Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ensino das ciencias da natureza Código 652G01019
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Golías Pérez, Yolanda
Correo electrónico
y.golias@udc.es
Profesorado
Golías Pérez, Yolanda
Correo electrónico
y.golias@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura pretende que se valore a importancia das Ciencias da Natureza nesta etapa educativa e que se recoñezan as implicacións actuais da ciencia e a tecnoloxía para comprender e respetar o noso contorno.
Asemade, abordarase o desenvolvemento curricular e trataranse os procesos de ensino e aprendizaxe do coñecemento científico, así coma os recursos, experiencias, resolución de problemas, etc. axeitados á metodoloxía científica.
Tamén se analizarán e deseñarán propostas educativas que inclúan as interaccións Ciencia-Tecnoloxía-Sociedade e Desenvolvemento Sustentable.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-As sesións expositivas continuarán sendo asíncronas.
-A elaboración dos traballo tutelados (computa na avaliación).
-Proba mixta (computa na avaliación).
-Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican: As sesións interactivas e prácticas de laboratorio organizadas en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente pasarán a desenvolverse de forma virtual e de maneira individual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
-Correo electrónico o quickmail: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
-Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
-Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en gran grupo ou grupos reducidos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, para o avance dos contidos teóricos da materia, o seguimento e apoio na realización das tarefas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia
4. Modificacións na avaliación:
Todo o alumnado (asistente e non asistente) manteñen a avaliación da guía docente nas dúas oportunidades, con estas salvedades: • De non ser posible a realización dos traballos tutelados en grupo, o alumnado poderá realizalos individualmente. • A proba individual global da avaliación será realizada na modalidade virtual. *Observacións de avaliación: Mantense as mesmas que figuran na guía docente, excepto no referente á asistencia que só se terán en conta aquelas sesións que houbo presencialmente ata o momento que se suspenda a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A38 Coñecer os momentos máis sobresaíntes da historia das ciencias e as técnicas e a súa trascendencia.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprender a aprender. A33
A36
A38
B1
B3
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva. B2
Traballar de forma colaborativa. B5
B6
B16
B18
C4
Capacidade de análise e síntese. B10
Capacidade de busca e manexo de información. B11
Capacidade de organización e planificación. B12
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. B17
C1
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. B25
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A33
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. A36
B13
Coñecer os momentos máis sobresaíntes da historia das ciencias e as técnicas e a súa trascendencia. A39
Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable. A15
A39
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. A15
A32
A40
Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación. A41
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Adquirir os coñecementos para sensibilizarse e actuar sustentablemente a favor do medio ambiente A15
B13

Contidos
Temas Subtemas
O ensino das ciencias da natureza en educación infantil 1. Que entendemos por ciencias?
2. Como axudar ós escolares a aprender ciencias.
3. A importancia de ensinar ciencias nesta etapa educativa.
4. Que tipo de coñecementos cómpre adquirir?
As ciencias da natureza no currículo oficial de educación infantil 1. Valor formativo das Ciencias e a súa contribución á adquisición de competencias básicas dos escolares.
2. Análise dos contidos curriculares de ciencias.
3. Tipos de contidos, criterios e propostas de secuenciación.
4. Análise das propostas didácticas relativas ao campo das ciencias.
Os procesos de ensino e aprendizaxe das Ciencias en educación infantil 1. Evolución histórica e construcción do coñecemento científico e as súas interrelacións ciencia-tecnología-sociedad-ambiente (C/T/S/A), desenvolvemento sustentable e o valor cultural da Ciencia.
2. Metodoloxía científica.
3. Desenvolvemento do pensamento científico dos escolares e de habilidades de indagación na aula.
4. Dificultades de aprendizaxe do alumnado de 0-6 anos para aprender ciencias.
5. Estratexias para a resolución infantil de problemas no eido das ciencias: atención ás emocións.
Recursos para o ensino-aprendizaxe das Ciencias: TIC/TAC (Tecnoloxías da información e a comunicación; Tecnoloxías da aprendizaxe e coñecemento.) 1. Desenvolvemento de experiencias para fomentar o interese, respecto e actuación a favor das ciencias.
2. Deseño de estratexias e actividades científicas.
3. Uso e fundamento de diferentes tipos de recursos: laboratorio, museos científicos, tablets, PDIs, audiovisuais, saídas o campo , etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B1 B2 B3 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B16 B17 B18 B25 C1 C3 C4 C8 24 30 54
Sesión maxistral B1 B3 B6 B17 C6 18 0 18
Traballos tutelados A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 0 44 44
Proba mixta A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 0 32 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial (no laboratorio ou na aula) con soporte de tecnoloxías da información e da comunicación, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e colaborar na do resto de membros do grupo. Inclúese neste tipo de metodoloxía: os eventos científicos e/ou divulgativos (asistencia a seminarios, xornadas,...), lecturas de libros, artigos e outros textos; saídas de campo ou actividades fóra da facultade, etc.
O profesorado plantexará a solución de problemas a partir dos contidos traballados nas sesións ou ben de casos de actualidade científica.
Ao longo do curso o profesorado poderá pedir aos alumnos as exposicións orais dos traballos realizados individualmente ou en grupo, prantexando preguntas, solicitando aclaracións, etc. ou sobre a tarefas levadas a cabo nas sesións.
Sesión maxistral Exposición oral a través de presentacións asíncronas que serán gravabas (powerpoint con narración, gravación con TEAMS, etc.) e subidas a Moodle, co material de acompañamento necesario e propoñendo cuestións para que o alumnado favoreza o proceso de ensino-aprendizaxe. Empregarase especialmente para introducir novos coñecementos científicos/didácticos.
Traballos tutelados Actividades nas que o alumnado, organizado en pequeno grupo, é autónomo e realiza tarefas relativas á función de mestre (análise e/ou deseño de propostas de contidos e/ou actividades, emprego de recursos) xustificando as súas opcións. Estas tarefas serán dirixidas e orientadas polo docente. Realizaranse dúas deste tipo de actividades ao longo do desenvolvemento da asignatura e deberán expoñerse aos demais grupos.
Proba mixta Proba escrita presencial ou virtual formada por cuestións que poden ser de diferentes tipoloxías (V/F, escolla múltipla, curtas, de emparellar, asociar ou ordear, abertas de semidesenvolvemento, etc.) sobre o contido da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Programaranse reunións presenciales e/ou virtuáis con grupos reducidos de alumnos/as ou, no seu caso, de maneira individual co obxecto de realizar unha axeitada orientación dos traballos tutelados



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros 40
Proba mixta A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 Realizarase ao rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceptuais, habilidades procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e criticamente, etc. 40
Aprendizaxe colaborativa A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B1 B2 B3 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B16 B17 B18 B25 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación nas tarefas realizadas nas sesións interactivas e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a participación, o interese, a capacidade de razoamento, a actitude positiva, etc. 20
 
Observacións avaliación

 

Primeira oportunidade (maio/xuño).

Alumnado que acude ao 80% das sesións
interactivas:

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:


  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria
    e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación do alumnado nas sesións programadas e/ou á calidade e orixinalidade nas entregas requeridas pola docente. Supón un 20% da cualificación
    final.

  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente
    dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Os traballos serán entregados a través de Moodle, as
    características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico). Presentaranse na aula e se
    entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
    facelo, a cualificación será de 0.  A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
    cada traballo. Supón un 40 % da cualificación final.


  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 40 % da cualificación final.

Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos
apartados (sesións interactivas, traballos tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa.

Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas, os estudantes con dispensa pola súa situación
de vulnerabilidade debido a COVID-19 como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación
ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primiera semana de clase.

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos
seguintes apartados:


  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel).
    A súa asistencia non será obrigatoria. A cualificación deste apartado está
    condicionada á calidade nas entregas das tarefas requeridas polo
    profesorado. Supón un 20% da cualificación final.


  • Traballos tutelados. Realizaranse, obligatoriamente, dúas actividades
    académicamente dirixidas (AAD), individualmente. Os traballos serán entregados
    a través de Moodle, as características e datas de entrega serán
    comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles
    traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo
    electrónico). Presentaranse virtualmente e se
    entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
    facelo, a cualificación será de 0.  A
    cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
    cada traballo. Supón un 40 % da
    cualificación final.


  • Proba individual global de
    avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas
    e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial
    da Facultade. Supón un 40 % da cualificación final.

Segunda oportunidade (xullo).

A avalicación farase do mesmo xeito que na
oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se
teñan suspensos (tarefas das sesión interactivas, traballos tutelados e/ou
proba escrita individual).

Tanto no caso
dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao
80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final
será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas tarefas, traballos
tutelados e a proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre
10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non
superada.

NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES:

·       A cualificación de sesións
interactivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico.

·       Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán
a puntuación final.

·       O plaxio detectado nos traballos de avaliación entregados será
motivo de suspenso na asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica

ABELLA,R.;ALCÁZAR, V. y otros. (2009). Hacemos ciencia en la escuela. Experiencias y descubrimientos. Barcelona, Ed. Graó

ALVÁREZ, M.;NUÑO, T. y SOLSONA,N. (2003). Las científicas y su historia en el aula. Madrid, Ed. Síntesis

AMARO, F. (2015). Didáctica de las ciencias naturales y educación ambiental en educación infantil.Logroño, Ed. UNIR

ARAGÓN, L.; JIMÉNEZ, N.; GOZALBO, M. E.; y, VICENTE, J. J. (2016). Acercar la ciencia a la etapa de infantil: experiencias educativas en torno a talleres desde el Grado de Maestro en Educación Infantil. En, Revista Iberoamericana deEducación, 72, pp. 105-128.

ARCÀ, M.; GUIDONI, P.; & MAZZOLI, P. (1990). Enseñar Ciencia. Reflexiones para una educación científica de base. Barcelona, Ed. Paidós.

ASKASIBAR, I.; et al. (2006). La sostenibilidad un compromiso de la escuela. Barcelona, Ed. Graó.

BARRAGÁN; et al. (1992). Propuestas de secuencia. Educación infantil. Madrid, M.E.C. Escuela Española.

BASSEDAS, E.; et al. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Barcelona, Ed. Graó.

BEETLESTONE, F.L. (2000). Niños creativos, enseñanza imaginativa. Madrid, Ed. La Muralla.

BELAIR, L. M. (2000). La evaluación en la acción. Sevilla, Ed. Díada.

BERTOLINI, P.; FRABBONI, F. (1990). Nuevas orientaciones para el curriculum de Educación Infantil. Barcelona, Ed. Paidós.

BOLIVAR, A.; COLL, C.; ONRUBIA, J.; POZO, J. O.; TEBEROSKY; et al. (2001). El constructivismo en la práctica. Barcelona, Ed. Graó.

BRADLEY, B. S. (1989). Concepciones de la infancia. Madrid, Ed. Alianza Psicología.

BRUER, J. T. (1995). Escuelas para pensar. Barcelona, Ed.Paidós.

BLAXTER, L.; et al. (2008). Cómo se investiga. Barcelona, Ed Graó.

CAIRONI, G. ( 2009). Taller de ciencias al aire libre. Madrid, Ed. CEP

CALATAYUD, M. A.; JORBA, A.; PARCERISA, A.; SAN MARTIN, N.; et al. (2001). La evaluación como ayuda al aprendizaje. Sevilla, Ed. Diada.

CAMPANARIO, J. M. (1998). Quienes son, qué piensan y qué saben los futuros maestros y profesores de ciencias. Una revisión de estudios recientes. Revista inter-universitaria de formación del profesorado, 33: 121-140.

CAÑAL DE LEON, P. (2006). La alfabetización científica en la infancia. Aula de infantil, 33.

CARBONELL, J. (2001). La aventura de innovar. Madrid, Ed. Morata.

Serie Los videos de Educación Infantil. La observación y experimentación de Educación Infantil ( 2º ciclo). Ed. Rosa Sensat/M.E.C.

CARMEN, L. M. del. (1988). Investigación del medio y aprendizaje. Barcelona, Ed. Graó.

CASADO, M.J. (2006). Las damas del laboratorio. Barcelona, Ed. DEBATE.

CASTAÑEDA, L.; ADELL, J. (2013). Entornos Personales de Aprendizaje, claves para el ecosistema educativo en red. Alcoy, Marfil.

CATALÁ, M.; et al. (2002). Las ciencias en la escuela. Teorías y prácticas. Barcelona, Ed. Graó.

CINERY, M. (1979). Los amantes de la naturaleza. Barcelona, Ed. Blume.

CLAXTON, G. (1994). Educar mentes curiosas. El reto de la ciencia en la escuela. Madrid, Ed.Visor.

CHI, M. T.; y, ROSCOE, R. D. (2002). The processes and challenges of conceptual change. In Reconsidering conceptual change: Issues in theory and practice (pp. 3-27). Springer Netherlands.

COUSO, D. (2014). De la moda de aprender indagando a la indagación para modelizar: una reflexión crítica.  26 Encuentros de Didáctica de las Ciencias Experimentales y Segunda Escuela de Doctorado. Disponible en: http://uhu.es/26edce/actas/docs/conferencias/pdf/26ENCUENTRO_DCE-ConferenciaPlenariaInaugural.pdf

COLL, C.; POZO, J. I.; SARABIA, B.; VALLS, E. (1992). Los contenidos de la Reforma. Madrid, Ed. Santillana.

COLL SALVADOR, C. (1991). Aprendizaje escolar y construcción del conocimiento. Barcelona, Ed. Paidós.

CONFEDERACIÓN DE SOCIEDADES CIENTÍFICAS DE ESPAÑA (COSCE) (2011).Informe Enciende. Enseñanza de las Ciencias en la Didáctica Escolar para edades tempranas en España.

CORTINA, A. (1994). La ética de la sociedad civil. Madrid, Ed. Alauda.

CURRÍCULO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE GALICIA.

DEL CARMEN, L. (1988). Investigación del medio y aprendizaje. Barcelona, Ed. Gráo.

DRIVER, R.; et al. (1989). Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. Madrid, Ed. Morata-MEC.

ESCUTIA, M. (2009). El huerto escolar ecológico. Barcelona, Ed. Graó.

FERNÁNDEZ,R.;BRAVO,M.(2015). Las ciencias de la naturaleza en la Educación Infantil. Madrid, Ed.Pirámide.

FREIRE, H.(2011). Educar en verde. Ideas para acercar a niños y niñas a la natureleza. Barcelona, Ed. Graó.

GALLEGO TORRES, A. P., CASTRO MONTANA, J. E.;  REY HERRERA, J. M. (2008). El pensamiento científico en los niños y niñas, algunas consideraciones e implicaciones. Memorias CIIEC, 2 (3): 22-29.

GARCÍA, J.; GARCÍA, F. (1989). Aprender investigando. Sevilla, Ed. Díada.

GARDNER, H.; FELDMAN, D. H.; & KRECHEVSKY, M. (2000). El Proyecto Spectrum. Madrid, Ed. Morata-M.E.C.

GOLDSCHMIED, E; JACKSON, S. (2007). La educación infantil de 0 a 3 años. Madrid, Ed. Morata.

GOPNIK, A. (2012). Scientific Thinking in young children: Theoretical advances, empirical research and policy implications. Science, 337: 1623-1627.

HANN, J. (1981). Los amantes de la Ciencia. Barcelona, Ed. Blume.

HANNOUN, H. (1971). El niño conquista el medio. Buenos Aires, Ed. Kapelusz.

HARLEN, W. (1998). Enseñanza y aprendizaje de las Ciencias. Madrid, Ed. Morata-MEC.

JAVNA,J.(1992). 50 cosas que los niños pueden hacer para salvar la tierra. Barcelona, Ed. Emecé Editores.

MARCO, B. et al. (1987). La Enseñanza de las Ciencias Experimentales. Madrid, Ed. Narcea.

MARTIN, A. (1992). Ideas prácticas para innovadores críticos. Sevilla, Ed. Díada Editores.

MARTIN, L.; ERRAZURIZ, P. (1989). La escuela infantil. Un lugar de encuentro. Madrid, Ed. Síntesis.

MOLINA, L.;  JIMENEZ, N. (1992). La escuela infantil. Barcelona, Ed. Paidós.

MOLL, B. (1988). La escuela infantil de 0 a 6 años. Madrid, Ed. Anaya.

MORALES PELEJERO, M. (1984). El niño y el medio ambiente: orientaciones y actividades para la primera infancia. Barcelona, Ed. Oikos-tau.

MARCO, B. et al. (1987). La Enseñanza de las Ciencias Experimentales. Madrid, Ed. Narcea.

MUÑOZ, A. (2017). Sabias. Barcelona, Ed. DEBATE

ORTEGA, SAURA & MÍNGUEZ (1993). La formación de actitudes positivas hacia el aprendizaje de las ciencias experimentales. Revista de educación, 301: 167-196.

PÉREZ, M. (2010). Mi pequeño manual de experimentos. Barcelona, Ed. Zendrea Zariquiey.

PIAGET, J. (1981). La representación del mundo en el niño. Madrid, Ed. Morata.

POZO, J. I. (1985). El niño y el conocimiento. Madrid, MEC.

QUIJANO, R. (2016). Enseñanza de las ciencias de la Naturaleza en Educación Infantil. Madrid, Ed. Pirámide.

RAMIRO, E. (2010). La maleta de la Ciencia. Barcelona, Ed. Graó.

ROIG, T. (1994). Observación y experimentación en la educación infantil (2º ciclo). Madrid, M.E.C. / A.M. Rosa Sensat.

SELMI, I; TURRINI, A (1988). La escuela infantil a los cuatro años. Madrid, Ed. Morata.

SHORT, K. et al. (1999). El aprendizaje a través de la indagación. Barcelona, Ed. Gedisa.

THORTON, S. (1998). La resolución infantil de problemas. Madrid, Ed. Morata.

TONUCCI, F. (1979). La escuela como investigación. Barcelona, Reforma de la Escuela.

TONUCCI, F. (1990). ¿Enseñar o aprender? La escuela como investigación 15 años después. Barcelona, Ed. Graó.

TONUCCI, F. (1995). El niño y la ciencia. En, TONUCCI, F. (ed.). Con ojos de maestro. Buenos Aires, Troquel, pp. 85-107.

VEGA, S. (2006). Ciencia 0-3. Laboratorios de ciencias en la escuela infantil. Barcelona, Ed. Graó.

VEGA, S. (2012). Ciencia 3-6. Laboratorios de ciencias en la escuela infantil. Barcelona, ed. Graó.

WEISSMANL, H. (1993). Didáctica de las Ciencias Naturales. Madrid, Ed. Paidós.

WILLIS, A.; RICCIUTI, H. (1990). Orientaciones para la escuela infantil de cero a dos años. Madrid, Ed. Morata- MEC.

ZABALA, A. ; ARNAU, L. (2007). 11 ideas clave. Cómo aprender y enseñar competencias. Barcelona, Ed. Graó.

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Ensino do corpo humano e de hábitos saudables/652G01032
Didáctica da educación ambiental e para a sustentabilidade/652G01041

Observacións
  • Cómpre revisar polo miúdo as instrucción de entrega. No caso de se establecer, non se admitirán entregas fora de prazo.

  • O horario estará supeditado a posibles adaptacións para a realización das actividades, fóra da universidade, propostas polo profesorado; en calquera caso, serán notificadas o alumnado con antelacicón.

  • Para a elaboración de modelos ou maquetas, se for o caso, recoméndase a utilización de materiais de reciclaxe sempre que sexa posible.

  • Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

  • Teránse en conta as recomendacións  da Rede de Colaboración Interuniversitaria para a docencia e investigación na educación superior con perspectiva de xénero na organización da materia, no desenvolvemento dos contidos das unidades docentes, da tipoloxía de exemplos empregados, a linguaxe e as fontes usadas, así como a forma de relacionarse con alumnado, etc.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías