Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Didáctica da expresión corporal Código 652G01020
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Gonçalves López, María Paz
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
paz.goncalves@udc.es
lara.varela@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/?pagina=table&id_titulacion=10&grupo=A
Descrición xeral A materia “Didáctica da Expresión Corporal” forma parte dos estudos de Grao en Educación Infantil. Trátase dunha materia obrigatoria de 6 créditos, o que representa 150 horas de traballo do estudantado.
A presenza da motricidade no currículo oficial entre os 0 a 6 anos é relevante. Pero o seu interese pódese comprobar mellor observando como a infancia emprega o corpo e se desenvolve a través do xogo e o movemento de forma espontánea para coñecer o mundo que lle rodea e adaptarse a el.
O xogo e a motricidade van ser os principais canles a través dos cales a infancia en idade infantil pode adaptarse ao mundo que lle rodea. Con eles vai experimentar, coñecer e coñecerse, observar e observarse, aprender, entusiasmarse...autoeducarse. Por iso é polo que estes contidos -xogo e movemento-, van ser os eixos principais da materia e xunto coas rutinas de sono e alimentación o eixo da súa propia vida.
Aínda que a infancia vai experimentar a motricidade de forma global, o estudiantado da materia analizará a través de diversas temáticas e tendo como referencia o currículo desta etapa, os compoñentes principais da motricidade nestas idades: as capacidades perceptivo-motoras, as habilidades motrices, as capacidades expresivas e o xogo como contido articulador de todos os demais. A parte de coñecer estos aspectos teóricos e o seu desenvolvemento, o alumnado vainos aplicar en propostas de carácter práctico.
Outro aspecto de interese que se verá na materia é a importancia do asentamento de hábitos saudables nestas idades. Nos últimos tempos o índice de obesidade infantil viuse incrementado de forma considerable e faise necesaria unha formación de base para que nas Escolas Infantís se colabore para frear o seu acelerado crecemento.
Os coñecementos achegados pola materia de Didáctica da Expresión Corporal pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións motrices dentro dunha formulación global, para dotar á futura Graduada ou Graduado en Educación Infantil non só de coñecementos e vivencias, senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A15 Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
A53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos da motricidade presentes no currículo desta etapa. A4
A53
B1
B9
B10
B17
C1
C8
Aplicar os fundamentos motrices presentes no currículo desta etapa a través do deseño, xustificación, aplicación e avaliación de propostas didácticas que fomenten o desenvolvemento de habilidades motrices, capacidades perceptivo-motrices e/ou expresivas. A4
A53
A54
A55
A56
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B11
B12
B22
B23
C1
C3
C5
C8
Saber empregar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. A5
A53
A54
A55
A56
B1
B3
B4
B5
B11
B15
B19
C1
C5
C6
Valorar críticamente a presenza do xogo motor, a súa importancia e repercusións no contexto da Educación Infantil. A55
B1
B3
B6
B9
B17
C1
Coñecer o desenvolvemento motor das nenas e nenos de 0 a 6 anos. A1
A53
A56
B1
B3
B5
B11
B19
C1
C3
C8
Experimentar intervencións prácticas analizando críticamente a súa aplicación á Educación Infantil. A1
A53
A54
A55
B1
B3
B10
B15
B18
Coñecer aspectos teóricos sobre os hábitos saudables e valorar críticamente a posibilidade de xeralos desde as Escolas Infantís. A1
A4
A5
A15
A53
B1
B3
B6
B9
B10
B17
C1
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Fundamentos da motricidade no currículo de Educación Infantil e a súa didáctica. - Introdución á motricidade e a súa relación co currículo.
- Programación e propostas didácticas.
- Metodoloxía.
- Materiais e recursos.
- Avaliación.
TEMA 2. O xogo na motricidade infantil. - O xogo motor: conceptualización.
- Importancia do xogo motor na infancia.
- O xogo como recurso metodolóxico na educación infantil.
- O xogo como elemento integrador dos elementos do currículo.
TEMA 3. Estudo e análise das capacidades perceptivo motrices. O concepto de esquema corporal e os seus compoñentes básicos: actividade tónica postural equilibradora, coordinación (dinámica xeral, óculo-manual, óculo- pédica), control respiratorio, lateralidade, organización perceptiva, espacial e temporal e estruturación espazo temporal.

- Os sentidos e as capacidades senso- perceptivas.

TEMA 4. As habilidades motrices básicas na infancia e a sua evolución de 0 a 6 anos.
- Conceptualización.
- Patróns motores básicos.
- Desprazamentos.
- Saltos.
- Manipulacións.
- Xiros.
TEMA 5. A expresión corporal na educación infantil.
- Conceptualización.
- Expresión corporal e currículo: xogo simbólico, xogos de expresión corporal, dramatizacions, danzas e cancións.
TEMA 6. Hábitos saudables na educación infantil. - Estilo de vida saudable na infancia.
- Hábitos saudables na educación infantil: factor preventivo da obesidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve A1 A4 A5 A15 A53 A55 B2 B3 B9 B10 B15 B19 C1 5 15 20
Actividades iniciais B1 B6 B10 B19 C1 C4 C7 1 1 2
Análise de fontes documentais A1 A4 A15 A53 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 C3 C6 C8 3 15 18
Presentación oral B1 B6 B10 B17 B19 B23 C1 3 9 12
Sesión maxistral A1 A4 A15 A53 B3 B15 C7 C8 8 8 16
Traballos tutelados A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B22 C3 C5 C6 C8 7 21 28
Práctica de actividade física A1 A4 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B9 B12 B15 B18 12 36 48
Saídas de campo A1 A4 B1 B3 B6 B9 B10 B19 C5 C7 2 0 2
Discusión dirixida A1 A4 A15 B3 B6 B17 B19 B23 C1 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes do comezo de calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Presentación oral Presentación por parte do alumnado do proxecto ou traballo realizado e previamente aprobado polo profesorado e elixido entre este e o alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar as aprendizaxes.
Traballos tutelados Realizarase un traballo de carácter global e teórico - práctico con orientación á hora de psicomotricidade ou ao traballo da motricidade na titoría. Consiste no deseño e posta en práctica dunha proposta para Educación Infantil (a escoller entre 0 e 6 anos) basada nunha metodoloxía global coa presencia de contidos lúdicos e motrices cunha temática para a suposta aplicación ou exposición.
Práctica de actividade física Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que o alumnado poida impartilas (función docente), vivencialas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros do grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, estando coordinados por un moderador ou moderadora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta breve
Traballos tutelados
Descrición
Para levar a cabo o traballo tutelado, o alumnado debe realizar as titorías que sexan necesarias en grupos pequenos para revisar o mesmo. As docentes poden facer suxerencias ou solicitar modificacións para achegar á entrega final.

Para algunhas das probas de resposta breve, haberá consellos e seguimento das profesoras da materia.

A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, en función das posibilidades e necesidades de cada momento: titorías en persoa no despacho do profesorado, titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Teams e Moodle.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN Ao ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.






Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A4 A5 A15 A53 A55 B2 B3 B9 B10 B15 B19 C1 Ao longo do curso irase expondo ao alumnado diversas probas e/ou traballos curtos para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 50
Traballos tutelados A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B22 C3 C5 C6 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. O profesorado da materia especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto na súa parte escrita como na oral. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, a asistencia ao 80% das sesións será obrigatoria. Non só será suficiente a asistencia, senón que tamén se computará a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que medien entre eles.

Segunda oportunidade: o estudiantado que asistiu a o 80% ou máis das sesións na primeira oportunidade manterá as cualificacións que acadaron a puntuación mínima indicada polas docentes. Deberán repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo.

O estudantado que non asiste ao 80% das clases na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Para facer media entre os contidos teóricos e prácticos haberá que aprobar cada parte.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o estudantado será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.

Os traballos desta materia se entregan todos de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

É primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para superar a materia.

NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” , “Saídas de campo” e "Simulación" están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, "Presentación Oral", “Traballos tutelados” e  “Probas de resposta breve”).


Fontes de información
Bibliografía básica

Abad, J. (2009). Iniciativas de educación artística a través del Arte Contemporáneo para la Escuela Infantil. [Tesis]

Abad, J; Arnáiz, V. y Ruíz de Velasco (2011). El juego simbólico. Graó: Barcelona.

Abad, J y Ruíz de Velasco, A. (2019). El lugar del símbolo.El imaginario infantil en las instalaciones de juego. Graó: Barcelona.

Abelleira, A. y Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil.Vigo: Galaxia.

Abelleira, A. y Abelleira, I. (2020). El latido de un aulade infantil. Elogio de la cotidianidad. Barcelona: Octaedro.

Aucouturier, B. (2004). ¿Por qué los niños y las niñas se mueven tanto? lugar de acción en el desarrollo psicomotor y la maduración psicológica de la infancia. Barcelona: Graó.

Aucouturier, B. (2012). L´enfant terrible ¿Qué hacer con el niño difícil en la escuela?. Barcelona: Graó.

Aucouturier, B. (2018). Actuar, jugar, pensar. Puntos de apoyo para la practica psicomotriz educativa y terapéutica. Barcelona: Graó.

A.E.M.E.I.(2001). Juegos para el desarrollo de las habilidades motrices en Educación Infantil. Málaga: Aljibe.

Antúnez, M. (2009). La educación física en el proceso educativo y la psicomotricidad en educación infantil. Almería:Tutorial Formación, S.L.

Angel, M.A, y Sugrañes, E. (2007). La educación psicomotriz ( 3-8 años). Barcelona: Graó.

Arnaiz, P. y Bolarín, MªJ. (2016). Introducción a la psicomotricidad. Madrid: Síntesis.

Arnaiz, P.; Rabadán, M. y Vives, Y (2008). La psicomotricidad en la escuela: una práctica preventiva y educativa. Málaga: Ediciones Aljibe. 

Aznar, P. (2009). La educación física en la educación infantil de 3 a 6 años. Barcelona: Inde.

Ballesteros, M. (2009). Los juegos populares en infantil y primaria: análisis y aplicación práctica. Almería: Procompal

Berruezo, P. P. (2009). Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en aprendizaje infantil. Sevilla: Mad.

Blández, J. (2002). Programación de unidades didácticas según ambientes de aprendizaje. Barcelona: Inde.

Blázquez, D. (2008). Enseñar por competencias en Educación Física. Barcelona: Inde.

Burgos, V. (2009). El desarrollo psicomotor eneducación infantil (recurso electrónico). Málaga: Ediped.

Bruchner, P (2017). Bosqueescuela. Guía para la educacióninfantil al aire libre. Valencia: Ediciones Rodeno.

Caillois, R. (1958). Teoría de los juegos. Seix Barral:Barcelona.

Carrasco, I. y Criado, D. (2001). 66 fichas de psicomotricidad. Sevilla: Wanceulen.

Carreño, C., Blandino, D. y Marchante, J. M. (2003a). Batería Didáctica del juego: volumen I . Almería: Procompal.

Carreño, C., Blandino, D. y Marchante, J. M. (2003b). Batería Didáctica del juego: volumen II . Almería: Procompal.

Carson, R. (2012). El sentido del asombro. Madrid: Encuentro.

Coma, M. (2020). Acoger. Acompañar los procesos deadaptación a la escuela. Graó: Barcelona.

Conde, J. L. (1994). Los cuentos motores. Paidotribo: Barcelona.

Conde, J. L., Martín, C. y Viciana, V. (1997). Las canciones motrices. Barcelona: Inde.

Conde, J.L. y Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe.

Conde, J. L. (2001). Juegos para el desarrollo de las habilidades motrices en Educación Infantil. Málaga: Aljibe.

Cornell, J. (2018). Compartir la naturaleza. Juegos yactividades para reconectar con la naturaleza. Sevilla: Ediciones La Traviesa.

Da Fonseca, V. (1998). Manual de observación psicomotriz. Barcelona:Inde.

Da Fonseca, V. (2001). Psicomotricidade: perspectivas multidisciplinares. Lisboa: Áncora.

David, M. y Apple, G. (2012). Lóczy, una insólita atención personal. Barcelona: Octaedro.

Decreto 150/2022, de 8 de setembro, polo que establecen a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG núm. 172, de 9 de setembro de 2022.

Desrosiers,P. y Tousignant, M. (2005). Psicomotricidad en el aula. Barcelona: Inde.

Diez Navarro, M.C (1998). Proyectando otra escuela. Madrid : Ediciones de la Torre.

Diez Navarro, M.C (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Madrid : Asociación de Maestros Rosa Sensat.

Diez Navarro, M.C (2002). El piso de abajo de la escuela. Barcelona: Graó.

Diez Navarro, M.C. (2007). Mi escuela sabe a naranja.Barcelona: Graó.

Diez Navarro, M.C. (2010). La oreja verde de la escuela. Madrid: Ediciones de la Torre.

Diez Navarro, M.C. (2011). Los Pendientes de la maestra : o cómo piensa una maestra en los niños, las escuelas, las familias y la sociedad. Barcelona : Editorial Graó.

Diez Navarro, M.C. (2013). 10 ideas clave de la educación infantil. Barcelona: Graó.

Díez Navarro, M.C. (2016). Arte en la escuela infantil : apuntes sobre la creación y la libertad. Barcelona: Graó.

Díez Navarro, M.C. (2016). El oficio del arte, soñar con el lápiz en la mano: experiencias y reflexiones en torno al abordaje del arte en la escuela infantil. Barcelona: Graó.

Diez Navarro, C (2019). Caramelos de violeta. Hacia la dulcemetamorfosis de nuestras escuelas. Graó: Barcelona.

Edna (2020). Guía de escuelas en la Naturaleza. Sevilla: La Traviesa.

Escribá, A. (1999). Psicomotricidad fundamentos teóricos aplicables en la práctica. Madrid: Gymnos.

Falk, J. y Tardos, A (2000). Movimientos libres. Actividades autónomas. Barcelona: Octaedro. Rosa Sensat.

Fodor, E.,Morán, M. y Moleres, A. (2009). Todo un mundo de sorpresas. Educar jugando. El niño de 2 a 5 años. Madrid:Pirámide.

Fraguela, R., Palacios, J. y Varela, L. (1996 ). Xogos cooperativos e actividades infantís: educar na cooperación no ámbito escolar. Santiago:Lea.

Freire, H. (2011). Educar en verde: ideas para acercar aniños y niñas a la naturaleza. Barcelona: Graó.

Freire, H. (2020). Patios vivos para naturalizar la escuela. Barcelona: Octaedro.

Frías, C. (2005).Guía para estimular el desarrollo infantil complemento didáctico de estimulación. Sevilla: MAD.

Frías, C. (2005). Guía para estimular el desarrollo infantil de los 3 a los 6 años de edad. Sevilla: MAD.

Frías, C. (2005). Guía para estimular el desarrollo infantil de los 45 días al primer año. Sevilla: MAD.

Frías, C. (2005). Guía para estimular el desarrollo infantil del primero a los tres años de edad. Sevilla: MAD.

Fusté, S. y Bonastre, M. (2007). Psicomotricidad y vida cotidiana (0-3 años). Barcelona: Graó.

García, M. J. (2007). Propuesta didáctica para la Educación Infantil. Almería: Procompal

García, A. (2016). Otra educación es posible. Albuixech: Litera.

Gallahue, M. C. (1985). Movimientos fundamentales. Buenos Aires: Panamericana.

Garbajosa, O. (2009). El desarrollo psicomotor en los niños y niñas de educación infantil: propuesta práctica para el conocimiento del cuerpo,sus posibilidades y limitaciones (recurso electrónico). Málaga: Ediped.

Gavin, M. L., Dowshen, S. A., e Izenberg, N.(2005). Niños en forma. Guía práctica para evitar el sobrepeso infantil. Madrid: Pearson.

Gil, P. (2004). Metodología de laEducación Física en Educación Infantil. Sevilla: Wanceulen.

Gil, P. (2005a). Unidades didácticasde educación física para educación infantil 0-3 años: propuestas y concreccionesprácticas en realidades de aprendizaje y espacios de acción. Sevilla:Wanceulen.

Gil, P. (2005b). Unidades didácticas de educación física para Educación Infantil, 3-6 años. Sevilla: Wanceulen.

Giménez, M. D. (2009): Bebés, un mundo de sensaciones. Guía práctica para el primer ciclo de Educación Infantil (recurso electrónico). Almería: Procompal.

Goldschmied,E. y Jackson, S. (2007). La educación infantil de 0 a 3 años. Madrid.: Morata.

Gómez, C. (2021). Pensando en la infancia. Málaga: UMA Editorial.

González Piñero, R. y Mendoza Peña, F. (2007a). Cuentos motores. Aplicación didáctica en la EF, 2º ciclo de Primaria. Almería: Procompal.

González Piñero, R. y Mendoza Peña, F. (2007b). Cuentos motores. Aplicación didáctica en la EF, 1º ciclo de Primaria. Almería: Procompal.

González Piñero, R., y Mendoza Peña, F. (2007a). Cuentos motores. Aplicación didáctica en la EF, 1º ciclo de Primaria. Almería:Procompal.

González Piñero, R., y Mendoza Peña, F. (2007b). Cuentos motores. Aplicación didáctica en la EF, 2º ciclo de Primaria. Almería:Procompal.

Gray, P. (2016). Aprender en libertad. Santa Cruz de Tenerife:Esto no es una escuela.

Hueso,K (2017). Somos naturaleza. Barcelona: Plataforma Editorial.

Hueso,K (2019). Jugar al aire libre. Barcelona: Plataforma Editorial.

Hueso,K. (2021). Educar en la naturaleza. Barcelona: Plataforma Editorial.

Huizinga, J. (1972). Homo ludens. Madrid:Alianza editorial.

Justo, E. (2000). Desarrollo psicomotor en educación infantil,bases para la intervención en psicomotricidad. Almería: Universidad de Almería.

Kálló, E. y Balog, G. (2018). Los orígenes del juego libre. Hungría: Realpress.

Koch, J.(2009). Superbebé. Desarrollo total delniño. Madrid: Martínez Roca.

Laguía, M.J. y Vidal, C. (2011). Rincones de actividad en la escuela infantil (0 a 6 años). Barcelona: Graó.

Lapierre, A. (1977). Educacion Psicomotriz en la escuela maternal. Barcelona: Editorial Cientifico Medica.

Lapierre, A. y Acouturier, B. (1977): Simbología del Movimiento, Psicomotricidad y Educacion. Barcelona: Editorial Cientifico Médica.

Latorre Román, P. A., y López Sánchez, J. M. (2010). Desarrollo de la motricidad en educación infantil. Consideracionescurriculares, científicas y didácticas. Granada: Grupo EditorialUniversitario.

Lladós, L (2019). Ser maestr@ en el 0-3. Graó:Bacelona.

Lleixa, T.(1995). Juegos sensoriales y de conocimiento corporal. Barcelona: Paidotribo.

Llinares, C y Mantilla, I (2021). Materiales 0-3. Graó: Barcelona.

Lobo, E. (2019). «Es mío», pegar, morder, molestar...Yotras formas de acercarse. Graó: Barcelona.

Ley Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Boletín Oficial do Estado, 340, de 30 de decembro de 2020, 122868-122953. https://www.boe.es/boe/dias/2020/12/30/pdfs/BOE-A-2020-17264.pdf

López, S. (2018). Esencia. Diseño de espacios educativos. Aprendizaje y creatividad. Zaragoza: Khaf.

López, V. (2004). La educación física en educación infantil:una propuesta y algunas experiencias. Madrid: Miño y Dávila.

Louv, R. (2018). Los últimos niños en el bosque. Madrid: Capitán Swing.

Louv, R. (2019). Vitamina N. Pontevedra: Factoría.

Luria, A. R. (1985). Sensacion y Percepción. Barcelona: Editorial Martinez Roca.

Lleixa, T. (1995). Juegos sensoriales y de conocimiento corporal. Barcelona: Paidotribo.

Malaguzzi, L. (2017). La educación infantil en Reggio Emilia. Barcelona: Octaedro.

Martín Domínguez, D. (2008). Psicomotricidad e intervención educativa. Madrid: Pirámide.

Mendiara, J. y Gil , P. (2003). Psicomotricidad. Evolución, corrientes y tendencias actuales. Sevilla: Wanceulen.

Mesías, J.Mª (2019). Educación artística sensible:cartografía contemporánea para arteducadores. Graó: Barcelona.

Miraflores, E. (2007). La Educación Física en la etapa infantil.Circuitos prácticos para el desarrollo psicomotor. Madrid: CCS.

Miranda, V., Maya, M. J. y Morales, M. A. (2009). Los componentes básicos del desarrollo psicomotor en educación infantil (recurso electrónico). Almería: Ediciones Corintia.

Montessori, M. (2003). El método de la pedagogía científica aplicado a la educación de la infancia. Madrid : Biblioteca Nueva.

Muñoz Sandoval, A. (2009). El desarrollo de lascompetencias básicas en Educación Infantil. Propuestas y ejemplificacionesdidácticas. Sevilla.: Mad.

Oña, A. (2005). Actividad física y desarrollo. Ejercicio físico desde el nacimiento. Sevilla: Wanceulen.

ORDEN de 30 de mayo de 2023 poa que se desenvolve o Decreto 150/2022, de 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. DOG núm. 11, de 13 de xuño de 2023. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230613/AnuncioG0655-300523-0001_es.html

Pikler, E. (1984). Moverse en libertad : desarrollo de la motricidad global. Madrid: Narcea.

Ponce de León, A. (2010). Motricidad en educación infantil : propuestas prácticas para el aula. Madrid: C.C.S.

Ramírez Carmona, I. (2009a). 99 juegos de expresión corporal y musical (3 años). Sevilla: Wanceulen.

Ramírez Carmona, I. (2009b). 99 juegos de expresión corporal y musical (5 años). Sevilla: Wanceulen.

Ramírez Carmona, I. (2009c). 99 juegos de expresión corporal y musical para niños de 4 años. Sevilla: Wanceulen.

Rigal, R. (2006). Educación motriz y educación psicomotriz en Preescolar y Primaria (recurso electrónico). Barcelona: Inde.

Rota, j. (2014). La intervención psicomotriz. Barcelona: Octaedro.

Ruiz, L. M. (1987). Desarrollo motor y actividades físicas. Madrid: Gymnos.

Ruíz de Velasco, A., y Abad, J. (2011). El juego simbólico. Barcelona: Graó.

Ruíz, M. A. (2007). El gran libro dela nutrición infantil. Barcelona: Oniro.

Ruiz Juan,F., García López, A., Gómez López, M. y Casado Rodríguez, C. (2002). Motricidad y recreación en EducaciónInfantil. Almería: Universidad de Almería.

Ruiz Juan, F. (2008). Los juegos en la motricidad infantil de los 3 a los 6 años. Barcelona: Inde.

Sánchez, J. y Llorca, M. (2008). Recursos y estrategias en psicomotricidad. Málaga: Aljibe.

Schoeberlein, D. y Sheth, S. (2012). Mindfulness para enseñar y aprender: estrategias prácticas para maestros y educadores. Madrid : Gaia.

Sheridan, M. D. (2011). Play in early childhood. From birth to six years. New York:Routledge.

Silberg, J.(1999). Juegos para hacer pensar a losbebés. Barcelona: Oniro.

Silberg, J.(2006). Juegos para aprender y estimularlos sentidos. Barcelona: Oniro.

Silberg, J.(2010). Juegos para desarrollar lainteligencia del bebé. Barcelona: Oniro.

Silberg, J.(2011). Juegos para hacer pensar a losniños de 1 a 3 años. Barcelona: Oniro.

Silviva (2021). La escuela a cielo abierto. La Traviesa: Sevilla.

Singer, L. (2019). Espacios, territorios y entornos de aprendizaje. Múltiples lenguajes para las infancias. Instalaciones y dispositivos lúdicos. Argentina: Noveduc.

Snel, E. (2015). Tranquilos y atentos como una rana. Tu guía práctica de la serenidad. Barcelona: Kairós.

Stern, A. (2013). Yonunca fui a la escuela. Litera: Albuixech.

Stern, A. (2017). Jugar. Litera:Albuixech

Stern, A. (2021). Entusiasmo. Albuixech: Litera.

Sugrañes,E., y Ángel, M. A. (2007). La educación psicomotriz (3-8 años). Barcelona.: Graó.

Tardós, A. (2014). El adulto y el juego del niño. Barcelona: Octaedro.

Torres Luque, G. (2015). Enseñanza y aprendizaje a de la Educación Física en Educación Infantil. Jaén: Paraninfo.

Tousignant, M. (2005). Psicomotricidad en el aula. Barcelona: Inde.

Ureña, N.(2010). Didáctica de la educación físicaen la educación infantil. Murcia: Diego Marin Editor.

Vaca, M. y Varela, M. S. (2008). Motricidad y aprendizaje. El tratamiento pedagógico del ámbito corporal (3-6).Barcelona: Graó.

Vela, P. y Herrán, M. (2019). Piezas Sueltas. Litera:Albuixech.

Vila, B. y Cardo, C. (2005). Material sensorial (0-3 años). Barcelona: Graó.

V.V.A.A. (1992). La educación infantíl de 0-6 años. Barcelona:Paidotribo.

V.V.A.A. (1998). La Educación Infantil (3 tomos). Barcelona:Paidotribo.

V.V.A.A.(2008). El juego como estrategia didáctica. Barcelona: Graó.

V.V.A.A. (2009). Actividades para educación infantil 3, 4, 5 y 6 años.Sevilla: Wanceulen.

V.V.A.A. (2010). 101 juegos de imagen y percepción corporal (3-6 años). Sevilla: Wanceulen.

Walsh, P (2016). Early childhood playgrounds. Planning an outside learning environment. New York: Routledge.

Wicksttrom, R. (1990). Patrones motores básicos. Madrid: Alianza deporte.

Willis, A.,y Ricciuti, H. (2000). Orientaciones para la escuela infantil de cero a dos años. Madrid: Morata.

Zukunft-Huber, B. (2001). Gimnasia para bebés. Barcelona

REVISTAS DE INTERÉS:

REVISTA AULA DE INFANTIL (https://www.grao.com/es/aula-infantil)

REVISTA IN-FAN-CIA (http://kmelot.biblioteca.udc.es/search*spi/i=1130-6084)

NOTA: esta bibliografía puede ampliarse durante el transcurso de la materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos/652G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xogos motores/652G01030
Educación psicomotriz e habilidades motrices/652G01039

Observacións

As metodoloxías de “Práctica de actividade física” , "Actividades iniciais" e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”, "Análisis de fontes documentais" e "Discusión dirixida").



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías