Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Investigación e avaliación da calidade de proxectos educativos Código 652G01010
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
García Expósito, Lucía
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
lucia.gexposito@udc.es
jesus.miguel.munoz@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=asignatura&codigo=652G01010&grupo=B
Descrición xeral A investigación e a avaliación en Educación empeza a orientarse cara un coñecemento más amplo sobre o descubrimento das posibilidade dos procesos de ensino e aprendizaxe para os/as investigadores/as, convertíndose nunha ferramenta para a formación permanente e autónoma dos/das docentes. Convertindo, desta maneira, aos/ás docentes en axentes investigadores e avaliadores.

O propósito formativo básico desta materia céntrase nun coñecemento do ámbito da investigación e avaliación educativa desde tres vertentes; teórica, metodolóxica e instrumental.

A proposta que se plantexa neste programa vai dirixida a que o alumnado teña unha panorámica xeral destes campos disciplinares, así como a que se vaian exercitando en prácticas específicas de investigación e avaliación, que supoñen un control da calidade dos procesos e dos produtos que conducirán a mellorar a calidade do ensino. Estas prácticas concrétanse ou precísanse no marco deste programa e se desenvolverán de forma paralela aos contidos teóricos.

Precísase, polo tanto, un/unha mestre/a investigador/a cuxo papel sexa fundamentalmente crítico e reflexivo, que centre a súa actividade cara un coñecemento directo do contexto onde actúa para dirixilo cara a consecución dun cambio.

Competencias do título
Código Competencias do título
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao términar con éxito esta materia, o alumnado será capaz de: - Extraer a información relevante de artigos científicos mediante o emprego do método científico e do proceso de investigación. A29
B5
B11
B12
C1
C8
- Explicar os conceptos e modelos aplicables á avaliación e á calidade educativa. A29
B5
B10
B11
B13
B16
C1
- Demostrar o manexo de instrumentos de recollida de información pertinentes para avaliar a satisfacción cun proxecto educativo de centro. A23
A24
A25
A29
A30
B5
B11
B12
B13
C1
- Deseñar unha proposta de mellora na que se inclúa o proceso de planificación, execución e avaliación desta por cada debilidade atopada nun proxecto educativo de centro. A26
A29
A30
B2
B5
B12
B13
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Conceptualización da investigación, avaliación e calidade Tema 1. O proceso de investigación educativa
1.1. Conceptualización
1.2. Formulación do problema
1.3. Revisión da literatura/bibliografía
1.4. Hipóteses e variables
1.5. As variables
1.6. A mostra
1.7. Técnicas de recollida da información
1.8. Técnicas de análise de datos
1.9. Conclusións
1.10. O informe de investigación

Tema 2. Aproximación ao concepto de avaliación
2.1. Evolución do concepto
2.2. Definición de avaliación educativa
2.3. Tipoloxía de avaliación
2.4. Obxectivos e funcións da avaliación

Tema 3. Aproximación ao concepto de calidade educativa
3.1. Evolución do concepto
3.2. Aproximación ao concepto de calidade educativa
3.3. Tipoloxías
Bloque II. Técnicas de recollida da información Tema 4. Técnicas de recollida da información
4.1. Técnicas de observación
4.2. Técnicas sociométricas
4.3. Técnicas biográficas
4.4. Técnicas grupales
4.5. Escalas de actitude
4.6. Probas
Bloque III. Metodoloxía observacional Tema 5. Técnicas de observación
5.1. Observación directa simple
5.2. Observación directa experimental
5.3. Observación documental
5.4. Observación por encuesta
Bloque IV. Análise da información e elaboración do informe Tema 6. Técnicas de análise de datos
6.1. Clasificación dos datos
6.2. Análise de datos
6.3. Conclusións

Tema 7. O informe de investigación
7.1. Aspectos a ter en conta para a súa elaboración
7.2. Contido e presentación formal
Bloque V. Modelos para a avaliación de calidade de centros e proxectos educativos. Tema 8. Modelos de avaliación
8.1. Modelos de avaliación das organizacións
8.2. Modelos de avaliación desde un punto de vista epistemolóxico e metodolóxico
8.3. Modelos humanísticos, fenomenológicos ou subxectivistas
8.4. Modelos holísticos

Tema 9. Modelos de xestión de calidade
9.1. Modelo de control de calidade global da empresa
9.2. Modelo do Premio Deming á calidade
9.3. Modelo de Malcolm Baldrige
9.4. Modelo Europeo de Xestión de Calidade
9.5. Modelo Iberoamericano de Excelencia na Xestión

Tema 10. Tipos de proxectos educativos
10.1. Proxecto Educativo do Centro
10.1.1. Concreción curricular
10.1.2. Acción titorial, Plan de Convivencia e de Lectura
10.1.3. Medidas para compensar carencias en comunicación lingüística (lingua castelá e cooficiais)
10.1.4. Plan de mellora
10.2. Proxecto de Xestión
10.3. Normas de organización, funcionamento e convivencia
10.3.1. Plan de convivencia
10.3.1.1. Normas de convivencia e conduta dos centros
10.3.1.2. Protocolos de actuación
10.4. Programación Xeral Anual

Tema 11. Avaliación de Proxectos Educativos
11.1. A avaliación da calidade nos centros educativos. Tipoloxía.
11.2. Avaliación da calidade na educación infantil
11.3. Plan de mellora
11.3.1. Criterios, ámbitos e indicadores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A23 A30 C6 C8 16.5 21 37.5
Traballos tutelados A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C6 16.5 21 37.5
Eventos científicos e/ou divulgativos B16 C6 C8 2 0 2
Análise de fontes documentais B10 B11 B12 C6 C8 2 3 5
Aprendizaxe colaborativa A29 B5 B12 C1 2 21 23
Proba mixta A23 A24 A25 A26 A30 B2 B11 B12 C1 C6 C8 2 42 44
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Os contidos desenvolvidos nas clases expositivas formarán parte da proba mixta.


Traballos tutelados As clases expositivas combinaranse con clases interactivas guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante. Nas clases interactivas, empregaranse metodoloxías deseñadas para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Estarán referidas prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”, o cal constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.


Os contidos desenvolvidos nos traballos tutelados formarán parte da proba mixta.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Os contidos desenvolvidos nestas charlas, conferencias,.... formarán parte da proba mixta.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba mixta A proba final dos contidos desenvolvidos nas sesións expositivas e interactivas realizarase mediante unha proba mixta na data de exame fixada pola Xunta de Facultade. Esta proba, poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.

É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.

As titorías desenvolveranse, polo tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:

* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).

* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou de maneira virtual a través de Teams).

* Individuais (poderán ser tanto virtuais como presenciais e versarán sobre o progreso do alumnado). As presenciais realizaranse no despacho do profesorado e as virtuais a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C6 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización dos traballos tutelados é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.

40
Sesión maxistral A23 A30 C6 C8 Asistencia e participación en clases, seminarios e titorías. 10
Proba mixta A23 A24 A25 A26 A30 B2 B11 B12 C1 C6 C8 Os contidos abordados nas sesións expositivas e interactivas avaliaranse mediante unha proba mixta.

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
50
 
Observacións avaliación

CARACTERÍSTICAS
DA AVALIACIÓN:



A
avaliación nesta asignatura concíbese como un proceso reflexivo onde o alumnado
toma conciencia de sí mesmo e das súas metas e os docentes convértesse en guías que
orientan de cara a acadar uns obxectivos formativos. Neste sentido, proponse
unha avaliación orientada á mellora que comporta o seguinte:



-
As actividades realizadas para a avaliación serán tamén útiles para a
aprendizaxe.



-
Proponse a proalimentación co fin de que o alumnado saiba coñecer ónde está e
mellorar o seu traballo e a súa aprendizaxe.



-
O alumnado implicarase na avaliación do seu traballo, tendo a autoavaliación un
espazo da materia.

CRITERIOS
DE CUALIFICACIÓN:



Na
avaliación da materia, a cualificación obterase da aplicación das porcentaxes
de ponderación sinaladas. A non realización ou a non obtención da puntuación
mínima nalgunha das dimensións desta avaliación, suporá a non obtención da dita
porcentaxe da cualificación e a conseguinte non superación da materia. Na
segunda convocatoria, conservaranse as cualificacións superadas na primeira,
polo que o estudantado só deberá someterse aos procedementos nos que non teña
obtido a puntuación mínima esixida (50% en cada caso). En terceira e sucesivas
convocatorias, a avaliación deberá repetirse na súa totatlidade.



NOTA:
A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén
serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado
con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a
maneira na que se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Os e as
estudiantes non asistentes, deben porse en contacto coa docente para establecer
a metodoloxía de avaliación da materia.

OUTROS
CRITERIOS A TER EN CONTA:



-
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural.



-
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



-
Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación
e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como
condición imprescindible para superar a materia.



-
No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a
cualificación axustarase ao establecido no artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: obterase a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Ruíz Olabuénaga, J.I. (2003). Técnicas de triangulación y control de calidad en la investigación educativa. Bilbao: Fundación Horreum
Gil Pascual, J.A. (2010). Bases metodológicas de la investigación educativa : (análisis de datos). Madrid: UNED
Rubio,M.J. y Varas, J. (2004). El Análisis de la realidad en la intervención social : métodos y técnicas de investigación. Madrid: CCS
Castillo Arredondo,S. y Cabrerizo Diago, J. (2011). Evaluación de la intervención socioeducativa : Agentes, ámbitos y proyectos. Madrid: Pearson Educación
Martínez Mediano, C. (2007). Evaluación de programas educativos : investigación evaluativa, modelos de evaluación de programas.. Madrid: UNED
Fernández-Ballesteros, R. (2006). Evaluación psicológica : conceptos, métodos y estudio de casos. Madrid: Pirámide
McMillan, J.H. e Schumacher, S. (2005 (2011 reimp.)). Investigación educativa una introducción conceptual. Madridd: Pearson Educación
Corbetta, P. (2007 (2010 reimp).). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Bernardo Carrasco, J. e Calderero Hernández, J.F. (2000). Aprendo a investigar en educación. Madrid: Rialp
Greenhalgh, T. (2015). Como leer un artículo científico. Barcelona: Elsevier
Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla
Wood, P. y Smith, J. (2017). Investigar en educación. Conceptos básicos y metodología para desarrollar proyectos de investigación. Madrid: Narcea ediciones
Mateo, J. e Martínez, F. (2008). Medición y evaluación educativa. Madrid: La Muralla
Frábegues, S. (2016). Técnicas de investigación social y educativa. Barcelona: Universidad Abierta de Cataluña
Gil Pascual, J.A. (2011). Técnicas e instrumentos para la recogida de información. Madrid: UNED

Bibliografía complementaria García Sanz, M.P. e Martínez Clares, P.ords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster. Madrid: Universidad de Murcia
Buendía Eisman,L., González González, D. y Pozo Llorente, T. (2004). Temas fundamentales en la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fondevila Gascón, J. F. (2013). El trabajo de fin de grado en Ciencias Sociales y Jurídicas : guía metodológica. Madrid : Ediciones Internacionales Universitarias


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías