entregalos encadernados, con fundas de plástico, aneis ou deseños similares. É aconsellable gardar unha copia dixital do orixinal que se entregue.
  • O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)

Grupo B:

  • É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 1 de outubro do ano en curso.
  • Non se admitirán traballos dos que a profesora non teña constancia da súa realización.
  • Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se atoparán colgadas no Moodle.
  • Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • En consonancia coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.