A asignatura de Socioloxía da Educación é o estudio dende a perspectiva sociolóxica do feito social da educación. Polo tanto, resulta ser unha introducción ó estudio sistemático e científico das relacións entre as sociedades e os seus diversos colectivos e os feitos educativos diferenciais (ou non) conforme ás diferentes culturas e as súas transformacións. A educación non pode estudiarse como un feito social aillado, por iso é preciso abordar a súa comprensión dun xeito holístico sen esquencer os vencellamentos entre os niveis macro e micro sociolóxicos. A Socioloxía é a ciencia que analiza os feitos sociais aplicando métodos empíricos. Posto que a educación é un fenómeno social que está imbricado na estructura da sociedade, resulta fundamental aproximarse ó seu estudio dende una comprensividade sociolóxica. De tal xeito que a educación forma parte dun macrosistema social e cultural maior que fai que se atope condicionada por diferentes factores sociais, tales como a estratificación social, a desigualdad social, os ideais pedagóxicos, as políticas educativas, etc.
Para coñecer e analizar en profundidade estes feitos sociais, durante o desenvolvemento da asignatura, formarase ó alumnado nos paradigmas teóricos da socioloxía clásica e a seu vencellamento coa Educación formal e tamén en contextos/articulacións non formais ou non explícitas; analizarase o papel da escola como axente socializador; o nexo relacional entre a economía, a estratificación social e a educación, a construcción social de las diferencias sexuais; a diversidad étnica e a escola; etc. Ademáis, proporcionaranse ferramentas metodológicas para o estudio de fenómenos sociais como o desenvolvemento dun proxecto de investigación e as principais técnicas de investigación social (enquisa, entrevista en profundidade, observación participante, grupo de discusión, etc.).
Competencias do título
Código
Competencias do título
A1
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A5
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A8
Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A10
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A11
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.
A12
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A14
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
A19
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A21
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24
Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A25
Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A27
Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
A29
Valorar a importancia do traballo en equipo.
A36
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A44
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45
Coñecer a tradición oral e o folclore.
A57
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
A60
Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A62
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A66
Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1
Aprender a aprender.
B2
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5
Traballar de forma colaborativa.
B6
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10
Capacidade de análise e síntese.
B11
Capacidade de busca e manexo de información.
B12
Capacidade de organización e planificación.
B13
Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B15
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19
Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B22
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
A socioloxía como ciencia social. Marcos conceptuais, epistemolóxicos e comenzos metodolóxicos. As desigualdades.
Tema 2. ¿Qué estudia a socioloxía da educación?
A educación como feito social e obxecto de estudio sociolóxico. A educación contra a desigualdade. A familia, os iguais, os m.c.m. e as NNTTIICC, cultura, coñecemento, etc. A educación como mecanismo de igualdade e liberdade.
Tema 3. Metodoloxías e ferramentas para o estudio e coñecemento sociolóxico.
Metodoloxía cuantitativa. Metodoloxía cualitativa. Fontes e ferramentas para a obtención de datos. As etapas da investigación.
Tema 4. Macrosocioloxía da educación.
Políticas educativas, economía da educación e idearios pedagóxicos. Os xeitos de vida, o consumo e a sostenibilidades. O xénero. A inmigración. A infancia.
Tema 5. Microsocioloxía da educación.
O proceso de socialización e os seus tipos. Os axentes de socialización. As organizacións educativas formais e non formais.
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Actividades iniciais
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. Tamén se explicará dun xeito xeral a guía docente ó alumnado e o procedemento de avaliación da asignatura.
Traballos tutelados
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Simulación
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Obradoiro
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Aprendizaxe colaborativa
Participación, organización e colaboración de principio a fin dun traballo dirixido e "tutelado" pola profesora que deberá ser presentado a través de material debidamente ordenado e elaborado por un grupo ou equipo de traballo conformado por estudantes da materia.
Saídas de campo
Obtención de datos a través da aplicación dalgunha ferramenta de investigación.
Proba mixta
Preguntas a desenvolver un tema extenso, preguntas para respostar brevemente, ou a respostar tipo test entre varias opcións.
Presentación oral
Técnica metodolóxica que supón a utilización de exposición oral apoiándose en documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Simulación
Obradoiro
Presentación oral
Descrición
Execución de prácticas de investigación e intervención (sí é o caso) no eido da Socioloxía da Educación.
Exposición en contextos equivalentes ó da vida real para a resolución de diferentes obxetos de estudio da asignatura. Serviralle de fase de aprendizaxe para que logo poidan extrapolar os coñecementos e habilidades adquiridas cando teñan que facer as saídas de campo.
Nos obradoiros traballaranse calqueira tipo de aspectos relacionados có desenvolvemento das distintas aplicacións teóricas da materia que o precisen.
A presentación oral consistirá en exposicións por parte do alumnado para dar conta das súas aprendizaxes e competencias respecto da materia.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias
Descrición
Cualificación
Traballos tutelados
A24 A57 A62 B2 B4 B5 B11 B19 B20 B22 C6 C8
Os alumnos levarán a cabo a longo do cuatrimestre a elaboración dun cartafol de traballo "tutelado" de carácter sociológico en materia educativa. A súa realización por grupos reducidos culminará con la exposición oral dos contenidos diseñados para os distintos apartados que constituíron o devandito traballo.
A realización e presentación deste cartafol de traballo xunto coa realización e entrega de las demás prácticas a realizar durante o cuatrimestre constituirán el 50% de la nota final de la asignatura.
25
Simulación
A8 A27
Descrita no paso 5 de metodoloxías
5
Obradoiro
B3 C1 C8
Descrito no paso 5 de metodoloxías
5
Presentación oral
B10 B11 B12 B13 B17
Descrita no paso 5 de metodoloxías
5
Aprendizaxe colaborativa
A26 A44 B1 B5 C7
Descrita no paso 5 de metodoloxías
10
Proba mixta
B10 C1
Proba de exámen explicada no apartado correspondente de metodoloxías. Cada unha das preguntas ou tarefas a cumplimentar serán correxidos e puntuados según as respostas ou solucións se adecúen os coñecementos que deberían ter conqueridos.
50
Observacións avaliación
O longo do cuatrimestre terán lugar sesións de exposición oral nas que a profesora explicará o contido teórico da asignatura, combinadas coas correspondentes clases de docencia e explicacións para os grupos pequenos/"interactivos" nas que ó alumnado levarán a cabo as correspondentes prácticas e desenvolverán as metoloxías primeiro con ensaios e asesoramento presencial de xeito titorizado e dirixido pola profesora. A evaluación da asignatura terá en conta un seguimento activo por parte do alumnado dos contidos desenvolvidos (asistencia, participación na aula, colaboración e implicación no traballo das prácticas, etc.), así como una proba de examen para a superación da parte teórica da asignatura donde se valorarán os coñecementos xerais adquiridos. O conxunto das prácticas desenvolvidas contribuirán nun 50% á nota final y a proba de exámen o restante 50%. Ambas partes teñen que estar superadas para poder realizarse o cálculo da nota media.
As prácticas desenvolvidas en grupos conformarán un informe final que se ten que entregar ó final do cuatrimestre, antes da proba oral, de xeito que todalas actividades, tarefas e traballos a realizar ó longo do cuadrimestre serán contabilizados para a calificación final.
La preparación da proba a examen da parte teórica farase a partir dos apuntes que o alumnado teña tomado e elaborado a partir da súa asistencia as clases e dos manuais da asignatura recomendados por la profesora, así como dos contenidos das Fontes de información de esta guía.
Para o alumnado que (por motivo debidamente acreditado) non concurra á aula con la asiduidade e constancia que requiere o seguimiento e debida realización das prácticas da asignatura, é dicir, que non leven un seguimiento asiduo e activo da materia, poderán examinarse a través de una prueba de preguntas temas a través de respostas debidamente elaboradas e conforme ó temario da asignatura (que se traballará a partir das fontes bibliográficas) na convocatoria correspondiente dos contidos desenvolvidos no programa da asignatura, pudiendo obter a través de esta proba sólo un 5 como calificación máxima.
A nota aprobada das prácticas se reservará para entrar a promediar coa calificación da proba mixta de evaluación (aprobada) obtenida a través da recuperación de xullo. Si non se teñen aprobadas as prácticas sólo se evaluará en xullo a través do exámen explicado no párrafo anterior.
Fontes de información
Bibliografía básica
(). .
GUERRERO SERÓN, ANTONIO (2002). Manual de sociología de la educación. Madrid, Tecnos
ALMARCHA BARBADO, A. (1979): “Cien años de la sociología de la educación en España: 1877-1977” enRevista Española de Investigaciones Sociológicas, núm. 2, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas, p.p. 115-148.
ALONSO HINOJAL, I. (1991): Educación y Sociedad. Las Sociologías de la Educación, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
AMORÓS, CELIA (1991). Hacia una crítica de la razón patriarcal. Barcelona, Anthropos.
BERGER, P. L. y LUCKMANN, T. (1995): La construcción social de la realidad, Buenos Aires, Amorrortu.
CARBONELL, J. (Comp.) (1996): La escuela, entre la utopía y la realidad: diez temas de sociología de la educación, Barcelona, Ediciones Octaedro.
CARDÚS, S. (2001): El desconcierto de la educación, Barcelona, Ediciones B.
DURKHEIM, E. (1996): Educación y sociología, Barcelona, Península.
DURKHEIM, E. (1992): Historia de la educación y de las doctrinas pedagógicas. La evolución pedagógica en Francia. Madrid, La Piqueta.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (Ed.) (1999): Sociología de la Educación, Barcelona, Ariel.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (1995): La escuela a examen, Madrid, Pirámide.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y TERRÉN, E. (2008): Repensando la organización escolar, Madrid, Akal.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y GUTIÉRREZ SASTRE, M. (2005): Organización escolar, profesión docente y entorno comunitario, Madrid, Akal.
FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coord.) (2003): Sociología de la Educación, Madrid, Pearson Prentice-Hall.
GIDDENS. A. (1993): Sociología, Madrid, Alianza.
GIL VILLA, F. (1997): Teoría sociológica de la educación, Salamanca, Amarú.
GINER. S. (1993): Sociología, Barcelona, Península.
GÓMEZ JALDÓN, C. DOMÍNGUEZ, J. A. (2005): Manual de sociología de la Educación, Madrid, Pirámide.
JEREZ MIR, R. (1990): Sociología de la Educación. Guía didáctica y textos fundamentales, Madrid, CU.
LÓPEZ RUPÉREZ, F. (2001): Preparar el futuro. La educación ante los desafíos de la globalización. Málaga, La Muralla.
MACIONIS, J. y PLUMMER, K. (1999): Sociología, Madrid, Pearson Prentice Hall.
MCMILLAN, J. H. y SCHUMACHER, S. (2005): Investigación educativa, Madrid, Pearson Prentice Hall.
SÁNCHEZ DE MADARIAGA, Elena (2012). Las Maestras de la República. Madrid, Los Libros de la Catarata.
TABERNER GUASP, J. (1999): Sociología y educación. Funciones del sistema educativo en sociedades modernas, Madrid, Tecnos.
VARELA, J. (2007): Las reformas educativas a debate (1982-2006), Barcelona, Morata.
Fernández, F. (2003): Sociología de la
Educación, Madrid, Pearson Educación
Fernández, M et al (2008): “¿Fronteras en
las aulas?: contacto transcultural y endogamia en las interacciones del
alumnado”, en Revista de Educación, no.
345, Dedicado a: De inmigrantes a minorías: temas y problemas de la
multiculturalidad Año: 2008, Número: 345
Gil, F. (1994): Teoría sociológica de la educación.
Amarú Editores.
Lomas, C. (2007): “¿La escuela es un
infierno?: violencia escolar y construcción cultural de la masculinidad”, en
Revista de Educación, nº. 342.
Maciones, J. y K. Plummer (1999) Sociología, Madrid, Prentice Hall.
Ritzer, G. (1993): Teoría sociológica clásica. McGraw-Hill
Interamericana de España
Subirats, M. (2002): “Rosa y azul: la
transmisión de los géneros en la escuela mixta”, en González, A. et al
(coord.): Educar para la igualdad, educar
desde la diferencia, Barcelona, Graó.
Taberner, J.
(1998): Teoría sociológica y educación.
Universidad de Córdoba.
Terrén, E., Fernández, M. (2008): “De
inmigrantes a minorías: temas y problemas de multiculturalidad (presentación)”,
en Revista de Educación, no. 345, Dedicado
a: De inmigrantes a minorías: temas y problemas de la multiculturalidad Año:
2008, Número: 345
Valles, M. (1997): Técnicas
cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica
profesional, Madrid: Síntesis.