Identifying Data 2020/21
Subject (*) Psychology of Learning in Educational Contexts Code 652G01007
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Psicoloxía
Coordinador
Porto Riobó, Ana Maria
E-mail
ana.prioboo@udc.es
Lecturers
Ferradás Canedo , María del Mar
Freire Rodríguez, Carlos
Porto Riobó, Ana Maria
E-mail
mar.ferradasc@udc.es
carlos.freire.rodriguez@udc.es
ana.prioboo@udc.es
Web
General description Esta materia xunto coa "Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata da comprensión dos procesos educativos e da aprendizaxe e dos determinantes persoais e relacionais e contextuais da aprendizaxe escolar.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se producirán cambios, xa que os contidos están íntegros na plataforma virtual Moodle

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Investigación (Proxecto de Investigación)

*Metodoloxías docentes que se modifican

- Actividades de Avaliación inicial.
Faranse a través de reunións programadas vía teams nos módulos horarios de docencia expositiva con cada grupo interactivo

- Sesión maxistral.
Poderá facerse virtualmente (durante os módulos horarios de docencia expositiva) para algúns apartados do temario que revistan maior dificultade ou sexan obxecto de actividades nos traballos tutelados; no resto, resolveranse dúbidas conceptuais, individuais ou grupais, vía teams, durante os horarios de docencia expositiva.

- Traballos tutelados.
As actividades colaborativas serán guiadas/orientadas virtualmente a través de reunións con portavoces grupais ou chats a través de teams nos módulos horarios interactivos ou indicacións/aclaracións realizadas a través da plataforma moodle

- Proba de ensaio
Na Modalidade A de avaliación elimínase.
Na Modalidade B de avaliación mantense.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada realizarase durante os módulos horarios da materia interactivos e horario de titorías (para a Modalidade A) e en horario de titorías (para a Modalidades B de avaliación)

4. Modificacións na avaliación

Na Modalidade A de avaliación: a/ os traballos tutelados terán o 80% de peso na avaliación; b/ A investigación constituirá o 20% do peso na avaliación; c/ elimínase a proba de ensaio.

Na Modalidade B de avaliación, a proba de ensaio será asíncrona de longa duración con material. con preguntas referidas tanto aos contidos teóricos como prácticos. No día e hora da mesma convocarase ao alumnado únaa reunión en teams para a entrega da proba; unha vez reali
zada entregarase vía moodle. En canto ao peso da mesma non modifícase (constitúe o 100% da avaliación).

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se farán modificacións na bibliografía-

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
B1 Aprender a aprender.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a psicoloxía da educación ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado da súa participación en situacións educativas. A1
A4
Coñecer, comprender e reflexionar sobre as principais teorías, concepcións e tipos de aprendizaxe e as súas implicacións educativas e valorar a importancia de facer unha aprendizaxe constructiva, significativa e interactiva. A1
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza intrapersoal ou propias do alumnado, tanto do ámbito cognitivo como afectivo e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A5
A6
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza relacional ou contextual e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A5
A6
B1
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B1
B5
B24
C6
C7
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A1
B1
B5
C6
C7
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. A1
B1
C6
C7
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. A5
B5
B24
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. A6
B1
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outras compañeiras e compañeiros e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. A6
B1
B5
B24
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad B24
Desenvolver actitudes favorábeis cara o desenvolvemento sostíbel. C4

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1: O PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE DESDE A PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN

1. A transformación da educación en desenvolvemento
2. O estudo da aprendizaxe a través da Psicoloxía da Educación
2.1. O obxecto de estudo da P.E.
2.2. Os contidos da P.E.
3. A sistematización dos procesos de ensino/aprendizaxe escolar

Actividades prácticas

TEMA 2: A APRENDIZAXE ESCOLAR NA PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN 1. Introdución
2. Principais enfoques psicolóxicos da aprendizaxe
2.1. Enfoque condutista
2.2. Enfoque cognitivo
3. Categorías/tipos de aprendizaxe escolar
4. Trazos relevantes da aprendizaxe escolar
5. Os procesos de aprendizaxe

Actividades prácticas

TEMA 3: MOTIVACIÓN PARA A APRENDIZAXE
1. Introdución
2. Que é a motivación escolar e de que depende?
3. O compoñente de valor da motivación: as metas académicas
3.1. Metas de aprendizaxe e metas de execución
3.2. O sistema educativo e a formación de metas
4. Os compoñentes de expectativa e afectivo-emocional da motivación
4.1. As atribucións causais
4.1.1. As dimensións da causalidade
4.1.2.Consecuencias cognitivas (expectativas) e afectivas das atribucións de causalidade
4.1.3. Estilos atribucionais e motivación
4.2. O autoconcepto como variábel motivacional
4.2.1. Teoría de autovalía

Actividades prácticas
TEMA 4: COMPETENCIAS SOCIO-EMOCIONAIS 1. Introdución
2. Intelixencia emocional
2.1. A importancia de desenvolver a intelixencia emocional
2.2. Habilidades emocionais
3. Competencias socio-emocionais
4. A práctica da educación emocional na educación infantil

Actividades prácticas
TEMA 5: FACTORES INTERPERSOAIS E CONTEXTUAIS QUE AFECTAN Á APRENDIZAXE ESCOLAR
1. Introdución
2. A interacción profesorado-alumnado
2.1. Representacións mutuas
2.2. Efectos das expectativas na educación
3. Interacción entre o alumnado
3.1. Introdución
3.2. Preferencia e popularidade entre iguais
3.3. Nivel de participación do alumnado
3.3.1. Aprendizaxe cooperativa
3.3.2. Titoría entre iguais
3.3.3. Colaboración entre iguais
3.4. A construción do coñecemento na interacción entre o alumnado
3.4.1. Mecanismos interpsicolóxicos
3.4.2. Factores moduladores

Actividades prácticas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A1 B5 B24 3 0 3
Guest lecture / keynote speech A1 A4 15 0 15
Supervised projects A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 18 60 78
Research (Research project) A1 A4 B1 B5 B11 C6 C7 4 38 42
Long answer / essay questions A1 B1 B11 2 0 2
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Presentación da materia.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais (presencial ou virtualmente) e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e guía da profesora ou profesor (de forma presencial ou virtualmente). Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado, de forma colaborativa, comprenda significativamente en que consiste a aprendizaxe escolar e as variabéis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma para finalmente integralo na súa estrutura de coñecementos.
Research (Research project) Proceso de ensinanza (presencial ou virtualmente) orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades prácticas (informes/artigos de investigación) realizadas de forma colaborativa ou cooperativa. Estas actividades consistirán na análise e estudo da aprendizaxe escolar e dalgunhas das variábeis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma.
Long answer / essay questions Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento. Permite medir as habilidades de síntese, descrición, comparación, relación, explicación, exemplificación, polo que implica un dominio amplo e profundo dos contidos tanto teóricos como das actividades e prácticas desenvoltas na aula.

Personalized attention
Methodologies
Research (Research project)
Supervised projects
Description
A atención personalizada realizarase de forma presencial tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico práctico. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Research (Research project) A1 A4 B1 B5 B11 C6 C7 Estas actividades prácticas (informes/artigo de investigación), consistentes na análise e estudo da aprendizaxe escolar e dalgunhas das variábeis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma, serán realizadas de forma colaborativa/cooperativa e entregadas a través da plataforma Moodle na data/s sinaladas no cronograma. 10
Supervised projects A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 Actividades de orientación-execución e de demostración-práctica tuteladas e guiadas pola profesora/profesor co de que o alumnado, de forma colaborativa, comprenda significativamente en que consiste a aprendizaxe escolar e as variabéis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma para finalmente integralo na súa estrutura de coñecementos. Estas actividades, realizadas en grupos colaborativos non superiores a 4 personas, serán entregadas a través da plataforma Moodle nas datas sinaladas no cronograma ao finalizar cada tema. 50
Long answer / essay questions A1 B1 B11 Esta proba de carácter individual realizarase para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" (contidos teóricos) e "saber facer" (actividades e prácticas) Búscase responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento. Permite medir as habilidades de síntese, descrición, comparación, relación, explicación, exemplificación.
Na MODALIDADE B de AVALIACIÓN esta proba terá o 100% do peso na avaliación.
40
 
Assessment comments

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua.
 

a/ Da  presentación por escrito das actividades de grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun 50% da cualificación 

b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se indiquen (investigación/proxecto de investigación) e que suporán un máximo do 10% da cualificación.

b/ proba do ensaio individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da cualificación

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar todas as actividades (traballos tutelados) e prácticas (investigación) grupais propostas obtendo en cada unha delas o 50% do peso da cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas (participación cualificada polos membros do grupo colaborativo). Ademáis deberá realizarse a proba de ensaio individual, obtendo igualmente un 50% do peso da cualificación.  

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo (esta cualificación a nivel individual pódese ver afectada polas cualificacións que os membros do grupo fagan do traballo realizado por cada membro). No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final

Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado doutras convocatorias/repetidor ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia, que constituirá o 100% do peso da avaliación. 

      1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso
académico correspondente.


Sources of information
Basic

ARTOLA, t. (2013): Psicología de la educación. Zaragoza: Stylo Digital

BASSEDAS, E., HUGUET, T. e SOLÉ, I. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Barcelona:Graó

BELTRAN, J. e outros/as (1992). Psicología de la educación. Madrid: EUDEMA

BELTRAN, J. e BUENO, J.A. (Eds.) (1995). Psicología de la educación. Barcelona: Marcombo.

BUENO, J.A. e CASTANEDO, C. (Coords.) (2001). Psicología de la educación aplicada (2ª ed.). Madrid: CCS

COLL, C., PALACIOS, J. e MARCHESI, A. (Comps.) (1990). Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la educación. Madrid: Alianza 
Psicológica

COLL, C., PALACIOS, J. e MARCHESI, A. (Comps.) (2007): Desarrollo psicológico y educación. II. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza.

FERNÁNDEZ, E., JUSTICIA, F. e PICHARDO, M.C. (2007). Enciclopedia de psicología evolutiva y de la educación. Málaga: Aljibe

GÓMEZ, A. (2010). Unha viaxe pola infancia. Vigo: Ir Indo

GONZÁLEZ PÉREZ, J. e CRIADO, M.J. (2004). Psicología de la educación para una enseñanza práctica. Madrid:CCS

GONZÁLEZ PIENDA, J.A. e outros (Coords.) (2002). Manual de psicología de la educación. Madrid: Pirámide.

GOOD, T.H.L. e BROPHY, J. (1996). Psicología educativa contemporánea (5ª ed.). Madrid: McGraw Hill .

HENSON, K.T. e ELLER, B.F. (2000). Psicología educativa para la enseñanza eficaz. México: International Thompson Editores.

MARCHESI, A. (2004). Que será de nosotros, los malos alumnos. Madrid: Alianza Ensayo

MARTÍN SÁNCHEZ, M.V. (2009). Psicología de la educación y del desarrollo en educación infantil. Málaga: Ediped

MAYER, R.E. (2004). Psicología de la educación. Madrid : Pearson Educación

MIRAS MARTÍNEZ, F. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario

NAVARRO, J.I. e MARTÍN, C. (Coords.) (2010).  Psicología de la educación para docentes. Madrid: Pirámide

PELLÓN, R. et al. (2014): Psicología del aprendizaje. Madrid: UNED

PONTECORVO, Cl. (Coord.) (2003). Manual de psicología de la educación. Madrid: Editorial Popular

PRADOS GALLARDO, M. (2014). Manual de psicología de la educación: para docentes de educación infantil y primaria. Madrid: Pirámide

RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, S. (Coord.) (2015): Psicología de la Educación. Grado en Educación Infantil y Primaria. Madrid: Pirámide

SAMPASCUAL, G (2001). Psicología de la educación. Madrid: UNED.

SAMPASCUAL, G (2002). Psicología del desarrollo y de la educaicón. Vol. II: Psicología de la educación. Madrid: UNED.

SANTROCK, J.W. (2001). Psicología de la educación. México: McGraw Hill.

SANTROCK, J.W. (2006). Psicología de la educación (2ª ed.). México: McGraw Hill

SPRINTHALL, N.A., SPRINTHALL, R.C. e OJA, S.N. (1996). Psicología de la educación (6ª Ed.). Madrid: McGraw Hill

TRIANES, M.V. (Coord.); ABASCAL, J.[et al.] (1992). Psicología de la Educación para profesores. Málaga: Secretariado de Publicaciones

TRIANES, M.V. (Coord.) (1996). Psicología de la educación para profesores. Madrid: Pirámide (Biblioteca Eudema)

TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (1998). Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide.

TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (2004). Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide.

TRIANES, M.V. e LUQUE, D. (2013): Manual de psicología de la educación para psicólogos. Málaga: Luque Parra

WOOLFOLK, A. (1999). Psicología educativa (7ª ed.). México: Prentice Hall

Complementary

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Os contidos teóricos, actividades e prácticas poden obterse tanto en Moodle como no Servizo de Reprografía da Universidade (na súa redacción utilzouse unha linguaxe inclusiva).

As actividades e  prácticas entregaranse vía telemática (a través da plataforma virtual Moodle) para contribuír a un desenvolvemento sostibel, evitando o esgotamento de recursos naturais



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.