Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Tecnoloxías da información e a comunicación en educación Código 652G01005
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Fernandez Prieto, Marta
Correo electrónico
marta.prieto1@udc.es
Profesorado
Fernandez Prieto, Marta
Correo electrónico
marta.prieto1@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/login/index.php
Descrición xeral A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación forma parte do plan de estudios do grado en Educación Infantil, se cursa no primeiro curso e é unha materia de Formación básica de 6 créditos ECTS.

Os estudios conducentes ao Grado en Educación Infantil teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis educativos de 0 a 6 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita o desenrolo integral dos nenos e nenas das etapas da Educación Infantil e que responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social.

Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados.

A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación dotará os futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación.

Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información gracias as TIC son agora as actividades centrais e as principais fonte de productividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán encamiñarse a formar a futuros cidadáns con capacidade para analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social.

Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudiante na súa construcción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando, por exemplo, o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente.

A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do primeiro curso do plan de estudios como poden ser Deseño, desenvolvemento e avalización do curriculum, Socioloxía da educación ou Valores e educación para a igualdade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A64 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se podan establecer nun centro.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para comprender e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e na educación desenvolvendo un compromiso ético co papel liberador das novas tecnoloxías fronte o seu posible papel opresor. A13
A41
B3
B6
B25
C3
C4
C6
C8
Capacidade para preparar, seleccionar, avaliar, crear e construír materiais didácticos coas TIC para o traballo das distintas áreas do curriculum da Educación Infantil e tendo en conta principios educativos como a educación democrática e inclusiva e a preocupación pola xustiza social. A1
A5
A25
A29
A30
A41
A57
A62
B2
B3
B4
B5
B10
B11
B12
B17
B19
B22
B25
C1
C3
Capacidade de emprego das TIC como ferramentas que, adecuadamente integradas no curriculum, poden contribuir a mellora da formación docente, da calidade do ensino nos niveis da educación infantil e que poden favorecer os procesos de construcción do coñecemento por parte dos estudantes. A21
A25
A28
A41
A62
A63
A64
B1
B7
B9
B14
B15
B25
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. TECNOLOXÍAS, SOCIEDADE E EDUCACIÓN: CENTROS EDUCATIVOS E A INTEGRACIÓN DAS TIC - Globalización e tecnoloxías da información e comunicación (TIC) en educación infantil. Aspectos sociais e educativos e a súa influencia na formación do profesorado.

- TIC, contidos e centros de educación infantil: plans, programas, proxectos e leis para traballar coas TIC.
2. CENTROS E PROFESORES DE EDUCACIÓN INFANTIL FRENTE Á REDE. USO, DESEÑO, PREPARACIÓN E USO DAS TECNOLOXÍAS NOS CENTROS. - Deseño de proxectos educativos con Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Planificación de contidos, metodoloxías e actividades para ciclos e áreas de coñecemento.

- Ambientes virtuais, materiais e ferramentas como recursos didácticos para a comunidade educativa dos centros de Educación Infantil.
3. PROXECTOS DE REDES INTERCENTRO. PROPOSTAS INNOVADORAS - Recursos en liña para a aprendizaxe colaborativa e cooperativa entre centros educativos. O traballo entre os centros de Educación Infantil no uso compartido das TIC.

- Novos escenarios educativos en novos espazos de formación e aprendizaxe.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A13 A21 21 6 27
Traballos tutelados A21 A25 A28 A29 A30 A41 B1 B7 B9 B10 B11 B25 C3 C8 6 25 31
Aprendizaxe colaborativa A5 A29 A41 A63 A64 B2 B5 B6 B14 C4 C7 4 21 25
Prácticas a través de TIC A57 A62 B4 B25 C3 C6 4 15 19
Proba oral B3 B10 B11 B12 B17 B19 C1 1 5 6
Análise de fontes documentais A1 A13 A62 B1 B3 B4 B9 B11 B17 B22 C4 C6 C8 3 19 22
Proba de ensaio A13 A57 B3 B10 B11 B17 C8 1 5 6
Presentación oral A30 A41 B7 B9 B10 B12 B15 B17 B19 B22 B25 C1 C3 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Traballos tutelados Aoredor dos diferentes temas, proporase a realización dun proxecto con diferentes tarefas en pequenos grupos baseado en prácticas a través das TIC. Estas actividades comezarán na aula e deberán completarse a través do traballo autónomo dos alumnos, seguindo as indicacións que proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios. Basearanse no traballo con diferentes recursos en liña, con diferentes programas de software libre e ferramentas dixitais. Finalmente, a través da presentación na aula, cada grupo compartirá o traballo feito cos outros grupos.
Aprendizaxe colaborativa Asesoramiento personalizado para el desarrollo de los debates y para el trabajo colaborativo y cooperativo; para el reparto de tareas por grupos; para la motivación en la cooperación de los grupos y orientación en las discusiones dirigidas que surgen de los debates en grupo.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Proba oral Busca responder, oralmente, a preguntas curtas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionarse, etc.), a creatividade e o espírito crítico. Permite medir habilidades como a capacidade de crítica, síntese, comparación, elaboración e orixinalidade dos estudantes e do seu traballo.
Nesta materia a Proba Oral consistirá na exposición final dos Traballos Tutelados.
Análise de fontes documentais Estudo de documentos audiovisuais e / ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para o tema con análises concretas e máis complexas sobre TIC e educación Infantil e o tema de estudo en traballos tutelados.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Nesta materia utilizarase para avaliar o recollido nas Fontes Documentais
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na presentación verbal das tarefas a realizar ao longo da materia, formulando preguntas, aclarando e presentando temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial e non presencial co profesor, Corresponde coa atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo na realización da proposta educativa e na preparación da presentación oral da mesma.
No modelo de Continxencia xa indicarase as normas e as formas de aptención personalizadad na docencia híbrida da materia.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), se recolle nesta Guías docente de maneira específica as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”.as metodoloxías (dinámicas de traballo) que se desenvolverán con este alumnado para o estudo da materia serán a tutorización exclusiva acerca de cualquier contido da materia en horarios adaptados a súa situación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A25 A28 A29 A30 A41 B1 B7 B9 B10 B11 B25 C3 C8 Avaliación grupal. Obrigatorio

Avaliarase o contido de todas as tarefas a realizar e da proposta educativa:

- A profundidade do contido (15).
- O dominio das aplicacións empregadas ao longo do proxecto (10).
- O tratamento dunha linguaxe específica ou adaptada ao contexto do proxecto (10).
- O emprego de fontes documentais complementarias e actuais (10).
- A orixinalidade da proposta (15).
60
Proba oral B3 B10 B11 B12 B17 B19 C1 Avaliación grupal. Obrigatorio

Valorarase a exposición do traballo supervisado:

- claridade da presentación. Distribución de tempos (5).
- capacidade de síntese (5).
- Capacidade para comparar e relacionarse con fontes documentais (5).
- orixinalidade na presentación (5).
20
Proba de ensaio A13 A57 B3 B10 B11 B17 C8 Avaliación Individual Non Obligatoria. Optativa.

Proba escrita que recolle os análisis de Fontes Documentais presentados junto con o traballado nos Traballos Tutelados a través dunha serie de preguntas abertas e de desenrolo.
20
 
Observacións avaliación

1. Tanto para a primerira como para a segunda oportunidade de avaliación os criterios serán os mesmos.

2. Os estudantes a tempo parcial poden
solicitar aos decanos / directores dos centros responsables da súa titulación
ou aos coordinadores dos másteres, se é o caso, a dispensación académica que os
exime de asistir á clase desas materias ou partes das materias nas que admítese
a mencionada dispensa na súa guía docente; non obstante, en calquera caso,
serán avaliados polo sistema de avaliación continua.Neste caso se adaptarán horarios para títorias e probas de avaliación contínua e final a cada un dos estudiantes con dispensa.

3. "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

4. Os Traballos Tutelados faranse en grupos de tres personas. Os integrantes do grupo levarán a mesma nota. Para iso é imprescindible a asistencia a clase, polo que duas faltas sin xustificar resta 1 punto na avaliación final do grupo.


Fontes de información
Bibliografía básica
  1. Legislación Xunta de Galicia Curriclum Oficial Educación Infantil http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/05/26/lexislacion_da_educacion_infantil_en_galicia.pdf

  2. REVISTA AULA DE INFANTIL. https://www.grao.com/revistas/revista-aula-infantil/

  3. REVISTA PIXEL BIT. https://recyt.fecyt.es/index.php/pixel/index

  4. REVISTA CUADERNOS DE PEDAGOGÍA. https://www.cuadernosdepedagogia.com/

  5. REVISTA COMUNICAR. https://www.revistacomunicar.com/

  6. REVISTA GALEGA DO ENSINO EDUGA. https://www.edu.xunta.gal/eduga/

  7. SCHOOL EDUCATION GATEWAY. https://www.schooleducationgateway.eu/es/pub/index.htm

  8. REVISTA MAGISTERIO INFANTIL. https://www.magisnet.com/category/escuelainfantil/

  9. CASA DEL LIBRO. INFANTIL. https://www.casadellibro.com/mas-vendidos-socios-infantil

  10. REVISTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. REEDUCA. https://www.rededuca.net/revista-innovacion-educativa

  11. Universidade da coruña

Bibliografía complementaria QUINTAS HIJÓS, ALEJANDRO (). INCLUSIÓN EDUCATIVA Y TECNOLOGÍAS PARA EL APRENDIZAJE . OCTAEDRO
ROSALÍA ROMERO TENA Y OTROS (2018). INNOVACIÓN Y TECNOLOGÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL. UNIVERSIDAD DE SEVILLA
LILIANA WAIDLER , VV.AA. (2022). INTEGRACIÓN DE LAS TIC EN LA EDUCACIÓN INFANTIL. NOVEDADES EDUCATIVAS
GIMÉNEZ-DASÍ, MARTA (2017). PENSANDO LAS EMOCIONES CON ATENCIÓN PLENA. PROGRAMA DE INTERVENCIÓN PARA EDUCACIÓN INFANTIL. PIRÁMIDE
QUINTAS HIJÓS, ALEJANDRO (2020). TEORÍA EDUCATIVA SOBRE TECNOLOGÍA, JUEGO Y RECURSOS EN DIDÁCTICA DE LA EDUCACIÓN INFANTIL .

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
1. Requírese ordenador, tablet y/o portátil  con conexión na aula.

2.Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase dos estudiantes e valores de respeto e igualdade.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías