Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos Código 652G01004
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Porto Rioboo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.prioboo@udc.es
Profesorado
Porto Rioboo, Ana Maria
Santorum Paz, Maria Rosa
Correo electrónico
ana.prioboo@udc.es
rosa.santorump@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata do coñecemento do desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos de 0 a 3 e de 3 a 6 anos, en concreto nos dominios psicomotriz, cognitivo, lingüístico, social e afectivo-emocional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
A3 Coñecer os fundamentos de atención temperá.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A15 Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
B1 Aprender a aprender.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a Psicoloxía do Desenvolvemento ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado de procesos de crecemento, desenvolvemento, experiencias vitais significativas (denominado xenericamente cambio evolutivo). A2
Coñecer e comprender a evolución psicolóxica das nenas e dos nenos no nivel educativo de infantil, é dicir, na primeira (0-3) e segunda infancia ou nenez temperá (3-6 anos) A2
A3
A4
A15
Coñecer e identificar as principais características psicoevolutivas do alumnado de educación infantil nas súas dimensións ou dominios cognitivo e social-relacional e a súa interrelación e continuidade. A2
A3
A4
A15
Identificar e analizar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado na etapa de educación infantil, a través da observación, de autoinformes e estudos clínicos. A2
A4
B1
B5
B11
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B24
C6
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
C7
Elaborar táboas, perfís, cadros .... para a presentación de datos, puntuacións ou información. B1
B11
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A4
B1
B5
B24
C6
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. B1
B5
B24
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. B1
B5
B24
C6
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. B1
B5
B24
C6
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outras compañeiras e compañeiros e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. B1
B5
B24
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidade B5
B24
Desenvolver actitudes favorábeis ao desenvolvemento sotibel C4

Contidos
Temas Subtemas
1. O DESENVOLVEMENTO NA EDUCACIÓN INFANTIL

1. A Psicoloxía do Desenvolvemento
1.1. Obxecto de estudo da Psicoloxía do Desenvolvemento
1.2. Procesos e etapas do desenvolvemento durante a vida
1.3. Determinantes do desenvolvemento
1.4. Deseños básicos para a investigación evolutiva
2. A educación infantil
2.1. Fins e obxectivos da educación infantil
2.2. O currículo na educación infantil
2.3. As competencias básicas en educación infantil

2. DESENVOLVEMENTO PSICOMOTOR
1. Introdución
2. O desenvolvemento físico
3. Desenvolvemento psicomotriz na primeira infancia
3.1. Sistemas para actuar no mundo: Os reflexos
3.2. Sistemas para recibir información: Os sentidos
3.3. Sistemas para transmitir información: O pranto e o sorriso
3.4. A motricidade
4. Desenvolvemento psicomotriz na segunda infancia
4.1. Progresos na psicomotricidade grosa
4.2. Progresos na psicomotricidade fina
4.3. Estabelecemento da preferencia lateral
4.4. O corpo como esquema
4.5. O ton muscular
4.6. A estruturación do espazo e do tempo

3. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO 1. Introdución
2. O desenvolvemento cognitivo na primeira infancia
2.1. O Desenvolvemento da atención
2.2. O Desenvolvemento da memoria
2.3. O Desenvolvemento da intelixencia
3. O desenvolvemento cognitivo na segunda infancia
3.1. Desenvolvemento da atención
3.2. Desenvolvemento da memoria
3.3. Desenvolvemento da intelixencia
4. Implicacións educativas para a etapa
4. ADQUISICIÓN E DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE 1. Introdución
2. Adquisición e desenvolvemento da linguaxe nos dous primeiros anos
2.1. Etapa prelingüística
2.2. Etapa lingüística
2.3 . Aspectos que favorecen a adquisición da linguaxe
3. Desenvolvemento da linguaxe a partir dos dous anos
3.1. Introdución
3.2. Adquisición dos sons da lingua: desenvolvemento fonolóxico
3.3. Adquisición do significado das palabras: desenvolvemento semántico
3.4. Adquisición das regras de organización das palabras: desenvolvemento morfosintáctico
3.5. O coñecemento acerca da linguaxe
4. Implicacións educativas para a etapa
5. DESENVOLVEMENTO AFECTIVO-EMOCIONAL E DA PERSONALIDADE 1. Introdución
2. Desenvolvemento persoal, afectivo-emocional e social na primeira infancia
2.1. A construción da identidade persoal
2.2. O desenvolvemento afectivo-emocional
2.3. O desenvolvemento social
3. Desenvolvemento persoal, afectivo-emocional e social na segunda infancia
3.1. A construción da identidade persoal
3.2. O desenvolvemento emocional e moral
3.3. O desenvolvemento social
4. Implicacións educativas para a etapa


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B24 3 0 3
Sesión maxistral A2 A4 16 0 16
Aprendizaxe colaborativa A3 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 8 18 26
Traballos tutelados A2 A4 B1 C6 8 10 18
Estudo de casos A2 B1 B5 C6 0 15 15
Análise de fontes documentais B11 0 5 5
Proba de ensaio A2 A4 2 15 17
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 5 35 40
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Presentación da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de actividades e prácticas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos.
Estudo de casos Metodoloxía na que terán que elaborar informes psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, de alumnado de educación infantil. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica na que terán que utilizar material bibliográfico relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Emprégase como introdución xeral á materia, no estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Utilízase para a avaliación sumativa. Permite medir as habilidades de síntese, de comparación, de redacción do alumnado, polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos teórico-prácticos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades-prácticas para identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado de infantil a través da observación, de autoinformes e de estudos clínicos

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo práctico e na elaboración dos informes pertinentes. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este traballo realizarase para que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. 0
Traballos tutelados A2 A4 B1 C6 Informe do traballo individual e grupal realizado para a elaboración de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
20
Análise de fontes documentais B11 Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos psicoeducativos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, en base aos datos obtidos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
40
Proba de ensaio A2 A4 Proba de carácter individual para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer". 40
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6
anos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua
. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas.
Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas
presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no
cuadrimestre con ou sen xustificación, en caso contrario deberase optar pola
modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada
por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así
contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir:

a/ Da exposición oral e presentación por escrito das actividades
de grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun
20% da cualificación 

b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se
suxiren para cada tema (investigación -proxecto de investigación-) e que
suporán un máximo do 40% da cualificación.

c/ Da proba do ensaio individual sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da
cualificación.

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar
todas as actividades e prácticas propostas para cada tema  e realizar a
proba de ensaio individual, obtendo en cada unha delas o 50% do peso da
cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das
horas traballadas.

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada
un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final. Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia.

             1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso
académico correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica

ADRIAN SERRRANO, J.E. (2008). El desarrollo psicológico infantil: áreas y procesos fundamentales. Castelló de la Plana: Publiciones de la Universitat Jaume

BASSEDAS, E., HUGUET, T. e SOLÉ, I. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Madrid: Graó

BERGER, K.S. (2007). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia (7ª ed.). Madrid: Editorial Médica Panamericana 

BERGER, K.S. e THOMPSON, R.A. (1997). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana

BERK, L.E. (1999). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice Hall

BERMÚDEZ, M.P. e BERMÚDEZ, A.M. (Eds.) (2004). Manual de Psicoloxía Infantil. Aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica. Madrid: Biblioteca Nueva

BURMAN, E. (1994). La deconstrucción de la Psicología Evolutiva. Madrid. Aprendizaje Visor

CARPINTERO, E. e BELTRÁN, J. (2013). Psicología del desarrollo. Madrid: CEF

CONDE PLAZA, D. (2009). Psicología del desarrollo infantil. Málaga: Ediped (Material Audiovisual)

CÓRDOBA, A.I.; DESCALS, A. e GIL, M.D. (Coords.)(2006). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide

CORRAL, A., GUTIERREZ, F. e HERRANZ, P. (1997). Psicología Evolutiva. Tomo I. Madrid: UNED

CRAIG, G.J. (2001). Desarrollo psicológico (8ª ed.). México: Prentice Hall

DELVAL, J. (1994). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI

DELVAL, J. e ENESCO, I. (1991). La aventura de crecer (material audiovisual)

ENESCO, I. (2010). El desarrollo del bebé: cognición, emociones y afectividad. Madrid: Alianza Editorial

GARCÍA MADRUGA, J.A. e LACASA, P. (Dirs.)(1990). Psicología evolutiva. 2 Vols. Madrid: UNED

GARCÍA MADRUGA, J.A. et al. (2010). Psicología del desarrollo I. Madrid: UNED (libro electrónico)

GARCÍA MUÑOZ, A. (2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide

GIMÉNEZ-DASI, M. et al. (2006). Psicología del desarrollo: addenda, guía didáctica y prácticas. Madrid: UNED

GIMÉNEZ-DASI, M. e MARISCAL, S. (Coords.) (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia. Vol. 1. Madrid: McGraw Hill

GÓMEZ ALBO, A. (2010). Unha viaxe pola infancia. Vigo: In Indo Edicións

GUTIERREZ, F. e VILA, J.O. (coords.) (2011). Psicología del desarrollo 2. Madrid: UNED

KLEIN, L. e HICKMAN, D. (1994). El mundo en pañales (material auditovisual)

MAÍLLO, J.M. (2006). Psicología del desarrollo: en una perspectiva educativa. Madrid. CEPE

MARTÍN, C. e NAVARRO, J.I. (2009). Psicología del desarrollo para docentes. Madrid: Pirámide

MARTÍN, C. e NAVARRO, J.I.  (Coord.) (2016). Psicología evolutiva en Educación Infantil y Primaria. Madrid: Pirámide

MARTÍN SÁNCHEZ, M.V. (2009). Psicología de la educación y del desarrollo en educación infantil. Málaga: Ediped (material audiovisual)

MIRAS, F., SALVADOR, M. e ÁLVAREZ, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario

MUÑOZ GARCÍA, A. (2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide.

MUÑOZ TINOCO, V. et al. (2011). Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Madrid: Pirámide

PALACIOS, J., MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.)(1990). Desarrollo psicológico y educación. I. Psicología Evolutiva. Madrid: Alianza Psicológica

PALACIOS, J., MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.)(2002). Desarrollo psicológico y educación. I. Psicología Evolutiva (2ª edic.). Madrid: Alianza Psicológica

PAPALIA, D.E., WENDKOS, S. e DUSKIN, R. (2005). Desarrollo Humano (9ª edic.). Madrid: McGraw-Hill

PERINAT, A. (2002): Psicología del desarrollo. Del nacimiento al final de la adolescencia. Barcelona: UOC

PÉREZ-DELGADO, E. e GARCÍA ROS, R. (2010). Psicología del desarrollo II. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España (libro electrónico)

PERINAT, A. (2007). Psicología del desarrollo: Un enfoque sistémico. Barcelona: UOC

PÓVEDA, B. e GRANDE, P. (2013). Psicología del desarrollo. Zaragoza: Stylo Digital

RICE, F.P. (2000). Desarrollo humano. Estudo del ciclo vital. México: Prentice Hall

RUBIO, R. (1992). Psicología del desarrollo. Madrid: CCS

SADURNI, M., ROSTÁN, C. e PLANUGUMÁ, P. (2008). El desarrollo de los niños paso a paso (3ª ed.). Barcelona: UOC

SANTROCK, J.W. (2006). Psicología del desarrollo en la infancia (10ª ed.). Madrid: McGraw-Hill

SHAFFER, D.R. (1999). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia (5ª ed). México: Internacional Thomson Editores

SILVESTRE, N. e SOLÉ, M.R. (1993). Psicología evolutiva. Infancia, preadolescencia. Barcelona: CEAC

THALENBERG, E. (2006). Bebé Humano (material audiovisual)

TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords.)(2003). Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide

TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords.)(2004). Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide

YUSTE, N., GAZQUEZ, J.J. e PÉREZ FUENTES, M.C. (2007-2008). Psicología del desarrollo en la escuela (2 Vols.). Granada: Grupo Editorial Universitario

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os contidos teóricos, actividades e prácticas poden obterse tanto en Moodle como no Servizo de Reprografía da Universidade.

As actividades e  prácticas entregaranse vía telemática (a través da plataforma virtual Moodle) para contribuír a un desenvolvemento sostíbel, previr impactos negativos sobre o medio ambiente, e evitar o esgotamento de recursos naturais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías