Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Psicología del desarrollo de 0 a 6 años Código 652G01004
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Grado 1º cuatrimestre
Primero Formación Básica 6
Idioma
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinador/a
Porto Rioboo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.prioboo@udc.es
Profesorado
Porto Rioboo, Ana Maria
Santorum Paz, Maria Rosa
Correo electrónico
ana.prioboo@udc.es
rosa.santorump@udc.es
Web
Descripción general Esta materia xunto coa "Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata do coñecemento do desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos de 0 a 3 e de 3 a 6 anos, en concreto nos dominios psicomotriz, cognitivo, lingüístico, social e afectivo-emocional.

Competencias del título
Código Competencias del título
A2 Conocer los desarrollos de la psicología evolutiva de la infancia en los periodos 0-3 y 3-6.
A3 Conocer los fundamentos de atención temprana.
A4 Reconocer la identidad de la etapa y sus características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociales, afectivas.
A15 Conocer los principios básicos de un desarrollo y comportamiento saludables.
B1 Aprender a aprender.
B5 Trabajar de forma colaborativa.
B11 Capacidad de búsqueda y manejo de información.
B24 Reconocimiento y respeto a la diversidad y a la multiculturalidad.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a Psicoloxía do Desenvolvemento ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado de procesos de crecemento, desenvolvemento, experiencias vitais significativas (denominado xenericamente cambio evolutivo). A2
Coñecer e comprender a evolución psicolóxica das nenas e dos nenos no nivel educativo de infantil, é dicir, na primeira (0-3) e segunda infancia ou nenez temperá (3-6 anos) A2
A3
A4
A15
Coñecer e identificar as principais características psicoevolutivas do alumnado de educación infantil nas súas dimensións ou dominios cognitivo e social-relacional e a súa interrelación e continuidade. A2
A3
A4
A15
Identificar e analizar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado na etapa de educación infantil, a través da observación, de autoinformes e estudos clínicos. A2
A4
B1
B5
B11
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B24
C6
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
C7
Elaborar táboas, perfís, cadros .... para a presentación de datos, puntuacións ou información. B1
B11
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A4
B1
B5
B24
C6
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. B1
B5
B24
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. B1
B5
B24
C6
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. B1
B5
B24
C6
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outras compañeiras e compañeiros e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. B1
B5
B24
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidade B5
B24
Desenvolver actitudes favorábeis ao desenvolvemento sotibel C4

Contenidos
Tema Subtema
1. O DESENVOLVEMENTO NA EDUCACIÓN INFANTIL

1. A Psicoloxía do Desenvolvemento
1.1. Obxecto de estudo da Psicoloxía do Desenvolvemento
1.2. Procesos e etapas do desenvolvemento durante a vida
1.3. Determinantes do desenvolvemento
1.4. Deseños básicos para a investigación evolutiva
2. A educación infantil
2.1. Fins e obxectivos da educación infantil
2.2. O currículo na educación infantil
2.3. As competencias básicas en educación infantil

2. DESENVOLVEMENTO PSICOMOTOR
1. Introdución
2. O desenvolvemento físico
3. Desenvolvemento psicomotriz na primeira infancia
3.1. Sistemas para actuar no mundo: Os reflexos
3.2. Sistemas para recibir información: Os sentidos
3.3. Sistemas para transmitir información: O pranto e o sorriso
3.4. A motricidade
4. Desenvolvemento psicomotriz na segunda infancia
4.1. Progresos na psicomotricidade grosa
4.2. Progresos na psicomotricidade fina
4.3. Estabelecemento da preferencia lateral
4.4. O corpo como esquema
4.5. O ton muscular
4.6. A estruturación do espazo e do tempo

3. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO 1. Introdución
2. O desenvolvemento cognitivo na primeira infancia
2.1. O Desenvolvemento da atención
2.2. O Desenvolvemento da memoria
2.3. O Desenvolvemento da intelixencia
3. O desenvolvemento cognitivo na segunda infancia
3.1. Desenvolvemento da atención
3.2. Desenvolvemento da memoria
3.3. Desenvolvemento da intelixencia
4. Implicacións educativas para a etapa
4. ADQUISICIÓN E DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE 1. Introdución
2. Adquisición e desenvolvemento da linguaxe nos dous primeiros anos
2.1. Etapa prelingüística
2.2. Etapa lingüística
2.3 . Aspectos que favorecen a adquisición da linguaxe
3. Desenvolvemento da linguaxe a partir dos dous anos
3.1. Introdución
3.2. Adquisición dos sons da lingua: desenvolvemento fonolóxico
3.3. Adquisición do significado das palabras: desenvolvemento semántico
3.4. Adquisición das regras de organización das palabras: desenvolvemento morfosintáctico
3.5. O coñecemento acerca da linguaxe
4. Implicacións educativas para a etapa
5. DESENVOLVEMENTO AFECTIVO-EMOCIONAL E DA PERSONALIDADE 1. Introdución
2. Desenvolvemento persoal, afectivo-emocional e social na primeira infancia
2.1. A construción da identidade persoal
2.2. O desenvolvemento afectivo-emocional
2.3. O desenvolvemento social
3. Desenvolvemento persoal, afectivo-emocional e social na segunda infancia
3.1. A construción da identidade persoal
3.2. O desenvolvemento emocional e moral
3.3. O desenvolvemento social
4. Implicacións educativas para a etapa


Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Actividades iniciales B24 3 0 3
Sesión magistral A2 A4 16 0 16
Aprendizaje colaborativo A3 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 8 18 26
Trabajos tutelados A2 A4 B1 C6 8 10 18
Estudio de casos A2 B1 B5 C6 0 15 15
Análisis de fuentes documentales B11 0 5 5
Prueba de ensayo/desarrollo A2 A4 2 15 17
Investigación (Proyecto de investigación) A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 5 35 40
 
Atención personalizada 10 0 10
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Actividades iniciales Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Presentación da materia.
Sesión magistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Aprendizaje colaborativo Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de actividades e prácticas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Trabajos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos.
Estudio de casos Metodoloxía na que terán que elaborar informes psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, de alumnado de educación infantil. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análisis de fuentes documentales Técnica metodolóxica na que terán que utilizar material bibliográfico relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Emprégase como introdución xeral á materia, no estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Prueba de ensayo/desarrollo Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Utilízase para a avaliación sumativa. Permite medir as habilidades de síntese, de comparación, de redacción do alumnado, polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos teórico-prácticos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Investigación (Proyecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades-prácticas para identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado de infantil a través da observación, de autoinformes e de estudos clínicos

Atención personalizada
Metodologías
Aprendizaje colaborativo
Trabajos tutelados
Estudio de casos
Análisis de fuentes documentales
Investigación (Proyecto de investigación)
Descripción
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo práctico e na elaboración dos informes pertinentes. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Aprendizaje colaborativo A3 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este traballo realizarase para que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. 0
Trabajos tutelados A2 A4 B1 C6 Informe do traballo individual e grupal realizado para a elaboración de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
20
Análisis de fuentes documentales B11 Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Investigación (Proyecto de investigación) A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos psicoeducativos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, en base aos datos obtidos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
40
Prueba de ensayo/desarrollo A2 A4 Proba de carácter individual para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer". 40
 
Observaciones evaluación

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6
anos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua
. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas.
Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas
presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no
cuadrimestre con ou sen xustificación, en caso contrario deberase optar pola
modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada
por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así
contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir:

a/ Da exposición oral e presentación por escrito das actividades
de grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun
20% da cualificación 

b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se
suxiren para cada tema (investigación -proxecto de investigación-) e que
suporán un máximo do 40% da cualificación.

c/ Da proba do ensaio individual sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da
cualificación.

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar
todas as actividades e prácticas propostas para cada tema  e realizar a
proba de ensaio individual, obtendo en cada unha delas o 50% do peso da
cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das
horas traballadas.

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada
un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final. Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia.

             1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia

do curso
académico correspondente.

Fuentes de información
Básica

ADRIAN SERRRANO, J.E. (2008). El desarrollo psicológico infantil: áreas y procesos fundamentales. Castelló de la Plana: Publiciones de la Universitat Jaume

BASSEDAS, E., HUGUET, T. e SOLÉ, I. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Madrid: Graó

BERGER, K.S. (2007). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia (7ª ed.). Madrid: Editorial Médica Panamericana 

BERGER, K.S. e THOMPSON, R.A. (1997). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana

BERK, L.E. (1999). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice Hall

BERMÚDEZ, M.P. e BERMÚDEZ, A.M. (Eds.) (2004). Manual de Psicoloxía Infantil. Aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica. Madrid: Biblioteca Nueva

BURMAN, E. (1994). La deconstrucción de la Psicología Evolutiva. Madrid. Aprendizaje Visor

CARPINTERO, E. e BELTRÁN, J. (2013). Psicología del desarrollo. Madrid: CEF

CONDE PLAZA, D. (2009). Psicología del desarrollo infantil. Málaga: Ediped (Material Audiovisual)

CÓRDOBA, A.I.; DESCALS, A. e GIL, M.D. (Coords.)(2006). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide

CORRAL, A., GUTIERREZ, F. e HERRANZ, P. (1997). Psicología Evolutiva. Tomo I. Madrid: UNED

CRAIG, G.J. (2001). Desarrollo psicológico (8ª ed.). México: Prentice Hall

DELVAL, J. (1994). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI

DELVAL, J. e ENESCO, I. (1991). La aventura de crecer (material audiovisual)

ENESCO, I. (2010). El desarrollo del bebé: cognición, emociones y afectividad. Madrid: Alianza Editorial

GARCÍA MADRUGA, J.A. e LACASA, P. (Dirs.)(1990). Psicología evolutiva. 2 Vols. Madrid: UNED

GARCÍA MADRUGA, J.A. et al. (2010). Psicología del desarrollo I. Madrid: UNED (libro electrónico)

GARCÍA MUÑOZ, A. (2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide

GIMÉNEZ-DASI, M. et al. (2006). Psicología del desarrollo: addenda, guía didáctica y prácticas. Madrid: UNED

GIMÉNEZ-DASI, M. e MARISCAL, S. (Coords.) (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia. Vol. 1. Madrid: McGraw Hill

GÓMEZ ALBO, A. (2010). Unha viaxe pola infancia. Vigo: In Indo Edicións

GUTIERREZ, F. e VILA, J.O. (coords.) (2011). Psicología del desarrollo 2. Madrid: UNED

KLEIN, L. e HICKMAN, D. (1994). El mundo en pañales (material auditovisual)

MAÍLLO, J.M. (2006). Psicología del desarrollo: en una perspectiva educativa. Madrid. CEPE

MARTÍN, C. e NAVARRO, J.I. (2009). Psicología del desarrollo para docentes. Madrid: Pirámide

MARTÍN, C. e NAVARRO, J.I.  (Coord.) (2016). Psicología evolutiva en Educación Infantil y Primaria. Madrid: Pirámide

MARTÍN SÁNCHEZ, M.V. (2009). Psicología de la educación y del desarrollo en educación infantil. Málaga: Ediped (material audiovisual)

MIRAS, F., SALVADOR, M. e ÁLVAREZ, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario

MUÑOZ GARCÍA, A. (2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide.

MUÑOZ TINOCO, V. et al. (2011). Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Madrid: Pirámide

PALACIOS, J., MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.)(1990). Desarrollo psicológico y educación. I. Psicología Evolutiva. Madrid: Alianza Psicológica

PALACIOS, J., MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.)(2002). Desarrollo psicológico y educación. I. Psicología Evolutiva (2ª edic.). Madrid: Alianza Psicológica

PAPALIA, D.E., WENDKOS, S. e DUSKIN, R. (2005). Desarrollo Humano (9ª edic.). Madrid: McGraw-Hill

PERINAT, A. (2002): Psicología del desarrollo. Del nacimiento al final de la adolescencia. Barcelona: UOC

PÉREZ-DELGADO, E. e GARCÍA ROS, R. (2010). Psicología del desarrollo II. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España (libro electrónico)

PERINAT, A. (2007). Psicología del desarrollo: Un enfoque sistémico. Barcelona: UOC

PÓVEDA, B. e GRANDE, P. (2013). Psicología del desarrollo. Zaragoza: Stylo Digital

RICE, F.P. (2000). Desarrollo humano. Estudo del ciclo vital. México: Prentice Hall

RUBIO, R. (1992). Psicología del desarrollo. Madrid: CCS

SADURNI, M., ROSTÁN, C. e PLANUGUMÁ, P. (2008). El desarrollo de los niños paso a paso (3ª ed.). Barcelona: UOC

SANTROCK, J.W. (2006). Psicología del desarrollo en la infancia (10ª ed.). Madrid: McGraw-Hill

SHAFFER, D.R. (1999). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia (5ª ed). México: Internacional Thomson Editores

SILVESTRE, N. e SOLÉ, M.R. (1993). Psicología evolutiva. Infancia, preadolescencia. Barcelona: CEAC

THALENBERG, E. (2006). Bebé Humano (material audiovisual)

TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords.)(2003). Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide

TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords.)(2004). Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide

YUSTE, N., GAZQUEZ, J.J. e PÉREZ FUENTES, M.C. (2007-2008). Psicología del desarrollo en la escuela (2 Vols.). Granada: Grupo Editorial Universitario

Complementária


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios

Os contidos teóricos, actividades e prácticas poden obterse tanto en Moodle como no Servizo de Reprografía da Universidade.

As actividades e  prácticas entregaranse vía telemática (a través da plataforma virtual Moodle) para contribuír a un desenvolvemento sostíbel, previr impactos negativos sobre o medio ambiente, e evitar o esgotamento de recursos naturais.



(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías