Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 652G01003
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Carames Balo, Rosa Elena
Correo electrónico
rosa.carames@udc.es
Profesorado
Carames Balo, Rosa Elena
Correo electrónico
rosa.carames@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura de Socioloxía da Educación é o estudio dende a perspectiva sociolóxica do feito social da educación. Polo tanto, resulta ser unha introducción ó estudio sistemático e científico das relacións entre as sociedades e os seus diversos individuos, coletivos e os feitos educativos diferenciais (ou non) conforme ás diferentes culturas e as súas transformacións. A educación non pode estudiarse como un feito social illado, por iso é preciso abordar a súa comprensión dun xeito holístico sen esquencer os vencellamentos entre os niveis macro e micro sociolóxicos. A Socioloxía é a ciencia que analiza os feitos sociais aplicando métodos empíricos. Posto que a educación é un fenómeno social que está imbricado na estructura da sociedade, resulta fundamental aproximarse ó seu estudio dende una comprensividade sociolóxica. De tal xeito que a educación forma parte dun macrosistema social e cultural maior que fai que se atope condicionada por diferentes factores sociais, tales como a estratificación social, a desigualdade social, os ideais pedagóxicos, as políticas educativas, etc.
Para coñecer e analizar en profundidade estes feitos sociais, durante o desenvolvemento da asignatura, formarase ó alumnado nos paradigmas teóricos da socioloxía clásica e a seu vencellamento coa Educación formal e tamén en contextos/articulacións non formais ou non explícitas; analizarase o papel da escola como axente socializador; o nexo relacional entre a economía, a estratificación social e a educación, a construcción social das diferencias sexuais; a diversidade étnica e a escola; etc. Ademáis, proporcionaranse ferramentas metodológicas para o estudio de fenómenos sociais como o desenvolvemento dun proxecto de investigación e as principais técnicas de investigación social (enquisa, entrevista en profundidade, observación participante, grupo de discusión, etc.) e tamén sinxelas análises cuantitativas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A11 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A14 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A27 Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
A60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A66 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Así mesmo servirán para axudar a comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar, coñecer a dimensión pedagóxica da integración cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades coletivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual, situar a escola infantil no sitema educativo español, no contexto europeo e no internacional en distintos contextos sociohistóricos, coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar, adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia e acadar coñecemento de outras culturas e de outras costumes. A1
A5
A6
A8
A10
A11
A12
A13
A14
A19
A21
A23
A24
A25
A26
A27
A29
A36
A37
A44
A45
A57
A60
A62
A63
A66
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
B11
B12
B13
B15
B16
B17
B18
B19
B20
B22
B24
B25
C1
C4
C6
C7
C8
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. No seu conxunto poderán axudarlles saber e saber facer e promover a adquisión de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico, saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan. Axudaranlles tamén a coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar, comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente, saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6. Aproximaranse ó dominio das técnicas de observación e rexistro, exercitarán o coñecemento e o dominio das técnicas de expresión oral e escrita e a relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro e da vida cotiá. Serviralles para coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social encamiñadas a resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva, a ter capacidade de análise e síntese, capacidade de búsqueca e manexo de información, capacidade de organización e planificación, capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes, capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos nunha comunicación oral e escrita nas linguas maternas e expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. A1
A5
A6
A10
A11
A12
A13
A14
A19
A21
A23
A24
A25
A26
A27
A29
A36
A37
A44
A45
A57
A60
A62
A63
A66
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
B11
B12
B13
B15
B16
B17
B18
B19
B20
B22
B24
B25
C1
C4
C6
C7
C8
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Todas estas actividades e traballos no seu conxunto axudaranlles a saber, saber facer e saber ser/estar no mantemento de lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo, a promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá, a analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxe audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. As actividades realizadas axudaranlles a comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuir á innovación e á mellora en educación infantil, a abordar análises de campo mediante metoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais, a saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións así como, a valorar a importancia do taballo en equipo, coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia, coñecer a importancia da tradición oral e o folclore e das linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. Facilitarán o coñecemento e a aplicación dos procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia, a participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica, e dicir, aprender a aprender, a aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo, a traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor, a traballar de forma colaborativa, con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Tamén para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente e ter capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través de reflexión sobre a propia práctica. Asimismo, servirán para fomentar a creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas, o recoñecemento e respeto á diversidade e á multiculturalidade, practicar na utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional e desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asimesmo, estarán nunha mellor disposición para valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse, asumindo como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida e a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. A1
A5
A6
A8
A10
A11
A12
A13
A14
A19
A21
A23
A24
A25
A26
A27
A29
A36
A37
A44
A45
A57
A60
A62
A63
A66
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
B11
B12
B13
B15
B16
B17
B18
B19
B20
B22
B24
B25
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. ¿Qué é a socioloxía? A socioloxía como ciencia social. Marcos conceptuais, epistemolóxicos e comenzos metodolóxicos. As desigualdades.
Tema 2. ¿Qué estudia a socioloxía da educación? A educación como feito social e obxecto de estudio sociolóxico. A educación contra a desigualdade. A familia, os iguais, os m.c.m. e as NNTTIICC, cultura, coñecemento, etc. A educación como mecanismo de igualdade e liberdade.
Tema 3. Metodoloxías e ferramentas para o estudio e coñecemento sociolóxico. Metodoloxía cuantitativa. Metodoloxía cualitativa. Fontes e ferramentas para a obtención de datos. As etapas da investigación.
Tema 4. Macrosocioloxía da educación. Políticas educativas, economía da educación e idearios pedagóxicos. Os xeitos de vida, o consumo e a sostenibilidades. O xénero. A inmigración. A infancia.
Tema 5. Microsocioloxía da educación. O proceso de socialización e os seus tipos. Os axentes de socialización. As organizacións educativas formais e non formais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 A6 A13 A23 B12 B18 3 0 3
Traballos tutelados A24 A57 A62 B2 B4 B5 B11 B19 B20 B22 C6 C8 6 50 56
Sesión maxistral A1 A11 A12 A14 A19 A21 A25 A29 A36 A37 A45 A60 A66 B6 B13 B15 B16 B24 B25 16 4 20
Simulación A8 A27 4 0 4
Obradoiro B3 C1 C8 6 0 6
Aprendizaxe colaborativa A26 A44 B1 B5 C7 0 2 2
Saídas de campo A10 A63 B22 C1 C4 2 10 12
Proba mixta B10 C1 2 0 2
Presentación oral B10 B11 B12 B13 B17 3 36 39
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. Tamén se explicará dun xeito xeral a guía docente ó alumnado e o procedemento de avaliación da asignatura.
Traballos tutelados Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Simulación Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Obradoiro Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser reflexionadas, combinadas, aclaradas e razoadas sen violencia nin sexismo. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Aprendizaxe colaborativa Participación, organización e colaboración de principio a fin dun traballo dirixido e "tutelado" pola profesora que deberá ser presentado a través de material debidamente ordenado e elaborado por un grupo ou equipo de traballo conformado por estudantes da materia.
Saídas de campo Obtención de datos a través da aplicación dalgunha ferramenta de investigación.
Proba mixta Preguntas a desenvolver un tema extenso, preguntas para respostar brevemente, ou a respostar tipo test entre varias opcións.
Presentación oral Técnica metodolóxica que supón a utilización de exposición oral apoiándose en documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Simulación
Obradoiro
Presentación oral
Descrición
Execución de prácticas de investigación e intervención (sí é o caso) no eido da Socioloxía da Educación.

Exposición en contextos equivalentes ó da vida real para a resolución de diferentes obxetos de estudio da asignatura. Serviralle de fase de aprendizaxe para que logo poidan extrapolar os coñecementos e habilidades adquiridas cando teñan que facer as saídas de campo.

Nos obradoiros traballaranse calqueira tipo de aspectos relacionados có desenvolvemento das distintas aplicacións teóricas da materia que o precisen.

A presentación oral consistirá en exposicións por parte do alumnado para dar conta das súas aprendizaxes e competencias respecto da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A57 A62 B2 B4 B5 B11 B19 B20 B22 C6 C8 Os alumnos levarán a cabo a longo do cuatrimestre a elaboración dun cartafol de traballo "tutelado" de carácter sociológico en materia educativa. A súa realización por grupos reducidos culminará con la exposición oral dos contenidos diseñados para os distintos apartados que constituíron o devandito traballo.
A realización e presentación deste cartafol de traballo xunto coa realización e entrega de las demás prácticas a realizar durante o cuatrimestre constituirán el 50% de la nota final de la asignatura.
25
Simulación A8 A27 Descrita no paso 5 de metodoloxías 5
Obradoiro B3 C1 C8 Descrito no paso 5 de metodoloxías 5
Presentación oral B10 B11 B12 B13 B17 Descrita no paso 5 de metodoloxías 5
Aprendizaxe colaborativa A26 A44 B1 B5 C7 Descrita no paso 5 de metodoloxías 10
Proba mixta B10 C1 Proba de exámen explicada no apartado correspondente de metodoloxías. Cada unha das preguntas ou tarefas a cumplimentar serán correxidos e puntuados según as respostas ou solucións se adecúen os coñecementos que deberían ter conqueridos. 50
 
Observacións avaliación

O *estudantado da materia terá que entregar unha ficha en formato papel á profesora, cunha foto actualizada e datos personais do alumno ou da alumna.

O longo do cuatrimestre terán lugar sesións de exposición oral nas que a profesora explicará o contido teórico da asignatura, combinadas coas correspondentes clases de docencia e explicacións para os grupos pequenos/"interactivos" nas que ó alumnado levarán a cabo as correspondentes prácticas e desenvolverán as metoloxías primeiro con ensaios e asesoramento presencial de xeito titorizado e dirixido pola profesora. A evaluación da asignatura terá en conta un seguimento activo por parte do alumnado dos contidos desenvolvidos (asistencia, participación na aula, colaboración e implicación no traballo das prácticas, etc.), así como una proba de examen para a superación da parte teórica da asignatura donde se valorarán os coñecementos xerais adquiridos. O conxunto das prácticas desenvolvidas contribuirán nun 50% á nota final y a proba de exámen o restante 50%. Ambas partes teñen que estar superadas para poder realizarse o cálculo da nota media.

As prácticas desenvolvidas en grupos conformarán un informe final que se ten que entregar ó final do cuatrimestre, antes da proba oral, de xeito que todalas actividades, tarefas e traballos a realizar ó longo do cuadrimestre serán contabilizados para a calificación final.

A preparación da proba a examen da parte teórica farase a partir dos apuntes que o alumnado teña tomado e elaborado a partir da súa asistencia as clases e dos manuais da asignatura recomendados por la profesora, así como dos contenidos das Fontes de información de esta guía.

Para o alumnado que (por motivo debidamente acreditado) non concurra á aula coa responsabilidade, asiduidade e constancia que requiere o seguimento e debida realización das prácticas da asignatura, é dicir, que non leven un seguimiento asiduo e activo da materia, poderán examinarse a través dunha proba de preguntas-tema a través de respostas debidamente elaboradas e conforme ó temario da asignatura (que se traballará a partir das fontes bibliográficas) na convocatoria correspondiente dos contidos desenvolvidos no programa da asignatura, pudiendo obter a través de esta proba sólo un 5 como calificación máxima. Previamente terá que ter traballada unha recensión bibliográfica coas indicacións das lecturas dadas pola profesora en titorías e entregada coa dimensión e nas datas fixadas pola profesora (esta recensión será avaliada sobre 2,5 puntos como máximo).

A nota aprobada das prácticas se reservará para entrar a promediar coa calificación da proba mixta de evaluación (aprobada) obtenida a través da recuperación de xullo. Si non se teñen aprobadas as prácticas sólo se evaluará en xullo a través do exámen explicado no párrafo anterior.

*Os criterios e a planificación desta guía docente son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado e segundo o criterio da profesora poderán ser obxecto dalgunha adaptación para superar casuística específica e debidamente xustificadas do alumnado. Todo isto deberá ser debidamente informado e xustificado á profesora no horario de titorías fixado para ser tratadas as excepcións á norma e explorar e poder entón decidir as posibibles adaptacións ou non das casuísticas irregulais.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
GUERRERO SERÓN, ANTONIO (2002). Manual de sociología de la educación. Madrid, Tecnos

ALMARCHA BARBADO, A. (1979): “Cien años de la sociología de la educación en España: 1877-1977” en Revista Española de Investigaciones Sociológicas, núm. 2, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas, p.p. 115-148.

ALONSO HINOJAL, I. (1991): Educación y Sociedad. Las Sociologías de la Educación, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.

AMORÓS, CELIA (1991). Hacia una crítica de la razón patriarcal. Barcelona, Anthropos.

BERGER, P. L. y LUCKMANN, T. (1995): La construcción social de la realidad, Buenos Aires, Amorrortu.

CARBONELL, J. (Comp.) (1996): La escuela, entre la utopía y la realidad: diez temas de sociología de la educación, Barcelona, Ediciones Octaedro.

CARDÚS, S. (2001): El desconcierto de la educación, Barcelona, Ediciones B.

DURKHEIM, E. (1996): Educación y sociología, Barcelona, Península.

DURKHEIM, E. (1992): Historia de la educación y de las doctrinas pedagógicas. La evolución pedagógica en Francia. Madrid, La Piqueta.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (Ed.) (1999): Sociología de la Educación, Barcelona, Ariel.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (1995): La escuela a examen, Madrid, Pirámide.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y TERRÉN, E. (2008): Repensando la organización escolar, Madrid, Akal.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y GUTIÉRREZ SASTRE, M. (2005): Organización escolar, profesión docente y entorno comunitario, Madrid, Akal.

FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coord.) (2003): Sociología de la Educación, Madrid, Pearson Prentice-Hall.

GIDDENS. A. (1993): Sociología, Madrid, Alianza.

GIL VILLA, F. (1997): Teoría sociológica de la educación, Salamanca, Amarú.

GINER. S. (1993): Sociología, Barcelona, Península.

GÓMEZ JALDÓN, C. DOMÍNGUEZ, J. A. (2005): Manual de sociología de la Educación, Madrid, Pirámide.

JEREZ MIR, R. (1990): Sociología de la Educación. Guía didáctica y textos fundamentales, Madrid, CU.

LÓPEZ RUPÉREZ, F. (2001): Preparar el futuro. La educación ante los desafíos de la globalización. Málaga, La Muralla.

MACIONIS, J. y PLUMMER, K. (1999): Sociología, Madrid, Pearson Prentice Hall.

MCMILLAN, J. H. y SCHUMACHER, S. (2005): Investigación educativa, Madrid, Pearson Prentice Hall.

SÁNCHEZ DE MADARIAGA, Elena (2012). Las Maestras de la República. Madrid, Los Libros de la Catarata.

TABERNER GUASP, J. (1999): Sociología y educación. Funciones del sistema educativo en sociedades modernas, Madrid, Tecnos.

VARELA, J. (2007): Las reformas educativas a debate (1982-2006), Barcelona, Morata.

Fernández, F. (2003): Sociología de la Educación, Madrid, Pearson Educación

Fernández, M et al (2008): “¿Fronteras en las aulas?: contacto transcultural y endogamia en las interacciones del alumnado”, en Revista de Educación, no. 345, Dedicado a: De inmigrantes a minorías: temas y problemas de la multiculturalidad Año: 2008, Número: 345

Gil, F. (1994): Teoría sociológica de la educación. Amarú Editores.

Lomas, C. (2007): “¿La escuela es un infierno?: violencia escolar y construcción cultural de la masculinidad”, en Revista de Educación, nº. 342.

Maciones, J. y K. Plummer (1999) Sociología, Madrid, Prentice Hall.

Ritzer, G. (1993): Teoría sociológica clásica. McGraw-Hill Interamericana de España

Subirats, M. (2002): “Rosa y azul: la transmisión de los géneros en la escuela mixta”, en González, A. et al (coord.): Educar para la igualdad, educar desde la diferencia, Barcelona, Graó.

Taberner, J. (1998): Teoría sociológica y educación. Universidad de Córdoba.

Terrén, E., Fernández, M. (2008): “De inmigrantes a minorías: temas y problemas de multiculturalidad (presentación)”, en Revista de Educación, no. 345, Dedicado a: De inmigrantes a minorías: temas y problemas de la multiculturalidad Año: 2008, Número: 345

Valles, M. (1997): Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional, Madrid: Síntesis.

Bibliografía complementaria (). .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para resolver calqueira dúbida ou consulta sobre da execución, avaliación, etc. da asignatura recoméndase acudir no horario de titorías que a profesora expón no taboleiro de anuncios do seu despacho (P2A18) da Facultade de Ciencias da Educación ou concertar unha cita previa para orientar calqueira outra dúbida de carácter académica individual ou grupal. Neste mesmo taboleiro vanse expoñendo os principais avisos e indicacións, datas de presentacións, revisións, exposicións, etc. para que o alumnado poida orientarse mellor nas súas tarefas de traballo grupal e individual.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías