Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Valores e educación para a igualdade Código 652G01008
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cotelo Guerra, Dolores
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
Profesorado
Cotelo Guerra, Dolores
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende favorecer a reflexión, a formación e o compromiso cos valores, os dereitos humáns e da infancia. É moi necesario que desde idades temperás se eduque nuns valores básicos de convivencia que contribuian a fomentar o diálogo, o respeto, a empatía, etc., tanto nas aulas como na sociedade. A escola, ademáis de centrarse na adquisición dos coñecementos, debe interesarse pola formación de valores que posibiliten aos pequenos e pequenas o seu desenvolvemento como seres humáns e sexan quen de tomar as decisións axeitadas diante das distintas problemáticas que se lles presenten nun futuro. O mestres e mestras deben ser conscientes da súa responsabilidade no traballo diario cos valores así como da formación que a sociedade lle esixe de cara a promover unha cidadanía democrática, activa, respetuosa e responsable.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A) Alumnado con adicación completa:
-Sesión maxistral
-Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
-Atención personalizada
-Presentacións orais (computa na avaliación)
B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia e Alumnado de continuación de estudios:
- Traballo tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
Alumnado con adicación completa, Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, Alumnado de continuación de estudios:
-Proba de ensaio (non se realizará xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de Traballos tutelados e as presentacións orais)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase uso de titorías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente a través de:
-Correo electrónico: Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou resolver cuestións puntuais que non se contemplan na Guía Docente. Tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías.
-Moodle: Nas datas sinaladas de entrega de traballos para a avaliación.
-Teams: 1 sesión semanal en gran grupo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. De 1 a 2 sesións semanais (en pequeno grupo de 6 persoas máximo) e segundo as necesidade do alumnado, en horario de titorías para o seguimento e apoio dos distintos traballos no desenvolvemento da materia.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación realizarase por medios telemáticos.
-Traballos Tutelados (80%). Facilitaranse pautas que permitan a elaboración dos mesmos sobre distintos contidos e aspectos da materia. Valorarase:
-Estructura: aspectos formaris, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
-Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de fontes complementarias e actuais.
-Exposicións orais (20%) de algúns dos traballos tutelados, no que se terá en conta:
Orden na exposición; relevancia e organización dos contidos expostos; coordinación na exposición (que reflecta un traballo colaborativo no caso de ser grupal e, en todo caso, que non sexa unha suma de partes); nivel de comprensión dos contidos básicos; claridade expositiva e corrección lingüística; creatividade (presentacións suxestivas, motivadoras, boa posta en escea...); uso de diferentes recursos dixitais.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mismas figuras que na Guía Docente. Toda a información necesaria para o desenvolvemento da materia estará dispoñible no moodle dende o principio do cuadrimestre.

A) Alumnado con adicación completa:
- Asisitencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%.
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas)

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometidaaos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación.

B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) e Alumnado de continuación de estudios:
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) ou individuais, segundo os casos.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
3. A oportunidade de xullo estará sometidaaos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Dispoñen de enlaces e de materiais dixitalizados no Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Coñecer os fundamentos de atención temperá.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A11 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. Traballar de forma colaborativa. Autonomía na aprendizaxe. Capacidade de análise e síntese. Capacidade de busca e manexo de información. B4
B5
B9
B10
B11
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. A3
A4
A6
A9
A23
B3
B6
B22
B23
B24
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais. Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. A5
A10
A12
A13
A22
A24
A25
A26
C1
C3
Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. B23
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A11
C4
C7
Ser capaz de introducir a perspectiva da Educación para o Desenvolvemento a través dunha educación en valores que garantice unha actitude crítica e comprometida coa realidade que nos rodea. A12
A39
A40
B3
B5
B13
B14
B20
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Valores e educación.

1.1. Aproximación e fundamentación conceptual.
1.2. Construcción dos valores no proceso educativo.
1.3. Os valores na formación docente.
2. Ciudadanía e dereitos humanos. 2.1. Aproximación histórico-conceptual ós dereitos humáns.
2.2. Democracia, cidadanía e dereitos humáns.
2.3. A evolución no concepto de cidadanía.
2.4. A construcción da cidadanía a través da educación: o papel do currículo escolar.
3. Igualdade de oportunidades e xustiza social. 3.1. Evolución social do concepto de xénero. Políticas de igualdade.
3.2. Perspectivas de análise sobre da convivencia e do conflicto social.
3.3. Dereitos e deberes para unha sociedade democrática.
3.4. Actitudes, valores e normas para unha cidadanía crítica.
4. La coeducación como proyecto. 4.1. El papel del plan de estudios en la construcción de identidades.
4.2. Estrategias y recursos metodológicos de buenas prácticas mixtas.
4.3. Incidencia de otros agentes de socialización: familias, medios de comunicación, TIC, grupos de iguales, tribus urbanas ...
5. A convivencia como reto educativo. 5.1. Estratexias metodolóxicas para a mediación e a resolución de conflictos.
5.2. Modelos de convivencia a través doutros axentes de socialización: familias, mass-media, TIC, grupos de iguais, tribus urbanas...
5.3. Activismo, asociacionismo e o papel das ONG.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A5 A12 A13 A26 A40 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B13 B20 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C7 10 20 30
Actividades iniciais A22 B5 B10 B11 C3 C4 2 0 2
Traballos tutelados A4 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A22 A23 A25 A26 A39 A40 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B13 B14 B20 B22 B23 B24 C1 C3 C7 1 14 15
Lecturas A10 A12 A13 A26 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B14 B20 B22 C1 C4 C7 0 20 20
Sesión maxistral A3 A4 A5 A10 A12 A13 A23 A24 B3 B11 B22 C1 C4 C7 20 15 35
Recensión bilbiográfica A13 A26 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B22 C1 C4 C7 0 8 8
Presentación oral A13 A26 B3 B5 B6 B10 B11 B22 B23 C1 C3 C4 C7 2 1 3
Eventos científicos e/ou divulgativos A12 A13 B3 B6 B10 B11 B22 C4 C7 2 4 6
Proba de ensaio A4 A5 A6 A9 A12 A13 A26 B3 B6 B9 B10 B11 B22 C1 C4 C7 3 10 13
Aprendizaxe colaborativa A6 A13 A26 B3 B5 2 15 17
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Baséase no uso de documentos e fontes relevantes (bibliográficas, lexislativas, audiovisuais, xornalísticas ...) para a súa análise e posterior uso para explicar a natureza dos diferentes contidos e aspectos da materia.
Actividades iniciais Nas primeiras sesións da materia levaránse a cabo por parte da docente actividades de carácter expositivo, nas que se presentará o programa da materia e mesmo a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.

.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte do docente. Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación sobre unha temática proposta pola profesora ou tamén suxerida pola alumnado, sempre e cando garde relación cos contidos da materia. Este traballo farase en grupo (4-5 persoas) e esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial do mesmo, polo que será preciso desenvolver, como mínimo, unha sesión de titoría na que presentar o guión do traballo e un esquema do seu desenrolo. As datas serán acordadas na aula. Cada grupo expoñerá o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado.
Sesión maxistral Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a particiación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza.
Presentación oral Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras.
Proba de ensaio Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Aprendizaxe colaborativa Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempo son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non se opón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións maxistrais, a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, as presentacións orais e a proba escrita terán unha atención personalizada e serán atendidas polo profesorado da materia na aula ou na titoria, durante o horario fixado de forma oficial, da seguinte forma:
- No caso de indicacións xerais a todo o grupo, realizaranse nas sesións expositivas.
- Indicacións de traballo a grupos pequenos, realizaranse nas sesións interactivas ou no despacho. No caso do traballo de investigación é obrigatorio que cada grupo realice unha tutoría fora do horario presencial da materia, que permita facer un seguimento do proceso de elaboración do mesmo.
- Individuais, realizaranse no despacho arredor do progreso do alumnado.

Tanto para o alumnado repetidor como para aquel que ten recoñecemento do Decanato da Facultade de dispensa académica, o desenrolo da materia levarase a cabo mediante titorías presenciais obrigatorias e individualizadas de cara a facer un seguimento do seu traballo en relación a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, recensións e a proba oral ou escrita. Tamén serán obxeto de atención personalizada presencial todo tipo de cuestións aclaratorias sobre a materia, dúbidas personais, ampliación de contidos ou reflexións máis pormenorizadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A5 A12 A13 A26 A40 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B13 B20 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C7 Análise e discusión de documentos e fontes relevantes así como desenvolvemento de actividades prácticas. 10
Traballos tutelados A4 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A22 A23 A25 A26 A39 A40 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B13 B14 B20 B22 B23 B24 C1 C3 C7 Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.

Entregarase na data que se indique.
É condición indispensable entregar o traballo para presentarse a proba de ensaio.
20
Recensión bilbiográfica A13 A26 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B22 C1 C4 C7 Proceso de lectura crítica dun libro ofertado pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. 10
Presentación oral A13 A26 B3 B5 B6 B10 B11 B22 B23 C1 C3 C4 C7 Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada.
Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes aspectos:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...
Expoñeranse nas data que se indiquen.
É condición indispensable a exposición para presentarse á proba de ensaio.
10
Proba de ensaio A4 A5 A6 A9 A12 A13 A26 B3 B6 B9 B10 B11 B22 C1 C4 C7 A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia.
Valoraránse as respostas concretas e precisas, asi como a utilización de fontes (apoio na documentación achegada así como noutras lecturas realizadas) que favorezan un discurso coherente e razoado.
A súa realización terá lugar segundo calendario oficial.


50
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A:
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula
(asistencia mínima 85%), correspóndelle a porcentaxe de avaliación
seguinte: 10%  Análise de Fontes Documentais; 20% Traballos tutelados; 10%
Recensión; 10% Presentación Oral; 50% Proba de ensaio, na que será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 2.25 sobre 5 para poder superar a materia. O alumnado que non acade unha asistencia mínima do 85% non terá opción a realizar a proba de ensaio no mes de maio: será avaliado nas distintas metodoloxías pero non calificado no final do cuadrimestre.

A cualificación final será a suma das
puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu
peso respectivo, salvo que na proba de ensaio a puntuación sexa inferior a 2.25. Neste caso, a cualificación final corresponderase coa acadada nesta proba.

Na realización da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos iniciais.

No caso de que a avaliación
resulte negativa ó final do cuadrimetre, a convocatoria de xullo estará
sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio e só se
repetirá a proba escrita, gardándose as partes superadas da materia de
unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e con recoñecemento por parte do Decanato da Facultade de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
E A PERMANENCIA E A PROGRESION DOS ESTUDANTES DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO NA UDC (Aprobada en Consello de Goberno o 28/6/2016),

realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre na data sinalada oficialmente
(50% do total da nota final) ademáis do traballo que en cada caso
particular se especifique (50% restante). A cualificación final sera a
suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación
segundo o seu peso respectivo. Na realización da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, a
convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a
convocatoria de maio e só se repetirá a proba escrita, gardándose as
partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do
mesmo curso académico.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:


- Para superar a materia é imprescindible presentar todas as
actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio.
De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba
escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo, figurando
na Acta como Non Presentado/a.

- O sistema de avaliación poderá flexibilizarse segundo o estime pertinente a docente que imparta a materia en cada grupo.

- O alumnado da
opción A que non forme parte de ningún grupo de traballo ou non asista
regularmente as clases pasará a ser considerado na opción B.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
que houbera lugar en cada caso.

- Ao longo do 2º
cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou
divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a
súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia,
pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado
con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na
evaluación.

- O alumnado de Continuación de estudos (repetidor), obrigatoriamente deberá poñerse en contacto ca profesora antes
do 20 de febreiro do presente curso académico para que lle indique,
segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de
maneira individual. De non facelo, terán a mesma consideración que os
matriculados na Opción A. En calquera caso  e unha vez comunicada a súa situación, establecerase unha proba oral ou escrita,
segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos  o final do
cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota
final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan
asignados expresamente ao alumnado e para os cales se fixará unha data de entrega. No caso de non entregar nada na data fixada, non haberá opción a facer a proba de ensaio. Na realización desta proba, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

Todas as condicións descritas serán válidas para a 2ª oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Jares, Xesús R. (2006). Aprender a convivir.. Vigo. Xerais
Instituto Pedagógico Padres y Maestros (2003). Cine y Transversales. Treinta películas para trabajar en el aula.. Bilbao. Mensajero
Mª Eugenia Rodríguez Palop (2011). Claves para entender los nuevos derechos humanos. Madrid. Los libros de la Catarata
García Aretio, M., Ruiz Corbella, R., García Blanco, R. (2009). Claves para la educación. Madrid. Narcea
Casamayor, G. (coord.) (1999). Cómo dar respuesta a los conflictos.. Barcelona. Graó
Pérez, G. (1997). Cómo educar para la democracia. Estrategias educativas.. Madrid. Popular
Camps, V. (2008). Creer en la educación.. Barcelona. Península
I. Carrillo i Flors (coord.) (2005). Diez valores para el siglo XXI. Barcelona, CISS Praxis
Revista de Estudios del Curriculum (2000). Educación cívica (Vol 3, nº 1). Barcelona. Ediciones Pomares-Corredor
Jares, Xesús R. (2008). Educación e paz. 25 anos de educadores pola Paz.. Vigo. Xerais
Ribotta, S (ed) (2006). Educación en derechos humanos. La asignatura pendiente. Madrid. Dykinson
Asís Roig, R. et al. (2006). Educación en derechos humanos: la asignatura pendiente.. Madrid. Dykinson
Payá, M. (1999). Educación en valores para una sociedad abierta y plural. Aproximación conceptual.. Barcelona. DDB
Tuts, M., Martínez Teu, L. (2006). Educación en valores y Ciudadanía: propuestas y técnicas didácticas para la formación integral. Madrid. Los libros de la Catarata
Revista de Educación (2003). Educación y ciudadanía (nº extraordinario). Madrid. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Revista Iberoamericana de Educación (2006). Educación y Ciudadanía (nº42 septiembre-diciembre)). Madrid.OEI
F. Revilla (coord.) (2006). Educación y ciudadanía: valores para una sociedad democrática. Madrid. Biblioteca Nueva
Jares, Xesús R. (1999). Educación y derechos humanos. Estrategias didácticas y organizativas.. Madrid. Popular
Yuste, A. (2006). Educación, ciudadanía y democracia.. Barcelona. Octaedro-OEI
Jares, Xesús R. (2004). Educar para la paz en tiempos difíciles.. Bilbao. Bakeaz
Cavell, S. (2005). El cine, ¿puede hacernos mejores?. Madrid. Katz
Arenas-Dolz, F.,Gallegos Salazar, D. (ed) (2009). El ciudadano democrático. Madrid. PyV
Trilla, J. (1992). El profesor y los valores controvertidos.. Barcelona. Paidós
Savater, F. (1997). El valor de educar.. Barcelona. Ariel
Haydon, G. (2003). Enseñar valores. Un nuevo enfoque.. Madrid, Morata
Tarbiya. Revista de Investigación e Innovación Educativa (2004). La Educación en Derechos Humanos. Madrid. Instituto Universitario de Ciencias de la Educación
Naya, L. M. (coord.) (2005). La educación y los derechos humanos.. Madrid. Erein
Cortina, A. (coord) (2009). La educación y los valores. Madrid. Biblioteca Nueva
Bárcena,F., Gil, F., Jover, G. (1999). La escuela de la ciudadanía. Bilbao.DDB
Bárcena, F.; Gil, F. y Jover, G. (1999). La escuela de la ciudadanía: educación ética y política.. Bilbao. DDB
Buxarrais, R. (1999). La formación del profesorado en educación y valores.. Barcelona. DDB
Martínez, M. y Hoyos, G. (coord.) (2006). La formación en valores en sociedades democráticas.. Barcelona. Octaedro-OEI
Cerezo Martínez, F. (2001). La violencia en las aulas. Análisis y propuestas de intervención. . Madrid. Anaya
Esteban Bara, F. (2007). Lluvia de valores. Barcelona. CEAC
Camps, V. (1994). Los valores de la educación.. Madrid. Alauda
Elzo, J. (2000). Los valores de los jóvenes españoles.. Madrid. Fundación Santa María
Pereira, C. (2005). Los valores del cine de animación: propuestas pedagógicas para padres y educadores.. Barcelona. PPU
Ortega Ruiz, P. y Mínguez Vallejos, R. (2001). Los valores en la educación.. Barcelona. Ariel
Juul, J. (2008). Los valores para la familia hoy.. Madrid. Maeva
Tiana Ferrer, A. (2009). Por qué hicimos la LOE. Madrid. Wolters Kluwer España
F. Dubot (2011). Repensar la justicia social. Contra el mito de la igualdad de oportunidades. Buenos Aires. Siglo XXI
Nussbaum, M.C (2010). Sin fines de lucro. Madrid. Katz Editores
Calero, J. (2008). Sociedad desigual, ¿educción desigual?. Madrid. Ministerio de Educación
Sancho Gil, J. Mª. (2006). Tecnologías para transformar la educación.. Madrid. Akal
Amar Rodríguez, V. M. (2008). TICs, sociedad y educación.. Madrid. Tébar
Carbonell Sebarroja, J (2008). Una educación para mañana. Barcelona. Octaedro.
Ollero, A. (coord.) (1999). Valores en una sociedad plural.. Madrid. Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales
Anaut, L. et al. (2002). Valores escolares y educación para la ciudadanía. Barcelona. Graó
Loscertales, F. y Núñez, T. (2001). Violencia en las aulas.. Barcelona. Octaedro
Sánchez Alcón, Ch. y Navarro Navarro, L. (2007). ¿Cómo educar en valores cívicos a los peques?. Barcelona. Octaedro
Hoyos, G. y Martínez, M. (coords.) (2004). ¿Qué significa educar en valores hoy?. Barcelona. Octaedro

Recursos en REDE:

http://fund-culturadepaz.org/spa/espanol.htm
http://www.alliance21.org/2003
http://www.alteris.org/quees.html
http://www.aulaintercultural.org
http://www.citized.info
http://www.ciudadania.profs.net
http://www.coe.int
http://www.dadalos.org
http://www.edualter.org
http://www.educacionciudadania.mec.es
http://www.educacionenvalores.org
http://www.es.amnesty.org
http://www.escuelalibre.org
http://www.mec.es/creade
http://www.movimientocontralaintolerancia.com
http://www.oei.es
http://www.sgep.org
http://www.unesco.org
Bibliografía complementaria Jares, Xesús R. (2006). Aprender a convivir.. Vigo, Xerais
Subirats, M., Tomé, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación.. Barcelona, Octaedro
Carreras, Ll. y otros (1995). Cómo educar en valores.. Madrid, Narcea
Pérez, G. (1997). Cómo educar para la democracia. Estrategias educativas.. Madrid. Popular
Tomé, A., Rambla, X. (2001). Contra el sexismo. Coeducación y democracia en la escuela.. Madrid, Síntesis
Camps, V. (2008). Creer en la educación.. Barcelona, Península
Tonucci, F. (2003). Cuando los niños dicen basta.. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
Ferland, F. (2011). Cuéntame un cuento. Madrid. Narcea
Asís Roig, R. et al. (2006). Educación en derechos humanos: la asignatura pendiente.. Madrid, Dykinson
Paya, M. (1999). Educación en valores para una sociedad abierta y plural. Aproximación conceptual.. Barcelona. DDB
J. B. Martínez Rodríguez (2005). Educación para la ciudadanía. Madrid, Morata
Jares, Xesús R. (1999). Educación y derechos humanos. Estrategias didácticas y organizativas..
Jares, Xesús R. (2004). Educar para la paz en tiempos difíciles.. Bilbao, Bakeaz
Calvo Buezas, T. (1990). El racismo que viene. Otros pueblos y culturas vistos por profesores y alumnos.. Madrid, Tecnos
F. García Moriyón (2011). El troquel de las conciencias. Una historia de la educación moral en España. Madrid. Ediciones de la Torre
Savater, F. (1997). El valor de educar.. Barcelona. Ariel
Haydon, G. (2003). Enseñar valores. Un nuevo enfoque.. Madrid, Morata
Rodríguez Martínez, C. (comp.) (2006). Género y currículo: aportaciones del género al estudio y práctica del currículo.. Madrid, Akal
Barrére, Mª A., Campos, A. (coord.) (2005). Igualdad de oportunidades e igualdad de género, una relación a debate.. Madrid, Dykinson
Coombs, Ph. (1986). La crisis mundial de la educación: perspectivas actuales.. Madrid, Santillana
Gerilla, E.,Jiménez, F.J., Santos, M. (coords) (2011). La educación nos hace libres. Madrid. Biblioteca Nueva
J. Carbonell y A. Tort (2006). La educación y su representación en los medios. Madrid, Morata
Sánchez Ferriz, R., Jimena Quesada, L. (1995). La enseñanza de los derechos humanos.. Barcelona. Ariel
Micheá, J. Cl. (2002). La escuela de la ignorancia.. Madrid, Ediciones Acuarela
Jackson, Ph. W. (1991). La vida en las aulas.. Madrid, Morata
Lomas, C. (comp.) (2007). Los chicos también lloran. Identidades masculinas, igualdad entre los sexos y coeducación.. Barcelona, Paidós
Delval, J. (1990). Los fines de la educación.. Madrid, Siglo XXI
Camps, V. (1994). Los valores de la educación.. Madrid, Anaya
Juul, J. (2008). Los valores para la familia hoy.. Madrid, Maeva
Esteban Bara, F. (coord.) (2003). Mi querida educación en valores. cartas entre docentes e investigadores.. Bilbao, DDB
Doménech, J; Guerrero, J. (2005). Miradas a la educación que queremos.. Barcelona, Graó
Sancho Gargallo, M. et al. (2007). Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica.. Madrid, Fundación Europea Sociedad y Educación
Meirieu, P. (2004). Referencias para un mundo sin referencias.. Barcelona. Graó
Subirats, M., Brullet, C. (1988). Rosa y azul. la transmisión de los géneros en la escuela mixta.. Madrid, Instituto de la Mujer
Amar Rodríguez, V. M. (2008). Tecnologías de la información y la comunicación, sociedad y educación.. Madrid. Tébar
Tierno, B. (1996). Valores humanos.. Madrid, Taller de Editores
Bindé, J. (dir.) (2005). ¿A dónde van los valores? Coloquios del siglo XXI.. Barcelona, Icaria-UNESCO


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- É obrigatoria a entrega cumprimentada dunha foto antes de rematar o mes de febreiro do curso actual, indicando por detrás nome, grupo,  mail e telefono.

- Non se admitirán traballos dos que o profesor ou profesora non teña constancia da sua realización.

- Deben presentarse  ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora), e sempre que conteñan referencias bibliográficas, é imprescindible seguir as normas da APA (6ª ed.).

- As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. É aconsellable gardar copia do orixinal que se entregue.

-Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A.

-Tendo en conta as recomendacións do Comité Ambiental da Facultade (GREEN CAMPUS):

  1. Os traballos escritos presentaranse impresos a dobre cara, en papel reciclado e grapados.
  2. Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou diseños similares.
  3. Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  4. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial.

- O horario de titorías está exposto na web da Facultade e na porta do despacho P0B7.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías