Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica da lingua galega Código 652G01015
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Profesorado
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Web http://http://ensinardeleitando.blogspot.com/
Descrición xeral O obxectivo da materia é proporcionar un marco teórico e metodolóxico para o traballo da lingua galega na aula. Trátase, en primeiro lugar, de facer consciente o alumnado do carácter transversal do ensino lingüístico e da responsabilidade das mestras e mestres como modelos de lingua. Incidirase, neste sentido, na importancia de adquirir unha competencia lingüística e comunicativa suficiente en lingua galega. Estudaranse, de modo xeral, os condicionamentos do ensino en contextos de contacto lingüístico e, máis especificamente, as características do caso galego. Esta análise servirá para fundamentar as estratexias que se poñan en práctica na aula de Educación Infantil para o ensino-aprendizaxe da lingua. A materia introducirá cuestións curriculares que atinxen a todo o bloque de Linguaxe Verbal e tentará familiarizar as alumnas e alumnos coa programación didáctica neste ámbito. Afondarase en particular no traballo para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais, a través de prácticas como o conto contado, a asemblea ou os xogos de lingua.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
A59 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B21 Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico A48
B6
B24
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega A43
A44
A46
B14
B19
C1
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega A42
A45
A50
A51
B11
B25
C3
C6
C7
C8
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego A31
Coñecer os fundamentos do currículo de lingua da etapa de Educación Infantil en Galiza A31
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística A4
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües A48
A52
B20
B21
C2
Coñecer as particularidades da situación sociolingüística galega A13
A23
B24
C4
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galego-falante e non galego-falante A42
A43
A44
A46
A47
A48
A49
A63
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega A40
A48
B24
Saber programar actividades para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais A43
A44
A46
A49
A60
B8
B18
B23
C1
Aplicar unha proposta didáctica nunha aula de Educación Infantil, que inclúa un conto contado, unha asemblea e un xogo de lingua. A29
A44
A45
A49
A50
A51
A62
A63
B1
B2
B4
B5
B7
B8
B9
B16
B19
C1
Ser capaces de reflexionar sobre a propia práctica A19
A23
A29
A44
A45
A49
A50
A51
A59
A60
A62
A63
B3
B10
B12
B14
B15
B17
B19
B22
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos do ensino lingüístico 1.1. Que é ensinar lingua?
1.2. A competencia lingüística e comunicativa do profesorado
2. O ensino-aprendizaxe da lingua en contextos de contacto lingüístico: o caso galego 2.1. Conceptos básicos de Sociolingüística e Planificación Lingüística
2.2. Achegamento á situación sociolingüística galega
2.3. As linguas no sistema educativo galego: marco xurídico
2.4. Pautas para a planificación lingüística nos centros educativos galegos
3. A lingua na escola infantil 3.1. A linguaxe verbal no currículo da Educación Infantil: a Área de Linguaxes: Comunicación e Representación
3.2. Estratexias para o desenvolvemento da comunicación oral
3.2.1. A literatura de tradición oral na aula
3.2.1.1. O conto contado
3.2.1.2. Os xogos de lingua
3.2.2. A asemblea

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A4 A13 A31 A42 A45 A46 A47 A51 B1 B3 B9 B10 B11 C6 0 15 15
Obradoiro A29 A40 A44 A49 A50 B2 B5 B7 B12 B16 B17 B18 B19 B22 C1 C4 17 7 24
Presentación oral A43 B12 B25 C1 C3 2 4 6
Aprendizaxe servizo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 0 40 40
Proba de ensaio A4 A13 A31 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A62 B3 B9 B10 B11 B12 B17 B19 B22 C1 2 40 42
Sesión maxistral A4 A13 A19 A23 A31 A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A62 B14 B15 B17 B20 B21 C2 C7 C8 21 0 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Documentos para a ampliación dos contidos traballados na aula.
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición verbal en que se abordan contidos da materia de forma dinámica.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, en que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu contorno co fin de melloralo.
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Presentación oral
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.
As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a. O atendemento ao alumnado realizarase de modo presencial no horario marcado ao comezo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 A actividade realizarase en grupo e componse de:
- O deseño dunha proposta didáctica arredor da literatura de tradición oral e a súa aplicación nunha aula de Educación Infantil. A práctica gravarase en vídeo para a súa posterior presentación na clase e debate co resto dos grupos. (25% da cualificación)
- Un traballo de reflexión sobre o proceso de deseño e aplicación da proposta didáctica. Valorarase a capacidade de observación e de autocrítica, así como a integración dos coñecementos adquiridos no conxunto da materia. Terase especialmente en conta a claridade expositiva e a corrección expresiva. (25% da cualificación)
50
Proba de ensaio A4 A13 A31 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A62 B3 B9 B10 B11 B12 B17 B19 B22 C1 Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Observacións avaliación

Requisitos

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega,
tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é
preceptivo para aprobar a materia.

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: a actividade de aprendizaxe servizo, dividida á súa vez no deseño e aplicación da proposta didáctica (25% da cualificación) e no traballo de reflexión (25% da cualificación);
  • unha tarefa individual: unha proba de ensaio breve (50% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán as partes suspensas.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única tarefa individual: unha proba de ensaio extensa (100% da cualificación).

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle.


Fontes de información
Bibliografía básica

Abala Quintela, J. E. (2007). Os contos. Propostas para traballar con contos populares galegos. Vigo: Ir Indo.

Abelleira Bardanca, A. e Abelleira Bardanca, I. (2017). Botándolle conto á vida. En Abelleira Bardanca, A. e Abelleira Bardanca, I. Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia, pp. 117-121.

Abelleira Bardanca, A. e Abelleira Bardanca, I. (2017) . Soltando a lingua. En Abelleira Bardanca, A. e Abelleira Bardanca, I. Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia, pp. 106-111.

Almodóvar, A. (1989). Cuentos de animales. En Almodóvar, A. Los cuentos populares o a la tentativa de un cuento infinito. Murcia. Universidad de Murcia, pp. 127-133.

Arias Correa, A. e Arias Correa, D. (2008). As adiviñas. Propostas para traballar coas adiviñas galegas. Vigo: Ir Indo

Barragán, C. et al. (2005). Hablar en clase. Cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Caracas e Barcelona: Laboratorio Educativo e Graó.

Barrio, M. e Harguindey, E. (1983). Lerias e enredos para os máis pequenos. Vigo: Galaxia.

Bigas, M. e Correig, M. (eds.) (2000). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Madrid: Síntesis.

Boullosa, P. G. (1997). Cando o rei por aquí pasou. Libro do folclore infantil galego. Vigo: Xerais.

Bryant, S. C. (2003). El arte de contar cuentos. Barcelona: Biblaria.

Callón, C. (2012). Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais.

Calvet, L. J. (1998). A (socio)lingüística. Santiago de Compostela: Laiovento.

Cassany, D., Luna, M. e Sanz, G. (2003). Enseñar lengua. Barcelona: Graó.

Crystal, D. (2003). A morte das linguas. Vigo: Galaxia.

Ceballos Viro, I. (2016). Iniciación literaria en Educación Infantil. Madrid: UNIR.

Díaz García, M. T., Mas Álvarez, I. e Zas Varela, L. (coords.) (2008). Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Feixó Cid, X. G. (2006). Gramática da lingua galega: síntese práctica. Vigo: Xerais.

Fernández Paz, A., Lorenzo Suárez, A. M. e Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. (S. l.): Xunta de Galicia.

Formoso Gosende, V. (2013). Do estigma á estima: propostas para un novo discurso lingüístico. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2013.

Freixeiro Mato, X. R. (2007). Gramática da lingua galega. Vigo: A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais.

Gugenberger, E., Monteagudo, H. e Rei-Doval G. (eds.) (2013). Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Harguindey, E. (2009). Desaprenda a falar galego en 15 días cos erros dun tradutor automático ___ e reaprenda noutros 15. Bertamiráns (Ames): Laiovento.

Harguindey, H. e Barrio, M. (1994). Antoloxía do conto popular galego. Vigo: Galaxia.

López Viñas, X., Lourenço Módia, C. e Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega: comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións.

Martín, P. (1985). ¿Que cousa é cousa? O libro das adiviñas. Vigo: Galaxia.

Martínez Lema, P., Sanmartín Rei, G. (eds.) (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Universidade da Coruña.

Marzábal Expósito, F., López Barreiro, M.B. (2008). Profesionaliza a túa lingua: ciencias da educación. A Coruña: Universidade da Coruña.

Medrano, C. L. (1994). 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais.

Medrano, C. L. (1998). Outros 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais.

Monfort, M. e Juárez Sánchez, A. (1999). El niño que habla. El lenguaje oral en el preescolar. Madrid: CEPE.

Noia Campos, C. (2002). Contos galegos de tradición oral. Vigo: Nigratea.

Núñez Singala, M. C. (2009). En galego, por que non?: contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua. Vigo: Galaxia.

Núñez Singala, M. C. (2017). Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüismo na infancia e na idade adulta. Vigo: Galaxia.

Observatorio da Cultura Galega (2011a). As Lingua(s) a debate: inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Observatorio da Cultura Galega (2011b). O idioma galego na sociedade: a evolución sociolingüística 1992-2008. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Pablo Sánchez, M. J. & Pérez Montero, C. (1995). El taller de lenguaje oral en la Escuela Infantil. Baúl de recursos. Madrid: Siglo Veintiuno de España Editores.

Palou, J. e Bosch, C. (coords.) (2005). La lengua oral en la escuela. 10 experiencias didácticas. Barcelona: Graó.

Porto Crespo, M. (2011). Metodoloxía didáctica da improvisación oral en verso. Vigo: SNL, Concello de Vigo.

Ramallo, F., Rei-Doval, G. e Rodríguez Yáñez, X. P. (eds.) (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais.

Revista Galega de Educación, 41 (monográfico: Literatura oral e educación), xuño 2008.

Revista Galega de Educación, 65 (monográfico: A lingua na Educación Infantil), xuño, 2016.

Rodari, G. (2015). Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.

Sánchez-Cano, M. (coord.) (2009). La conversación en pequeños grupos en el aula. Barcelona: Graó.

Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. A Coruña: Laiovento.

Sanmartín Rei, G. (coord..) (2012a). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña. Recuperado de http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf.

Sanmartín Rei, G. (coord..) (2012b). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña. Recuperado de http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf.

Silva-Valdivia, B. (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago de Compostela: Universidade.

Silva Valdivia, B., Rodríguez Rodríguez, X., Vaquero Quintela, I. (coords.) (2010). Educación e linguas en Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Silva Valdivia, B., Rodríguez Rodríguez, X., Vaquero Quintela, I. (coords.) (2011). A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios: actas das II Xornadas “Educación e linguas en Galicia”. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Tejerina Lobo, I. (2010). La narración oral: un arte al alcance de todos. En M. Campos F., Fígares, G. Núñez Ruiz e E. Martos Núñez (coords.), ¿Por qué narrar? Cuentos contados y cuentos por contar. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, pp. 51-66.

Xunta de Galicia (2011).Arrolos e xogos de iniciación para transmitir palabras e afectos.Santiago de Compostela Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística

Bibliografía complementaria

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Polafías. Sección de Literatura de Tradición Oral. Recuperado de https://www.aelg.gal/Polafias/

AGXPT. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Recuperado de http://www.agxpt.gal/

Carballeira Anllo, X. M. (coord.) (2009). Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.

Cuba Rodríguez, X. R., Miranda Ruíz, X., Reigosa Carreiras, A. (1999). Diccionario dos seres míticos galegos. Vigo: Xerais.

Doval Porto, I. e García García, Ch. (2017). Guía de estilo APA, 6ª edición. Elaborado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A Coruña: Universidade da Coruña. Recuperado de http://www.educacion.udc.es/biblioteca/userfiles/Normas%20APAguia%20da%20biblioteca%202017.pdf

Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia. Recuperado de https://galiciaencantada.com/

Mosquera Carregal, X. M. e Pino Ramos, S. (2008).Síntese gramatical. A Coruña: Universidade da Coruña. Recuperado de http://www.udc.es/snl/documentospdf/Sintese_gramatical.pdf.

Muriano Rodríguez, M. Ensinar deleitando. Blogue de Montse Muriano Rodríguez sobre Didáctica da Lingua e da Literatura. Recuperado de http://ensinardeleitando.blogspot.com/

Muriano Rodríguez, M. Conta da docente na rede social Instagram para uso académico: @montsemurianor

Muriano Rodríguez, M. Conta da docente na rede social Twitter para uso académico: @montsemuriano

Orella pendella. Ditos, recitados e cancións infantís. Recuperado de https://orellapendella.gal/

Real Academia Galega (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Vigo: Editorial Galaxia. Recuperado de https://academia.gal/documents/10157/704901/Normas+ortogr%C3%A1ficas+e+morfol%C3%B3xicas+do+idioma+galego.pdf

Real Academia Galega (2012). Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña. Recuperado de https://academia.gal/dicionario


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías