Identifying Data 2019/20
Subject (*) Organisation and Evaluation of Education Institutions Code 652G01012
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Teasley Severino, Cathryn
E-mail
cathryn.teasley1@udc.es
Lecturers
Estévez Blanco, Iris
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Sanchez Bello, Ana
Teasley Severino, Cathryn
E-mail
iris.estevezb@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
ana.sanchez.bello@udc.es
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://http://www.udc.es/dep/pdce/Cata/CV_Cata_e.htm
General description A materia "Organización e Avaliación de Institucións Educativas" ten carácter de formación básica e impártese no primeiro cuadrimestre do segundo curso do Grao en Educación Infantil.

Esta materia busca desenvolver no estudantado capacidades de descrición, análise, interpretación e valoración do funcionamento dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotadas de características singulares que fan que se constitúan en espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional, a práctica da democracia e o cambio educativo. Para iso é necesario deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro acordes con esa singularidade que contribúan á progresiva autonomía institucional.

Esta materia garda relación con "Teoría da Educación", "Socioloxía da Educación", "Historia da Educación", “Atención á Diversidade: Aspectos Didácticos e Organizativos", “Educación Inclusiva e Multicultural” e, especialmente, coa materia de "Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Curriculum" de 1º curso, dado que as dimensións didáctica-curricular e organizativa non poden entenderse de forma independente unha da outra.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A27 Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
A61 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, de ensino e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A66 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer a organización dos centros nos que se imparte Educación Infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento A4
A27
A31
B3
B10
B16
C4
C7
C8
Analizar, contrastar e sintetizar información para coñecer as características e dimensións da escola como organización complexa A13
A23
A26
A27
A31
B1
B2
B10
B12
B16
C4
C7
C8
Interpretar e valorar información sobre diferentes procesos organizativos que teñen lugar nos centros escolares (planificación, traballo en grupo, coordenación, participación, comunicación, toma de decisións, liderado, avaliación, etc.) A13
A23
A26
A27
A29
A31
A62
A66
B2
B3
B5
B7
B12
B16
C8
Coñecer e usar estratexias de resolución de problemas e conflitos que xorden nas organizacións educativas A12
A13
A23
A30
B2
B3
B5
B6
B7
B10
B16
B17
B18
B22
B23
C4
Desenvolver capacidades de argumentación, debate e colaboración para comprender o funcionamento organizativo das institucións educativas, valorando e respectando diferentes aportacións A13
A21
A23
A66
B2
B3
B5
B6
B7
B16
B24
C4
C6
Manexar diferentes fontes bibliográficas, lexislativas e documentais para enfrontarse á asignatura cunha actitude de indagación e contraste constante, co fin de entender as variables que inciden na organización de institucións educativas A1
A4
A8
A13
A25
A27
A31
A61
A62
B1
B3
B6
B9
B11
B12
B16
C4
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
1. A escola como organización: dimensións, funcións e características 1a. O centro como organización para o desenvolvemento do curriculum e do ensino.
1b. Dimensións constitutivas da organización escolar.
1c. Funcións da escola.
1d. Trazos característicos dos centros escolares.
1e. Enfoques para a comprensión das organizacións.
2. Políticas educativas e reformas escolares no sistema educativo español 2a. Incidencia das políticas educativas e das reformas escolares na organización e avaliación da Educación Infantil.
3. Contexto, estrutura e cultura organizativa 3a. O contexto organizativo: entre o local e o global.
3b. Estruturas organizativas de goberno, xestión, participación e coordinación.
3c. A organización do alumnado: admisión, agrupamentos e promoción.
3d. A organización da actividade escolar: contidos, estratexias pedagóxicas, espazos, tempos e recursos didácticos, con especial atención ao papel do ciber-espazo e as novas tecnoloxías da información e comunicación.
3e. Cultura organizativa e desenvolvemento profesional e organizacional.
4. Planificación e avaliación para o cambio e a mellora nas organizacións escolares 4a. Proxecto educativo, autonomía dos centros escolares e innovación.
4b. Estratexias de avaliación de centros: avaliación externa, avaliación interna e estratexias combinadas.
5. A constitución da escola como institución democrática: poder e participación da comunidade 5a. Escolas democráticas e diversidade.
5b. A participación como exercicio de cidadanía.
5c. Dificultades do proxecto participativo na escola.
5d. As relacións nas organizacións educativas: conexión e colaboración entre os diferentes actores da comunidade educativa.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Oral presentation A4 A13 A27 A31 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B17 C4 1.5 10 11.5
Supervised projects A1 A4 A13 A21 A26 A27 A29 A30 A31 B2 B3 B5 B6 B7 B10 B11 B12 C4 C6 1.5 30 31.5
Mixed objective/subjective test A4 A13 A27 A31 A62 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B11 B12 B22 C4 C6 C7 2 23 25
Document analysis A4 A13 A27 A31 B3 B11 B12 C4 C6 C8 1.5 30 31.5
Directed discussion A13 A27 B2 B3 B6 B7 C4 C6 7 0 7
Collaborative learning A12 A21 A30 A66 B5 B6 B16 B18 B23 9 11 20
Guest lecture / keynote speech A4 A13 A27 A31 C4 C6 C7 C8 9 0 9
Simulation A8 A13 A21 B2 B5 B6 B7 B24 C4 1.5 0 1.5
Workshop B16 C4 C6 C7 6 0 6
Case study A4 A13 A23 A25 A27 A31 A61 B2 B3 B5 B6 B11 C4 3 3 6
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Oral presentation Exposición grupal dun guión/bosquexo do traballo tutelado, que terá lugar durante a semana anterior ao período non lectivo de Decembro-Xaneiro.
Supervised projects Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e durante a presentación oral do guión do mesmo. Dito traballo consistirá na análise e relación de contidos abordados ao longo do cuadrimestre.

Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (racuños/borradores).

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Para máis información sobre a elaboración e entrega do traballo escrito, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle.
Mixed objective/subjective test A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual.
Document analysis Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia.
Directed discussion Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase.
Collaborative learning Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral, por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Simulation Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas onde intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes.
Workshop Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. - No noso caso, procurarase organizar, xunto con outro profesorado do Grao, unha serie de obradoiros dirixidos por especialistas de diferentes pedagoxías aplicadas a contextos actuais da práctica educativa nos centros de Educación Infantil.
Case study Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para dar unha resposta fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Mixed objective/subjective test
Oral presentation
Description
Para preparar as actividades á esquerda, o estudantado, se o estima necesario, pode solicitar atención personalizada en clase ou en horario de titorías.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A4 A13 A21 A26 A27 A29 A30 A31 B2 B3 B5 B6 B7 B10 B11 B12 C4 C6 --------------------------------------------------
Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade (10%).

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, corrección gramatical e formas correctas de fundamentar (de referenciar, citar e compór a bibliografía) (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (60%).

Para máis información sobre o traballo e o período de entrega, véxase o espazo da materia en Moodle.
-------------------------------------------------
40
Mixed objective/subjective test A4 A13 A27 A31 A62 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B11 B12 B22 C4 C6 C7 -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Oral presentation A4 A13 A27 A31 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B17 C4 --------------------------------------------------
A presentación oral *individual* valerá o 2% da cualificación final e consistirá na calidade e cantidade de participación nas sesións de aula.

A presentación oral *grupal* valerá o 8% da cualificación final e consistirá na presentación en micro-grupo, na sesión interactiva, do guión do traballo tutelado en vías de desenvolvemento. Participarán todas as/os integrantes do micro-grupo.

Todas as presentacións grupais terán lugar durante as semanas anteriores ao período non lectivo de decembro-xaneiro. Para as mesmas, valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
---------------------------------------------------
10
 
Assessment comments

XERAL: Para aprobar a materia será necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase polo menos o 80% do horario completo. Para que a presentación oral, o traballo tutelado grupal e a proba mixta entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 tanto no traballo grupal como no exame final. Se non se obtén polo menos un 4 no traballo, o exame pasará a pesar o 100%. Se non se obtén polo menos un 4 no exame, a cualificación final na primeira oportunidade será a do exame (máis información sobre a segunda oportunidade e a non asistencia, máis abaixo).

IMPORTANTE: O traballo grupal (oral e escrito) está pensado para subir a nota individual do exame; non para baixala. É dicir, se a presentación oral e o traballo grupal obteñen, conxuntamente, unha puntuación menor da do exame, a cualificación final basearase na puntuación do exame individual. Pero se a presentación oral e o traballo grupal obteñen, conxuntamente, unha puntuación igual ou maior que a do exame, as tres puntuacións entrarán no cómputo da cualificación final. Deste xeito, o traballo grupal non pode prexudicar o traballo individual.

A presentación oral e o traballo tutelado non se poden recuperar despois da primeira oportunidade de avaliación porque son actividades elaboradas a través da asistencia a clase e en grupo.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Quen non obteña a mínima puntuación no exame da 1ª oportunidade terá que presentarse tamén ao exame de xullo (da 2ª oportunidade) para superar a materia. Neste caso, o exame da 2ª oportunidade terá a mesma porcentaxe de peso que tivo a actividade previamente suspensa. É dicir, se conserverán as puntuacións das demais actividades aprobadas durante a 1ª oportunidade (con 4 ou máis puntos) para facer o cómputo da cualificación final da 2ª oportunidade.

NON ASISTENCIA: Quen non asista coa debida regularidade terá que poñerse en contacto coa profesora en cuestión e, para superar a materia, realizará o exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia.


Sources of information
Basic (). .

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (*As lecturas obrigatorias procederán de varias destas fontes.)


Perspectivas xerais:

ALONSO GIL, A. (Coord.) (2008). Las leyes educativas de la democracia: descripción y contraste 1985-2006. Madrid: Acción Educativa / MEC.

ÁLVAREZ MÉNDEZ, J. M. (2001). Evaluar para conocer, examinar para excluir. Madrid: Morata.

ANTÚNEZ MARCOS, S. (2005). El sentido de la dirección en una escuela democrática. En M. A. Santos Guerra (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 201-220). Santander: Consejería de Educación de Cantabria.

APPLE, M.W. (2002).  Educar "como Dios manda": mercados, niveles, religión y desigualdad. Barcelona: Paidós.

BELTRÁN LLAVADOR, F. e SAN MARTÍN ALONSO, Á. (2000). Diseñar la coherencia escolar. Madrid: Morata.

BERNAL, José Luis (Ed.) (2014). Organización de los centros educativos. LOMCE y políticas neoliberales. Madrid: Mira.

BLANCO RÁBADE, M. e outros (2007). Un programa para educar na convivencia: “Vivir Xuntos, Convivir”. Revista Galega da Educación, No. 39, pp. 22-33.

BOURDIEU, P. (1979/1998). La distinción: criterios y bases sociales del gusto. Madrid: Taurus Editora.

BOURDIEU, P. (2000). Poder, derecho y clases sociales. Bilbao: Desclée.

CARR, W. (1996). Una teoría para la educación. Madrid: Morata.

CHÁVEZ, L. e FRANKENBERG, E. (2009). Integration defended: Berkeley Unified's strategy to maintain school diversity. Berkeley: The Civil Rights Project / Proyecto Derechos Civiles. Recuperado o 28 de xuño de 2013 de: http://www.law.berkeley.edu/files/Integration_Defended_9.16.09(1).pdf.

CIDE / Instituto de la Mujer (2004). Mujeres en cargos de representación del Sistema Educativo. Madrid: CIDE / Instituto de la Mujer.

CLEMENTE LINUESA, M. (2010). Diseñar el curriculum. Prever y representar la acción. En José Gimeno Sacristán (comp.), Saberes e incertidumbres sobre el curriculum (pp. 281-293). Madrid: Morata.

COLLET, J. e TORT, A. (Eds.) (2016). La gobernanza escolar democrática. Madrid: Morata.

DARDER, A. (2017). Freire y educación. Madrid: Morata.

DELGADO RUIZ, F. (2015).  La cruz en las aulas. Madrid: Akal.

ESSOMBA, M.À. (2008). La gestión de la diversidad cultural en la escuela: 10 ideas clave. Barcelona, Graó.

ESTRUCH TOBELLA, J. (2008). Dirección escolar, corporativismo y profesionalidad, o de cómo un proyecto autogestionario acabó deborado por la inercia funcionarial. En M. FERNÁNDEZ ENGUITA e E. TERRÉN LALANA (Eds.), Repensando la organización escolar (pp. 171-203). Madrid: Akal.

FEITO ALONSO, R. (2011). Los retos de la participación escolar: elección, control y gestión de los centros educativos. Madrid: Morata.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (Coord.) (2002). ¿Es pública la escuela pública? Barcelona: Cisspraxis.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. e TERRÉN LALANA, E. (Eds.) (2008). Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.

FOUCAULT, M. (1979). Microfísica del poder (2ª ed.). Madrid: La Piqueta.

FRÍAS DEL VALL, A. S. (2006b, Marzo). Los Consejos Escolares de Centro en nuestra reciente historia legislativa. Participación Educativa, Nº 1, pp. 8-17. Consultado o 21·02·2010 no URL: http://www.mec.es/cesces/revista/revista_1.pdf.

FULLAN, M. (2016). La dirección escolar: tres claves para maximizar su impacto. Madrid: Morata.

GARCÍA CABRERA, M.M. & OLIVARES GARCÍA, M.A. (2017). Vivir la escuela como un proyecto colectivo. Manual de organización de centros educativos. Madrid: Ed. Pirámide.

GIMENO SACRISTÁN, J. (2000): La educación obligatoria: su sentido educativo y social. Madrid, Morata.

GIMENO SACRISTÁN, J. (2003): La calidad del sistema educativo vista desde los resultados que conocemos. En José GIMENO SACRISTÁN e Jaume CARBONELL SEBARROJA (Coords.), El sistema educativo: una mirada crítica (pp. 179-199). Barcelona: CissPraxis.

GIMENO SACRISTÁN, J. (2013). En busca del sentido de la education. Madrid: Morata.

GÓMEZ LLORENTE, L. (2004): De dónde venimos y a dónde vamos. Bosquejo de una trayectoria. En José GIMENO SACRISTÁN e Jaume CARBONELL SEBARROJA (Coords.), El sistema educativo: una mirada crítica (pp. 13-38). Barcelona. Cisspraxis.

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M.T. (2006): Las organizaciones escolares: dimensiones y características. En Mª Teresa GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Coord.), Organización y gestión de centros escolares: dimensiones y procesos (pp. 25-40). Madrid, Pearson-Prentice Hall.

GUISÁN, E. (2009). Ética sin religión: para una educación cívica laica. Madrid: Alianza.

HARGREAVES, A. (1996): Profesorado, cultura y postmodernidad (Cambian los tiempos, cambia el profesorado). Madrid, Morata.

HARGREAVES, A. e FINK, D. (2008): El liderazgo sostenible: siete principios para el liderazgo en centros educativos innovadores. Madrid, Morata / Ministerio de Educación y Ciencia.

HERNÁNDEZ HUERTA, J. L. (2012):Freinet en España (1926-1939): escuela popular, historia y pedagogía.Valladolid, Castilla Ediciones.

HURTADO, C. (2015): La transformación educativa. Madrid, La Colmena.

IGLESIAS GALDO, A. (2010): Guía para practicar unha educación antisexista. A Coruña, Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá.

IMBERNÓN, F. (2010): Las invariantes pedagógicas y la pedagogía Freinet cincuenta años después. Barcelona, Graó.

JARES, X. R. (2005): Los conflictos en las organizaciones educativas. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 129-154). Santander, Consejería de Educación de Cantabria. Capítulo recuperado do URL: http://www.educantabria.es/informacion_institucional/publicaciones/escuelas-para-la-democracia-cultura-organizacion-y-direccion-de-instituciones-educativas-2005.

JOHNSON, D.W. e JOHNSON, R.T. (2014). La evaluación en el aprendizaje cooperativo: cómo mejorar la evaluación individual a través del grupo. Boadilla del Monte: SM.

LYNCH, K, BAKER, J. e LYONS, M. (2014). Igualdad afectiva: amor, cuidados e injusticia. Madrid: Morata.

MARTÍN RODRÍGUEZ, E. (1988): Supervisión educativa. Madrid, UNED.

MARTÍN RODRÍGUEZ, E. (2010): Mejorar el curriculum por medio de su evaluación. En José Gimeno Sacristán (Ed.), Saberes e incertidumbres sobre el curriculum (pp. 620-636). Madrid: Morata.

MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, J.B. (2005): Educación para la ciudadanía. Madrid, Morata.

MELGAREJO, X. (2013): Gracias, Finlandia: qué podemos aprender del sistema educativo de más éxito. Barcelona: Plataforma.

MORENO SÁNCHEZ, E. (2005): Análisis de las organizaciones educativas desde la perspectiva de género. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 79-105). Santander, Consejería de Educación de Cantabria. Capítulo recuperado do URL: http://www.educantabria.es/docs/info_institucional/publicaciones/2005/Escuelas-Democracia.pdf

MOYA MAYA, A. (2002): El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo? realiza su trabajo. Archidona, Aljibe.

MURILLO TORRECILLA, F.J. e GÓMEZ MARTÍN, J.C. (2006): Pasado, presente y futuro de la dirección escolar en España: entre la profesionalización y la democratización. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, Vol. 4, Nº 4.

NIETO CANO, J.M. (2006): Perspectivas teóricas de la organización escolar. En Mª Teresa GONZÁLEZ (Coord.), Organización y Gestión de Centros Escolares: dimensiones y procesos (pp. 1-23). Madrid: Pearson-Prentice Hall.

PUELLES BENITEZ, Manuel de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid, Morata [pp. 78-85].

PUELLES BENÍTEZ, M. de (2010). Educación e ideología en la España contemporánea. Madrid: Tecnos.

PUELLES BENÍTEZ, M. de (2012). Politica, legislacion y educación [Recurso electrónico]. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

PUJOLÀS MASET, P. (2001). Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educación obligatoria. Archidona(Málaga): Aljibe.

PUJOLÀS MASET, P. (2004). Aprender juntos alumnos diferentes: los equipos de aprendizaje cooperativo en el aula. Barcelona: Octaedro.

ROBINSON, K. e ARONICA, L. (2016). Escuelas creativas: La revolución que está transformando la educación. Madrid: Debolsillo.

SAN FABIÁN MAROTO, J.L. (2003): Liderazgo ¿educativo? Organización y Gestión Educativa: Revista del Forum Europeo de Administradores de la Educación, Vol. 11, Nº 6, p. 35.

SAN FABIÁN MAROTO, J.L. (2005): Participar en las organizaciones educativas: un ejercicio de ciudadanía. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 177-200). Santander, Consejería de Educación de Cantabria. Capítulo recuperado do URL: http://www.educantabria.es/informacion_institucional/publicaciones/escuelas-para-la-democracia-cultura-organizacion-y-direccion-de-instituciones-educativas-2005.

SAN FABIÁN MAROTO, J. L. (2006, Novembro). La coordinación docente: condiciones organizativas y compromiso profesional. Participación Educativa, Nº 3, pp. 6-11. Recuperado o 30 de xuño de 2013 de: http://personales.unican.es/osorojm/ficheros/GENERAL/DIALOGOS%202008/Coordinacion%20docente_SAn%20fabian.pdf.

SAN FABIÁN MAROTO, J. L. (2011, Septembro-Decembro). El papel de la organización escolar en el cambio educativo: la inercia de lo establecido. Revista de Educación, Nº 356, pp. 41-60. Recuperado o 30 de xuño de 2013 de: http://www.revistaeducacion.educacion.es/re356/re356_02.pdf.

SAN FABIÁN MAROTO, J. L. (2014). Evaluar programas socioeducativos en tiempos de crisis: un enfoque organizacional. Oviedo, Trabe.

SAN MARTÍN ALONSO, Á. e BELTRÁN LLAVADOR, F. (2004). Las organizaciones escolares a prueba de reformas. En José GIMENO SACRISTÁN e Jaume CARBONELL SEBARROJA (Coords.), El sistema educativo: una mirada crítica (pp. 145-158). Barcelona, Cisspraxis.

SANTIAGO, C. e Maya, O. (2012). Segregación escolar del alumnado gitano en España. Madrid: Kamira / Fundación Mario Maya.

SANTOS GUERRA, M.A. (1993). Agrupamientos flexibles: un claustro investiga. Sevilla, Díada Editora.

SANTOS GUERRA, M.A. (1995). La evaluación: un proceso de diálogo, comprensión y mejora. Málaga, Aljibe.

SANTOS GUERRA, M.A. (Coord.) (2005). Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas. En PDF, consultado o 9 de setembro de 2010 no URL: http://www.educantabria.es/informacion_institucional/publicaciones/escuelas-para-la-democracia-cultura-organizacion-y-direccion-de-instituciones-educativas-2005.

SANTOS GUERRA, M.A. (2005). La escuela que aprende: retos, dificultades y esperanzas. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA. (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 155-176). Santander, Consejería de Educación de Cantabria, pp. 163-184. En PDF, consultado o 9 de setembro de 2010 no URL: http://www.educantabria.es/informacion_institucional/publicaciones/escuelas-para-la-democracia-cultura-organizacion-y-direccion-de-instituciones-educativas-2005.

SANTOS GUERRA, M.A. (2007). Enseñar o el oficio de aprender: organización escolar y desarrollo profesional. Sevilla, MAD, pp. 19-21.

SANTOS GUERRA, M.A. (2010). El Proyecto de Centro: una tarea comunitaria, un proyecto de viaje compartido. En José GIMENO SACRISTÁN (Coord.), Saberes e incertidumbres sobre el curriculum. Madrid, Morata [pp. 294-310].

SLEE, R. (2012). La escuela extraordinaria. Exclusión, escolarización y educación inclusiva. Madrid: Morata.

STOBART, G. (2010). Tiempos de pruebas: los usos y abusos de la evaluación. Madrid, Morata.

TERRÉN, E. (2001). El contacto intercultural en la escuela: la experiencia educativa de gitanos e hijos de inmigrantes en el área metropolitana de A Coruña. A Coruña: Universidade da Coruña.

TONUCCI, F. (2015). La ciudad de los niños. Barcelona: Graó.

TONUCCI, F. (2016). Cando os nenos din "Basta!". Pontevedra: Kalandraka.

TORRES SANTOMÉ, J. (2001). La construcción de la escuela pública como institución democrática: poder y participación de la comunidad. En José GIMENO SACRISTÁN (Coord.), Los retos de la enseñanza pública. Madrid, Akal, pp. 105-146.

TORRES SANTOMÉ, J. (1996). Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado. Madrid: Morata.

TORRES SANTOMÉ, J. (2007). Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid: Morata.

TORRES SANTOMÉ, J. (2011). La justicia curricular: el caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid: Morata.

TORRES SANTOMÉ, J. (2017, en prensa). Políticas educativas y construcción de personalidades neoliberales y neocolonialistas. Madrid: Morata.

TORT BARDOLET, A., e SIMÓ GIL, N. (2011).  Escolarización, inmigración y territorio: algunas reflexiones. En GARCÍA CASTAÑO, F.J. e CARRASCO PONS, S. (EDS.), Población inmigrante y escuela: conocimientos y saberes de investigación (pp. 317-338). Madrid: Ministerio de Educación.

TYLER, W. (1991): Organización escolar. Madrid, Morata.

URRACO-SOLANILLA, M. E NOGALES BERMEJO, G. (2013). Michel Foucault: el funcionamiento de la institución escolar propio de la Modernidad. Anduli, 12, pp. 153-167.

VARELA FERNÁNDEZ, J. (2001). La escuela y sus funciones. De la reprodución social a la producción de identidades. En José GIMENO SACRISTÁN (Coord.), Los retos de la enseñanza pública. Madrid, Akal, pp. 81-103.

VARELA FERNÁNDEZ, J. (Coord.) (2007). Las reformas educativas a debate (1982-2006). Madrid, Morata.

VÁZQUEZ RECIO, R. (2013). La dirección de centros: gestión, ética y política. Madrid, Morata.

VIÑAO FRAGO, A. (2004). Escuela para todos: educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid, Marcial Pons.

VIÑAO FRAGO, A. (2014).  Religión en las aulas: una materia controvertida. Madrid: Morata.


Educación Infantil:

ALCRUDO SUBIRÓN, P. (Ed.). (2012). Planteamiento, situación y perspectivas de la Educación Infantil de 0 a 6 años (Informe). Madrid: Plataforma estatal en defensa del 0-6. Recuperado o 2 de xuño de 2013 de: http://innovarteinfantilesp.wordpress.com/2012/10/17/informe-estatal-sobre-la-educacion-infantil/. [Versión libro: ALCRUDO SUBIRÓN, P., ALONSO GIL, A., ESCOBAR ESTEBAN, M., HOYUELOS PINILLOS, A., MEDINA DE LA MAZA, A. E VALLEJO SALINAS, A (2015): La educación infantil en España: Planteamiento, situación y perspectivas de la educación de 0 a 6 años. Madrid: Escuela de Fantasía, S.L.].

ANTÓN, M. (Coord.): Planificar la etapa 0-6: compromiso de sus agentes y práctica cotidiana. Barcelona, Graó.

ARIAS CORREA, A. e outros (2007): O proceso de adaptación. E ti... vas á escola? Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. Recuperado o 12 de Setembro de 2010 no URL: http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/proceso/oproceso/o_prodeso_de_adaptacion.pdf.

ARLEQUÍN, E.I.M. (2008): Viviendo el barrio: haciendo escuela de 0 a 6 años. Barcelona, Octaedro / Associació de Mestres Rosa Sensat.

AUSTIN, R. (2007): Deja que el mundo exterior entre en el aula. Madrid, Morata.

BERESALUCE DÍEZ, R. (2009). Las escuelas municipales de Reggio Emilia como modelo de calidad en la etapa de Educación Infantil. Alicante, Editorial Club Universitario.

BRITTON, L. (2000):Jugar y aprender el método Montessori: guía de actividades educativas desde los 2 a los 6 año. Barcelona, Paidós.

BROWN, B. (2010): Desaprender la discriminación en Educación Infantil. Madrid, Morata.

BUCKINGHAM, D. (2013). La infancia materialista: crecer en la cultura consumista. Madrid: Morata.

CABANELLAS AGUILERA, I. et al. (2013). Territorios de la infancia: diálogos entre arquitectura y pedagogía. Barcelona: Graó.

ESCUELAS INFANTILES DE REGGIO EMILIA (2011): La inteligencia se construye usándola. Madrid, Morata.

GOLDSCHMIED, E. e JACKSON, S. (2000): La educación infantil de 0 a 3. Madrid, Morata.

HOYUELOS PLANILLO, A. (2009, Novembro): Ir y descender a y desde Reggio Emilia. Participación Educativa, No. 12, pp. 171-181. Recuperado o 13 de Xullo de 2011 do URL: http://www.educación.gob.es/revista-cee/pdf/n12hoyuelos-planillo.pdf.

MALAGUZZI, L. (2001): La educación infantil en Reggio Emilia. Barcelona, Octaedro / Associació de Mestres Rosa Sensat.

MONTESSORI, M. (2003): El método de la pedagogía científica aplicado a la educación de la infancia. Madrid, Biblioteca Nueva.

LLEIXÀ ARRIBAS, T. (Coord.) (2001): La educación infantil 0-6 años: organización escolar. Barcelona, Editorial Paidotribo.

Complementary

Bibliografía complementaria: Dispoñíbel desde a plataforma dixital (Moodle), xunto con outros recursos (revistas, webs, gravacións audiovisuais e lexislación de interese).


Lexislación de particular relevancia: Recollida no "Dossier de Lexislación" en Moodle.


Fontes audiovisuais e dixitais (páxinas web, vídeos, etc.):

AFIN - Grup de Recerca Infàncies & Famílies (Universitat Autònoma de Barcelona - Repositorio virtual de documentos dixitais): https://ddd.uab.cat/record/78757

ALDEA - Programa de ecoescuelas da Junta de Andalucía: https://tinyurl.com/y6f22ckw.

ALLEWAY, L. (Dir.) (1997): Testing Times (Documental). Da serie: Modern Times. Reino Unido, BBC / Lynn Alleway: https://vimeo.com/80625352.

ALLIANCE FOR CHILDHOOD (web): http://www.allianceforchildhood.org.

CLASS SIZE MATTERS (web): https://www.classsizematters.org/.

CRA Vixoi. (2013, blogue): Obtenido da Escola de Vixoi o 15 de xuño de 2013 de: http://escoladevixoi.blogspot.com.es/.

DEY – Defending the Early Years (web): http://DEYproject.org.

ECOESCUELAS - Rede internacional e estatal: http://www.ecoescuelas.org/.

InnovArte Educación Intantil (2013, blogue): Consultado o 15 de xuño de 2013 de: http://innovarteinfantilesp.wordpress.com/gallego/.

Robinson, Sir Kenneth (2006-2013): Vídeo-clip: Cambiar los paradigmas de la educación - Discurso de Sir Ken Robinson - Xaneiro de 2010 (Banda deseñada: RSA Animate / Learning Cognitive):  Con lexendas (subtítulos): http://www.youtube.com/watch?v=Z78aaeJR8no&feature=player_embedded. Doblado: http://vimeo.com/16669082.  Charla en TED (2006 - Hai que seleccionar o español): http://www.ted.com/talks/ken_robinson_says_schools_kill_creativity.html

Vídeo-clip: La LOMCE según TONUCCI... (Entrevista - 10 mins. - 2 dec 2012): http://www.youtube.com/watch?v=F0IPsqozlgI

Vídeo-clip: Bill Gates fala sobre a educación "en persoa" ou "on-line": http://www.youtube.com/watch?v=p2Qg80MVvYs

Documental: El sistema educativo finlandés ("The Finland Phenomenon") (documental completo con subtítulos en español - 2012): http://crudasociedad.wordpress.com/2012/10/31/documental-sistema-educativo-en-finlandia/

Vídeo-reportaxe - "Sistema educativo Finlandia, donde casi no existe la educación privada" - Ventanas del Falcón - 10 de agosto de 2012 - 12:30 mins.: http://ventanasdelfalcon.blogspot.com.es/2012/08/sistema-educativo-finlandia-donde-casi.html

Vídeo-reportaxe: "Cuestión de Educación" - Salvados - La Sexta - (3 feb 2013): http://www.lasexta.com/videos/salvados/2013-febrero-3-2013020300007.html

Documental: Somos Acó - Familias galegas e o declive da escola pública no rural - Vimeo (Nov. 2012 - 30 mins.): http://vimeo.com/53446341

Documental: La educación prohibida - Red de Educación Viva - 2012: http://www.educacionprohibida.com/

Artigo sobre o documental: "La educación prohibida, o disparen contra la escuela pública" - Eduardo Mancini e Nilda Varga - Viento del Sur (blog) - 10 de sep. de 2012: http://atesociosanitario.com.ar/2012/10/la-educacion-prohibida-o-disparen-contra-la-escuela-publica/



Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Theory of Education/652G01001
Curriculum Design, Development and Assessment/652G01002
Sociology of Education/652G01003
History of Education/652G01006
Inclusive and Multicultural Education/652G01011

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Curriculum Design, Development and Assessment/652G01002
History of Education/652G01006
Inclusive and Multicultural Education/652G01011
Teaching Foundations in of Inclusive Special Needs Education/652G01034

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.