Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Orientación e titoría Código 652G01016
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
Profesorado
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Rebollo Quintela, Nuria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
nuria.rebollo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia aborda a orixe e os principios da orientación e da titoría, así como as funcións que debe desempeñar o Maestro de Educación Infantil na súa labor como titor. Tamén se tratan as principais liñas de actuación, estratexias e recursos para exercer a función titorial co alumnado, as familias e o resto da comunidade educativa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A11 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Determinar, a partir das necesidades do alumnado, familia ou resto da comunidade educativa, propostas de actuación. A22
A32
Enumerar as funcións do titor e do orientador en relación co alumnado, familias e resto do profesorado e explicar o que isto leva. A10
A11
A12
A22
Transferir información a especialistas que colaboren co centro para a identificación e atención do alumnado con NEAE A8
Poñer en práctica as competencias sociais para traballar en equipo e salvar os obstáculos que vaian xurdindo. B2
B4
B5
B11
B12
B22
C3
Defender a necesidade da formación continua como profesional e cidadán. B14
B15
C3
C5
C7
Aplicar os principios éticos á práctica profesional e persoal. B6
C6

Contidos
Temas Subtemas
Conceptualización da orientación e a titoría. Carácter polisémico do concepto de orientación.
A orientación na aula: concepto de titoría.
O Plan de Acción Tutorial.
Principios legais e psicopedagógicos que rexen a orientación e a acción tutorial. Normativa legal vixente.
Os principios da orientación.
Aplicación dos principios na acción orientadora.
Funcións do profesorado titor: coas familias, cos alumnos, co resto do profesorado e coa comunidade en xeral. O titor en relación aos alumnos.
O titor e as familias.
O titor e a súa relación coa comunidade educativa.
O titor e a súa relación coa comunidade en xeral.
Líneas prioritarias de la acción tutorial en la Educación Infantil Liñas prioritarias da acción tutorial na Educación Infantil.
Recursos para a acción tutorial A observación.
Enquisa.
Análise de documentos.
O caderno de ida e volta e a axenda escolar.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B12 3 0 3
Sesión maxistral A11 B4 B5 B11 C7 21 0 21
Eventos científicos e/ou divulgativos B14 B22 C5 C6 0 10 10
Lecturas C3 0 20 20
Simulación A10 A32 B6 4 14 18
Proba de ensaio A8 A11 A12 A32 B2 B22 C6 2 17 19
Presentación oral A10 A11 A12 A22 A32 B2 B5 B6 B11 B12 B15 B22 C3 C6 3 15.5 18.5
Aprendizaxe colaborativa A12 B4 B5 B6 B11 B12 B22 C3 C6 9 21.5 30.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Coas actividades iniciais identificaranse os coñecementos previos que os estudantes posúen da materia e presentarase a mesma.
Sesión maxistral A través das sesións expositivas, a profesora explicará os diferentes temas e conceptos incluídos neles para a súa mellor comprensión.
Eventos científicos e/ou divulgativos Tentarase que os estudantes asistan e participen en xornadas ou seminarios que aborden algunha temática tratada na materia. Pediráselles un informe do que aprendesen.
Lecturas Os estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos.
Simulación Os alumnos deberán actuar como titores ante diversas situacións nas que se traballarán as relacións interpersoais, o comprotamiento, as actitudes e os valores.
Proba de ensaio Realizarase unha proba que permitirá demostrar as aprendizaxes adquiridas.
Presentación oral Os estudantes deberán facer unha presentación oral dalgunha temática traballada.
Aprendizaxe colaborativa Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Aprendizaxe colaborativa
Presentación oral
Descrición
Orientarase aos estudantes, tanto dentro como fose da aula, a encamiñar ben o traballo e a aclarar aqueles aspectos que resultan máis complicados de comprender de modo que se asegure unha aprendizaxe significativa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A8 A11 A12 A32 B2 B22 C6 Realizarase un exame no que o estudante demostrará os coñecementos adquiridos. Para aprobar a materia hai que obter, polo menos, 3 puntos sobre 6. 60
Simulación A10 A32 B6 Valorarase a representación preparada en grupo e tutorizada pola profesora da materia. 15
Presentación oral A10 A11 A12 A22 A32 B2 B5 B6 B11 B12 B15 B22 C3 C6 Valoraranse os coñecementos adquiridos, as habilidades para expoñelos publicamente e o uso das novas tecnoloxías. 25
 
Observacións avaliación

Para que poidan ser avaliados segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia do 80% ás clases interactivas. Para aprobar a materia deberán ter un mínimo de 3 puntos na proba de ensaio e 2 puntos no resto de actividades. 


No caso de aprobar as prácticas e non superar o exame a calificación final da materia será como máximo 4 (correspondendo cun 10 nas prácticas).
O alumnado que non cumpra o anterior criterio (80% de asistencia ás interactivas), deberá realizar o exame que será o 100% da cualificación final.

No caso de que o alumnado teña superadas as prácticas, estas  só se terán en conta para a convocatoria de xullo do mesmo curso académico. 

Fontes de información
Bibliografía básica Carrera, C., López, T., Matías, P. e Santamaría, C. (2016). Agenda de trabajo del orientador en centros educativos de Educación Infantil y Primaria. Madrid: Narcea
Sola Martínez, T. y López Sánchez, M. (2008). El Plan de Orientación y acción tutorial en Educación Infantil y Primaria: Recursos prácticos para su programación y ejecución. Madrid. Ed. Universitas S.A.
González-Benito, A. y Vélaz-de-Medrano, C. (Ed.) (2014). La acción tutorial en el sistema escolar.. Madrid: UNED.
Expósito López, J. (2014). La acción tutorial en la educación actual. Madrid: Síntesis
Pantoja Vallejo, A. (2013). La acción tutorial en la escuela. Madrid: Síntesis
MEC (1992). La orientación educativa y la intervención psicopedagógica. Madrid. Servicio de Publicaciones del MEC
Rodicio García, M.L. (2001). La Orientación en Galicia. Murcia. RIE
Méndez Zaballos, L., Ruiz Llorente,J.M.,Rodríguez Fernández, E. e Rebaque, E.M. de la O (2007). La tutoría en Educación Infantil. Madrid: Wolters Kluwer
Bisquerra Alzina, R. (1998). Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagógica. Barcelona. Praxis
Sobrado Fernández, L.M., Fernández Rey, E. y Rodicio García, M.L. (Coords.) (2012). Orientación educativa. Nuevas perspectivas.. Madrid: Biblioteca Nueva.
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y orientación educativa. Nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer
Martín, X., Puig, J.M., Padrós, M., Rubio, L. y Trilla, J. (2008). Tutoría. Técnica, recursos y actividades. Madrid: Alianza Editorial

Bibliografía complementaria Vallet, M. (2010). Educar a niños y niñas de 0 a 6 años. . Madrid: Wolters Kluwer
Álvarez Rojo, V. (1994). Orientación Educativa y acción orientadora. Relaciones entre la teoría y la práctica. Madrid. EOS
López Urquízar, N. y Sola, T. (2007). Orientación escolar y tutoría para las diferentes etapas de la educación. grupo editorial universitario
Salvador, X. y Rodicio, M.L. (1998). ¿Para onde camiña a orientación?. A Coruña. Universidade da Coruña


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías