Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Teoría da educación Código 652G01001
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Suárez Canedo, Luís Román
Correo electrónico
luis.roman.suarez@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Suárez Canedo, Luís Román
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
luis.roman.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Teoría da Educación pretende contribuír a preparar ás futuras mestras e mestres de Educación Infantil para ser profesionais críticas, para poder reflexionar sobre a súa práctica e as razóns últimas da súa actuación, así como para ser capaces de interpretar con criterio sólido as tendencias educativas actuais en relación ao contexto político, histórico e social no que se sitúan. Permite así ás alumnas e alumnos achegarse ao concepto de educación, as funcións sociais da escola, ou as grandes dimensións, fins e principios dos procesos educativos. Afonda asemade na análise dos dereitos da infancia, os movementos pedagóxicos contemporáneos e o estudo de innumerables correntes e teorías educativas que, dende unha perspectiva crítica e teórico-práctica, contribúen a ofrecer unha alternativa innovadora ao modelo escolar tradicional, apostando por outros xeitos de facer e pensar a educación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A27 Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Precisar o concepto de educación. Coñecer a epistemoloxía das Ciencias da Educación e situar entre elas a Teoría da Educación Descubrir o impacto da teoría en toda práctica educativa. Analizar os fins sociais da educación e a función social da escola. A1
A13
A19
A31
B22
C4
Coñecer os principais paradigmas en educación. Describir os espazos e procesos educativos, como base para intervir na práctica. A1
A4
A5
A6
A10
A13
A19
A30
C8
Comprender a educación como dereito universal clave e a responsabilidade pública da súa garantía. Abordar as características do dereito á educación: igualdade, liberdade e calidade. Abordar a educación para a cidadanía global como estratexia educativa na promoción de marcos de xustiza, tolerancia, e na promoción doutros modelos de desenvolvemento. A13
A27
A31
B24
C4
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil. Descubrir metodoloxías educativas que promoven a autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. Analizar o papel das familias no proceso educativo. Analizar e reflexionar de forma crítica sobre as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación: as linguaxes audiovisuais e das pantallas; os cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. A4
A6
A19
A22
A23
A28
B4
B5
B12
C8
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. Traballar de forma colaborativa. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B9
B14
B16
B18
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. B7
B10
B12
B16
Aprender a aprender. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Importancia das Teorías da Educación como marco para o desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. A5
A10
A22
A30
B7
B10
B22
B23
B24
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B7
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. A24
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Explicación e comprensión do feito educativo. - A Teoría da Educación: niveis de análise e planos explicativos.
- Ámbito conceptual: caracterización científica da educación.
- Natureza e funcións sociais da educación.

2. Dimensións, fins e principios da educación. - Dimensións presentes en toda práctica educativa.
- Fins, valores e principios deontolóxicos da educación.
- Relacións estruturais entre educación e sociedade. A institución escolar como produto social.
- Aproximación aos paradigmas en educación e movementos pedagóxicos contemporáneos.
3. O dereito á educación. - Educación e Estado Social: aspectos xerais do dereito á educación.
- Lexislación e dereito á educación: perspectiva nacional e internacional.
- Dereito á educación: igualdade, liberdade e calidade.
4. A educación como proceso de comunicación interpersoal. - Comunicación e educación.
- Pedagoxías activas.
- A experiencia educativa de Reggio Emilia.
- A educación para a cidadanía global
- Comunicación e saber profesional: O educador/a como profesional.
5. Educación ao longo da vida e sociedade educativa. - A educación ao longo da vida: concepto, necesidade e evolución histórica.
- Sociedade educativa: proxecto educativo de cidade; cidades amigas da infancia; etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 A10 A19 A27 A28 A31 B12 B1 C1 C2 14 0 14
Actividades iniciais A10 3 0 3
Análise de fontes documentais A1 A4 A5 A13 A27 A28 A31 B4 B5 B9 B10 B14 B2 4 23 27
Estudo de casos A6 A13 A19 A23 A24 A30 B1 B2 3 10 13
Traballos tutelados B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 5 11 16
Portafolios do alumno A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 4 16 20
Discusión dirixida A13 A20 B1 C4 C7 C1 C2 C7 5 0 5
Proba mixta A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 C1 C2 2 14 16
Aprendizaxe servizo A1 A5 A6 A13 A22 A23 A28 B5 B7 B12 B16 B22 C4 4 20 24
Seminario A1 A13 A19 A27 A20 B24 2 0 2
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para motivar a reflexión e o diálogo aberto. O obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a particiación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe, ou ao inicio dos temas, a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Permite ao alumnado explorar a súa posición de partida en torno ao tema obxecto de estudo e incorporar cambios.
Análise de fontes documentais Análise crítica e reflexiva de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais, xornalísticos...), o que implica a identificación e comprensión dos aspectos clave en relación cos contidos da materia, co fin de interpretar e cuestionar a realidade que se nos amosa.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Traballos tutelados Traballo grupal que integra os contidos da materia en torno ao deseño dun proxecto de aprendizaxe servizo, fomentando a conexión entre a reflexión teórica e a práctica educativa.
A elaboración do proxecto implica tamén a presentación oral do traballo.
Portafolios do alumno Portafolio virtual no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: reflexións sobre aspectos relevantes da materia, discusións en foros, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, etc.
Discusión dirixida En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Proba mixta Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Consta de preguntas pechadas e preguntas de ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Seminario Actividade de intercambio con profesionais en exercizo ou con especialistas, nas que o alumnado entrará en contacto con experiencias innovadoras, e con dilemas, problemáticas e oportunidades da realidade de traballo nas escolas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Para o desenvolvemento dos diferentes traballos (individuais ou en pequeno grupo) que se plantexen durante o cuatrimestre, o alumnado contará coa orientación e o apoio do profesor/a durante as sesions interactivas, nas horas destinadas ás titorías no despacho, a través do correo electrónico, ou a través de Teams.

Para o desenvolvemento do traballo tutelado e a súa presentación oral, será preciso participar, como mínimo, nunha sesión de titorización, nas que facer o seguimento por parte da docente. Esta sesión será acordada coa docente.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 Traballo grupal que integra os contidos da materia en torno ao deseño dun proxecto de aprendizaxe servizo, fomentando a conexión entre a reflexión teórica e a práctica educativa.
A elaboración do proxecto implica tamén a presentación oral do traballo, que representará un 10% da nota total da materia, e que se realizará nunha sesión expositiva.
40
Portafolios do alumno A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 Portafolio vitual de carácter grupal composto polas actividades propostas no Moodle asociadas a cada un dos temas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Ao finalizar cada tema inclúese una actividade de valoración do proceso de aprendizaxe.
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A entrega de cada una das seccións do portafolio virá marcada polo desenvolvemento dos contidos da materia, dado que son actividades dirixidas a acompañar o proceso de aprendizaxe.
20
Proba mixta A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 C1 C2 Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Componse dunha primeira parte de preguntas de resposta pechada (asociación, resposta múltiple, etc.) ou breve (completar, resposta breve); e unha segunda parte de resposta tipo ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
40
 
Observacións avaliación

1.- Para poder ser
calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos
esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON
PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de
aprendizaxe.

2.- Para superar a materia é imprescindible ter acadado un mínimo de 25 sobre 50 nas probas individuais (proba mixta e traballos tutelados) e de 25 sobre 50 nos traballos en grupo (recensión, presentación e portafolio). En caso contrario, a cualificación
será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas
de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento
da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso
para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas,
non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,
establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas
circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios de
avaliación:

- Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía
básica, que deberá ser acordado coa profesora a inicios de curso para a
convocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para a
convocatoria de xullo (30%). 

- Proba mixta (70%).

As pautas e criterios de avaliación están recollidas no Documento
de Actividades de Avaliación
colgado no Moodle.

5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter
unha asistencia mínima do 80%. 


Fontes de información
Bibliografía básica

- Abelleira, Ángeles e Abelleira, Isabel (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Galaxia.

- Asociación Internacional de Ciudades Educadoras (2004). Carta de Ciudades Educadoras.

- Ayuste, A. e outros (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar y transformar. Barcelona: Graó.

- Carbonell, J. (1996). La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona: Euma-Octaedro.

- Carbonell, J. (2001). La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Madrid: Morata.

- Carbonell, J. (2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.

- Carr, W. (1995). Una teoría para la educación. Hacia una investigación educativa crítica. Madrid: Morata.

- Casares, P. e Soriano, A. (coords.) (2014). Teoría de la Educación. Educación Infantil. Madrid: Pirámide

- Colom, A.J. e Núñez, L. (2001). Teoría de la Educación. Madrid: Síntesis.

- Cuesta, R. (2005). Felices y escolarizados. Crítica de la escuela en la era del capitalismo. Barcelona: Octaedro.

- De Puelles, M.(2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.

- Delors, J.(1996). La educación encierra un tesoro. Madrid: Santillana. Ediciones UNESCO.

- Delval, J.(1990). Los fines de la educación. Madrid: Siglo XXI.

- Delval, J.(2002). La escuela posible. Barcelona: Ariel.

- Dewey, J.(1995). Democracia y educación. Madrid: Morata.

- Dubet, F.(2005). La escuela de las oportunidades. ¿Qué es una escuela justa? Barcelona: Gedisa.

- Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid: Morata.

- Fernández, M.;Mena, L. e Riviere, J. (2010). Fracaso y abandono escolar en España.Barcelona: Obra Social Fundación “La Caixa”.

- García. A. (2017). Otra educación es posible. Una introducción a las pedagogías alternativas. Albuixech: Litera.

- Filho, L.(1992). Introducción al estudio de la Escuela Nueva. Buenos Aires: Kapelusz.

- Freinet, C.(1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna. Madrid: Siglo XXI.

- Freire, P. (2006).El grito manso. Buenos Aires: Siglo XXI.

- Gimeno, J. (2003). El alumno como invención. Madrid: Morata.

- Gimeno, J. (2005). La educación obligatoria: su sentido educativo y social. Madrid: Morata.

- Kaplún, M.(1998). Una pedagogía de la comunicación. Madrid: Ediciones de la Torre.

- Llena Berñe, A. y Novella Cámara, A.(Coords.) (2018). Impulsar la participación infantil. Los consejos de infancia y adolescencia. Graó.

- Madrid, D. e Barcia, M. (coords.) (2017). Temas clave de educación infantil (0-6 años).

- Makarenko, A. S.(1967). Poema pedagógico. Barcelona: Planeta.

- Malaguzzi, L. (2011). La educación infantil en Reggio Emilia. Barcelona: Octaedro.

- Merieu, P. (1998). Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.

- Merieu, P.(2001). La opción de educar. Ética y pedagogía. Madrid: Octaedro.

- Meirieu, P. (2017). Carta a un profesor mozo. Pontevedra: Kalandraka.

- Morin, E. (2001). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Barcelona:Paidós.

- Negrín, O. e Vergara, J. (2003). Teorías e Instituciones Contemporáneas de educación. Madrid: ICE e Ramón Areces.

- Neill, A. S.(1974). Summerhill. Un punto de vista radical en la educación de los niños. México: FCE.

- Novella et al. (coords). (2014). Participación infantil y construcción de la ciudadanía (Vol. 43). Graó.

- Puig, J. M. (cood.) (2009). Aprendizaje servicio (ApS). Educación y compromiso cívico. Barcelona: Graó.

- Puig, I. e Sátiro, A. (2000). Jugar a pensar con niños y niñas de 4 y 5 años. Barcelona: Octaedro.

- Salinas Ramos, Konsue (2014). Acercando la educación para el desarrollo a la escuela: una mirada internacional, una mirada local. Navarra: Gráficas Castuera

- Santos, M. (2008). La educación como búsqueda. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Torreblanca, J.(coord.) (2002). Los fines de la educación. Una reflexión desde la Izquierda. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Trilla, J.(coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del sigloXXI . Barcelona: Graó.

- Trillo, F.(1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía, 228, 70-74.

- Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos. Pontevedra: Kalandraka.

- Varela, J. (2007). Las reformas educativas a debate. Madrid: Morata.

- Villena Higueras, José Luis e Molina Fernández, Elvira (coords) (2015). Ciudades con vida: infancia, participación y movilidad. Barcelona: Graó

- VV.AA. (2000). Pedagogías del siglo XX. Barcelona: CISS-Praxis

Bibliografía complementaria

- Adorno, T. W.(1998). Educación para la emancipación. Madrid: Morata.

- Aldecoa, J.(1991). Historia de una maestra. Madrid: Anagrama.

- Almeida, J.(1995). Sociología de la educación. Notas para un curso. Barcelona:Ariel.

- Alonso, A.(2008). Las leyes educativas de la democracia. Descripción y contraste1985-2006. Acción educativa y Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.

- Alumnos de laEscuela de Barbiana (1982). Carta a una maestra. Barcelona: Hogar delLibro.

- Álvarez-Uría, F.e Varela, J. (1991). Arqueología de la escuela. Madrid: La Piqueta.

- Álvarez-Uría, F.e Varela, J. (2009). Sociología de las instituciones: bases sociales yculturales de la conducta. Madrid: Morata.

- Apple, M. W. (1996). Política cultural y educación. Madrid: Dykinson.

- Apple, M. e Beane, J.A. (1999). Escuelas democráticas. Madrid: Morata-Paideia.

- Aubert, A.(2004). Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI.Barcelona: Graó.

- Ball, S.J.(Comp.) (2001). Foucault y la educación. Madrid: Morata, 4ª ed.

- Barreiro, H. eTerrón, A. (2005). La institución escolar: una creación del estado moderno.Barcelona: Octaedro.

- Bauman, Z.(2007). Los retos de la educación en la modernidad líquida. Barcelona:Gedisa.

- Benner, D.(1998). Pedagogía como ciencia. Teoría reflexiva de la acción y reforma dela praxis. Barcelona: Pomares-Corredor.

- Caride, J. A. e Meira, P.A. (1996). O diálogo paradigmático na Educación Social. RevistaGalega de Educación, 27, 16-20.

- Candedo, M.D. (coord.) (2013). A educación: dereito ou mercadoría?. Santiago de Compostela: Laiovento.

- Carreño, M.;Colmenar, C.; Egido, I. e Sanz, F. (2000). Teorías e institucionescontemporáneas de educación. Madrid: Síntesis.

- Casas, M. eBotella, J. (2003). La democracia y sus retos en el siglo XXI. Elementospara la formación democrática de los jóvenes. Barcelona: Praxis.

- Castillejo, J.L.; Vazquez, G.; Colom, A. J. e Sarramona, J. (1993). Teoría de laeducación. Barcelona: Taurus.

- Cela, J. ePalou, J. (1994). Con voz de maestro. Madrid: Celeste.

- Colom, A. J.(1997). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación.Barcelona: Ariel.

- Costa, A.(2009). A construción do coñecemento pedagóxico: antecedentes edesenvovementos no século XX. Santiago de Compostela: Universidade, Sevizode Publicacións e Intercambio Científico.

- De la Garza, MªT.(1995). Educación y democracia. Aplicación de la teoría de la comunicación ala construcción del conocimiento en el aula. Madrid: Visor.

- De Puelles, M.(1991). Educación e ideología en la España Contemporánea (1767-1975).Barcelona: Editorial Labor.

- Delgado, B.(1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.

- Delval, J.(2000). Aprender en la vida y en la escuela. Madrid: Morata.

- Díez, C. (2002).El piso de abajo de la escuela: los afectos y las emociones en el día a díade la escuela infantil. Barcelona: Graó.

- Dirección General de Educación y Cultura (2004). Competencias para un aprendizaje a lo largo de la vida de 2005. Un marco de referencia europeo. Comisión Europea.

- Escolano, A.(2002). La educación en la España contemporánea. Políticas educativas,escolarización y culturas pedagógicas. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Esteve, J. M. (1994). El malestar docente. Barcelona: Paidós.

- Fernández Enguita, M. (1999). La escuela a examen. Madrid: Psicología Pirámide.

- Fernández Soria,J. M. (1996). Educación y Estado en la España contemporánea. Madrid,Síntesis

- Ferrer iGuardia, F. (1976). La Escuela Moderna. Madrid: Júcar.

- Ferrero, J. J.(1994). Teoría de la educación: Lecciones y lecturas. Bilbao,Universidad de Deusto

- Freire, P.(1970). Pedagogía del oprimido. Madrid: S.XXI.

- Freire, P.(1997). A la sombra de este árbol. Barcelona: El Roure.

- García Aretio,L. (1998). La Educación. Teorías y conceptos. Perspectiva integradora.Madrid: Paraninfo.

- García, J. eGarcía, A. (1996). Teoría de la educación. Salamanca: Universidad deSalamanca.

- Gimeno, J. e Carbonell, J. (coords.) (2003). El sistema educativo. Una mirada crítica .Barcelona: CISS-Praxis.

- Guerrero, A.(1996). Manual de sociología de la educación. Madrid: Síntesis.

- Gómez RodríguezDe Castro, F. e outros (1998). Génesis de los sistemas educativos nacionales.Madrid: UNED.

- Guttman, A.(2001). La educación democrática. Una teoría política de la educación.Barcelona: Paidós.

- Halliday, J.(1995). Educación, gerencialismo y mercado. Madrid: Morata.

- Hargreaves, A.(1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Madrid: Morata.

- Illich, I.(1974). La sociedad desescolarizada. Barcelona: Seix Barral.

- Imbernon, F.(coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Los retos del futuro inmediato . Barcelona: Graó.

- Llopis, R.(2005). La revolución en la escuela. Dos años en la Dirección General dePrimera Enseñanza. Madrid: Biblioteca Nueva.

- López López, Mª Rosario et al. (2009). Educar para convivir: xogos e obradoiros de educación para o desenvolvemento en primaria. Madrid: Los libros de la Catarata

- Martín Rodríguez,E. (1988). La supervisión educativa a la luz de las tradiciones y teorías científicas de la organización escolar. En Supervisión educativa(pp.47-67). Madrid: Uned.

- McCourt, F.(2006). El profesor. Madrid: Maeva.

- Medina, R.;Rodríguez, T.; García, L. (1992). Teoría de la educación. Madrid: UNED.

- Moore, T. W.(1987). Introducción a la teoría de la educación. Madrid: Alianza.

- Negrín, O. eVergara, J. (2005). Antología de textos de Teorías e InstitucionesContemporáneas de educación. Madrid: Ramón Areces.

- Neill, A.S.(1994). El nuevo Summerhill. México: FCE.

- Palacios, J.(1988). La cuestión escolar. Críticas y alternativas. Barcelona: Laia.

- Pennac, D.(2008). Mal de escuela. Barcellona: Mondadori.

- Popkewitz, Th. S(1994). Sociología política de las reformas educativas. Madrid: Morata.

- Porto, A.S.(1986). La Institución Libre de Enseñanza en Galicia. Sada (A Coruña):Ediciós do Castro.

- Pozo, Mª M(2004). Teorías e Instituciones contemporáneas de educación. Madrid:Biblioteca Nueva.

- Rousseau, J.J.(1984). Emilio o de la educación. México: Porrúa. 9º edic.

- Ruiz, A. (2002).La escuela pública. El papel del Estado en la educación. Madrid: BibliotecaNueva.

- Savater, F.(1997). El valor de educar. Barcelona: Ariel.

- Santos Rego, M.A. (ed.) (2009). Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidady la calidad. Barcelona: Octaedro.

- Sánchez Arbós,M. (2005). Mi diario. Zaragoza: Diputación General de Aragón y Caja deAhorros de la Inmaculada.

- Sánchez Arbós,M. (2007). Una escuela soñada. Textos. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Sarramona, J.(2000). Teoría de la educación. Reflexión y normativa pedagógica.Barcelona: Ariel.

- Sarramona,J.;Colom, A.J.; Vázquez, G. (1998). Educación no formal. Barcelona: Ariel.

- Skinner, B.F.(1985). Walden Dos. Barcelona: Martínez Roca.

- Subirats, M.-Brullet, C. (1988). Rosa y azul. La transmisión de los géneros en la escuelamixta. Madrid: Instituto de la Mujer.

- Taibo, C. (dir.)(2010). Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana.Madrid: Catarata.

- Tiana, A.;Ossenbach, G. e Sanz, F. (coords.) (2002). Historia de la educación (EdadContemporánea) . Madrid: UNED.

- Torres, J. (2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid: Morata.

- Torres Santomé,J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata.

- Trilla, J.(1993). La educación fuera de la escuela. Barcelona: Ariel.

- Viñao Frago, A.(2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX.Madrid: Marcial Pons.

- VV.AA. (2003). Laparticipación de los padres y madres en la escuela. Barcelona: Graó.

- VV.AA (1995). Volvera pensar la educación. Volumen I: Política, educación y sociedad . Madrid:Morata e A Coruña: Paideia.

Lexislación básica:

- Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 10 de decembro de 1948.

- Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos da Infancia (1989).

- Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

- Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade da Educación.

- Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Ma¡o, de Educación.

- Lei Orgánica 8/2013, de 10 de Decembro, para a Mellora da Calidade Educativa.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Aconséllase subir una fotografía ao perfil do Moodle/Teams, para facilitar a identificación do alumnado no traballo virtual.
  • Non se admitirán traballos dos que a profesora non teña constancia da súa realización.
  • As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas son inamovibles.
  • Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se atoparán colgadas no Moodle.
  • Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • En consonancia coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.
  • O calendario de titorías está exposto na web da Facultade e no taboleiro da porta do despacho. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías