Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo Código 652G01002
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo, a través da adquisición do coñecemento epistemolóxico da pedagoxía e a didáctica que sustenta a intervención educativa, así como do desenvolvemento de prácticas baseadas na utilización dos recursos didácticos para construír unha intervención informada e comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe en favor da inclusión da diversidade que caracteriza o contexto educativo.

Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da escola, da cultura e da sociedade; do deseño e concreción do proceso de ensino e aprendizaxe; da análise da acción no ensino como unha estrutura de traballo para profesorado e estudantes e da avaliación no proceso de ensino e aprendizaxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A20 Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no contorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos referentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. A1
B3
B10
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola e o ensino como sistema, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas educativas. A13
A26
B3
B15
B22
B24
C4
C6
Comprender as diferenzas entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino e aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveis de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. A30
B3
C6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. A4
B3
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios para a análise de grupo, a formulación de obxectivos e a selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construción e reconstrución progresiva. A28
A30
Iniciarse no deseño de propostas educativas globalizadoras, lúdicas e interdisciplinares, que atendan ao desenvolvemento ingegral do neno e da nena de 0 a 6 anos, e que á súa vez introduzan a perspectiva da educación para o desenvolvemento no marco dunha cidadanía global e do desenvolvemento de actitudes comprometidas coa realidade que nos rodea. A13
A21
A28
B3
B6
B15
B22
B24
C4
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente formativa, así como afondar nas relacións entre avaliación e investigación. A20
B11
Analizar as figuras implicadas no proceso de ensino e aprendizaxe. Reflexionar sobre a necesaria profesionalización docente e as funciones do profesorado. Comprender o carácter interrelacional da función do profesorado no sistema educativo. A20
A21
B5
B6
B15
C4
C7
Desenvolver actitudes de investigación e innovación para facilitar a reflexión sobre a súa práctica educativa, entendida como un proceso de indagación e construción no marco da sociedade do coñecemento e o cambio cultural. A21
B1
B11
B14
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. A Didáctica no marco das ciencias da educación. ­- Ámbito conceptual da Didáctica.
- Natureza, obxecto de estudo e finalidade da Didáctica.
- A Didáctica, os procesos de ensino e aprendizaxe e o currículum.
MÓDULO II. As funcións sociais do ensino: (re)produción e (re)construción dos saberes, das condutas e dos valores. ­- As relacións escola-ensino-sociedade.
­- Ensino e socialización: os principios do ensino nunha sociedade democrática.
­- Reprodución e reconstrución do saber e da sociedade na escola.
­- Harmonía e conflito nas relacións ensino-sociedade: contradicións no proceso de socialización.
- A escola como camiño para a igualdade e a inclusión social, cara unha escola multicultural.
- A escola no marco da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
MÓDULO III. A cultura da institución escolar ­- As dimensións da escola.
­- A cultura no ensino obrigatorio: o currículum como categoría para a análise da cultura escolar.
­- O oculto e o manifesto na aprendizaxe escolar.
­- As determinacións dos contidos.
­- O ensino na sociedade da información.
­- Os fins básicos dos niveis do sistema educativo.
MÓDULO IV. O deseño e concreción do proceso de ensino e aprendizaxe ­- As concepcións sobre o currículum.
­- As fontes e enfoques do currículum.
­- Elementos e funcións do currículum.
­- Niveis de concreción/obxetivación do currículum.
­- O ensino como deseño e desenvolvemento do currículum, desde a perspectiva do pensamento do alumno e desde principios que promovan a sostibilidade.
MÓDULO V. O ensino como unha estrutura de traballo para profesorado e estudantes: a análise da acción ­- A interacción de profesorado, estudantes, cultura, contexto e recursos nas actividades de ensino.
­- As tarefas como marco de socialización educativa e do proceso de ensino e aprendizaxe.
­- A estrutura de tarefas académicas no traballo de ensinantes e na actividade do alumnado.
­- Pautas para o estudo de tarefas e das súas secuencias.
­- Os métodos pedagóxicos: secuencia de tarefas.
­- Os recursos didácticos, organizativos e materiais no proceso de ensino e aprendizaxe.
­- Modelos e tradicións metodolóxicas na selección de actividades de ensino: a súa valoración crítica.
MÓDULO VI. O ensino como estrutura de comunicación ­- As relacións interpersoais no proceso de ensino.
­- A aula e os centros como espazos de comunicación pedagóxica.
­- A xeración de expectativas e a aprendizaxe escolar.
­- A importancia do clima da aula na aprendizaxe.
­- O ensino máis alá do coñecemento: dimensións persoais.
MÓDULO VII. A avaliación no proceso de ensino e aprendizaxe ­- A avaliación no pensamento educativo e na práctica escolar.
­- Funcións da avaliación no contexto escolar e social.
­- Modelos de avaliación e posibilidades pedagóxicas.
­- Modalidades de avaliación. Avaliación cuantitativa e cualitativa. Avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. A autoavaliación.
- Técnicas e instrumentos de avaliación: as súas características e limitacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A4 A13 A20 A28 B3 B11 C6 C8 0 15 15
Sesión maxistral A1 A4 A13 A20 A28 B3 C6 C7 C8 21 21 42
Presentación oral B10 B11 B22 1 2 3
Traballos tutelados A21 A26 A30 B1 B5 B6 B14 B15 B24 C4 18 36 54
Lecturas A1 A4 A13 A20 A28 B1 B3 B10 B11 C7 C8 0 20 20
Proba obxectiva A1 A4 A13 A20 A26 A28 B3 B6 B10 B11 B14 B15 B22 C7 C8 2 10 12
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A análises de fontes documentais implica a reflexión sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Presentación oral Os traballos tutelados presentaranse oralmente na aula, cando así se indique. As presentación orais contarán cunha parte de exposición, onde os integrantes do grupo explicarán o contido do traballo realizado, e cunha parte de defensa onde responderán ás cuestións que lles formule a docente ou o resto de compañeiros/as.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización como mínimo tres traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Lecturas O alumnado dispoñerá dun dosier de lecturas que será a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. A lectura do mesmo será de carácter obrigatorio, e recoméndase que os documentos se lean previamente ao tratamento de cada un dos temas na aula.

Proba obxectiva A proba obxectiva constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a corenta cuestións sobre o contido da materia, identificando a alternativa de resposta máis acertada entre tres opcións propostas. Para superar a proba será importante ser capaz de relacionar os contidos da materia facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, actividades, lecturas, e preparación da proba de exameno, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación dos traballo tutelados que se realicen ao longo do cuadrimestre. Como este traballo se realizará en grupo, é recomendable que cada grupo realice unha titoría obligatoria, fóra do horario de docencia presencial da materia, que permita traballar sobre o funcionamento do propio grupo.
3. Esta proposta de atencón personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A26 A30 B1 B5 B6 B14 B15 B24 C4 Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos de alumnos/as serán avaliados a partir dos seguintes criterios:
-A profundidade do contido.
-O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
-A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e a claridade da exposición.
Trátase dun traballo fundamentalmente grupal, pero na parte da exposición oral pode facerse unha avaliación máis individualizada a través das preguntas que se realicen a cada membro do grupo. De ser o caso, esta avaliación individualizada non representará nunca máis dun 10% da cualificación que lle corresponde a esta metodoloxía de avaliación.
40
Proba obxectiva A1 A4 A13 A20 A26 A28 B3 B6 B10 B11 B14 B15 B22 C7 C8 A proba obxectiva de carácter individual, estará composta por corenta preguntas sobre os sete temas que constitúen a materia. Cada pregunta presentará tres alternativas de resposta das cales haberá que elixir a correcta.
As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia, como aos contidos prácticos, esixindo un elevado nivel de relación entre eles.
superar a proba implica abordar a materia desde un punto de vista global, sabendo establecer as múltiples relacións que se poden establecer entre os contidos abordados nos sete núcleos temáticos que a conforman, e que contribúen a entender a complexidade da función do/a docente en Educación Infantil en termos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
60
 
Observacións avaliación
  1. O grao ten carácter presencial. O alumnado que por motivos comunicados á profesora ao inicio do
    curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas
    teña unha asistencia inferior ao 85%. ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen,
    realizará un examen con carácter obrigatorio ao final do cuadrimestre
    na data sinalada oficialmente. Este examen terá un valor do 80% do total
    da nota final.
  2. O criterio anterior é
    aplicable ao alumnado repetidor que non cumpla co 85% de asistencia, así como ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
    dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita
    dispensa.
  3. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
    materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
    súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
    que houbera lugar en cada caso.
  4. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.
  5. O alumnado repetidor que teña esgotadas un mínimo de dúas convocatorias
    de avaliación poderá solicitar á docente unha modalidade de exame
    difernte á do grupo ordinario. A docente valorará persoalmente cada
    situación e, de acordar realizar un exame diferente ao do resto do
    grupo, este acordo deberá ser asinado tanto pola docente como polo
    alumno ou alumna afectado, para que a proba poida ser realizada e
    avaliada.

Fontes de información
Bibliografía básica

Ainscow, M. (2001): Desarrollo de escuelas inclusivas. Madrid, Narcea.

Antúnez, S., del Carmen, L. M., Imbernón, F., Parcerisa, A. e Zabala, A. (2005): Del proyecto educativo a la programación de aula. Barcelona, Graó.

Apple, M.W. (1996): Política cultural y educación. Madrid, Morata.

Apple, M.W. e Beane, J.A. (Comps.). (1997): Escuelas democráticas. Madrid: Morata.

Ayuste, A., Flecha, R., López Palma, F. e Lleras, J. (1994). Planteamientos de la pedagogía crítica: comunicar y transformar. Barcelona, Graó.

Barcena, F. e Mèlich, J.-C. (2000): La educación como acontecimiento ético: natalidad, narración y hospitalidad. Barcelona, Paidós.

Barnes, D. (1994): De la comunicación al currículo. Madrid, Visor. (2ª Ed.)

Barton, L. (1998): Discapacidad y sociedad. Madrid, Morata.

Bernstein, B. (1989): Clase y pedagogías visibles e invisibles. En J. Gimeno Sacristán e Á. Pérez Gómez (Comps.), La enseñanza: su teoría y su práctica. Madrid, Akal Universitaria, pp. 54-72.

Bolívar, A. (2000): Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesas y realidades. Madrid, La Muralla.

Bruner, J. (1987): La importancia de la educación. Barcelona, Paidós.

Carr, W. (1991): Entrevista. Investigación en la escuela, nº 14, pp. 99-106.

Carbonell Sebarroja, J. (2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.

Casado Velarde, C. (1988): Lenguaje y cultura. Madrid, Síntesis.

Cazden, C.B. (1991): El discurso en el aula: el lenguaje de la enseñanza y del aprendizaje. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC. (2ª ed.)

Clemente Linuesa, M. (2004): Lectura y cultura escrita. Madrid, Morata.

Coll, C. e outros/as (1993): El constructivismo en el aula. Barcelona, Graó.

Cortina, A. (1993): Ética aplicada y democracia radical. Madrid, Tecnos.

Cummins, J.A. (2002): Lenguaje, poder y pedagogía: niños y niñas bilingües entre dos fuegos. Madrid, Morata.

Delamont, S. (1985): La interacción didáctica. Madrid, Cincel.

Delpit, L. (1995): Other people's children: cultural conflict in the classroom. New York, The New Press.

Del Carmen, L. e outros/as (2004): La planificación didáctica. Barcelona, Graó.

Díez Navarro, M. Carmen (2010): El piso de abajo de la escuela. Barcelona Graó.

Edwards, D. e Mercer, N. (1988): El conocimiento compartido: el desarrollo de la compresión en el aula. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC.

Fernández Pérez, M. (1994): Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid, SXXI.

Fernández Enguita, M. (1999): La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro (3ª ed.). Madrid/Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Fernández Enguita, M. (1999): Alumnos gitanos en la escuela paya: un estudio sobre las relaciones étnicas en el sistema educativo. Barcelona, Ariel Praticum.

Fernández Enguita, M. (2001): Educar en tiempos inciertos. Madrid, Morata.

Freire, P. (1985): Pedagogía del oprimido. Madrid, Siglo XXI.

Freire, P. (1985): La naturaleza política de la educación. Barcelona/Madrid: Paidós/MEC.

Gardner, H., Feldman, D.H., Krechevsky, M. e Viens, J. (2001): El Proyecto Spectrum (Tomo I): construir sobre las capacidades infantiles. Madrid, Morata.

Gee, J.P. (2005): La ideología en los discursos. Madrid, Morata.

Gimeno Sacristán, J. (1997): El curriculum: una reflexión sobre la práctica. Madrid, Morata (7ª ed.).

Gimeno Sacristán, J. e Pérez Gómez, Á.I. (Comps.) (1997): Comprender y transformar la enseñanza (6ª ed.). Madrid, Morata.

Giroux, H.A. (1988): Los profesores como intelectuales: hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC.

González Sánchez, M. (1987): Lenguaje escolar y clase social. Slamanca, Amarú. (2ª Ed.)

Grundy, S. (1998): Producto o praxis del curriculum. Madrid, Morata (3ª ed.).

Gutiérrez Zuloaga, I. (1997): Introducción a la historia de la logopedia. Madrid, Narcea.

Guttman (Gutmann), A. (2001): La educación democrática: una teoría política de la educación. Barcelona, Paidós.

Hargreaves, A. (1996): Profesorado, cultura y postmodernidad (cambian los tiempos, cambia el profesorado). Madrid, Morata.

Hargreaves, A. (2003): Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona, Octaedro.

Hernández, S. y Ventura, M. (1992): La organización del currículo por proyectos de trabajo. Barcelona, Graó.

Jackson, P.W. (1996): La vida en las aulas. Madrid/A Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Kalyanpur, M. e Harry, B. (1999): Culture in special education: building reciprocal family-professional relationships. Baltimore, Paul H. Brookes.

Kemmis, S. e McTaggart, R. (1992): Cómo planificar la investigación-acción (2ª ed.). Barcelona, Laertes.

Kincheloe, J.L., Steinberg, S.R. e Villaverde, L. (Comps.) (2004): Repensar la inteligencia. Madrid, Morata.

Kushner, S. (2002): Personalizar la evaluación. Madrid, Morata.

Losen, D. e Orfield, G. (Comps.) (2002): Racial inequity in special education. Cambridge, Harvard University Press.

Martín Rojo, L., Alcalá Recuerda, E., Garí Pérez, A., Mijares Molina, L., Sierra Rodrigo, I. e Rodríguez, M. Á. (2003): ¿Asimilar o integrar? Dilemas ante el multilingüismo en las aulas. Madrid, Centro de Investigación Documentación Educativa (CIDE), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Martínez, I. e Vázquez-Bronfman, A. (Comps.) (1995): La socialización en la escuela y la integración de las minorías: perspectivas etnográficas en el análisis de la educación de los años 90. Madrid, Fundación Infancia y Aprendizaje / Fundación "la Caixa".

Montanero, M. (2019): Didáctica General. Planificación y práctica de la enseñanza primaria. Cáceres. Universidad de Extremadura.

Moya Maya, A. (2002): El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?...realiza su trabajo. Archidona, Ediciones Aljibe.

Moya Maya, A., Martínez Ferrer, J. e Ruiz Salguer, J.M. (2005): Una alternativa de apoyo en los centros: el modelo de apoyo curricular. Archidona, Ediciones Aljibe.

McCarthy, C. (1994): Racismo y curriculum: la desigualdad social y las teorías y políticas de las diferencias en la investigación contemporánea sobre la enseñanza. Madrid/Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Moreno, M. e outros/as (1983): La pedagogía operatoria: un enfoque constructivista de la educación. Barcelona, Laia.

Nussbaum, M. C. (2010). Sin fines de lucro. Madrid: Katz Editores.

Parra Ortiz, J.M. (2010): Manual de Didáctica de la Educación Infantil. Madrid. Gadeta Editorial.

Perrenoud, P. (1996): La construcción del éxito y el fracaso escolar. Madrid, Morata / Fundación Paideia (2ª ed. ampliada).

Perrenoud, P. (2012). Cuando la escula pretende preparar para la vida. ¿Desarrollar competencias o enseñar otros saereres? Barcelona: Graó.

Ramonet, I. (1998): La tiranía de la comunicación. Barcelona, Temas de Debate.

Sánchez Blanco, C. (1994): La cooperación en Educación Infantil. A Coruña, Universidade da Coruña.

Sánchez Blanco, C. (1994): El desarrollo de actitudes en Educación Infantil. Zaragoza, Edelvives.

Santos Guerra, M.Á. (1990): Hacer visible lo cotidiano: teoría y práctica de la evaluacion cualitativa de los centros escolares. Madrid, Akal.

Schön, D. A. (1992). La formación de profesionales reflexivos: hacia un nuevo diseño de la enseñanza y el aprendizaje en las profesiones. Madrid / Barcelona, Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia (MEC) / Paidós.

Stainback, S. e Stainback, W. (2001). Aulas inclusivas: un nuevo modo de enfocar y vivir el currículo. Madrid, Narcea.

Steinberg, S.R. e Kincheloe, J. L. (Comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid, Morata.

Stenhouse, L. (2003): Investigación y desarrollo del curriculum (5ª ed.). Madrid, Morata.

Stubbs, M. (1987): Análisis del discurso, análisis sociolingüístico del lenguaje natural. Madrid, Alianza.

Stubbs, M. (1983): Lenguaje y escuela: análisis sociolingüístico de la enseñanza. Madrid, Cincel.

Tannen, D. (1998): Género y discurso. Barcelona, Paidós.

Torres Santomé, J. (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2005): El curriculum oculto (8ª ed.). Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2006): La desmotivación del profesorado. Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2006): Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado (5ª Ed.). Madrid, Morata.

Trillo Alonso, F. Y Sanjurjo, L (2008): Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario, Homo Sapiens.

Unamuno, V. (2003): Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona, Graó.

Van Dijk, T.A. (1995): Texto y contexto: semántica y pragmática del discurso (5ª ed.). Madrid, Cátedra.

Varela, J. e Álvarez-Uría, F. (1991). Arqueología de la escuela. Madrid, La Piqueta.

Zavalloni, G. (2011): La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no violenta. Barcelona: Graó

Bibliografía complementaria
Recursos web

Asociación de Enseñantes con Gitanos: http://www.pangea.org/aecgit

A Página de Educaçao (revista electrónica internacional): http://www.a-pagina-da-educacao.pt

Aula Intercultural: portal de educación intercultural (con moita información didáctica): http://www.aulaintercultural.org/mot.php3?id_mot=72

CIDE (Centro de Investigación e Documentación Educativa) - MEC: http://www.mec.es/cide/index-ga.htm

CNICE (Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa) - MEC: http://www.pntic.mec.es

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria - Xunta de Galiza: http://www.edu.xunta.es/portal/index.jsp

Currículo Sem Fronteiras (revista electrónica crítica da actualidade educativa polo mundo): http://www.curriculosemfronteiras.org/artigos.htm

Edugaliza. O ensino galego na rede: http://www.edugaliza.org

EURYDICE - Red europea de información sobre a educación en Europa: http://www.eurydice.org/index.shtml

Foro Social Ibérico pola Educación: http://www.fsipe.org/cas/principal.htm

Fórum Mundial de Educação: http://fmet.terra.com.br

IEA (International Association for Evaluation of Educational Achievement): http://www.iea.nl

Instituto de Avaliación - Ministerio de Educación y Ciencia: http://www.ince.mec.es

MEC (Ministerio de Educación y Ciencia): http://www.mec.es

OCDE - Education: http://www.oecd.org/topic/0,2686,en_2649_37455_1_1_1_1_37455,00.html

OEI (Org. de Estados Iberoamericanos para a Educación, Ciéncia e Cultura): http://www.oei.es

OLPED (Observatório Latino-Americano de Políticas Educacionais): http://www.lpp-uerj.net/olped

PISA (Programme for International Student Assessment): http://www.pisa.oecd.org

UE - Red Europea de Responsábeis de Avaliación de Sistemas Educativos: http://cisad.adc.education.fr/reva

UNESCO - Oficina Internacional de Educación: http://www.ibe.unesco.org

UNICEF: http://www.unicef.org/

Revistas de educación

­ ADAXE

­ AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

­ COMUNIDAD ESCOLAR

­ CUADERNOS DE PEDAGOGÍA

­ CURRICULUM

­ ENSEÑANZA

­ ESCUELA ESPAÑOLA

­ GUIX

­ INFANCIA Y APRENDIZAJE

­ INNOVACIÓN EDUCATIVA

­ INVESTIGACIÓN EN LA ESCUELA

­ KIKIRIKÍ

­ PADRES Y MAESTROS

­ PERSPECTIVA ESCOLAR

­ REVISTA DE EDUCACIÓN

­ REVISTA DE ESTUDIOS DEL CURRICULUM

­ REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

­ REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

REVISTA GALEGA DO ENSINO

SIGNOS

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

BRITISH JOURNAL OF EDUCATIONAL STUDIES.

BRITISH JOURNAL OF SOCIOLOGY OF EDUCATION.

CURRICULUM INQUIRY.

DISCOURSE.

E-LEARNING.

EDUCATIONAL ACTION RESEARCH.

EDUCATIONAL POLICY.

EDUCATIONAL RESEARCHER.

EDUCATIONAL STUDIES.

GENDER AND EDUCATION.

HARVARD EDUCATIONAL REVIEW.

INTERCHANGE.

INTERNATIONAL JOURNAL OF INCLUSIVE EDUCATION.

JOURNAL OF CURRICULUM STUDIES.

JOURNAL OF EDUCATION POLICY.

JOURNAL OF TEACHER EDUCATION.

PEDAGOGY, CULTURE & SOCIETY (antes CURRICULUM STUDIES).

TEACHERS COLLEGE RECORD.

TEACHING & TEACHER EDUCATION.

THE CURRICULUM JOURNAL.

THEORY AND RESEARCH IN EDUCATION.

THEORY INTO PRACTICE.

Bibliografía de motivación
BANDA DESEÑADA:

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2009): Narraciones de la Escuela. Barcelona. Editorial Davinci.

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2010); Narraciones de maestros. Barcelona. Editorial Davinci.

DIEZ NAVARRO, C. (2003): El piso de abajo de la escuela. Barcelona. Graó.

GIMÉNEZ, Carlos (1977-2003): Paracuellos (6 vols.). Barcelona, Glenat.

GIMÉNEZ, Carlos (2001): Barrio. Barcelona, Glenat.

McCOURT, F. (2005): El profesor. Madrid, Maeva.

MARÍN, Xaquín (1978): Gaspariño. A Coruña, Rueiro.

MARÍN, Xaquín (1982): Gaspariño 2. Vigo, Edicións Xerais.

PENNAC C. (2008): Mal de escuela. Barcelona. Mondadori.

QUINO (2001): Todo Mafalda. Barcelona, Lumen (5ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1994): Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova (6ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1988): Niño se nace. Barcelona, Barcanova (2ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1989): Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.

TONUCCI, Francesco (1993): La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.

TONUCCI, Francesco (2003): Cuando los niños dicen ¡Basta!. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

LITERATURA:

BOYNE, John (2007): El niño con el pijama de rayas. Barcelona, Salamandra.

GOSCINNY, René (2001): El pequeño Nicolás. Madrid, Alfaguara (24 ed.).

GOSCINNY, René (2001): Los recreos del pequeño Nicolás. Madrid, Alfaguara (16 ed.).

GOSCINNY, René (2001): Las vacaciones del pequeño Nicolás. Madrid, Alfaguara (20 ed.).

GOSCINNY, René (1988): Los amiguetes del pequeño Nicolás. Barcelona, Salvat.

HASKI, Pierre (2004): El diario de Ma Yan. Madrid, Maeva.

HENTIG, Hartmut Von (2003): ¿Por qué tengo que ir a la escuela? Cartas a Tobías. Barcelona, Gedisa.

MACHADO, Antonio (1991): Juan de Mairena: sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo (1936). Madrid, Castalia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Deseño de ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos didácticos/652G01013
Educación matemática/652G01014
Didáctica da lingua galega/652G01015
Didáctica da lingua castelán/652G01018
Ensino das ciencias da natureza/652G01019
Didáctica da expresión corporal/652G01020
Deseño de proxectos educativos de 0 a 3 anos/652G01021
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025
Didáctica da expresión musical/652G01023
Didáctica da lingua estranxeira/652G01026
Didáctica da expresión plástica/652G01027
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica/652G01029
Ensino do corpo humano e de hábitos saudables/652G01032
Educación psicomotriz e habilidades motrices/652G01039
Didáctica da educación ambiental e para a sustentabilidade/652G01041
Didáctica da dramatización e do teatro infantil/652G01042

Observacións

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, non  útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustenta bilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías